Os continentes CUESTIÓNS

0S1CSLA_05 22/3/11 17:21 Página76 CUESTIÓNS Os continentes 1. Que continentes aprecias na ilustración? 2. Que accidentes xeográficos recoñeces n

8 downloads 60 Views 3MB Size

Recommend Stories


OS
PESI 10 - 11 Preguntas infantiles sobre sexualidad Podrás contar con nosotros… para todo. Plática inicial No te juzgaré, te amaré, te aceptaré, te

LOS CONTINENTES INQUIETOS
SOCIEDAD GEOGRÁFICA DE COLOMBIA ACADEMIA DE CIENCIAS GEOGRÁFICAS www.sogeocol.edu.co LOS CONTINENTES INQUIETOS Por: WALTER SULLIVAN Artículo del Bole

os
Exploración de la violencia en las relaciones de pareja de jóvenes universitarias/os C. Mañas Viejo; A. Martínez Mas; M. Esquembre Cerdá; N. Montesin

Story Transcript

0S1CSLA_05

22/3/11

17:21

Página76

CUESTIÓNS

Os continentes

1. Que continentes aprecias na ilustración? 2. Que accidentes xeográficos recoñeces nestes continentes? 3.

Cita o nome dun río europeo, unha cordilleira americana e un pico asiático.

0S1CSLA_05

22/3/11

1

17:21

Página77

Os continentes

A terra está formada por seis continentes: Europa, África, Asia, América, Oceanía e A Antártida. Todos teñen cadansúas características únicas. Así, por exemplo: 쮿 Todo o territorio de Europa atópase no hemisferio norte. 쮿 A meirande parte do continente africano sitúase entre o trópico de Cáncer e o de Capricornio. 쮿 Asia está formada por territorio continental e por illas. 쮿 América é o único continente que case se estende desde o polo Norte ata o polo Sur. 쮿 Oceanía está composta exclusivamente por illas. 쮿 No centro da Antártida sitúase o polo Sur. As condicións climáticas deste continente son moi adversas.

Actividades 1

Observa o mapa e responde no teu caderno:

a) Que continentes atravesa o ecuador? b) Cales se sitúan só no hemisferio sur? c) Que dous continentes separan os montes Urais? d) A que continentes rodean os seguintes mares e océanos: océano Atlántico, océano Índico, océano Pacífico e mar Mediterráneo? e) Que continentes separa o mar Mediterráneo? Os continentes

77

0S1CSLA_05

22/3/11

17:21

Página78

2 península: extensión de terra rodeada de auga agás unha zona que está unida a outro territorio máis amplo.

1

vertente: Superficie por onde discorren os ríos que verten as augas no mar.

2

Europa

Despois de Oceanía, Europa é o continente máis pequeno da Terra. Posúe unha ampla liña de costa e está bañado polos océanos Glacial Ártico e Atlántico e polo mar Mediterráneo. Ademais, ten numerosas illas (Islandia, illas Británicas, illas Baleares, Córsega, Sardeña, Sicilia e Creta, entre outras) e penínsulas1 (Ibérica, Itálica, Balcánica, Escandinava e de Iutlandia), ademais dun mar interior (Negro).

O relevo e as augas continentais A maior parte do territorio europeo é chan. Existen algunhas montañas de grande altura, coma o monte Elbrus (5 633 m), situado na cordilleira do Cáucaso. As principais formas de relevo europeo son as que seguen: 쮿 Macizos ou montañas antigas. Son cordilleiras desgastadas pola erosión que non superan os 2 000 m de altitude. Destacan as montañas de Irlanda, Escocia, Galicia e o Macizo Central francés. 쮿 Montañas novas. A súa formación é máis recente ca a dos macizos e teñen unha altitude elevada. Podemos sinalar os Pireneos, os Alpes, os Cárpatos... 쮿 Chairas. Sobresae a Gran Chaira Europea, que percorre o centro do continente de oeste a leste. As costas europeas presentan numerosos entrantes e saíntes.

