Impacto social do comunismo

Comunismo. Filosofía comunista. Socialismo. Marxismo. Consecuencias sociales. Cambios en los modelos de producción

0 downloads 168 Views 694KB Size

Story Transcript

IMPACT O SOCIAL DO COMUNISMO “Los proletarios tienen solo sus cadenas por perder y un mundo que ganar. Proletarios del mundo, unios.” Marx en “El Manifiesto Comunista”

♣ Guión 1.

Introducción

2.

A política comunista

3.

4.

2.1.

Definición e nacemento do comunismo

2.2.

Representantes comunistas

2.3.

O problema das clases sociais

2.4.

O Manifesto Comunista

A publicidade no comunismo 3.1.

O caso cubano

3.2.

Consecuencias sociais

Modos de producción 4.1.

5.

Modos de producción socialista e capitalista

Totalitarismo 5.1.

Definición

5.2.

Totalitarismo no S.XX

6.

Impacto do comunismo aplicado á socioloxía

7.

Citas

8.

Conclusións

1.

Introducción

O comunismo é unha política moi complexa e un tema moi estudado polos grandes pensadores. Ademáis, penso que é un tema a estudar polos sociólogos debido a que os protagonistas destas políticas son as clases baixas. Neste traballo estudo este movemento social desde o seu comezo, tratando o marco teórico e casos prácticos. Envolvo este tema sobre tres hipótesis. O marco teórico, envolto no Manifesto Comunista de Marx e Engels, reflexa ideas de prosperidade cara unha sociedade socialista, é dicir, unha sociedade sen clases. O papel das clases baixas é fundamental e teóricos coma Marx animan a esta revolución contra as clases altas, as dominantes. No caso práctico, estas políticas leváronse de modo totalitario. O caso da publicidade neste sistema provocou moita desinformación e consecuencias sociais a través de políticos corruptos. Neste traballo estudo como caso práctico o de Cuba, no que Fidel Castro levou a cabo o comunismo mediante manipulación das noticias e creando unha “idiotez” da poboación. Por isto, a miña primeira hipótese trata de localizar os obxectivos que se levaron á practica, os expostos no Manifesto Comunista, e cales non.

Na segunda hipótese trato de analizar os sistemas de producción socialista e capitalista. Os pensadores comunistas critican ao capitalismo, pero afirman que é unha etapa pola que a sociedade ten que pasar para chegar ao socialismo. Grazas aos estudos de varios economistas, veremos como o sistema socialista non é sostible a longo prazo. A última hipótese ten como tema central a imposición do comunismo, o totalitarismo. O caso de Hitler e Lenin reflexa o problema principal. A subordinación a ideoloxía e intereses dun líder produce retraso na sociedade, e é tema dun estudo sociolóxico como o que expoño a continuación.

2. De que trata a política comunista Comezarei o meu estudo analizando o comunismo dende o principio. Neste apartado pretendo definir este sistema e ver a razón social do nacemento de esta política. O Manifesto Comunista esconde unha necesidade social e unha política.

2.1. Definición e nacemento do comunismo O comunismo é unha concepción ideal dunha sociedade baseada na completa igualdade entre os individuos e na ausencia da propiedade privada dos bens. Este vocablo comezou a ser utilizado no S.XIX polas primeiras correntes do socialismo utópico. Designaba en particular aos que, coma E.Cabet, defendían unha igualdade completa entre todos os homes, mediante a propiedade común dos medios de producción e a eliminación das diferenzas na distribución dos bens de consumo. O comunismo foi utilizado por Marx no Manifesto Comunista (1848), elexido por Engels para subliñar que se trataba dun movemento da clase obreira

(proletariado), a diferenza do socialismo burgués. Ademáis de postular a emancipación da clase obreira, postulaba a de toda a sociedade. Dentro do anarquismo formouse unha corrente comunista na década de 1870, que popularizou a expresión “a cada un según as súas necesidades”, característica do comunismo a partires de entonces; pero o anarquismo é un tema aparte. O comunismo naceu por unha necesidade a nivel social. Os proletariados necesitaban un grupo que os apoiasen e que se preocupara por eles, ademáis de garantirlles unha vida laboral con certos dereitos e deberes. O obxectivo desta política é a unión de todos estes grupos desfavorecidos para loitar contra a clase dominante.

