NORMA COMPLEMENTARIA ANO 2015

Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 30 de decembro de 2014 pola que se convocan para o ano 2015 as axudas para a incorporación de mozos á a

21 downloads 226 Views 1MB Size

Story Transcript

Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 30 de decembro de 2014 pola que se convocan para o ano 2015 as axudas para a incorporación de mozos á actividade agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2007-2013

NORMA COMPLEMENTARIA

ANO 2015

Xaneiro 2015

1

A Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 30 de decembro de 2014 (DOG Nº15 do 23 de xaneiro de 2015), establece as bases reguladoras das axudas para a incorporación de mozos á actividade agraria cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2007-2013, e convoca estas axudas para o ano 2015. A disposición derradeira segunda desta Orde, faculta á directora xeral de Produción Agropecuaria para ditar as instrucións precisas para o mellor desenvolvemento e execución do disposto na mesma, as cales serán publicadas na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar. De acordo co anteriormente exposto, esta Dirección Xeral: Dispón ordenar a publicación na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar das instrucións complementarias para adaptar a normativa ás distintas situacións que se dan nas explotacións agrogandeiras, e que se incorporan como anexos a esta instrución:

-

Anexo I - Norma Complementaria 1/2014.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2015 A directora xeral de Produción Agropecuaria

Patricia Ulloa Alonso

2

INDICE

NORMA COMPLEMENTARIA 1/2015.

4

Anexo I.- Disposicións complementarias para os investimentos en primeira instalación de agricultores mozos 11 Anexo II.- Xustificación dos investimentos

13

Anexo III.- Cálculo das dimensións mínimas para R.U.T. ≥ 35% da Renda de Referencia. e < 120% desta, ano 2015. 14 Anexo IV.- Índices estudios económicos

17

Anexo V. Novidades e aspectos a salientar nas axudas para a incorporación de mozos á actividade agraria para o ano 2015 19 Anexo VI.- Cadros resumo

20

Anexo VII.- Resumo do convenio coas entidades financeiras

22

3

NORMA COMPLEMENTARIA 1/2015. A Orde do 30 de decembro de 2014 convoca para o ano 2015 as axudas destinadas á incorporación de mozos á actividade agraria. Considérase necesario establecer as seguintes especificacións complementarias:

1.

Instalación de persoas agricultoras mozas.

Poderán ser beneficiarias as persoas que non figuran nin figurasen inscritos como titulares de explotacións agrarias no rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, e que se instalen nunha explotación agraria prioritaria, existente ou de nova creación. Esta primeira instalación realizarase mediante algunha das seguintes modalidades: a) Acceso á titularidade exclusiva ou compartida dunha explotación agraria prioritaria ou, no caso de ser de nova creación, que adquira tal condición. b) Acceso á cotitularidade dunha explotación agraria prioritaria. c) Integración como socio/a nunha entidade asociativa con personalidade xurídica, preexistente ou de nova creación, que sexa titular dunha explotación agraria prioritaria.

1.1

Data da instalación.

En xeral, considerarase como data de instalación a máis antiga entre a data de alta en Facenda na actividade agraria ou alta na Seguridade Social. Non obstante, e aos efectos da axuda á primeira instalación, naqueles casos nos que a persoa moza estea dada de alta na Seguridade Social na actividade agraria, pero a persoa titular da explotación sexa outra (pais, avós...), que é a que declara os ingresos da explotación a Facenda, poderase considerar como data de instalación do mozo a da alta en Facenda na actividade agraria. Isto mesmo aplicarase aos matrimonios ou parellas de feito en réxime de gananciais, nos que un dos cónxuxes era o titular da explotación (e declaraba os ingresos da explotación, aínda que fora en declaración conxunta) e o outro tan só cotizaba á Seguridade Social. Isto comprobarase achegando a seguinte documentación: o

Informe de vida laboral do mozo.

o

Certificado de Facenda de que o mozo non declarou ingresos agrarios nos últimos catro anos ou copia das últimas catro declaracións do IRPF. Esta documentación so se ten que presentar no caso de que a persoa solicitante non autorice á súa consulta.

o

Última declaración do IRPF do titular actual.

Ademais presentarase toda a documentación necesaria para a primeira instalación (cambio de titularidade, alta en Facenda...).

1.2

Gastos auxiliables.

Serán auxiliables os gastos que realice o mozo dende a data da instalación, independentemente da data en que se produza o cambio da titularidade da explotación (se fose o caso). a) Prazo de gastos auxiliables: 4

o

Instalación por cambio de titularidade por falecemento, xubilación ou incapacidade laboral: o cambio de titularidade tivo que producirse entre o 23 de febreiro do 2014 e o inicio do prazo de solicitude da convocatoria 2015. Os gasto derivados dende o cambio de titulariade poden ser subvencionados, agás aqueles que impliquen unha comprobación de non inicio. Os gastos subvencionables poden ser: •

Gastos de permisos, licenzas e autorizacións administrativas orixinados pola instalación do beneficiario.



Adquisicións de dereitos de produción e dereitos a prima de carácter individual e transferible conforme á normativa vixente.



Custos de avais dos préstamos de primeira instalación.



Indemnización a coherdeiros.



Gastos notariais-rexistro.



