Aves de Galicia

Zoología # Paxaros. Corvo. Águia culebreira. Merlo. Pega. Estornino negro. Gavián común. Gorrión. Cárabo

13 downloads 414 Views 434KB Size

Story Transcript

INTRODUCCIÓN O ave é o nome común para cxalñquera membro dunha das clases de vertebrados que inclúe animais con plumas. Tódalas aves adultas posúen plumas, aínda que algunhas aves teñan o corpo núo o saír do ovo. O termo paxaro aplícase a calquera ave con capacidade de voar e de pequeno tamaño. A maioría das aves pode voar e descende de antepasados que podían facelo aínda que hai especies, que se extinguiron, que non eran voadoeras. Ademais o corpo das aves está modificado para aumenta−la eficacia no voo. Os ósos dos dedos e as articulacións das patas dianteiras están unidos formando un soporte ríxido para as grandes plumas do voo das ás. Tamén existen fusións óseas no cráneo e na cintura pelviana, así obteñen unha maior resistencia e lixeireza. Nas aves adultas moitos dos ósos están ocos, carecen de médula e esdtán conectados cun sistema de sacos ou bolsas aéreas dispersas por todo o corpo. O esterno na maioría delas é grande e ten unha cresta central chamada carina. O esterno e a carina soportan algúns dos principais mújsculos empregados no voo. Nas aves da subclase Ratites, (avestruz, kiwi...) perderon a capacidade de voar e o esterno ten un tamaño máis reducido e a carina perdeuse. As mandíbulas das aves actuais alárganse coma picos sen dentes e están cubertas cunha capa córnea chamada ranfoteca.

As aves non teñen glándulas sudoríferas e non poden arrefria−lo seu corpo por transpiración. A calor se dispersa durante o voo co paso do aire. • CORVO (Corvux corax) 63.5 cm Nas zonas gandeiras os corvos atópanse formando parellas ou grupos familiares na busca de carroña, de 1

ovellas ou terneiras enfermas a punto de morrer. Comen dende insectos a landras, aínda que a súa alimentación baséanse en desfeitos animais. O cortexo inclúe inclinacións co pescozo alongado erizando as plumas da gorxa. A parella é para toda a vida. O niño está feito de paos pequenos de madeira e outros materiais da zona, forrado con la de ovella ou pelo e soe estar en cornixas inaccesibles. Pon de 4 a 6 ovos e incubándoos ó redor de 19 días. Identificación: plumaxe negra lustrosa, pico groso, extremo da cola en forma de cuña; sen dimorfismo sexual. Alimentación: Carroña e pequenos animais. Tamén xérmolas, froitos, peixes, ovos e poliños doutras aves. Hábitats: Motañas e riscos.

• ÁGUIA CULEBREIRA (Circaëtus gallicus) 65 cm A culebreira chega ás nosas terras en marzo e abril cando as tempereaturas empezan a subir e as culebras comezan a saír. O seu ataque baseéase nun ataque dende o aire a unha serpe enrosdcada nun camiño. Redúcea e despois papaa, empezando pola cabeza. Esta rapaz en España está protexida, feito que favoreceu a conserxvación desta fermosa ave. Por tratarse dunha ave de carácter estival, téñense poucos datos sobre a súa migración e hibertnación en Galicia e na península. O seu niño está dfeito de ramas secas e verdes. Soe estar no cume das árbores, e estar forrada de follaxe. Pon un só ovo moi grande en abril e incubándoo durante uns 45 días. O poliño abandona ós pais despois de 75 días. Identificación: Partes superiores pardas cion réximes negras, inferiores brancas, menos gorxa e peito que son pardo escuro. Cola larga, cabeza grosa, con grandes ollos amarelos e dorados. Aliomentación: Réptiles sobre todo serpes, ras, insectos e gusanos. 2

Hábitats: Monte bravío

• MERLO (Turdus merula) 25 cm No seu medio natural, son aves ariscas que permanecen agochadas. Pero os merlos máis acostumados ó home fixéronse moito máis intrépidos. Esta especie experimentou unha considerable expansión. O merlo soubo sacarlle partido á acción humana. Atópase en todas partes do noso entorno e nos máis pequenos xardíns pode establecer o seu niño. É un paxaro vivo e axitado e se se ve en perigo fuxe voando raso. Teñen dimorfismo sexual en canto a súa plumaxe. O seu niño é moi limpo en forma de copa, feito con herbas, follas secas e lama. Faino en arbustos. De 3 a 5 ovos e a incubación dura 13 días e os poliños comezan a voar tras 15 días. Identificación: O macho é negro azabache e co pico amarelo; a femia é pardo escura máis clara polas partes inferiores, lixeiramente moteada e co pico pardo. Alimentación: insectos e as súas larvas, miñocas, froitos e xérmolas. Hábitats: Bosques, parques e xardíns.

