Cantigas de amigo

Literatura española Edad Media. Lírica medieval # Cancións. Variedades

6 downloads 327 Views 6KB Size

Story Transcript

AS CANTIGAS DE AMIGO Son breves cancións postas en boca duna muller namorada. Teñen unhas características temáticas e formais diferentes do resto da lírica medieval, e proceden duna tradición autóctona do pobo, anterior ó trobadorismo. Nelas, a natureza ten un papel relevante, e presenta un valor simbólico no que abundan as connotacións eróticas. A muller expresa a súa paixón amorosa, máis chea de dolor que de gozo, a súa sumisión ó seu amigo (amado) , ou ben a oposición da nai a ese amor. A muller diríxese á súa nai, á natureza, ó seu amado, á unha amiga confidente, etc. −Forma das cantigas de amigo: − o paralelismo: enlaza as estrofas de dúas en dúas, facendo que os versos da segunda estrofa sexan unha pequena variante dos versos da primeira estrofa. O paralelismo pode ser de dúas clases: − paralelismo perfecto: substitución da última palabra do verso por outra sinónima, ou repetición das mesmas palabras pero con ordenación diferente, de modo que varíe a rima. − paralelismo imperfecto: os versos da segunda estrofa reproducen libremente a estructura sintáctica ou o significado dos versos da primeira estrofa. − o leixaprén: consiste na repetición dos segundos versos dun par de estrofas como primeiros versos do par seguinte. −o refrán: é a repetición dun ou máis versos ó final da estrofa, sen axeitarse á medida dos demais versos e, ás veces, tampouco á rima. −A métrica: Nas cantigas de amigo, os metros máis empregados son o redondilho maior (heptasílabo) e o redondinho menor (pentasílabo), pero en moitas cantigas o número de versos é irregular. −Variedades das cantigas de amigo: • Mariñas ou barcarolas: son aquelas cantigas nas que atopamos a presencia do mar que, non só aparece como escenario, senón que aparece personificado e, moitas veces, é o interlocutor da muller. • Bailadas: son as cantigas de amigo máis ledas, e nelas exprésase a alegría de vivir e de amar, con frecuentes incitacións ó baile. Estas cantigas son a letra das melodías que guiaban unha danza, e o paralelismo e leixaprén poderían corresponder á existencia de dous coros que se alternaban na execución da bailada. • Cantigas de romaría: preséntannos o ambiente das festas campestres a carón da ermida, a moza agardando a asistencia do amigo á romería, laiándose da súa ausencia ou bailando coas compañeiras. • Albas e alboradas: son aquelas cantigas que teñen como asunto a separación dos amantes ó mencer. Tamén se podería considerar cantigas de fonte, cantigas de despedida, cantigas de amiga e nai... como subxéneros da cantiga de amigo. Tamén, unha mesma cantiga pode ser de varios tipos.

1

−Trobadores máis importantes: −Escola Compostelá: −Bernal de Bonaval: Viviu entre finais do século XII e a primeira metade do século XIII, sendo un dos máis antigos xograres coñecidos. Naceu en Compostela, e é un xograr que, mesmo nas súas cantigas de amor, empregou a estructura paralelística tradicional, propia das cantigas de amigo. Figurou nas cortes de Fernando III e de AfonsoX. −Airas Nunes: Foi crego de Compostela, e debeu nacer a finais do século XII. Traballou na corte literaria de Afonso X, onde participou na composición das Cantigas de Santa María. É autor da bailada das abelaneiras floridas, duna pastorela arcaica e do sirventés á procura da verdade. Cultivou tódolos xéneros da poesía galegoportuguesa medieval. −Xohan Airas: Viviu nas cortes de Afonso X de Castela e Afonso III de Portugal. Cultivou sobre todo cantigas ó xeito provenzal, e as súas cantigas de amigo arrédanse, na temática e na forma, dos modelos tradicionais. −Corte do rei don Dinís: Destaca o propio don Dinís que, despois de Afonso X é o máis fecundo dos nosos trobadores. Fixo 76 cantigas de amor, 52 de amigo e 10 de escarnio e maldicir. Caracterízase pla fidelidade ós modelos tradicionais, aínda que tamén cultivou a cantiga provenzalizante. −Especialistas nas cantigas de amigo: −Martín Códax: Este xograr galego (de Vigo probablemente) deixounos sete cantigas de amigo ó estilo tradicional. De seis delas consevamo−la música. −Mendiño: Deste xograr só se conserva unha cantiga: a da ermida de San Simón. Probablemente nacera nalgún punto da ría de Vigo. A cantiga segue os modelos tradicionais. −Xoan Zorro: Non se sabe onde naceu, inda que sí se sabe que figurou na corte portuguesa a finais do século XIII e comezos do XIV. Cultivou únicamente cantigas de amigo, e é autor dunha versión da bailada das abeleiras floridas. −Pero Meogo: Autor de nove cantigas de amigo que forman un ciclo. Caracterízanse pola presencia dos cervos e da fonte, que constitúen símbolos eróticos.

2

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.