Acopio de materiais, sempre que o seu montaxe ou instalación se realice con posterioridade á acta de non inicio. Acta que se realizará sempre con posterioridade á solicitude de axuda.

o

Resto de instalacións realizadas dentro dos seis meses anteriores á solicitude de axuda. Os gastos subvencionables serán os mesmos que no punto anterior.

o

Instalacións realizadas dende a data da solicitude de axuda ata o 1 de setembro do 2015 (inclusive). Os investimentos elixibles serán os que figuran no anexo III da orde da convocatoria. Excepto o acopio de materiais, o resto dos investimentos serán posteriores á acta de non inicio. Acta que se realizará sempre con posterioridade á solicitude de axuda.

b) No caso de considerar a compra de tractor ou maquinaria agrícola como un gasto de primeira instalación necesario na explotación, a cantidade máxima a financiar estará en función do tamaño da explotación cos seguintes módulos unitarios por UGM e Ha.: o

No caso de explotacións gandeiras, o investimento máximo admisible será de 1.500 €/UGM da explotación para a compra do tractor, e doutros 1.500 €/UGM para o resto da maquinaria agrícola. Poderá aplicarse esta limitación á situación final cando os outros investimentos previstos na primeira instalación o xustifiquen técnicamente.

o

Para as explotacións agrícolas, o investimento máximo admisible será de 4.500 €/ha. de superficie de cultivo para a compra do tractor e doutros 4.500 €/ha. para o resto da maquinaria. No caso de explotacións de horta e flor en invernadoiro, ou viveiros, poderase incrementar este módulo ata un máximo de 30.000 €/ha.

Con anterioridade á data de finalización do prazo de execución das melloras a maquinaria e os equipamentos que se adquiran deberán estar inscritos no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA) a nome da persoa beneficiaria da primeira instalación, e matriculados cando a tipoloxía da máquina o requira. c) Non é subvencionable a compra de terreo, así mesmo os investimentos de simple substitución non poderán optar ás axudas (RD 1852/2009, do 4 de decembro sobre os criterios de subvencionabilidade dos gastos en FEADER).

5

d) O punto h do artigo 9 da Orde fai referencia a que se subvencionan tódalas máquinas agrícolas e instalacións que aparecen no Anexo III, pero non a obra civil que se precise para a sua relización. Así, por exemplo, subvencionaríase un silo torre metálico de pienso, pero non será subvencionada a soleira ou base onde se colocaría dito silo. Para as melloras que aparecen no Anexo III, agás as do punto 1 “ Gastos de primeira instalación”, non se subvencionará a parte correspondente á obra civil. Deste xeito, no orzamento que se presente terá que vir desagregada a parte correspondente á obra civil, asi, por exemplo, nun invernadoiro subvencionarase a estrutura, automatismos, materiais de cuberta..., pero non se subvencionarán

as

zapatas

e

demáis

obra

civil

como

excavacións

ou

nivelacións,

independentemente da modalidade de primeira instalación. e) No caso de investimentos, tanto en bens mobles como inmobles, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. O investimento que debe figurar nas tres ofertas debe estar perfectamente descrito, por exemplo non se aceptará como descrición “Grupo Xerador de Corrente” unicamente, debéndose especificar claramente a marca, o modelo, a potencia ou outras descricións específicas do investimento. As tres ofertas deben ser do mesmo investimento, si é maquinaria debe ser da mesma marca e modelo. En caso de non ser posible deberán ser modelos comparables. O investimento máximo subvencionable será o da oferta de menor importe, aínda que o mozo, presentando unha memoria xustificativa, pode obtar por calquera das tres ofertas. Isto non se aplicará a honorarios de proxecto, gastos notariais ou rexistrais e importe de contratos de arrendamento.

1.3

Adecuación do capital de explotación.

Á adecuación do capital da explotación, abrangue todo tipo de melloras, sempre que se cumpran as limitacións establecidas na normativa. Esta adecuación realizarase a través da clave “170 – Aportación Económica á Entidade Xurídica” desagregando dito importe nas distintas melloras subvencionables a realizar na explotación. Á hora de xustificar este tipo de inversións, o mozo que se instala debe acreditar a aportación económica á explotación, mentras que a explotación acreditará os investimentos subvencionados.

1.4

Plan empresarial.

O plan empresarial incluirá como mínimo (artigo 13 do Regulamento (CE) 1974/2006): o

Unha descrición da situación inicial da explotación agrícola, con indicación das fases e obxectivos concretos de desenvolvemento da nova explotación.

o

Información pormenorizada sobre investimentos, formación, asesoramento ou calquera outra medida necesaria para desenvolver as actividades da explotación agrícola.

A revisión do plan empresarial farase nun prazo de cinco anos como máximo a partir da data da aprobación da axuda e consistirá en comprobar o mantemento das condicións deste e unha avaliación dos progresos e previsións expostos nel.

6

2.

Normas mínimas medioambientais.

Para o cumprimento das normas mínimas ambientais ás que fai referencia a orde de bases reguladoras destas axudas estarase ao disposto na lexislación seguinte: Normas ambientais. o

Directiva 96/61/CE do Consello de 24 de setembro de 1996 relativa á prevención e ao control integrados da contaminación, e as súas modificacións.

o

Lei 4/1989, de conservación de espazos naturais e da flora e fauna silvestres (Directiva 79/409 CEE e parte da Directivo 92/43/CE) e as súas modificacións.

o

Lei 42/2007 do Patrimonio natural e da biodiversidade.

o

Real decreto 1997/1995, polo que se establecen medidas para contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitat naturais e da fauna e flora silvestres (Directiva 92/43 CE), e as súas modificacións.

o

Lei 10/1998, sobre residuos (Directiva 91/156/CEE), e as súas modificacións.

o

Real decreto 261/1996, sobre protección contra a contaminación por nitratos procedentes de fontes agrarias (Directiva 91/76CE), e as súas modificacións.

o

Real decreto 1310/90 e Orde AAA/1072/2013 sobre o emprego de lodos de depuradora en agricultura e as súas modificacións.