3

• PEGA (Pica pica) 46 cm, cola de 20 a 25 cm Esta ave poderíase considerar coma unha ladroa, rouba niños a outras aves, ovos e poliños. A pega está distribuída por toda España, tendo unha poboación extensa e aumentando nalgúns sitios antes descoñecidos para ela. Viven solitarias ou en parellas aínda que na fin do inverno e principios de primaveira pódense ver grandes grupos cun fin aínda sen comprender. Almacena todo o que encontra, iou sexa que podemos dicir que tamén é unha ave chatarreira. O seu niño ten teito feito de ramiñas de arbustos ou de árbores forrado con raiciñas. Pon de 4 a 7 ovos entre abril e maio e incuba durante tres semanas. Os poliños son alimentados por ambos pais. Voan despois de 27 días. Identificación: Plumaxe fortemente contrastado, negro iridiscente e blanco. Cola larga cuneiforme. Sen dimorfismo sexual. Alimentación: Insectos e as súas larvas, grano, froitos e xérmolas. Ovos e poliños, carroña, ras, caracois e lixo. Hábitats: Monte bravío

• ESTORNINO NEGRO (Sturnus unicolor) 22 cm A súa área de distribución está limitada a España, norte de África e varias illas mediterráneas. De xoves e adultos, reúnense en bandos que vagan polo día, comendo no chan, e no solpor empregan as aciñeiras coma durmideiros. Estes últimos poden estar a quilómetros dos lugares de cría, onde chegan en xuño e xullo O niño está construído en poblados, aldeas, caseríos, debaixo das tellas, en buratos... está construido polo macho e forrado pola femia con plumas, herba e palla. Pon de 4 a 6 ovos azuis de marzo a xuño. Incuba durante dúas semanas e os poliños deixan o niño ás tres semanas. Identificación: Negro, brillante sen pintas e co pico amarelo; a femia é máis apagada. No inverno son grisáceos. 4

Alimentanción: Insectos, miñocas, moluscos e froitos Hábitats: Cidades e pobos.

• GAVIÁN COMÚN (Accipiter nisus) M: 28 cm F: 38 cm O gavián baséase no ataque rápido e por sorpresa coma técnica de caza. Voa rapidamente ó longo dun souto, álzase cara arriba para caer sobre a súa presa. Se esta escapa raramente volve intentalo. É probable que o gavián sufrise as consecuencias dos pesticidas agrícolas. A súa poboación descendeu en España, seguramente pola persecución que padece. O seu niño está construído de polas, nas árbores, feito pola femia e está forrado por ramiñas delgadas. Pon de 4 a 6 ovos en maio e son de cor brancos con tinte azul e manchas pardas. Incuba durante 35 días. Abandonan o noño despois de 30 días. Identificación: Ás cortas e redondeadas, cola larga. O macho ten partes superiores de cor pizarra e as inferiores de cor parda; a femia é máis grande e ten as partes superiores pardas e ten unha lista superciliar branca. Alimentación: Gorrións, estorninos, toupas, ratos e algúns insectos. Hábitats: Bosques

5

• GORRIÓN (Passer domesticus) 14.5 cm Créese que é o paxaro máis abundante en España e está localizado próximo ás zonas habitadas polo home. A fins do verán abandona as edificacións para desprazarse ó campo e alimentarse de grans. O seu cortexo, corro de gorriones comeza cando o macho tratta ca femia saudándoa coas ás caídas cola erguida e cabeza botada cara atrás. A femia pode picotealo se se achega moito. O seu niño é construído polos dous, de herbas secas en buratos de edificios, árbores, setos... Pon de 3 a 5 ovos entre abril a agosto. Incuba durante dúas semanas. Os poliños son alimentados polos dous pais e abandonan o niño ós 15 días. Identificación: Partes superiores pardas, raiadas de negro, ombros pardo−roxizos e babeiro negro; a femia parda co dorso raiado. Alimentación: Grans e xérmolas, insectos e lixos urbáns.

6

Hábitats: Cidades e pobos. • CÁRABO (Strix aluca) 38 cm É unha ave rapaz nocturna, excelente cazadora, que en América chámase lechuza. É un ave territorial que habita en Europa, norte de África e Asia. Este tipo de especies poden chegar a xirar a súa cabeza 270º, ou sexa tres cuartos de voltal. O seu voo é ondulado coma o dos petos. Ademais disto están protexidas pola Lei. Son depredadores de animais de campo. O seu niño está nos ocos das árbores e defende con fereza os seus poliños. Pòn de 3 a 5 ovos en maio e incuba durante 28 días e abandonan os 35 días. Identificación: Plumaxe moteado, de cor parda ou grisácea con pintas brancas. A súa cabeza e corpo é redondeada e rechoncha. Os seus ollos son grandes e de cor negra. Ás redondeadas e cola corta. Alimentación: Ratos, musarañas, pequenos paxaros e ras. Hábitats: Bosques e terreos pedregosos.

7

8

9

10

11

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.