2.2. Representantes comunistas Para comezar falando do comunismo, citarei ao pai do comunismo moderno, Karl Heinrich Marx. Este alemán foi un intelectual e militante comunista de orixe xudía que consta de unha amplia obra nos que toca varios campos como do da filosofía, a historia, a socioloxía e a economía. Os seus escritos máis coñecidos son o Manifesto do Partido Comunista (en coautoría con Engels) e El Capital. Foi membro fundador da Liga dos Comunistas e da Primeira Internacional. Como testigo e víctima da primeira gran crise do capitalismo (década de 1830) e das revolucións de 1848, Marx propúxose desarrollar unha teoría económica capaz de aportar explicacións á crise e á vez, interpelar ao proletariado a participar en ela activamente para producir un cambio revolucionario. As súas obras inspiraron a numerosas organizacións políticas comprometidas con superar ao capitalismo. Por unha parte, habería que señalar a interpretación realizada polos leninistas, partidarios de que unha vanguardia do proletariado,

organizada en un partido revolucionario, preparado, se é necesario, para traballar na clandestinidade, empuxe a clase obreira a facerse co poder mediante a forza insurreccional de masas, para asi derrocar as súas antiguas clases opresoras e dominantes, a burguesía e a aristocracia. O obxetivo é expropiar a estas clases do seu control sobre o Estado e dos medios de producción, e procedendo a construcción de un Estado obreiro que lle permita avanzar hacia o socialismo - sociedade altamente igualitaria e solidaria, sobre as bases da democracia obreira e a propiedade social sobre os medios de producción- e un forte desarrollo productivo e cultural, con unha economía planificada capaz de suplir as principais necesidades maioritarias- e a desaparición da división da sociedade en clases, ata chegar ao comunismo- sociedades en clases sociais e sen Estado, basada en un alto nivel de civilización. Por outro lado, a que realiza a socialdemocracia, nos seus orixes contraria as tácticas revolucionarias e partidarias de avanzar hacia o socialismo a través de progresivas reformas parlamentarias. Outros teóricos, como os do comunismo consexista, son partidarios da toma de poder por parte da clase obreira autoorganizada e non por parte de un partido. Como amigo e colaborador de Marx, está Engels, filósofo e revolucionario alemán, que foi coautor con este de obras fundamentais para o nacemento de movementos socialista, comunista e sindical, e dirixente político da Primeira Internacional e da Segunda Internacional. Algunhas das súas obras son “La situación de la clase obrera en Inglaterra”; “La ideología alemana” e “El origen de la familia, la propiedad privada y el Estado”. Carlos Marx foi o principal formulador da Escola Marxista, xunto con Engels e o filósofo alemán Feuerbach, máis coñecida como “Materialismo Histórico”. Esta escola foi teórica e práctica á vez, porque vai tralo fin da transformación social. Por elo, non basta con explicar a historia mesma, senon que a liga á transformación da

sociedade, tomando como exemplo o ocorrido na historia para aplicala ao fin señalado anteriormente. O materialismo histórico aplicado á sociedade explica que a economía é o factor determinante da evolución social, e por tanto, da estructura das sociedades. Outros representantes coma Max Beer, quen declara a Licurgo no siglo IX a.C. coma un dos precursores do Comunismo porque non permitiu o acaparamento de riquezas; ou o Rei Agis IV que foi considerado o pimeiro mártir do comunismo porque non permiteu a oligarquía, pero esta rechazouno e foi aforcado. Platón propuxo a comunización de todos os bens, incluso das mulleres e outros coma Lenin ou León Trostki.