Ademais determínase no Programa de Desenvolvemento Rural, que os sectores de produción vexetal deberán manter as seguintes prácticas: o

Prohibición da queima de restrollos ou pastos de colleita. De xeito excepcional, a causa de problemas sanitarios ou fitopatolóxicos, poderá quedar sen efecto esta prohibición cando a xuízo do Órgano competente da Comunidade Autónoma, poida ter efectos ecolóxicos negativos.

o

Prohibición do laboreo convencional a favor da pendente. O Órgano competente da Consellería do Medio Rural e do Mar, poderá autorizar de xeito excepcional esta práctica.

o

A aplicación do abonado mineral e orgánico deberá seguir as recomendacións establecidas ao efecto no Código Galego de Boas Prácticas Agrarias, editado pola Consellería do Medio Rural e do Mar.

o

Os restos de podas, plásticos e outros materiais residuais deberán ser retirados das parcelas e depositarse en lugares apropiados.

o

No uso de insecticidas e herbicidas deberanse respectar as indicacións dos fabricantes, retirando os residuos unha vez efectuada a aplicación correspondente.

Para as producións gandeiras: o

En todos os casos as instalacións de almacenaxe de esterco, xurro ou residuos procedentes de produtos vexetais almacenados como a forraxe ensilada, deberán ser estancas, de forma que eviten os vertidos directos no medio natural, tal como se recomenda no Código Galego de Boas Prácticas Agrarias. Ademais, as devanditas esterqueiras ou fosas de xurro deberán ter a capacidade suficiente de almacenamento, tendo en conta os períodos de saída e distribución.

7

3.

Informe sobre o cumprimento das normas mínimas en materia de medio ambiente, hixiene e benestar dos animais e sobre as melloras hixiénico-sanitarias.

Para o caso de investimentos en explotacións gandeiras, os servizos técnicos da Consellería do Medio Rural e do Mar efectuarán as inspeccións e emitirán os informes oportunos sobre o cumprimento das normas mínimas en materia de medio ambiente, hixiene e benestar dos animais. No caso de que os investimentos teñan por obxecto o cumprimento das normas mínimas en materia de medio ambiente, hixiene e benestar dos animais, recentemente establecidas, é dicir, que entrasen en vigor no prazo máximo dun ano anterior á data de solicitude de axuda, concédeselle un prazo para o seu cumprimento de 36 meses dende o momento da concesión da axuda, e en todo caso antes de que remate o período de execución dos investimentos.

4.

Tramitación de expedientes, estudios técnico-económicos e comprobación de datos iniciais.

A tramitación de axudas no marco da orde esixe a aprobación das propostas provinciais realizadas polo servizo de Explotacións Agrarias, por parte da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria en base a estudios técnico-económicos que xustifiquen a idoneidade do investimento, así como o cumprimento dos condicionantes da renda, etc., que serán avaliados por un órgano colexiado.

5. Módulos máximos de investimento. O importe máximo do investimento auxiliable para o cálculo da axuda virá dado pola menor das cantidades seguintes: o

Módulo máximo establecido no anexo III da orde, ou

o

O menor orzamento presentado.

6. Marxes segundo as orientacións produtivas. As marxes brutas figuran no Anexo IV da Orde do 6 de novembro de 2014, pola que se establecen disposicións de xestión do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (DOG nº 221, do 18 de novembro de 2014). Os gasto fixos da explotación en ningún caso poderán ser inferiores a 3.005,06 €/explotación en xeral (nos casos de vacún de leite 4.429,46 €/explotación, e vacún de carne 3.179,35 €/explotación), nin superiores a 10.000 €/uta.

7. Xustificación dos investimentos. Unha vez realizados os investimentos, os beneficiarios deberán presentar xunto coa solicitude de pagamento, os correspondentes xustificantes do gasto e do pago. O beneficiario deberá presentar os orixinais das facturas aos efectos da súa dilixencia na Oficina Agraria Comarcal, co texto “cofinanciado con Fondos Comunitarios”.

8. Recepción de solicitudes. Os servizos territoriais de Explotacións Agrarias remitirán á Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias a seguinte información: o

Relación nominal de solicitudes presentadas nas oficinas agrarias comarcais. 8

o

Relación nominal de solicitudes presentadas nos servizos territoriais.

o

Relación nominal de solicitudes presentadas por calquera das vías contempladas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e que obren en poder da delegación territorial. Todas as relacións anteriores terán que constar asinadas.

Así mesmo, respecto daquelas solicitudes que se presenten incompletas (tanto se é a propia solicitude como a documentación que se ten que achegar a aquela), o órgano tramitador da solicitude, dará cumprimento ao previsto no artigo 70.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e requirirá inmediatamente ao interesado para que nun prazo de dez días, enmende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con expresa indicación de que, se así non o fixera, se lle terá por desistido da súa petición. Os devanditos requirimentos para completar a solicitude e/ou documentación efectuaranse de acordo co modelo elaborado a tal efecto presente no manual de procedemento, podendo xuntarse á comunicación esixida no artigo 42.4 da Lei 30/1992, conforme á redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. Unha vez completada a documentación, as solicitudes e os estudios técnico-económicos, remitiranse directamente das oficinas agrarias comarcais aos servizos territoriais.

9. Publicidade das axudas. Normativa: o

Anexo VI do Regulamento (CE) no 1974/2006 da Comisión do 15 de decembro de 2006 polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) no 1698/2005 do Consello relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

Todas as operacións de investimento cun custe total superior a 50.000 € deberán contar cunha placa explicativa. Nas operacións cun custe total superior a 500.000 € a placa substitúese por un valado publicitario. Nas placas e valados figurará unha descrición do proxecto, así como a bandeira europea e o lema Feader: «Europa inviste no rural», e poranse no exterior das instalacións onde se localiza o investimento, nun punto claramente visible, a poder ser dende a vía pública. No caso de investimentos móbiles a placa substituirase por un adhesivo coas mesmas características gráficas. As placas e valados publicitarios colocaranse ao inicio das operacións de investimento e manteranse durante un período mínimo de 5 anos contados a partir do momento do pago da axuda comunitaria.

