Literatura Infantil

Magisterio de Educación Infantil. Literatura Infantil. Poesía Infantil. Arrolos e Cantos de Berce. Trabalinguas. Adiviñas. Retaílas. Contos breves. Romances. Xogos adaptados a primeira infancia. Narrativa infantil. Narrativa Oral

7 downloads 311 Views 23KB Size

Story Transcript

Literatura Infantil Índice Pax. Tema 1: Literatura e Literatura Infantil.. 3 Tema 2: Poesía Infantil... 6 Tema 3: A Narrativa Infantil.. 10 Tema 4: Xogo Dramático... 16 Tema 1: Literatura e Literatura Infantil No s. XVIII a literatura infantil comezou a ter certa autonomía artística porque o utilitarismo e o didactismo que impuñan as creadores daquela época condicionaba en grande medida as obras escritas para nenos/as, a chegada do romanticismo foi determinante para a literatura infantil europea que iniciou con certa timidez un camiño novo onde os condicionantes doutrinais comezaron a perder importancia, seguiu existindo o problema que representaba a consideración desta literatura infantil como LITERATURA, con autonomía artística. Ante a literatura infantil o mundo da literatura de adultos mantivo posicionamentos contrarios, mentres uns negaban a súa existencia ou necesidade, outros afirmaron a súa existencia con decisión. Delibes destaca tres notas na literatura infantil: • Tema axeitado. • Linealidade (que o argumento sexa continuado). • Brevidade (os textos que sexan curtos). Esto non implica que o tema sexa bobalicón, non edulcorado o tema tan que conectar co seu mundo e excitar a súa imaxinación, o tema non debe deixalos indiferentes, nin insatisfeitos A literatura infantil non demanda un estilo propio. O que si require é esa extensión limitada. O termo literatura infantil e usado sen a penas reticencias pola maioría da crítica e pola maioría dos investigadores/as. ¿Qué é Literatura Infantil? É ante todo literatura, sen adxectivo de ningún tipo, en principio, se lle engadimos infantil non e máis que polo desexo de delimitar unha non é máis que polo desexo de delimitar unha época concreta da vida das persoas, marcada polas capacidades dos destinatarios/as e en menor medida polos gustos e intereses lectores en concreto. Pero literatura infantil non é so a escrita deliberadamente para a infancia, pero hai moitos textos feitos por autores/as e co paso do tempo, nenos/as fixéronnos seus porque conectan cos seus intereses. As peculiaridades desta literatura fóronse percibindo pouco a pouco, pero a linguaxe en que se expresa coincide coa da literatura en xeral. En canto os contidos, superadas xa aquela fase de dependencia da abrigada moralexa, calquera tema pode ser tratado, sempre que sexa con coherencia, porque o público infantil necesita 1

