Filipinas

Asia. Manila. Cultura. Sociedad # A árbore da vida

12 downloads 233 Views 10KB Size

Recommend Stories


Filipinas República de Filipinas
OFICINA DE INFORMACIÓN DIPLOMÁTICA FICHA PAÍS Filipinas República de Filipinas La Oficina de Información Diplomática del Ministerio de Asuntos Exter

LAS REFORMAS EN FILIPINAS: D. LUIS PRUDENCIO ÁLVAREZ TEJERO
LAS REFORMAS EN FILIPINAS: D. LUIS PRUDENCIO ÁLVAREZ TEJERO Y D. JOSÉ RIZAL MERCADO Juan Hernández Hortigüela El establecimiento de las monarquías bo

Inversiones Extranjeras Incentivos a la Inversión Filipinas Marzo 2014
Inversiones Extranjeras Incentivos a la Inversión Filipinas Marzo 2014 Este documento ha sido realizado por María Angeles Romo, bajo la supervisión de

FILIPINAS HERITAGE LIBRARY Microfiche Holdings. CALL NUMBER MFicheID TITLE AUTHOR
FILIPINAS HERITAGE LIBRARY Microfiche Holdings CALL NUMBER MFicheID AY1127 S6 A535 1890 AY1127 S6 A54 AY1127 S6 A54 AY1127 S6 A54 AY1127 S6 A54 MF

Presupuesto y Economía Informal en Brasil, Pakistán, Perú y las Filipinas
Mujeres en Empleo Informal: Globalizando y Organizando Documento de Trabajo de WIEGO No 11 Octubre de 2009 Presupuesto y Economía Informal en Brasi

Instalaciones Instalaciones del espacio Avenida Filipinas: Instalaciones del espacio Avenida Pablo Iglesias:
                                         2/14 Índ

YO TE DIRÉ REVISTA DE LA CONSEJERÍA DE EDUCACIÓN EN FILIPINAS
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte YO TE DIRÉ REVISTA DE LA CONSEJERÍA DE EDUCACIÓN EN FILIPINAS 5/2015 Catálago de publicaciones del Minis

Story Transcript

FILIPINAS

ÍNDICE

A SOCIEDADE E A CULTURA DE FILIPINAS (REPORTAXE) ENTREVISTA A UN NENO DA CAPITAL DE FILIPINAS, MANILA CONTO: "A ÁRBORE DA VIDA"

A SOCIEDADE E A CULTURA DE FILIPINAS A fragmentación de Filipinas é a principal característica deste pobo. Atopámonos diante dun país no que conviven moi diversas culturas: a indixenista con pingas de sangue chinés, a do colonialismo español e a americana. Riqueza e pobreza, tradición e modernidade, raza e mestizaxe, marcan as pautas para coñecermos ó filipino. Os grupos étnicos.

1

Existe un trazo característico de tódolos filipinos a pesar da súa gran diversidade: a amabilidade. O filipino destaca pola súa gran amabilidade. Esta é a principal herdanza dos seus devanceiros malaios, chamada bayanihan ou espíritu da fraternidade e camaradería, que destaca nas normas de cortesía e trato. A gran variedade étnica existente pódese dividir en dous grupos raciais fundamentais: un é o negro e outro o malaio, a partir dos cales xurdiron os demais. Atopamos os negritos ou itas, os ilayas, tingues, manguiáns e zambais, indios do interior: os indios do litoral divídense en tagalos, visayas, pampangos, vicoles ademais dos caragas, lutaos e subuanos. Cada étnia ten a súa propia lingua e cultura que nos núcleos urbanos desdebuxouse completamente a causa das distintas colonizacións sufridas. No país fálase como lingua oficial o filipino, baseado no tagalo. As clases sociais con acceso á educación utilizan tamén o inglés. A CULTURA Algúns aspectos curiosos da cultura filipina, son que a familia durma no chan ou sobre esteiras, e que non utilice cubertos para comer. Entre eles séguese conservando o vestido tradicional, como é o barong tagalog, ou camisa de home confeccionada con fibra de abaca. Outro uso tradicional é o uso do bambú nos interiores das casas e en mobles de elegante deseño. Ademais da profunda relixiosidade cristiá, actualmente sobreviven dous aspectos nos que se reflicte a hernecia española: A festa e a gastronomía. Entre as festas típicas destaca a do Nazareno Negro que se celebra en tódolos barrios da cidade cada nove de xaneiro e na que os devotos levan sobre os ombros a carroza e os homes tratan de tocaren coas mans a imaxe do Cristo Negro. O outro é na gastronomía, con pratos como poden ser o adobo,

2

o mechado, o pochero ou os miúdos e mesmo a paella, todos eles de clara influencia española. A estes aspectos sumouse o modelo de vida dos Estados Unidos que é hoxe o máis destacado da actual Filipinas. Os xoves imitan o modelo de vida americano, visten e divírtense como a xuventude americana que ven nas películas e o deporte máis practicado é o baloncesto. Como consecuencia, a lingua e a cultura tradicionais resultan de cada vez máis desdebuxadas. AS CIDADES A capital, Manila, atópase na illa máis grande do arquipélago, Luzón. É unha cidade na que se aglomeran máis de 10 millóns de persoas, que se subdividíu en trece municipios que son como cidades independentes. En todos eles mestúranse os máis variados estratos socioculturais: barrios de clase media, zonas privadas de luxo con acceso restrinxido, centros comerciais e barrios de "squatters" miserables. Constitúe un dato significativo que unha minoría rica teña o 80% da riqueza fronte a máis do 70% poboación que vive por debaixo do umbral da pobreza. a) "Intramuros" ou cidade amurallada construída polos españois, de nome Quiapo, sede eclesiástica e oficial nos tempos da colonia. b) Makati é o centro de negocios da cidade no que destacan altos rañaceos e xardíns e no que se atopan todo tipo de actividades comerciais dende a venda de "perritos calientes" ata grandes superficies e almacéns e centros de comida rápida, e onde contrastan os elegantes executivos vestidos ó xeito occidental co exército de miserables que buscan o seu medio de vida ó abeiro dunha animada vida nocturna, e dos que a representación máis dolorosa son os milleiros de nenos da rúa que malviven na noite de Makati,