Tamaño: Placas: tamaño din A4 Carteis: ancho 1,20 m. X alto 0.75 m.

9

10.

Cómputo de UTA

A UTA necesaria en cada modalidade de instalación deberán ser do propio mozo que solicita a instalación. Tendo isto en conta, un mozo que ten outra actividade a maiores da que quere iniciar na agraria: o

Debe acadar un 50% de ingresos agrarios no IRPF unha vez instalado. Se ten un contrato superior á media xornada non se lle computa 1 UTA. Se non está en condicións de acadar este compromiso non terá dereito a percibila axuda.

o

Enténdese que aínda que no momento da solicitude teña un contrato a tempo completo noutra actividade, non habería problema en aprobarlle a axuda, sempre e cando se comprometa a cumprir no momento da certificación. Neste caso deberá asinar un compromiso específico por escrito.

11.

Licenzas e autorizacións

Tódalas licenzas e autorizacións administrativas necesarias presentaranse no momento da solicitude da axuda. Si no momento de presentar a solicitude da axuda non se posúe a pertinente licenza ou autorización, presentarase copia da súa solicitude, e no momento da certificación (solicitude de pago) aportarase dita licenza, autorización ou certificado do órgano competente de non precisala. De non ser posible aportar dita licenza/autorización, non se poderá certificar o investimento correspondente.

10

Anexo I.- Disposicións complementarias para os investimentos en primeira instalación de agricultores mozos Os investimentos que sexan financiados a través de axudas á primeira instalación de agricultores mozos, ao abeiro da orde do 30 de decembro de 2014, da Consellería do Medio Rural e do Mar, deberán cumprir coas seguintes disposicións.

1.

Pradeiras

Considérase financiable a implantación de pradeiras en terreos procedentes de monte. Para xustificar a implantación de pradeira con retirada de tocos, deberá acreditar mediante a correspondente factura (e xustificante de pago) a roturación con maquinaria allea á explotación. En tódolos casos, xunto co resto da documentación establecida na convocatoria, o interesado deberá aportar a correspondente solicitude/autorización da Administración forestal ou a comunicación á Administración forestal, segundo o establecido no artigo 60 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. No caso de ser necesario nivelar terras, deberá presentarse a correspondente licenza municipal. No suposto de non haber presentado a licenza antes de que se aprobe o expediente, deberá aportala no momento de realizar a xustificación. Deberá achegarse copia do plano do catastro ou SIXPAC, coa situación da parcela ou parcelas, e perímetro a pechar.

2.

Cercas

Para gando vacún considéranse financiables as cercas de catro ou cinco fíos sobre soportes de madeira tratada, ou de madeira de castiñeiro sen tratar, ou algún outro material de longa durabilidade (pedra, formigón...). O material a empregar deberá ser específico para este tipo de investimentos, non admitíndose, entre outros, por exemplo, a maia de obra ou maiazo. Nesta convocatoria, non será necesario que nos aporten a licenza ou autorizacións que poden ser necesarias para a súa instalación. Isto non exime das correspondentes obrigas ou retranqueos, de ser necesarios. Xustificarase o seu gasto con factura allea, non sendo financiables as estacas achegadas polo propio solicitante (no caso de aportalas estacas, o módulo máximo subvencionable reducirase nun 60%). Tamén nestes casos, deberá achegarse copia do plano do catastro ou SIXPAC, coa situación da parcela ou parcelas, e perímetro a pechar.

3.

Maquinaria de muxir

Establécese un módulo de investimento básico (clave 8106) en maquinaria de muxir de ata 10.000 € para unha explotación de ata 15 vacas leiteiras. Este módulo incrementarase, por cada vaca de leite, segundo os datos actuais de saneamento gandeiro, de acordo cos seguintes tramos: 11

- Desde 16 a 50 vacas, a razón de 800 €/vaca. - Desde 51 a 70 vacas, a razón de 500 €/vaca. - Para rabaños maiores de 70 vacas, a razón de 300 €/vaca. Os módulos establecidos inclúen instalación de muxido completa con maquinaria, conducións, equipos de medida, retiradores automáticos, etc. En todo caso o investimento máximo será de 75.000 €. Para a aplicación deste límite máximo teránse en conta os investimentos realizados ao abeiro das axudas para a modernización das explotacións agrarias, de incorporación de mozos á actividade agraria e de mellora da competitividade das explotacións leiteiras dende a convocatoria do 2010.

Exemplo para un rabaño de 60 vacas leiteiras:

Módulo básico de 15 vacas

10.000 €

Entre 16 e 50, a razón de 800 €/vaca

28.000 €

Entre 51 e 60, a razón de 500 €/vaca

5.000 €

Máximo investimento

43.000 €

No caso de instalación de robot de muxido, terán o mesmo módulo que calquera outro tipo de equipamento de muxidura.

4.

Outros investimentos

A mellora 4850 Ud. Colmea estará composta, como mínimo, por cámara de cría e un alza. A mellora 9522 Silo de pienso refírese aos depósitos de pienso verticais, independentemente da súa capacidade.

12

Anexo II.- Xustificación dos investimentos

Cando se trate de investimentos en maquinaria, ademais da factura, achegarase xustificante da inscrición no rexistro de maquinaria agrícola e certificado de fabricación. No caso de ser necesaria presentarase a documentación de matriculación. A máquina da factura ten que ser exactamente igual que a da proforma presentada no momento da solicitude (marca, modelo, características técnicas...). Por motivos de mercado pode que non coincidida o importe orzamentado co importe facturado, neste caso si o importe facturado é maior, o investimento subvencionable limitarase ao importe aprobado inicialmente; e si o importe facturado é menor, determinarase o investimento subvencionable a partires da factura). Por outra banda, se o ben comprado é equivalente ou de gama superior ao orzamentado será aceptable sempre que non incida nos índices económicos da explotación, tendo en conta o anterior.