2.3. O problema das clases sociais As clases sociais según Lenin son grandes grupos de homes que se diferencian entre sí polo lugar que ocupan nun sistema de producción históricamente determinado, polas relacións nas que se encontran fronte a os medios de producción (relacións que as leis fixan e consagran), polo papel que desempeñan na organización social do traballo e, por conseguinte, polo modo e a proporción en que perciben a parte da riqueza social da que dispoñen. As clases sociais son grupos humanos, un dos cuais poden apropiarse do traballo do outro por ocupar postos diferentes nun réxime determinado de economía social. En referencia ao pasado, a historia da humanidade estivo desde sempre nun enfrontamento entre explotadores e explotados. Para Marx, o capitalismo era un sistema inxusto porque se baseaba na explotación e a opresión da clase obreira e unha explotación que se fundamentaba na apropiación por parte dos patróns da plusvalía dos obreiros. Como proxecto político, a clase obreira tiña que encabezar a revolución e impoñer un goberno autoritario dos traballadores, esta é a dictadura do proletariado. “La

lucha de clases conduce inevitablemente a la dictadura del proletariado” Manifesto Comunista. Para Marx e Engels,

esta revolución era inevitable e pensaban que non tardaría en producirse, xa que a extensión do capitalismo no ámbito mundial conducía a ampliación da clase obreira, a cal tiña que derríbalo. Según León Trotsky “La lucha contra el fascismo en Alemania”: “Para que a crise social desemboque nunha revolución proletaria, é necesario, entroutras condicións, que haxa un volco decisivo das clases pequeño burgueses en dirección do proletariado” Lenin afirma: “É evidente que para suprimir as clases non basta con derrocar aos explotadores, os terratenentes e capitalistas, non basta con suprimir os seus dereitos de propiedade, senón que é imprescindible suprimir toda propiedade privada sobre os medios de producción”. Dentro de esta complexa loita de clases, a pequena burguesía ocupa unha posición importante. Algún sectores colócanse do lado da burguesía e outros únense aos traballadores. Cando hai unha crise, a clase obreira enfróntanse pola forza e unidade, grandes sectores da pequena burguesía, antes vacilantes, póñense do lado do proletariado e son arrastrados pola súa loita. Hai infinidades de exemplos que confirman esta “lei histórica” que en determinados momentos convírtese ata en decisiva. Por exemplo, a revolución socialista rusa de outubro do 1917, a revolución china de 1926, a Guerra Civil española de 1936 e a revolución boliviana en 1952. Carlos Marx plantea que o motor da historia é a loita de clases. Despois de un “comunismo primitivo” algún homes comezan a apropiarse de unha cantidade de bens,

o cal xera desigualdades, desatándose esta loita de clases. Dacordo á interpretación marxista, na última fase da loita, os proletarios toman conciencia da explotación capitalista e acceden ao poder e control dos medios de producción. Desta forma, desaparece a loita xa que a sociedade resultante é unha sociedade sen clases. Unha vez o proletariado no poder, este preocúpase de abolir a propiedade privada, aplicando á ventade terras a gastos públicos, controla os medios de producción, proclama a obligatoriedade do traballo, fai a educación pública e gratuíta e prohíbe o traballo infantil.

2.4. Manifesto Comunista Esta publicación contén ideas, principios e unha interpretación da historia, a cal unida ao método de acción que propoñen os autores, constitúen a forma ideolóxica dun novo orde social. Esta transformación social aparece determinada por factores da súa estructura económica, onde se desenvolven as forzas de producción, o antagonismo das clases sociais e a orde de sucesión dos sistemas económicos. Marx e Engels encargáronse da redacción dos principios da liga dos comunistas, motivados polas súas creencias de cambio e revolución. Fieles protagonistas da realidade social do S.XX, non podían ignorar a situación social da súa época, que era outra vez máis o resultado dun antagonismo entre a clase dominante e a clase dominada. O seu obxectivo primordial