unha visión múltiple e aberta do mundo e un horizonte polícromo. En canto a extensión non debe ser longa, porque cando unha persoa está inmersa nunha peripecia hai que facilitarlle o acceso ó desenlace sen necesidade de voltas, sen necesidade de incluír outros elementos que poden distraer ou desviar a atención do que é a trama fundamental. O que si sería bo e que a crítica e a investigación sobre a literatura infantil se adoptase unha única denominación. Características da Literatura Infantil Despois de analizar unha serie de características que aparecen o longo de moitos anos nesa literatura para a infancia. • Presencia frecuente non habituais de elementos o que provoca unha relación inmediata co paradigma da normalidade e produce un choque que fai fuxir a súa atención. • Tendencia a personificar o que non é humano. • Non soe haber complicación temática nin argumental, pero en moitos contos hai unha serie de elementos recorrentes: unha viaxe, cambios radicais de sorte, o premio ó bo castigo ó malo. • Soen plantexar un conflicto externo ó que se lle da solución no propio conto. • É unha literatura con grande carga afectiva. • Sobre personaxes: ♦ Presencia frecuente dun/ha protagonista que destaca sobre o resto dos personaxes. ♦ A maioría de protagonistas pertencen a idade da infancia ou da adolescencia. • Sobre a técnica e a estructura literaria: ♦ A acción soe estructurarse en tres partes: exposición, no e desenlace, e normalmente en terceira persoa ou en primeira. ♦ Esquematismo da localización temporal dos feitos que se narran (había unha vez, érase unha vez). ♦ Esquematismo na localización espacial dos feitos e indefinición (nun pais lonxano). ♦ Caracterización das condicións humanas dos personaxes soe ser ríxida, estereotipados. Estas condicións humanas poden modificarse o longo da historia, si se da a circunstancia de encontrarse con alguén que fai mudar a historia. ♦ Linealidade na historia, a acción vai desenvolvéndose sen desviarse e con escasas descricións. ♦ Textos breves e que non se perda o argumento, necesitamos acción. ♦ Abunda o elemento narrativo. ♦ Moitas veces para indicar que un lugar está lonxe, acúdase a triplicación, con estes recursos conséguese efectos inmediatos na comunicación da mensaxe que fai que os nenos entendan mellor. ♦ Frecuente uso de estructuras de corte repetitivo, estribillos, textos construídos a base de pregunta−resposta, encadeamento, é dicir, reiteración. • Forma: ♦ Claridade expositiva das accións. ♦ Sinxeleza expresiva tanto léxica como sintáctica (este léxico ten que ser coñecido polos nenos). ♦ O ritmo do texto áxil e vivo. No caso da poesía, a métrica da lírica infantil ofrece unhas características que priman sobre calquera outro: ◊ Preferencia de versos de arte menor. ◊ Tendencia a utilizar a rima (pareados). ◊ Preferencia polo octosílabo e hexasílabo. Non hai que confundir a lectura escolar coa lectura literaria, as veces, utilízase a primeira como un pretexto para a actividade escolar regrada esquecendo que nos nenos/as hai que inculcar o hábito lector para que aprecien o que ten de si un texto literario. De aí a importancia que ten a selección de textos, porque non todo o 2

que se ofrece para a literatura da infancia é interesante, e por outra parte hai libros moi interesantes que non son obras literarias, escribir un libro para a infancia non é imitar torpemente o seu mundo. A autonomía artística desta literatura é a que fixo posíbel que hoxe sexa considerada como unha manifestación literaria plena, con textos literarios que sexan axeitados para os nenos favorécese: a creatividade, o desenvolvemento da personalidade, o espírito crítico, favorece a adquisición de vocabulario e ademais permite a formación en valores. Tema 2: Poesía Infantil Cando queremos definir a Poesía Infantil encontrámonos coas mesmas dificultades que con literatura infantil, insístese ó falar desta cuestión que non hai máis que poesía, sen adxectivos cualificativos porque esta adxectivación pon límites á hora de crear. Pero non podemos negar as que si existen. Cando falamos de poesía infantil referímonos a tres tipos de situacións/tipos: • A escrita por poetas que se acomodaron ou creron acomodarse ó mundo infantil. • A que se refire o Corpus tradicional de poesía popular, a poesía tradicional. • Poesía de autoría infantil. A creada por persoas adultas coa pretensión de dotar a nenos/as de medios para desenvolver a súa creatividade; priman os resortes rítmicos e melódicos. Este tipo de xénero debe ocupar un lugar primordial na escola debe ter cabida desde os niveis mais elementais. O traballo coa poesía nos primeiros niveis non pode ser obxecto dunha materia, hai que ir a introducindo de forma lúdica. Debería ser nun horario determinado, dentro dunha atmosfera de relaxamento e actividade e a ser posible acompañada de música. Cando falamos de poesía infantil estamos englobando unha ampla gama de textos que van desde os mais sinxelos coas características como repeticións, rimas, personificacións a un tipo de poesía máis elaborada, extensa onde non aparecen as características de antes. Para 0−6 anos sería útil utilizar, por exemplo: • Ata 1 ano, ano e medio (etapa prelingüística) ten importancia utilizar xogos de rolo, balanceo, bater palmas, facer cóxegas • Ata os 2 anos e medio ou 3 anos (etapa da primeira linguaxe) eles gústalles imitar os sons dos animais, coches, máquinas e tamén imitar diferentes accións. • Na etapa da linguaxe propiamente dita, ademais de continuar os xogos da etapa anterior, predominan os xogos de imitación, ficción e acción (3 anos). • Apoderándose cada vez máis da linguaxe e sendo capaz de entender textos poéticos e nocións do mundo que rodea a estes nenos/as de 4 a 6−7 anos, é unha etapa escoita activa e repetición ; a lectura aínda non é un instrumento suficiente. Moi útil escoitar e repetir. Poesía oral recollida no repertorio tradicional e do entorno máis inmediato a través de textos de autores. Deben ser poemas sinsexelos con palabras familiares, reiterados, unindo o xogo, baile e a plástica. Poesías con referencias sensoriais, recitados breves e variados que facilitan a memorización. Arrolos e Cantos de Berce Son textos breves con dous tipos de ritmos, un físico e lento que é o movemento e o balanceo do corpo do adulto ou o movemento do berce e outro ritmo melódico acorde co texto, constitúe o primeiro acceso a linguaxe poética, transmiten unha mensaxe de amor e protección, con temática e estructura semellante. Pertencen ó folclore popular e son atemporais, aínda que se trata dunha poesía elemental, hai nas palabras 3