Non se permitirá achega de man de obra propia para ningunha mellora.

Tampouco serán auxiliables os alugueres dos bens que o propio titular da explotación pode empregar para realizar os investimentos. Pola contra, si é unha empresa allea a que precisa alugar eses bens para realizar os investimentos, este aluguer si será subvencionables.

No caso de que no control administrativo sobre as UTAs da explotación na solicitude de pago, se o número de esas UTAs é menor que o que figura na aprobación do expediente na situación prevista, suporá un incumprimento dos compromisos da aprobación e levará como consecuencia a perda do dereito á axuda.

13

Anexo III.- Cálculo das dimensións mínimas para R.U.T. ≥ 35% da Renda de Referencia. e < 120% desta, ano 2015. No cadro que se xunta figuran os datos definidos e estimados para as distintas orientacións produtivas, co fin de poder realizar unha comprobación previa do requisito de que toda explotación acredite a súa condición de prioritaria, é dicir, que a súa Renda unitaria de traballo non sexa inferior ao 35 % da renda de referencia, nin alcance o 120% desta. As explotacións situadas en zonas de montaña serán cualificadas como prioritarias. O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambente, mediante a orde AAA/2168/2014, fixou para o ano 2015 a renda de referencia en 28.051,20 euros.

14

CÁLCULO DAS DIMENSIÓNS MÍNIMAS PARA RUT ≥ 35% e < 120% da Renda Referencia (ANO 2015)

Actividade

Unidade

UNIDADES MINIMAS 35% RR

Clave

Sub

6

0

Patacas

Ha

743,00

9.817,92

13,21

33.661,44

45,30

7

0

Amorodo

Ha

12.500,00

9.817,92

0,79

33.661,44

2,69

8

0

Kiwi

Ha

5.944,10

9.817,92

1,65

33.661,44

5,66

9

0

Outras froiteiras

Ha

5.944,10

9.817,92

1,65

33.661,44

5,66

9

2

Oliveira intensivo

Ha

8.000,00

9.817,92

1,23

33.661,44

4,21

9

3

Oliveira extensivo

Ha

1.200,00

9.817,92

8,18

33.661,44

28,05

9

4

Arando

Ha

10.788,67

9.817,92

0,91

33.661,44

3,12

10

0

Hortalizas aire libre

Ha

14.860,30

9.817,92

0,66

33.661,44

2,27

11

0

Flor aire libre

Ha

3.715,10

9.817,92

2,64

33.661,44

9,06

12

0

Invernadoiro flor

Ha

49.534,30

9.817,92

0,20

33.661,44

0,68

13

0

Invernadoiro hortaliza

Ha

49.534,30

9.817,92

0,20

33.661,44

0,68

14

1

Viveiros Extensivo

Ha

30.000,00

9.817,92

0,33

33.661,44

1,12

14

2

Viveiros Mixto

Ha

100.000,00

9.817,92

0,10

33.661,44

0,34

14

3

Semilleiros

Ha

300.000,00

9.817,92

0,03

33.661,44

0,11

15

0

Viñedo Preferente

Ha

4.953,40

9.817,92

1,98

33.661,44

6,80

16

0

Viñedo non preferente....

Ha

2.500,00

9.817,92

3,93

33.661,44

13,46

17

0

Outros Cereais

Ha

297,20

9.817,92

33,03

33.661,44

113,26

17

1

Trigo

Ha

750,00

9.817,92

13,09

33.661,44

44,88

18

0

Outros Cultivos

Ha

15.000,00

9.817,92

0,65

33.661,44

2,24

44

0

Vacas leite

0,06

9.817,92

163.632,00

33.661,44

561.024,00

45

0

Recría Xovencas leite

Cab

99,10

9.817,92

99

33.661,44

340

46

0

Vacas carne

Cab

325,61

9.817,92

30

33.661,44

103

47

0

Xovencas carne

Cab

250,00

9.817,92

39

33.661,44

135

1 Kg. Produc.

M.NETA (€)

35% RR (€)

120% RR (€)

MAXIMAS 120% RR

15

Clave

Sub

Actividade

48

0

Xatos ceba

49

0

Ovellas

49

1

Ovellas leite

50

0

Cabras

51

0

Éguas

53

0

Coellas

54

0

Enxames

55

0

Porcas nais

55

1

Porcas Celtas nais

55

2

Porcas reprodutoras

56

0

Porcos ceba

56

1

58

0

58

Unidade

Praza (1,25 cab)

M.NETA (€)

35% RR (€)

UNIDADES MINIMAS 35% RR

120% RR (€)