era a igualdade de clases. Ademáis, nótese que en todo o momento os autores se posicionan co proletariado para lograr o cambio. Os autores proban a súa tesis por medio de importantes conclusións, as cales chegan por medio do seu estudo: *La historia de toda sociedad es la historia de la lucha de clases que solo concluirá con la transformación revolucionaria de la sociedad o por la destrucción común de las clases en lucha. *La sociedad burguesa ha creado la clase que habrá de modificarla: el proletariado, éste no puede librarse de su dominio económico sino mediante la destrucción del régimen capitalista e imponiendo las condiciones sociales de producción. *La lucha del proletariado contra la burguesía primero asume límites nacionales, para luego llegar a límites internacionales. *El proletariado debe organizarse en "partido de clase" para conquistar el poder político de cada nación y concentrar en las manos del estado los instrumentos de producción. Outras ideas que se expoñen no texto son as que afirman que a propiedade sufreu constantes alteracións e transformacións históricas e que o traballo asalariado xera o capital, e que ser capitalista é unha función social. Ademáis os autores fan mención de outras formas de socialismo para definir con claridade por vía da exclusión e antítese as diferenzas reais entre o comunismo científico e entroutras clases de socialismo.

3. A publicidade no comunismo A publicidade comunista, en xeral, encerraba un total interese de quen a practicaba. Isto permítenos observar a diferenza entre a práctica e a teoría. Neste

apartado analizarei a propaganda da época, como caso práctico elexín o de Cuba por parecerme o máis representativo, e as consecuencias sociais que esta encerra. Esta é unha parte oculta e negativa do comunismo.

3.1 O caso cubano A continuación, analizo a fondo a entrevista a Roberto Álvarez Quiñones, veterano periodista e analista económico que traballou durante 27 anos en Granma, órgano oficial do Partido Comunista en Cuba. Aos seus 67 anos decideu romper o silencio que tivo que manter nesa organización. A primeira pregunta trata de como afecta aos cubanos que o goberno sexa propietario de todos os medios de comunicación desde principios da década dos 60.  Roberto contesta que esta afectación é de tal magnitude que cree que non haxa en todo o hemisferio occidental unha sociedade máis desinformada que a cubana, coa particularidade de que esta desinformación tamén afecta aos propios periodistas. Esta desinformación non ten nada que ver coma a de Nepal ou Mongolia, xa que os cubanos sí reciben información, e teñen os medios para recibila, pero manipulada. Este é o problema central, que toda a información oficial está manipulada, e contida de moita propaganda política e ideolóxica, ao tempo que se lles prohíbe o libre acceso á Internet. “No caso de Cuba, a desconexión da poboación coa realidade nacional e mundial é ainda maior que o que xa supón o réxime comunista, porque a propiedade dos medios é unha obsesión de Fidel Castro, co fin de impedir calquera opinión ou información que difira un ápice do seu discurso político e do mexunxe informativo que o Partido Comunista e o presidente estiman é o único que poden saber os cubanos” según Roberto Álvarez. Fidel Castro aprópiase dos medios para non recibir queixas do seu mandato e

someter a poboación á desinformación e a incultura, xogando con eles coma con marionetas. O acceso a Internet está controlado e perseguido, o que fai que os periodistas cubanos non conten con información fiable para traballar, e se a obteñen, non a poden usar. “La tiranía ha sido derrocada. La alegría es inmensa. Y sin embargo, queda mucho por  hacer todavía. No nos engañamos creyendo que en lo adelante todo será fácil; quizás en lo  adelante todo sea más difícil. Decir la verdad es el primer deber de todo revolucionario.  Engañar al pueblo, despertarle engañosas ilusiones, siempre traería las peores consecuencias,  y estimo que al pueblo hay que alertarlo contra el exceso de optimismo”  Discurso de Fidel Castro en su llegada a La Habana, el 8 de enero de 1959   

Unha vez máis, mostro a diferencia entre a teoría e a práctica. Ainda que na teoría todo pareza perfecto e moi bonito, na práctica sempre hai desviacións que dan lugar a unhas consecuencias sociais moi graves. Outros exemplos de desinformación de Fidel Castro foi no desastre de Chernobil, onde as imaxes ofrecidas pola televisión cubana foron recortadas para que non aparecesen os mortos e feridos contaminados pola radiación.

Cartel de propaganda da Revolución Cubana A entrevista antes sinalada, remata poñendo de manifesto que a prohibición do acceso a Internet é obligar aos cidadáns a recibir só papilla informativa oficial, o que o periodista describe como fascismo, é un crime para a humanidade.