destas cancións visións do mundo contan ás súas preocupacións o que sempre constitúe un aliciente porque se senten queridos, e un aspecto fundamental para o desenvolvemento equilibrado do cativo. Trabalinguas Pertencen tamén a lírica de transmisión oral. É unha locución difícil de pronunciar, en especial cando serve de xogo para facer que unha persoa se equivoque teñen normalmente unha rima sinxela e repetitiva e as principais finalidades son: • Serven para traballar unha serie de fonemas, de sons. • Introducen ós fonemas como un xogo. • Poden ser empregados como exercicios de sensibilización e corrección cara os fonemas da lingua a tratar nos cativos. Adiviñas Forman parte da enigmática metafórica da literatura oral e popular, presentan un duplo xogo: por unha parte un xogo de inxenio e resolver e pola outra o forma de realización parte polo xeral da metáfora. As adiviñas son propostas de exploración da realidade polos camiños do enigma, da linguaxe ou imaxe poética. Conteñen xogos de analoxías e de simbolización, no seu enunciado, escrito en verso, prodúcese unha transposición de significado entre un elemento real e outro imaxinario no cal recae o enigma que hai que descubrir. As adiviñas son didacticamente moi valiosas, traballan exercicios de descrición oral, par traballar a personificación, a comparación, a sinonimia trabállanse de forma implícita. Retaílas, Contos Breves e Romances As retaílas é un poema ou canción en forma de serie, de enumeración ou de progreso. Os contos breves son textos narrativos en forma de verbo, normalmente en pareados. Os romances son composicións en verso, con frecuencia octosílabos de rima asonante que teñen unha manifestación lingüística discursiva de natureza poética acompañada de música que trata de temas relacionados co entorno dos nenos/as ou non. Todos estes tipos de poesía pódense utilizar como pretexto para traballar diferentes aspectos tomándoos como núcleo significativo que outorgará sentido o conxunto de actividades que se faga. Todos estes pretextos serven para a realización de xogos e exercicios que favorecen o desenrolo doutras capacidades, hábitos de memorización, exercitación da oralidade, psicomotricidade, dramatización, expresión plástica, producción textual de tipo verbal ou oral. As propostas de traballo que se fagan deben ser adaptadas ó nivel e características da idade dos nenos da aula. Xogos Adaptados a Primeira Infancia • Ditos e Xogos: xogos de balanceo, de golpes nos xeonllos: son textos do tipo recitado conto que se presentan para seren utilizados coa finalidade de mover no colo a nenos/as de forma rítmica; sentados por exemplos cos nenos/as nos xeonllos e botándoos cara atrás e cara diante e seguindo o ritmo do recital e no último verso pódese simular que o neno vai caer abrindo as pernas. 4