MAXIMAS 120% RR

148,60

9.817,92

66

33.661,44

227

nai

66,00

9.817,92

149

33.661,44

510

nai

75,00

9.817,92

131

33.661,44

449

nai

81,00

9.817,92

121

33.661,44

416

nai

148,60

9.817,92

66

33.661,44

227

nai

32,30

9.817,92

304

33.661,44

1.042

Ud

43,70

9.817,92

225

33.661,44

770

porca nai

205,64

9.817,92

48

33.661,44

164

porca nai

164,56

9.817,92

60

33.661,44

205

porca nai

134,20

9.817,92

73

33.661,44

251

praza

15,64

9.817,92

628

33.661,44

2.152

Porcos ceba cadea

praza

11,90

9.817,92

825

33.661,44

2.829

Aves carne

praza

1,05

9.817,92

9.350

33.661,44

32.059

1

Polo curral

praza

1,15

9.817,92

8.537

33.661,44

29.271

58

3

Pavos

praza

3,70

9.817,92

2.653

33.661,44

9.098

58

8

Polo corral ecolóxico

praza

4,50

9.817,92

2.182

33.661,44

7.480

59

0

Poñedoras

praza

1,35

9.817,92

7.273

33.661,44

24.934

59

1

Poñedora ecolóxica

praza

29,70

9.817,92

331

33.661,44

1.133

59

2

Recria Integr.batería

praza

7,80

9.817,92

1.259

33.661,44

4.316

59

3

Recria Integr.chan

praza

11,00

9.817,92

893

33.661,44

3.060

59

4

Poñedora ovo para incubar

praza

2,86

9.817,92

3.433

33.661,44

11.770

59

5

Poñedoras campeiras

praza

3,00

9.817,92

3.273

33.661,44

11.220

16

Anexo IV.- Índices estudios económicos

17

AXUDA A: PRIMEIRA INSTALACIÓN

Tipo Titular

Tipo Zona

Prioritaria

Renda

RUT/RR

Mozo/a

Ordinaria 0,35 a 1,20 Persoa Física: cód. 0 e 1

≥ 0,35

Desfavorecida

Montaña

TIPO

0 -Agricultora individual muller

CLASE DE SOLICITANTE

< 1,20

INIDICES INICIAIS

INDICES PREVISTOS

Prioritaria e renda d@ moz@ ≥ 0,35 da R.R.

2-Agricultor profesional. MODALIDADES 1-2-3

UTA

1

1 -Agricultor individual home En sombreado aparecen os índices obrigatorios para poder acadar a axuda.

Renda de referencia (RR) ano 2015: 28.051,20 €

UGM TOTAIS Toros, vacas e outros animais da especie bovina de máis de dous anos, équidos de máis de 6 meses Animais da especie bovina (6-24 meses) Animais da especie bovina (0-6 meses) Ovinos e caprinos

1 0,6 0,4 0,15

Porcas de cría > 50 kg

0,5

Outros animais da especie porcina

0,3

Galiñas poñedoras

0,014

Outras aves de curral

0,003

18

Anexo V. Novidades e aspectos a salientar nas axudas para a incorporación de mozos á actividade agraria para o ano 2015

1. Prazos o

Prazo de presentación de solicitudes: entre o 24 de xaneiro e o 23 de febreiro inclusive.

o

Prazo para resolver: 23 de maio de 2015.

o

Prazo para presentar a licenza e calquera outra autorización: No momento da solicitude da axuda, ou antes de que se aprobe o expediente ou no momento da xustificación.

o

Prazo para a execución das melloras e xustificación dos investimentos: 1 de setembro de 2015 inclusive.

o

Durante os cinco anos seguintes á solicitude de pago, os investimentos subvencionados non deberán sufrir ningunha modificación importante, nin cambio de uso.

1.1 Novidades e aspectos salientables: o

A instalación tense que realizar nunha explotación que sexa ou adquira a condición de prioritaria. Eliminase a instalación de mozos en explotacións agrarias non prioritarias (modalidade 4).

o

Eliminase a axuda aos mozos instalados, con anterioridade, en explotacións non prioritarias (modalidades 5 e 6).

o

Poderanse subvencionar instalación por cambio de titularidade por falecemento, xubilación ou incapacidade laboral, realizadas dende o 23 de febreiro do 2014.

19

Anexo VI.- Cadros resumo

20

ACREDITACIÓN DA PRIMEIRA INSTALACIÓN E APLICACIÓN DAS AXUDAS

INCORPORACIÓN DE MOZOS- BENEFICIARIOS E MODALIDADES DE INSTALACIÓN

BENEFICIARIOS ⇒ Mozos/as de 18 a 40 anos sen cumprir na data da solicitude da axuda, que realicen a primeira instalación accedendo á titularidade exclusiva ou compartida, á cotitularidade dunha explotación agraria prioritaria ou á cualidade de socio dunha entidade asociativa titular de explotación agraria prioritaria. Posuír unha capacitación profesional suficiente, ou comprometerse a adquirila no prazo de 2 anos. Instalarse nunha explotación que requira un volume de traballo equivalente polo menos a 1 UTA ou comprometerse a alcanzalo no prazo de dous anos dende a data da solicitude da axuda. Comprometerse a exercer a actividade agraria durante 5 anos, contados dende a solicitude de pago da axuda. Manter ou fixar a súa residencia na comarca donde radique a explotación, ou nas comarcas limítrofes. Presentar un Plan de Explotación/Empresarial que reflicta o grao de viabilidade económica e a situación da explotación na que se instala e que prevexa para o mozo/a unha renda procedente da explotación, medida en termos de marxe neta, igual ou superior ao 35% da R.R. e inferior ao 120% desta. e a revisión do plan empresarial farase ao final dos 5 anos da data da aprobación da axuda e consistirá en comprobar o mantemento das condicións deste e unha avaliación dos progresos e previsións expostos nel. Así mesmo, a explotación deberá cumprir as normas mínimas en materia de medio ambiente, hixiene e benestar dos animais. MODALIDADES DE INSTALACIÓN ⇒ Modalidade 1. Acceso á titularidade exclusiva ou compartida da explotación agraria prioritaria, por compra, herdanza, pacto sucesorio, doazón, arrendamento, aparcería ou figuras xurídicas análogas, asumindo o/a mozo/a que se instala, polo menos, o 50% dos riscos e das responsabilidades civil, fiscal e social da xestión da explotación. Tamén se considerará acreditada a titularidade si se constitúe unha entidade sen personalidade xurídica de titularidade compartida da explotación agraria conforme á Lei 35/2011.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NO MOMENTO DA SOLICITUDE ⇒ 1.-Fotocopia compulsada do DNI (só no caso de non autorizar a consulta de datos do Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas), ou do NIF (entidades xurídicas). 2.-Plan de explotación/empresarial. 3.-Informe de vida laboral emitido pola Seguridade Social. 4.-Certificación da Axencia Tributaria sobre as declaracións do IRPF presentadas e, se é o caso, copia das mesmas. 5.-Xustificante da capacitación profesional ou compromiso. 6.-Documentación acreditativa da modalidade de instalación: (*) a) Acceso á titularidade exclusiva ou compartida: Documento público de compra, herdanza, doazón…, e última declaración do IRPF do anterior titular ou do imposto de sociedades, segundo o caso. (*) b) Acceso á cotitularidade: Escritura pública cos acordos e a transmisión da propiedade. (*) c) Integración como socio nunha entidade xurídica: Certificación do órgano reitor das condicións de participación do mozo e a súa aportación, estatutos, relacións de socios responsables da xestión e documentación que acredite a condición de explotación prioritaria. ( ) * d) Instalacion nunha explotacion de nova creación: Documento público que o acredite (*) 7.-Solicitude de cambio de titularidade da explotación, se é o caso. (*) 8.-Solicitude de transferencia en favor do novo titular dos dereitos de prima e da cota láctea, se é o caso. 9.-Outros: Folla de saneamento e certificación de datos bancarios. 10.- No caso das dúas novas modalidades nas que a persoa xa leva máis de seis meses incorporada, documento de compomisos da situación inicial. 11.- No caso de creación de entidade de titularidade compartida, deberán comunicar os datos do rexistro da mesma, para que poidan ser comprobados