3.2 Consecuencias sociais

O Manifesto Comunista expón unhas ideas de carácter liberais e a favor da clase dominada. Pero deberían pasar aínda 70 anos (seguindo a data de publicación do Manifesto) antes de que chegase a oportunidade de facer un experimento práctico con este plan. Como consecuencia deste paso de tempo, a sociedade e as súas necesidades cambiaron, polo que non se pode seguir a raxa táboa as ideas expostas no Manifesto Comunista. No caso cubano analizado anteriormente, as consecuencias son a desconexión da poboación coa realidade nacional e mundial; a non fomentación do espíritu crítico, desinformación e idiotización promovida polos gobernos. Fidel Castro sigue a un dos fundadores do cinismo e pragmatismo norteamericanos, William James (1842- 1910) o cal defende: “Só é verdade o que me é útil”. Para Castro, se algo é verdade e non lle é útil, polo tanto é mentira e non existe. E no caso cubano as consecuencias multiplícanse ao ser unha illa, xa que o contacto co exterior é menor, polo tanto é máis fácil subordinar a poboación.

4. Modos de producción 4.1 Modos de producción socialista e capitalista A definición marxista do modo de produción capitalista céntrase no establecemento dunhas relación de producción baseadas socialmente na existencia de proletariados, os cales non poseen os medios de produción. Estes son propiedade dos capitalistas e realizan contratos de traballo polo cal os proletariados venden a súa forza de traballo a cambio dun salario. A clave da concepción marxista do capitalismo está nos conceptos de alienación e plusvalía, é dicir, o valor incorporado polo traballador asalariado ao

producto que excede ao valor que representa o salario (teoría do valor-traballo). Nesta diferencia de valor fundamentase para Marx o beneficio do capitalista. O modo de producción socialista parte da idea de unha sociedade xusta e igualitaria, a cal debe sustituír ao capitalismo. Neste sistema o traballo é común, a comunidade é libre e o producto débese repartir equitativamente en relación de armonía e non de dominación. Os sistemas sociais contemporáneos trataron de cambiar o ambiente necesario para que se mellore a calidade de vida da sociedade. Algúns teóricos do socialismo consideran que existe unha lei de desarrollo planificado, o cal só é factible nun réxime de economía centralizada, xa que esixe que todas as normas da economía se sometan a unha dirección única e estructurada polo estado. Esta lei de desarrollo planificado está concebida sobre as bases da proporcionalidade na producción e distribución, tanto dos bens de consumo popular coma os medios de producción e da man de obra e das distintas ramas da economía para establecer as proporcións que deberá guardarse na economía nacional. Ademáis este modo de producción propugna unha distribución máis xusta das riquezas e condenan a propiedade privada dos medios de producción e de cambio. A base do socialismo encóntrase na denuncia das desigualdades sociais. Pero a característica máis importante é a plusvalía, a cal pertencia aos obreiros e non aos empresarios capitalistas. Para Marx, o socialismo é visto coma unha etapa entre o capitalismo e o comunismo. A continuación, e para demostrar a miña segunda hipótese, resumirei e analizarei dunha publicación científica para ver a insostibilidade do sistema socialista. O representante da Academia Nacional de Ciencias Económicas afirmou que son poucas as probabilidades de que a economía funcione cun esquema de autonomía

para os traballadores. Este afirmou :” o socialismo de tipo soviético, que é o único que existiu, é viable per non é sostible no tempo, como o demostrou a historia”. As causas do fracaso obedecen a tres factores: a asignación da maioría dos bens por parte dun aparato administrativo baixo o cal os productores non se ven forzados a competir; o control directo das empresas polo partido e as súas seccionais políticas; e a falta de competitividade, democracia política e liberdade. O economista tamén asegurou que son poucas as probabilidades de que a economía funcione cun esquema de autonomía para os traballadores.