• Xogos destinados a facer cóxegas: hai tamén ditos para curar os nenos, tamén outros ditos de burla que se fan a partir dunha palabra ou frase que di o neno/a, convén non abusar pois perdería a sorpresa dos ditos. Hai outros ditos que se utilizan para axudar a andar os nenos/as pequenos. Tamén existen versos de conxuro ou invocación. Con todas estas fórmulas, xa no segundo ciclo de infantil podemos traballar as partes do corpo, os paxaros, os froitos, o tempo en resumen todo o que rodea o forma parte do entorno mais próximo do neno/a. Dende o punto de vista educativo, todo este tipo de material pódese utilizar con seguintes obxectivos: • Favorecer a comunicación oral. • Ampliar a linguaxe expresiva dos nenos/as. • Potenciar o sentido poético e estético e espertar a emoción. • Desenvolver a educación musical, mediante o ritmo , a harmonía, a educación da voz e a educación do oído. • Aumentar a memorización. • Ampliar o vocabulario. • Poñer en contacto coa cultura tradicional. • Favorecer a función lúdica. • Ser un instrumento máis de comunicación entre o adulto e o mundo infantil, establécese unha comunicación inmediata. • Favorecer a educación sensorial e motriz. • Desenvolver aspectos da vida emocional de nenos/as. Tema 3: A Narrativa Infantil A Infancia e a Narrativa Oral Para os nenos/as pequenos a palabra escoita exerce unha grande fascinación porque a súa tonalidade, o ritmo, os trazos afectivos a través da voz, as pausas, a tenrura, provocan un magnetismo no auditorio de nenos que fai que este xénero oral se converta nunha forma básica, esencial, na vida dos nenos/as. O conto, a lírica, o romance constitúen o mundo auditivo literario destes nenos/as da educación infantil e incorpóraos a unha cultura que coñecen que forma parte do seu entorno que lles pertence, que os fai partícipes dunha creación colectiva e que lles dá signos de identidade. O libro escoitado, visto, tocado, manipulado, o conto que olen, todos estes textos axudan ó contacto posterior coa letra impresa. O neno/a convértese en receptor/a, recreador/a, transmisor/a. O falar de literatura oral non hai que caer na confusión de que se pense de que a literatura popular oral é diferente da literatura escrita, e considerase de que a primeira é vulgar e a outra e a literatura culta. Na literatura oral o autor perde rostro, nome, é anónimo, e cada persoa que escoita faina súa, modifícaa e retransmítea. Os contos tamén se adaptan a un espacio e a un tempo, chámanse ECOTIPO ás diferentes versións dun mesmo conto. Elementos á Hora de Narrar un Conto É difícil ensinar a contar contos, o que si podemos facer é descubrir as nosas propias capacidades expresivas, capacidades que case sempre utilizamos na nosa vida cotiá:

5

• A voz: expulsar ben o aire, e para que a voz saia ben sen realizar un sobreesforzo hai que respirar ben. Segundo vaia a forza con que expulsamos o aire, ou a maior ou menor apertura das cordas vocais variarán as calidades da voz: tonalidade, timbre, intensidade, volume. • O que nos transmite a tonalidade: tons graves: medo, misterio, ameaza, lentitude; tons agudos: pequeno, áxil, sensible, poético ¿Con que cores asociamos as tonalidades graves? Con cores frías. ¿Con que cores asociamos as tonalidades agudas? Con cores cálidas. • O volume da voz: voz alta: evoca sentimentos de autoridade, intimidación, sorpresa, de alerta Voz baixa: evoca medo, misterio, segredo, inspira intimidade • O timbre: é unha característica peculiar de cada vez e cada timbre pode ser bo para contar un conto se sabemos facer un bo uso del. Imprescindible boa vocalización. Vemos pois que as calidades da voz debuxan formas e cores, e inspiran sentimentos. • O corpo tamén fala e de forma ilimitada, a expresión corporal é fundamental. Só coa posición que se adopta estamos enviando mensaxes ás persoas que nos rodean e cara o conto. Concentrarse na historia esixe non estar pendente da nosa presencia diante dun auditorio e deixarse levar pola historia. • A situación no espacio, o concepto da linguaxe do corpo vai unido a do espacio. Se quen conta traduce tódalas imaxes e emocións que lle suxire a historia. Trátase dun espacio imaxinario polo que nos estamos movendo mentres narramos. • As primeiras frases ónde se narra a historia son esenciais porque revelan un estilo e xeran expectativas. O uso dos tempos verbais tamén son moi importantes. Ábrense as portas dunha narración e podemos encontrar meigas, princesas, ogros, velliñas e tamén determinados espacios o bosque, un camiño e tamén diferentes tipos de edificacións, castelos, casiñas O importante destas formas iniciais e que son formas temporais, igual acontece cos espacios, aínda que con este aparecen menos. Soen ser nos contos imaxinarios. O Conto É un xénero, un modo de expresión e comunicación que se deu en tódalas culturas, linguas e tempos. Hai moitas definicións de contos: • É un relato de certa lonxitude que con leva unha sucesión de motivos ou episodios. • Conto é a narración do sucedido ou do que se supón sucedido; Sara Conne Briant El arte de contar cuentos, di que o conto é ante todo unha obra de arte é ante todo unha obra de arte e a súa misión principal vai polos camiños do artístico. O que si sabemos e que o conto esta enraizado no folclore, e forma parte dun patrimonio cultural común, e un texto normalmente curto, de extensión variable, que presenta variantes e versións que se transmitiu oralmente e que hoxe están recollido en recompilacións de contos. A súa extensión e tan variable que contempla relatos de 12 palabras hasta moitas páxinas Nas diversas clasificacións que se fixeron sobre contos, polo xeral hai coincidencia en ordenalos en tres categorías xerais: • Contos de animais. • Contos de encantamento/ marabillosos • Contos de costumes: estes contos non son os máis axeitados para o mundo infantil. Clasificación dos Contos • Os Contos de Fórmula (2−4/5 anos): Algúns xa os coñecemos que son os contos mínimos: narracións que por regra xeral teñen unha estructura 6

