Conta saldada; Suso de Toro

Literatura contemporánea gallega. Siglo XX. Narrativa. Novela juvenil. Misterio. Venganza. Argumento. Personajes

2 downloads 214 Views 74KB Size

Story Transcript

FICHA DE LEITURA DO 2º TRIMESTRE FICHA TÉCNICA: TÍTULO. Conta saldada AUTOR/A. Suso de Toro EDITORIAL. Alfaguara/ Obradoiro XÉNERO. Narrativa LOCALIZACIÓN ESPAZO−TEMPORAL. Os feitos acontecen en Galiza, na década dos noventa. A historia transcorre durante apenas unha semana. PERSONAXES. PRINCIPAIS. Catuxa, é a filla do xestor asasinado, de dezasete anos é unha moza formal e estudosa, que vive coas comodidades que o seu nivel económico lle brinda. Amosa transtornos psicolóxicos trala morte do seu pai. Destaca o cambio de actitude e personalidade que sofre ao longo da historia, ela mesma identifícase con Hamlet, un protagonista dunha novela de Shakespeare. Xermán, é o suposto irmán de Catuxa, ten uns poucos máis anos ca ela. Non vai moi ben no colexio, fuma, e o ambiente no que se move ten un ton de delincuencia e marxinalidade. Cun andar fachendoso e arrogante pretende disimular as súas carencias. SECUNDARIOS. A nai de Catuxa, profesora nun instituto cercano. A relación co xestor enfriárase nos últimos anos de matrimonio, mais a súa morte afectoulle profudamente. Begoña, a mellor amiga de Catuxa, mantiñan unha relación de amizade moi acentuada, mais tralos últimos acontecementos Catuxa vaise afastando dela e comeza a ocultarlle cousas. O xestor, foi asasinado por invertir cartos dalgúns clientes sen consentimento previo. Nunca tivera moita sorte con ese tipo de negocios, era, nese aspecto un pouco temerario e inmaduro. Quería moito a Catuxa, tratábaa coma unha reina. Por outra banda estaba moi ivolucrado no seu traballo co que pasaba pouco tempo na casa coa familia, feito que o distanciou da súa esposa. Cabuxo, era un vello que se adicaba ao contrabando na Illa de Arousa, parte do capital que o xestor invertira de xeito negativo era del. A súa muller, Carmucha, sofría desequilibros mentais. Cotelo, era dono dun restaurante na ría de Arousa. Foi o asasino do pai de Catuxa. Castiñeiras, era dono doutra xestoría, e foi quen lle levou os clientes ao outro xestor trala súa morte. Foi copartícipe do homicidio deste. Catuxa repugnáballe que a sobara sempre que se atopaban, coa excusa de darlle o pésame. 1