5. Totalitarismo 5.1 Definición O totalitarismo é o sistema político no cal todas as actividades, todos os aspectos da vida, sexan de orde social, político, económico, intelectual, cultural ou espiritual, están subordinados aos intereses e ideoloxía dos gobernantes. Neste réximen, dereitos e liberdades non merecen ningunha consideración xa que perturban os propósitos do líder. Calquer tipo de oposición ou crítica ao Estado e á ideoloxía dos gobernantes é reprimida e tildada de traición. Nos totalitarismos, nada se pode poner en xuizo; a voz da argumentación e da crítica quedan anuladas fronte ao poder mediático da organización totalitaria. O totalitarismo do S.XX diferénciase das outras formas autocráticas coma o despotismo, o absolutismo, a tiranía ou a dictadura. Nestas, pagando o prezo de absterse de política, é xeneralmente factible vivir e traballar con certa

autonomía. Pero no totalitarismo moderno isto non é posible, a organización fai que todo o mundo dependa por completo dos deseos e obsesións do partido político e o seu líder. Os totalitarismos menosprecian e opóñense ás concepcións liberais e democráticas da vida política e toda a sociedade está suxeita a unha organización xerárquica.

1. Lealtad total al líder «Los movimientos totalitarios son organizaciones de masas de individuos atomizados y aislados. En comparación con otros partidos y movimientos, su característica externa más manifiesta es la exigencia de una lealtad total, sin restricción, incondicional e inalterable del miembro individual. Esta exigencia es formulada por los dirigentes de los movimientos totalitarios incluso antes de la llegada al poder.» Hannah Arendt Los orígenes del totalitarismo, capítulo X, Madrid, Taurus, 1999

O control de todos os medios de comunicación é fundamental para o establecemento do réxime totalitario; con este control, a información ven da propaganda e adoctrinamento. Por outra banda, disponse dunha eficiente policía secreta que espía e horroriza a toda a poboación, incluidos os que ocupan lugares altos na xerarquía totalitaria. Esta policía proba e evalúa a fidelidade dos individuos: os campos de concentración son imprescindibles institucións.

5.2. Totalitarismo do S.XX

Os dous totalitarismos que marcaron o S.XX foron o nazismo e o comunismo. Tras a Primeira Guerra Mundial, as democracias liberais mostraban unha forte pérdida de credibilidade. Movementos extremistas de extrema dereita e de extrema esquerda menospreciaban e debilitaban as democracias liberais, parlamentarias e pluralistas. Neste contexto, o movemento nazi, arraigando na crise social e económica, creceu ata acadar a maioría de votos. Así en 1922, Adolfo Hitler e o seu partido, o Partido Obreiro Nacionalsocialista Alemán, conseguiron, por vía democrática o goberno de Alemania: as disposicións totalitarias previstas no libro de Hitler “Mein Kampf” non se fixeron esperar. Pero non foi ata 1939, co estalido da Guerra, cando o totalitarismo mostrouse en toda a súa dominación. En Rusia, a Revolución de Outubro de 1917, liderada por Lenin, abreu camiño á instauración do comunismo; en 1922 Rusia transformábase na URSS. Coa morte de Lenin en 1924, Joseph Stalin iniciou o proceso de liquidación de toda a oposición convertíndose en dictador absoluto. O seu comunismo estaba lonxe do ideal comunista liderado por Marx e Engels. Desde 1936 ata 1953, ano da morte do líder, a URSS sufreu o maior totalitarismo comunista. Os dous sistemas totalitarios desafiaronse mutuamente loitando pola hexemonía en Europa. Pero entre eles tamén houbo varias diferenzas. A continuación separarei as semellanzas e diferenzas. Desde un punto de vista formal, ambos sistemas están construídos encima de