formolística asentado nun movemento binario, no ritmo e rima, e soen presentar unha conclusión inmediata. Hai un segundo tipo que son contos de nunca acabar que son narracións breves que parten dunha información elemental e conclúen nunha pregunta, a persoa que narra prosigue o relato con idéntica repetición. Contos acumulativos ou de encadeamento, seriadas, son narracións vinculadas tamén a estructuras líricas: ritmo binario, rima, reiteración, paralelismo; constitúen un material moi importante para os xogos de memoria. Parten dunha forma primaria á que se engaden outros elementos gardando sempre a estructura formulística. A partir dunha fórmula inicial, van despregando unha serie de elementos, que se van ligando estre si. ♦ As posibilidades didácticas: En relación con estes contos de transmisión oral podemos plantear tres bloques: ◊ Centrados na palabra, no texto. ◊ Centrado nos xogos a partir destes textos (xogos de expresión e dramatización). ◊ Onde se da a relación do oral co escrito, pero indicaremos que é máis axeitado para primaria, aínda que hai nenos que xa len antes de chegar a primaria. Habería nestas secuencias que escoitar, comprender, reter, repetir, contar o mesmo recrear. Escoitar, comprender, reter e repetir constitúen os pasos iniciais do proceso de transmisión oral. Narrar un conto e os alumnos repetir en eco exercitando a memorización de contos breves, de fórmula,; compresión do conto, para saber se os nenos comprenderon o conto realizaríanse unha batería de preguntas, a través desto poderían reterse as secuencias do relato. Reter as secuencias do relato, nesta primeira fase de comprensión e expresión, poderiámonos conformar con isto, pero tamén hai un segundo bloque de xogos de expresión e dramatización onde a palabra se asocia a outras formas de expresión a palabra tomo forma, trátase de contar ese relato e mimar simultaneamente as accións. A palabra dese relato tamén se pode traducir a linguaxe plástica. Coa expresión corporal podíase facer na aula exercicios como recoñecer diversos personaxes. Tamén exercicios de asociar palabras ou con debuxos. Organizar debuxos en secuencias temporais e inclusive construír un colaxe cos personaxes do conto. Os contos acumulativos e os de nunca acabar tamén permiten facer actividades explicadas con anterioridade. Importante traballar a dramatización e a expresión corporal. • Contos de Animais (4−7 anos): Nestes contos os animais actúan igual cas persoas, teñen as mesmas reaccións, desexos, artimañas, tipifican rasgos do carácter. Dentro destes contos podemos encontrar ciclos, por exemplo, ciclos de animais domésticos, salvaxes, as diferentes relacións entre uns animais con outros e entre estes coas persoas Estes son para maiores. Algúns axeitados ós nenos pequenos. • Contos de Fadas (5−7 anos): Teñen case sempre o mesmo esquema: ♦ Aparece un personaxe que carece de algo, ten unha carencia e ten que facer unha viaxe para 7