3

trapicheando e drogándose para sobreviviren ó abandono e á miseria absoluta. c) Por último están as extensas barriadas de chabolas ou "squatters" espalladas ó longo e ancho de toda a cidade onde se amorean familias numerosas que van chegando das zonas rurais empurradas pola esperanza de atopar unha nova vida na cidade e constitúen unha boa fonte de man de obra barata para o sector industrial, posto que o éxodo dos campesiños cara á cidade é constante. O que máis chama a atención de Manila é o enorme caos circulatorio que sofre toda a cidade e que fai moi difícil a vida cotiá. O traballo comeza a primeira hora da mañá, pero a partir das cinco da mañá hai unha intensa mareira de milleiros de persoas que se trasladan dun punto a outro da cidade para poderen chegar ó seu lugar de destino. ENTREVISTA Entrevista a un neno da capital de Filipinas, Manila. −¿Cómo te chamas, onde vives? Chámome Ben, teño 15 anos e vivo en Manila, no barrio de Payatas, situado sobre a "smoky mountain" de Payatas. −¿Vives ti só, ou vives con alguén mais? Vivo con miña nai, miña avoa e catro irmáns. −¿Cómo é a túa casa? A nosa casa é unha das mais grandes do barrio, pois ten dúas habitacións. De calquera xeito, non temos auga nin electricidade. −¿E como facedes para ter auga? Como teño un triciclo, cargo tódo−los días dous bidóns con 25 ou 30 l. de auga. Con esta auga temos suficiente para cubri−las necesidades dun día,

4

labarnos, beber e cociña−la nosa principal comida, o arroz. O arroz recórdame a vila onde nacín. −¿Entón, non viviches sempre aquí? Non, eu nacín en Bacolor, ós pés do volcán Pinatubo. Alí viviamos todos, incluíndo a meu pai, cultivabamos arroz e recolliamos froitos. Traballabamos moito, pero tiñámo−lo que necesitabamos e viviamos bastante ben. −¿Por qué viñestes a vivir aquí? Tivemos que deixar Bacolor cando o volcán entrou en erupción e as súas cinzas cubrírono todo: a vila, a casa e os campos. Pero o peor foi que meu pai saíu esa mañá ós campos de arroz e non volveu. Así que eleámo−lo que puidemos salvar e viñémonos con miña nai a Manila en busca dunha nova vida. −¿Por qué decidistes vir a vivir a Manila? En Manila hai de todo: barrios de chabolas como o meu, barrios de negocios "superelegantes" como Makati, cos seus altos edificios, centros comerciais, restaurantes... hai barrios chineses, de pescadores pobres. −¿Qué é o que máis che gusta da cidade? O que máis me gusta é o barrio de intramuros, a zona antiga, de antes dos americanos. Cando teño un mal día ou a penas hai traballo, vou dar unha volta para ver todos estes sitios. Claro que chegar ó centro é ben difícil. Manila é unha cidade chea de xente, de coches, de autobuses e de "jeepneys". A ÁRBORE DA VIDA HISTORIA DO PRIMEIRO COCOTEIRO No principio dos tempos había tres deuses que gobernaban o universo, pero eles non se coñecían. Cada un pensaba que era o único no ceo e mais na

5

terra. O deus Bathala era un xigante que gobernaba o mundo dende un penedo. Bathala soñaba con crear seres vivos. O deus Uliangkalulua era unha inmensa serpente que gobernaba o mundo dende as nubes. Un día Uliangkalulua paseando polo cumio dunha montaña viu a Bathala sentado no seu penedo e baixou para averiguar quen era aquel extranxeiro. Bathala respondeulle que era o soberano do Universo e a Uliangkalulua non lle gustou a resposta e retouno a un combate. Non foi fácil a loita entre os deuses porque os dous eran moi fortes e intelixentes. Pero despois de tres días Bathala matou a Uliangkalulua e logo quemouno. Nada máis facelo sentiuse moi so. Días despois Galangkalulua o rei de cabeza alada paseaba polos dominios de Bathala e este que se sentía moi so invitouno con moita amabilidade a vivir no seu reino. Estes foron moi felices xuntos. Pero Gualangkalulua enfermou e Bathala coidouno, pero sabía que nunca se poría ben. E cando Gualangkalulua deuse conta de que ía morrer díxolle a Bathala que cando morrese enterrárao como o enterou a Uliangkalulua, o deus serpente. Bathala fixo o que o seu amigo lle dixo e viu que medraba unha árbore moi alta cunha enorme noz redonda. Colleu a noz e ó abrila decatouse que a pel interior era dura, e que era como a cabeza do seu amigo Galangkalulua e que o tronco era duro e feo como a deus serpente Uliangkalulua. Neste intre deuse conta de que estaba preparado para crear seres vivos, porque todo o que enterrase sería semente de vida. Creou un home e unha muller e viviron moi felices baixo a árbore, que hoxe

6

coñecemos como "cocoteiro". Este é o motivo que, hoxe en día, o cocoteiro se chama "a árbore da vida", porque dende entón e ata o de agora continúa a proporcionarnos moitas cousas que cobren as nosas necesidades e que nos axudan a vivir felices.

7

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.