premisas idénticas: liquidación do pluralismo, partido único e ideoloxía oficial do Estado, rigorismo moral e rechazo do arte moderno (calificado de decadente), culto ao líder e obediencia cega, evitando toda disidencia ou desviación ideolóxica. Desde o punto de vista cuantitativo, ambos sistemas son igualmente comparables: o seu terrorismo de Estado produciron millóns de víctimas. Aínda que existen escasas estatísticas, probablemente a Unión Soviética de Stalin tería unha siniestra vantaxe numérica respecto a Alemaña de Hitler, pero esta última destacaría polo seu odio absoluto. Pero estes sistemas teñen fortes diferencias respeto aos seus orixes ideolóxicos e nos seus obxetivos proclamados. O nazismo proclamado orixínase e organízase en torno ao concepto de exclusión, de rechazo e de proclama á superioridade da raza aria; consecuentemente, todo se reorganiza a favor dos considerados superiores e procedeuse ao exterminio dos xudíos e os de distinta ideoloxía. O comunismo, en cambio, orixínase entorno ao concepto de emancipación humana universal; proclama que o proletariado ten a misión histórica de liberar a sociedade das súas clases; pero na práctica levouse a cabo unha sociedade estratificada na cal se reforzaron os privilexios e a separación. O comunismo destrueu a burguesía en tanto que a clase social liquidou a propiedade privada dos medios de producción e con esto, todo o mercado. O nazismo aspiraba a destruír o mercado, aspiraba a exterminar a un ou varios pobos aos cuales se lles negaba o dereito a existir só por diferentes culturas e ideoloxías.

6. Impacto do comunismo aplicado á socioloxía

O comunismo é dado como o ben común ou colectivo de todos os instrumentos de producción, pero a maneira de levalo a cabo é un sistema de goberno imperante. O resultado do número de víctimas nestes sistemas é moi inquietante, cando no marco teórico reflexa a liberdade do pobo. As verdadeiras ideas comunistas son levadas a cabo con afán de prosperidade ao pobo, pero unha vez no poder, estas ideas cambian chegando a construír un Réxime Totalitario. O comunismo non se adapta as necesidades da poboación, senón que se basa na ideoloxia e intereses dun líder. Ademáis, varios estudos demostran a insostibilidade do sistema socialista a longo prazo. A idea da sociedade comunista necesita cambios, posto que hai que ter en conta que o Manifesto Comunista foi escrito noutro tempo e noutra situación (tanto política, económica ou social) sen ter en conta os cambios na sociedade. A creación dun Estado obreiro necesita modificacións que se adapten ao tempo, lugar e situación posto que non é comparable 1848 co S.XXI.

Os políticos comunistas do S.XX levaron a cabo estratexias de dominación social. Isto, á súa vez conleva cara unha gran inestabilidade política. Como expliquei no caso cubano, os gobernos provocaron desinformación e subordinación cara unha forte ideoloxía. O resultado de todo esto, é un medo e retroceso da sociedade cara unha democracia, desconexión coa realidade, non fomentación do espíritu crítico e unha idiotización masiva. A liberdade xurada dos comunistas convértese en subordinación e un xogo de marionetas para os políticos coas súas estratexias.

7. Citas ► "Hay hombres que luchan un día y son buenos. Hay otros que luchan un año y son mejores. Hay quienes luchan muchos años, y son muy buenos. Pero los hay que luchan toda la vida: esos son los imprescindibles." Bertolt Brecht, comunista y poeta ► “O problema de reforma o revolución, de objetivo final o movimiento es, fundamentalmente, bajo otra forma, el problema del carácter pequeñoburgués o proletario del movimiento obrero.” (Rosa Luxemburgo) ► “Los comunistas no tienen por qué guardar encubiertas sus ideas e intenciones. Abiertamente declaran que sus objetivos sólo pueden alcanzarse derrocando por la violencia todo el orden social existente(...) ¡Proletarios de todos los países, uníos!”(Marx y Engels, Manifiesto del Partido Comunista) ► Lenin: “é evidente que para suprimir as clases non basta con derrocar aos explotadores, os terratenentes e capitalistas, non

basta con suprimir os seus dereitos de propiedade, senón que é imprescindible suprimir toda propiedade privada sobre os medios de producción”. ► Según León Trotsky “La lucha contra el fascismo en Alemania”: “Para que a crise social desemboque nunha revolución proletaria, é necesario, entroutras condicións, que haxa un volco decisivo das clases pequeño burgueses en dirección do proletariado