resolver dita carencia. ♦ Polo camiño coñece outro personaxe que ten algo máxico para axudar a resolver a carencia. ♦ Despois hai sempre un final feliz despois de loitar contra o mal que se encontra tamén no camiño. Morfoloxía do Conto (Vladimir Propp) Analizou a morfoloxía dos contos e viu que había unha serie de elementos constantes os que chamou funcións. Tamén observou que había 7 personaxes constantes. Comprobou que nos contos marabillosos había unha estructura fixa, outros elementos constantes son os 7 personaxes que se repiten: • O heroe, o buscador. • O rei, o que manda. • A princesa de quen esta namorado o heroe. • O falso heroe. • O agresor, malvado o antagonista. • O donante. • O auxiliar máxico. Técnicas de Xogo para a Invención de Historias Son técnicas moi sinxelas sobre todo para o segundo ciclo. Trataríase pois de pasar da fase imos contar un conto a outra fase de imos inventar un conto. Non pódeos esquecer a idade dos nenos. • Binomio Fantástico: Dentro do libro Gramática da fantasía hai unha técnica para nenos de 4 anos que se chama binomio fantástico. Escóllese dúas palabras ó azar. Apuntase os campos semánticos diferentes que en principio non teñen relacións. Unha vez escollidos relaciónanse por medio de preposicións e adverbios. Con estas combinacións danos lugar a diferentes situacións. E a partir deste núcleo mínimo inicial comezamos a desenvolver unha historia. Este tipo de técnicas pódese completar con apoio visual. • Hipótese Fantástica: Hai unha segunda técnica que se denomina hipótese fantástica, a mestra poñería un exemplo: A min gustaríame ser estrela para andar polo ceo. Despois facemos unha historia a partir da elección da hipótese, que os nenos decidan. • As barallas de Propp: Trataríase que en barallas grandes en lugar de sotas, cabalos, aparecerían imaxes dunhas historias que representan catro ou cinco funcións como por exemplo: • Unha carencia. • Alongamento. • Encontro cun donante, con un obxecto máxico. • Solución dun problema. • A volta, o regreso. Trataremos de que o alumnado destas idades entendese as principais características dos contos máxicos. • A técnica das preguntas: 8

Podemos facer dun relato unha serie de preguntas; se damos resposta a esas preguntas, esta da lugar a historia, por exemplo: ¿Quen é? ¿Onde? ¿Qué pasou? ¿Cómo acabou todo?... Con estas 4 ou 5 preguntas podemos conseguir que nenos pequenos realicen un pequeno relato. • Contos por Núcleo: Consiste en darlle o alumnado 5 ou 6 apoios textuais que o axuden a construír ese relato, apoios moi breves. 1º apoio: había, érase unha vez 2º apoio: vivía 3º apoio/núcleo: tódolos días 4º apoio: os seus, as súas, os seus pais 5º apoio: e xa esta finalizado, e colorín colorado. Estes núcleos que lles vamos dando son pautas para que realicen historias. • Contos en Acordeón: Dobraríase un folio como un abanico en cada lado, ou en cada dobrez poríamos unha frase ou un debuxo. Cada neno/a foi o seu propio relato a partir do abanico/acordeón. • Pictogramas: Son imaxes que podemos meter entre contos moi sinxelos. Tema 4: Xogo Dramático Neste tema a introducción de todo o que ten que ver coa expresión dramática é moi importante. Cando nos aproximamos ó teatro infantil como un fenómeno social, cultural e educativo, é preciso partir dunha realidade, non é unha novidade do s.XX senón que como o teatro adulto, ten tanta antigüidade, Platón nas súas leis manifesta que os nenos dende os 3 anos deberían participar en determinadas profesións oi oracións públicas, danzando e camiñando lentamente ou mais a presa. Na antiga Grecia os nenos/as eran exercitados en xogos educativos tendentes o seu desenvolvemento e formación, sendo admitidos desde moi pequenos nas festas adicadas a Dionisio, nos festivais de Atenas. Esquilo, para a súa traxedia e suplicantes, na súa primeira representación dispuxo dun coro de 80 nenos, papeis que requirían unha certa técnica. Tamén na Idade Media e no Renacemento hai constancia de actividade teatral de carácter infantil como as representacións de títeres. Aínda que concibidas para o público adulto, eran de agrado da infancia as representacións da paixón ou misterios que se facían en prazas e mercados onde con frecuencia actuaban adolescentes e poderían chegar a cobrar polo seu traballo. Pero os nenos non só eran actores de obras exclusivamente relixiosas, tamén aparecían en comedias profanas sobre todo no Renacemento. No s.XVI foron os xesuítas os primeiros que intentaron estructurar e dar forma a un teatro para xente, un teatro con características propias.