TIPOS DE AXUDAS

.- Exclusiva por compra, herdanza, apartación. É dicir acceso definitivo á propiedade da explotación .- Integración como socio en entidade asociativa con personalidade xurídica .- Acceso á titularidade exclusiva: arrendamento e aparcería.- Integración como socio en entidade asociativa co outro cónxuxe ou creación de entidade de Titularidade Compartida a) b)

Prima máxima segundo se trate dunha explotación situada en zona desfavorecida ou si se crea unha UTA asalariada adicional á do mozo. O préstamo poderá chegar ao 90% do total dos gastos subvencionables (formalizarase un préstamo ao interese conveniado e aboaráselle ao solicitante a bonificación de intereses unha vez certificada a axuda). INSTALACIÓN EN



EXPLOTACIÓN PRIORITARIA

instalación

Prima por explotación Bonificación de xuros

1ª instalación +

1ª instalación +

1ª instalación + creac. UTA

creac. UTA

zona

asalariada

desfavorecida

20.000 €

22.000 €

22.000 €

24.000 €

20.000 €

22.000 €

22.000 €

24.000 €

asalariada + zona desfav.

Modalidade 2. Acceso á cotitularidade dunha explotación agraria prioritaria. Modalidade 3. Integración como socio nunha entidade con personalidade xurídica, preexistente ou de nova constitución, que sexa titular dunha explotación agraria prioritaria.

(*) Poden presentarse na certificación, sendo substituídos na solicitude por un compromiso debidamente aceptado por ámbalas dúas partes. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NO MOMENTO DA CERTIFICACIÓN ⇒ 1.-Documentación xustificativa da realización dos gastos. 2.-Documento de alta na Seguridade Social. 3.-Documento de alta no censo de actividades económicas do Mº de Economía e Facenda ( Modelos 036 ou 037). 4.-Declaración do IRPF do último exercicio, se procede. 5.-No prazo de dous anos dende a aprobación debe presentar os xustificantes da capacitación profesional, se na solicitude presentou un compromiso. APLICACIÓN DAS AXUDAS ⇒ a) b) c) d) e) f)

g)

h)

Pagamento da anualidade dun contrato de arrendamento de terras. Gastos notariais e rexistrais derivados da primeira instalación. Gastos de permisos, licenzas e autorizacións administrativas orixinados pola instalación do beneficiario. Adquisición de dereitos de produción e dereitos de prima de caracter indiviudal e tranferible. Custos de avais dos préstamos de primeira instalación. Pagamento dos dereitos hereditarios, se é o caso, a coherdeiros/as da explotación familiar na que se instala a persoa beneficiaria. Adquisición ou acondicionamento da vivenda, a cal deberá constituir a residencia habitual do mozo ou moza e estar situada na mesma comarca ou nunha comarca limítrofe á da explotación. Adecuación do capital de explotación mediante os investimentos que figuran no anexo XI da convocatoria.

Nunha mesma explotación non se pode percibir máis dunha axuda á primeira instalación. No caso de instalacións múltiples, a axuda repartirase proporcionalmente ao grao de participación de cada mozo nos gastos e investimentos. Exceptúanse desta regra as primeiras instalacións por vía asociativa, nas que se concederá a axuda íntegra por cada mozo que se instale, sempre que a explotación proporcione un volume de traballo equivalente a 1 UTA para cada un deles. Tamén se exceptúan no caso de titularidade compartida

21

Anexo VII.- Resumo do convenio coas entidades financeiras

Resumo da addenda ao convenio do 5/07/07, asinada o 20/07/11 entre a Consellería do Medio Rural e do Mar con entidades financeiras para o financiamento de investimentos relativos ás axudas de mellora de explotacións e incorporación da mocidade Finalidade e importes máximos dos préstamos. Os préstamos concedidos ao abeiro do presente Convenio terán os límites máximos que se indican para cada unha das seguintes finalidades ou liñas de axuda, e sen superar o 90% do investimento proposto: Condicións dos préstamos O importe do préstamo proposto pola Consellería do Medio Rural e do Mar unicamente poderá ser minorado na súa concesión por insuficiencia manifesta de garantías. O importe do préstamo será posto a disposición do beneficiario de forma única e total. Prazos de amortización: Establécense as catro únicas modalidades de préstamo que se expoñen no seguinte cadro, cos anos de duración e de carencia fixos, e que serán obxecto de proposta pola Consellería do Medio Rural e do Mar en función da liña de axuda e tipo de investimento. Nos casos de simultaneidade de investimentos en máis dunha liña poderase conceder un único préstamo para as dúas liñas de axuda polo importe total. Modalidade de préstamo Anos de duración Anos de carencia 15 3