9. Conclusións

Como dixen no principio do traballo, este está envolto en tres hipótesis que tratei en todo o meu estudo. Para demostrar a primeira tratei o Manifesto Comunista e os gobernos de Lenin e Hitler e o caso cubano. A idea dun goberno a favor dos intereses do proletariado foi levado á práctica de modo totalitario, o que contradi aos obxetivos dados no Manifesto. O principal obxetivo do Manifesto é a igualdade de clases, o cal non se consigue mediante dominación nin mediante a propiedade dos medios de comunicación e producción. A idea de que un movemento político chegue ao poder mediante revolución lévanos a conclusión de que este funcionará mediante o control e a subordinación. O modo de producción socialista non é sostible a longo prazo, xa que este desincentiva totalmente a competir as empresas. Aínda que este modo de producción busca o beneficio equitativo da poboación, a autonomía dos traballadores, según economistas, non funciona a longo prazo.

O anterior apartado titulado Totalitarismo mostra a terceira hipótese que pretendo demostrar. Como casos expoño os de Lenin e Hitler, quenes levaron os seus reximenes a extremos ilimitados. Estes gobernos demostran como o principio lenilista e hitlerista foi centrador, autoritario e imposto totalitariamente.

♣ BIBLIOGRAFÍA 1. Archipielago. Cadernos de Crítica da Cultura (2001): nº 29: “La epidemia

neoliberal, Los lenguajes de la guerra”; e o nº 24: “O novo caudillismo, populismo, nacionalismo, demagogia”. * 2. Baer, Marcos (1997):“Elegir a los dictadores cada cuatro años”. Cinco Días-

Opinión 3. Blazquez, J. y Valdeón J. (1977): “Clases y conflictos sociales en la

historia”*

4. Boletín de Economía (1998) 5. Cancio, Miguel: “Materiales para el trabajo científico en sociología,

economía y ciencias sociales” , “Ideologia y aparatos ideológicos de Estado. Notas para una investigación” La Pensée, abril 1970 ** 6. Cancio, Miguel: “Materiales para el trabajo científico en sociología”,

economía y ciencias sociales”, “La teoría de Carlos Marx”. ** 7. Cancio, Miguel: “ Economistas, empresarios, intelectuales, periodistas”

políticos, prelados y sus mercados macro y micro sociales” * 8. Cardoso, C. y Pérez H.(1976):”Los métodos de la historia”* 9. Courtois, Stephane: “El libro negro del Comunismo”*

10. Costanzo Preve (2007): “Sobre el concepto del comunismo” * 11. Cuadernos de pensamiento político, Fundación para el Análisis y los Estudios 12. De La Vega, Julio César; DICCIONARIO CONSULTOR POLÍTICO

Librograf editorial SRL, Colombia, 1996. * 13. Deniz, Roberto: “ El modelo socialista es insostenible”: El Universal (2008)** 14. Durán-Cousín, Eduardo: “Comunismo.Principio y fin de un sueño” * 15. El País (2007): “ A la sombra de Marx” * 16. Marx,

Carlos; Engels, Federico; Editorial Claridad, Argentina, 1932. **

MANIFIESTO

COMUNISTA

17. Fuentes Estadísticas (1994): nº 25 “Estadísticas históricas”* 18. Fuentes, Norberto (2007). La autobiografía de Fidel Castro ** 19. Giner, Salvador; "Historia del pensamiento social", Ed. Ariel, 1975. * 20. Grupo Unidad Editorial, S.A. (2006):”La División Azul: España quiere vengarse del comunismo” * 21. Gurvith, George (1974):”Teoría de las clases sociales” * 22. Instituto Galego de Estadística *

23. Luzes de Galicia (1985)

24. Macionis, John J. & Plumer, Ken; "Sociología", Ed. Prentice Hall, Madrid,

1999. 25. Miras Albarrán, J.: “Sobre los orígenes de la tradición revolucionaria

popular” 26. Neoliberalismo.com : Entrevista a Roberto Álvarez ** 27. Obradoiro de Historia Moderna (1992) 28. Revista de Economía y Empresa (1978) 29. Revista Sociales (2006) * 30. The New York Daily Tribune. Marx y Engels, publicado entre 1851 y 1862. “Revolución y contrarrevolución en Alemanía”. *

*: medio leído **: leído completamente

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.