9

No s.XIX e comezos do s.XX houbo moitos intentos por dotar á infancia dun teatro axeitado ós seus intereses, pero case sempre fracasou, houbo escritores que non sendo propiamente do ámbito teatral escribiron obras importantes que poden ser dramatizadas e iso tivo a súa incidencia no futuro do teatro infantil. Xa en España no s.XX, Jacinto Benavente tentou en colaboración con Eduardo Marquina facer un teatro autenticamente infantil. Un proxecto que se fixo realidade en 1909 pero tamén este proxecto ambicioso tivo escaso apoio e a pouca resposta infantil invalidouno axiña. Hoxe en día autores, escritores, docentes e especialistas recoñecen os valores do teatro infantil as regras que o caracterizan e lle dan entidade e razón de ser. A delimitación do termo infantil, podemos cando menos expresar tres realidades: • Teatro dos nenos/as con exclusión da xente adulta, realizado integramente por nenos/as, seguindo un proceso de creación colectiva o que se denomina xogo dramático. É un teatro de creatividade de expresión dos cativos. • O teatro espectáculo o que prepara e representa xente adulta para eses espectadores infantís. • Un teatro infantil mixto froito da converxencia dos dous anteriores: pensado e escrito polo adulto e interpretado por nenos/as. Cando falamos de teatro infantil temos en conta unha serie de dimensións: dende as formas primeiras de expresión teatral como o xogo dramático, pasando polo mimo, teatro de sombras, os títeres e as diferentes modalidades de títeres, e chagamos o teatro como espectáculo, con público, é dicir, cunha serie de elementos convencionais (actores, música, luz, escenario, un argumento) Está composto por unha serie de signos: • Signos Lingüísticos (o que se fala). • Signos Visuais (o decorado, o vestiario). • Signos Auditivos (a música, os sons). O Xogo Dramático ou Dramatización É o primeiro exercicio que une a espontaneidade do xogo coa vontade de imitacións e vivir o corpo. Tomar conciencia de si mesmo, sen que haxa espectadores, nin guión, porque o xogo dramático esgotase na súa propia realización. Non hai ambición xa que se trata de exercitar as posibilidades dos nenos para actuar. É unha actividade pracenteira e colectiva. Este xogo aconséllase nos primeiros niveis escolares, pois é positivo para a socialización dos nenos. É unha actividade lúdica mediante a cal nenos/as reproducen accións coñecidas que converten en xogo, e sen sabelo están admitido as convencións dramáticas, pois fan papeis, de creación dun espacio dramático, de improvisación de pequenas escenas cun pequeno argumento, con diálogos e chegan a ter tal facilidade para crear situacións e utilizar obxectos cunha determinada finalidade calquera obxecto serve. É o propio corpo o que está a actuar, pero neste xogo dramático hai algo mais que xogo, hai finximento aceptado, pero tamén é xogo libre porque a decisión de participar e o papel que se elixe non soen ser impostos. Combina dous aspectos o lúdico mais o dramático. Se unha actividade deste tipo con características de liberdade e non dirixida se órdea un pouco, o suficiente como para que poidan contemplala outras persoas, entón estamos ante o xogo escénico, é un paso intermedio entre o que denominamos dramatización e o teatro espectáculo. A dramatización tal e como se concibe hoxe na educación actual, permite a nenos/as a expresión oral sen 10

propiciar ou buscar o divismo. Co alumnado dos primeiros niveis prefírese a dramatización e relégase o teatro espectáculo e deixase para a xente dos últimos cursos de primaria. A dramatización non supón a ausencia total de persoas adultas. E tampouco supón necesariamente a ausencia total de texto ou guión preparado por xente adulta, na progresión que se fai nas aulas en función da idade, nenos/as nun primeiro estadio interpretar obxectos, animais, personaxes para pasar despois a situacións mais ricas e complexas, entre elas, por exemplo dramatizar textos poéticos. 18

11

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.