Importe de principal (euros) Calquera

10

2

Calquera

8

1

Calquera

5

0

Menos de 60.000 De 60.000 en adiante

Tipo de interese e comisión O tipo de interese preferente dos prestamos a formalizar será o do EURIBOR a un ano do mes anterior (publicado no BOE do 3 de xaneiro), incrementado en: o se prazos de 15(3) 10(2) e 8(1) será EURIBOR + 2,75 o

se prazo de 5(0) será de EURIBOR + 2,5

En concepto de apertura do préstamo e sobre o importe total concedido, poderá devengarse por unha soa vez unha comisión de libre fixación pola Entidade Financeira, que, en ningún caso superará o 1 por 100. Sistema de amortización: 1. A amortización do principal realizarase mediante cota anuais iguais, e os intereses, devengados sobre os saldos de principal pendente, terán vencementos semestrais a partir da data da única e total disposición, coincidindo por tanto un dos vencementos semestrais de intereses co anual de amortización do principal. Non obstante, o prestameiro poderá cancelar o préstamo antes da súa data de vencemento, amortizando o saldo de principal pendente e liquidando os intereses que lle correspondan ata ese momento, así como volver negociar coa entidade outros prazos de amortización. 2. Para a amortización anticipada dos préstamos o prestameiro deberá comunicarllo á Consellería do Medio Rural e do Mar antes de 15 días da data prevista para isto, a resposta desta, indicándolle ao interesado os efectos de amortización, servirá á Entidade Financeira para a súa realización. En todo caso, a entidade financeira deberá comunicar á consellaría as cancelacións anticipadas que se produzan con expresión da súa data valor.

22

No caso de préstamos sen carencia, o primeiro pagamento da amortización do principal producirase transcorrido un ano desde o momento da libre disposición do préstamo. No caso de préstamos con carencia, o primeiro pagamento da amortización do principal producirase unha vez transcorrido un ano desde a data de finalización do período de carencia, que se contará, á súa vez, desde o momento da libre disposición do préstamo. Tipo de Garantías: Poderán ser calquera dos seguintes tipos: persoal, hipotecaria, aval bancario ou doutras Entidades de Crédito e/ou Caución recoñecidas a este fin pola Entidade Financeira, admitíndose cada unha ou a combinación das mesmas, en función dos importes e prazos de amortización que correspondan dentro de cada modalidade de préstamo. Procedemento de tramitación dos préstamos e axudas Na tramitación das axudas vinculadas a préstamo será condición para a súa aprobación que a persoa solicitante presente conformidade á concesión do préstamo por unha Entidade Financeira asinante do presente convenio. Do mesmo xeito, será condición previa para o pago da axuda a formalización do préstamo por unha Entidade Financeira. Trámites 1. Trámite previo opcional. A consellaría, de acordo coas Entidade Financeira, poderá establecer con elas un sistema de comunicación mutua de forma simplificada, con obxecto de declarar a súa disposición non vinculante á concesión, da axuda, e recibir da Entidade Financeira, en correspondencia á dita declaración, a postura que a mesma teña respecto á concesión do préstamo, sempre que non exista modificación substancial na Resolución definitiva da Consellería do Medio Rural e do Mar sobre os supostos inicialmente estudados. 2. Resolución de axudas e Proposta de Condicións do Préstamo pola Consellería do Medio Rural e do Mar. Con independencia da adopción ou non do trámite previo opcional antes citado, a consellaría remitirá á Entidade a Proposta de Condicións do Préstamo, detallando no dito documento os datos de identificación da liña de axuda e do beneficiario, as características do préstamo proposto, e a concesión en firme da axuda As solicitudes dos préstamos ás Entidades Financeiras formularanse nas oficinas respectivas, nos impresos e documentación normalizada específica establecidos por ela. A Entidade Financeira, comprométese a resolver positiva ou negativamente as solicitudes de préstamos recibidas, nun prazo máximo de 30 días para os instrumentados con garantía persoal, e de 45 días para os que ofrezan garantía hipotecaria e demais garantías. A Entidade Financeira remitirá mensualmente á Consellería do Medio Rural e do Mar listados dos préstamos formalizados no mes anterior. Póliza do préstamo Na póliza de préstamo ou, no seu caso, escritura hipotecaria, teranse en conta, entre outros, os seguintes extremos: 1. Especificaranse os tipos de interese: preferente, resultante ao prestameiro e de demora nas obrigas de pagamento por parte do beneficiario. 2. A póliza poderá recoller compromisos de carácter exclusivamente bilateral adquiridos polo prestameiro ante a Entidade Financeira, en canto a apertura de contas e realización de pagamentos e cobros, sen que os ditos compromisos menoscaben a súa disposición do préstamo de forma única e total. Así mesmo, poderá incluír esixencias adicionais en determinados casos, como o aseguramento obrigatorio a favor da Entidade Financeira dos bens hipotecarios no caso de préstamo con garantía hipotecaria e o eventual abono por parte do prestameiro de gastos de fedatario público ou no seu caso de gastos de taxación que poidan corresponderlle. Revisión do tipo de interese preferente aplicable O tipo de interese preferente dos prestamos formalizados, revisarase anualmente: segundo o EURIBOR a un ano do mes anterior a formalización incrementado en : se prazos de 15(3) 10(2) e 8(1) será EURIBOR + 2,75 se prazo de 5(0) será de EURIBOR + 2,5

23

Entidades asinantes do Convenio 1. Banco Caixa Geral 2. Banco Español de Crédito 3. Banco Etcheverria 4. Banco Gallego 5. Banco Pastor 6. Banco Popular Español 7. Banco Santander Hispano 8. BBVA 9. NovaGalicia Banco 10. Caixa Rural Galega 11. Caixabank 12. Caja Rural de Zamora

24

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.