ARGUMENTO. Catuxa é unha rapaza de case 18 anos, á que pouco tempo despois lle morreu o pai, supostamente a causa dun suicidio. Catuxa sente morriña e de vez en cando visita a xestoría do seu pai. Nunha das súas visitas secretas aparéceselle o seu difunto pai. Este vén despedirse dela, ademais de confesarlle que ten outro irmán do que a nai non sabe nada, e encoméndalle entregarlle un talón de cartos. Por outra banda, desvélalle un feito impactante: el non se suicidou, senón que o asasinaron uns clientes seus por invertir os seus cartos sen consentimento deles. Ante todo isto a Catuxa mestúraselle unha chea de sentimentos e pensamentos na cabeza que a deixan cavilando, e comeza a ver a realidade desde outra perspectiva. Decide ir, ao día seguinte, na procura do seu suposto irmán, o nome do cal é Xermán. Mais non lle dá o talón así como así, senón que o extorsiona dicíndolle que se lle axuda a vingar a morte do seu pai entregaralle o devandito talón. Xermán, que non vive con demasiados luxos, non tarda moito en aceptar a proposta. Pero antes confésalle que non é irmán seu, que todos estes anos a súa nai empregouno para sacarlle cartos ao pai de Catuxa. Para saíren de dudas deciden facerse unha análise de sangue que o confirme. Tras pechar os preparativos quedan en chamarse ao pouco tempo. Cando chega á casa, Catuxa cambia o seu peiteado, o calzado, mesmo a forma de actuar, pois falta a algunhas clases e comeza a mentir dun xeito natural, soltando troula tras troula. Aos poucos días Xermán chámaa para contarlle que xa ten todo o material; e cítanse ao día seguinte pola mañá cedo. Cando Catuxa o ve ao lonxe, decátase sorprendida de que conseguiu rescatar a súa bicicleta que días atrás lle roubaran no barrio de Xermán. Como os asasinos de seu pai viven na Ría de Arousa deciden coller o todo terreo que teñen na casa, a pesar de non ter ningún dos dous carné de conducir. Durante a viaxe pola autoestrada vanse turnando no manexo do volante. Os dous están desacougados polo que poderá pasar. Xermán sente medo e de vez en cando tenta convencer a Catuxa de que o mellor sería abortar o plan. Mais, nin sequera Catuxa ten un plan realmente definido, o que a move é a ira que sente cara os asasinos do seu pai, e o sentimento de vinganza. Ao chegar ao restaurante do Cotelo, un dos homicidas, Catuxa baixa do todo terreo cunha escopeta recortada agochada baixo a cazadora. Comeza a falar co propietario, e con sutileza apúntalle coa arma, indicándolle que entre no automóbil. O home queda desconcertado e ante a pouca vacilación da rapaza, comeza a suplicar que el non matou ao xestor, e que as probas atópanse na casa do Cabuxo, un dos donos do diñeiro invertido. Tras sopesar as opcións, Catuxa accede a ir ata a casa acompañada polo home. Unha vez alí, baixan até o ximnasio da mansión, é entón cando se dá conta que foi enganada. Cabuxo era un vello, o que organizara todo, e Cotelo fixera o traballo sucio: matar ao pai de Catuxa. Este último, cun rápido amago, tíralle coa escopeta e dun golpe derríbaa, deixándoa medio inconsciente. Nese momento, entra no ximnaso Carmucha, a muller do Cabuxo, e despois dun forcexeo, remata matando ao seu marido cun fouciño. De seguido, aparece Xermán, e coa recortada dispáralle de morte a Cotelo. Deste xeito, rescata a Catuxa, saen correndo de alí e fuxen no todo terreo. Ao chegar a vila deciden voltar visitar a xestoría por derradeira vez. Mentres que están alí aparece o outro cómplice do asasinato, Castiñeiras, quen forza a porta seguro de que a rapaza está alí; mais cando acende a luz morre electrocutado. Emocionados e asustados ao mesmo tempo, deciden deixalo nunha rúa estreita, na que hai uns cables eléctricos tirados. 2

Despois de semellante día deciden marchar a cadansúa casa; aínda que previamente Catuxa entrégalle a Xermán o prometido talón que contén cinco millóns de pesetas. Os días posteriores mantéñense en contacto para asegurarse de que os asasinatos non transcenden nas noticias do xornal. A partir destes acontecementos a vida de Catuxa muda completamente, e, tras comprobar que efectivamente non son irmáns, comezan a mirarse con outros ollos. BIBLIOGRAFÍA DE SUSO DE TORO. Xesús Miguel de Toro Santos (Santiago de Compostela, 1956) é un escritor contemporáneo galego. Licenciado en Arte Moderno e Contemporáneo, é tamén guionista de televisión e colaborador habitual en prensa e radio. Publicou máis de vinte libros en galego de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra está traducida a varias linguas e foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas. O seu irmán, Xelís de Toro, tamén é escritor.

Obras: • Caixón desastre (1983). • Polaroid (1986). Premio da Crítica de Galiza • Land Rover (1988). • Ambulancia (1990). • Tic−tac (1993). Premio da Crítica española • A sombra cazadora (1994). • Conta saldada (1996). • Unha rosa é unha rosa (1997), teatro • Calzados Lola (1997), Premio Blanco Amor. • Círculo (1998). • Non volvas ( 2000), Premio da Crítica española. • Trece badaladas ( 2002). Premio Nacional de Narrativa • O príncipe manco (2004) • Morgun (2004) • Home sen nome (2006) Periodismo e ensaios: • Parado na tormenta (1996). • Eterno retorno (1996). • O país da brétema (2000). • A carreira do salmón (2001). • Nunca máis Galiza á intemperie (2002). • Españois todos: As cartas sobre a mesa (2004). 3

• Ten que doer: literatura e identidade (2004) • Outra idea de España: Mar de fondo (2005).

4

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.