78 UNIDADE 5

Por outra banda, os ríos poden clasificarse segundo as súas vertentes2: 쮿 Vertente ártica. Son ríos longos que están xeados a meirande parte do ano. Destacan o Pechora e o Dvina Setentrional. 쮿 Vertente atlántica. Os ríos son curtos e de caudal constante. Citaremos o Vístula, o Oder, o Elba… 쮿 Vertente mediterránea. Os ríos son curtos e de caudal irregular. O Ródano e o Po pertencen a esta vertente. 쮿 Vertentes do mar Caspio e do mar Negro. Son ríos longos e regulares. Destacan o Volga e o Danubio. Os lagos de Europa son de tamaño medio ou reducido; entre eles podemos nomear o Ladoga, o Onega, o Vänern, o Leman (ou de Xenebra) e o Constanza.

0S1CSLA_05

22/3/11

17:21

Página79

Os medios naturais

Medios de climas temperados

Medios de climas fríos

Medio natural

Clima

Vexetación

Fauna

Bosque e mato mediterráneos

Mediterráneo

Aciñeira, sobreira, tomiño, xara…

Lince, coello, voitre…

Bosque caducifolio

Oceánico

Faia, carballo… campiñas oceánicas

Cervo, oso, esquío…

Bosque de coníferas

Continental

Abeto, piñeiro albar…

Alce, reno…

Prados e estepa

Continental

Herbas

Aguia esteparia…

Tundra

Polar

Brión, liques, bidueiras, salgueiros…

Lemming1, lebre ártica…

Alta montaña

De alta montaña

Diversificada segundo a altitude

Cabra montesa, rebezo…

Actividades Observa o mapa da páxina anterior e contesta as preguntas ou realiza as actividades:

2

a) Cales son as maiores illas de Europa? b) Cita os principais mares e océanos que bañan as costas europeas. c) Localiza os montes Elbrus, Mont Blanc e Gerlachovsky. Indica no teu caderno que altura teñen e en que cordilleira se sitúan. Que medios naturais predominan en Europa? Coa axuda dun atlas, explica que medios naturais son máis extensos en Francia, Noruega, Ucraína e Grecia.

3

1

lemming: roedor que habita no norte de Europa e nalgunhas zonas de Asia e América. Os continentes

79

0S1CSLA_05

22/3/11

17:21

Página80

3

África

África é o terceiro continente máis grande do mundo, despois de Asia e América. Forma un bloque compacto que se ensancha na metade norte e estréitase e alóngase na metade sur. As illas constitúen menos do 2% da súa superficie. A máis grande é Madagascar.

O relevo O trazo máis salientable do relevo africano é a existencia de numerosas mesetas que están formadas por materiais antigos. Entre elas existen depresións polas que discorren ríos como o Congo. Ademais, en África existen outras formas de relevo: 쮿 Cadeas montañosas. Destaca a cordilleira do Atlas (ao noroeste), formada por montañas novas e elevadas; e os montes Drakensberg, ao sudoeste, de menor altitude e constituídos por materiais antigos. 쮿 Rift Valley. É unha gran fosa tectónica2 situada ao sueste e ocupada por lagos. Nos arredores atópanse os cumes máis elevados de África: o monte Kenia e volcáns como o Kilimanjaro. 쮿 Chairas. Localízanse no fondo de Rift Valley e das depresións, pero, sobre todo, na costa. As costas son pouco accidentadas, é dicir, con escasos entrantes e saíntes. Destacan as penínsulas de Cirenaica e de Somalia, e o golfo de Guinea.

Actividades 4

Observa o mapa e escribe no teu caderno:

a) O nome dos mares e océanos que bañan as costas de África. b) O nome de tres illas situadas arredor do continente africano. c) O nome dun golfo e un cabo africanos. 1

2

depresión: zona afundida sobre a que se foron depositando materiais dando lugar a un relevo plano. fosa tectónica: zona afundida orixinada por unha fractura do terreo.

80 UNIDADE 5

5

En que zona deste continente predominan as montañas? E as chairas?

Relaciona cada un destes nomes cunha meseta, un lago ou un río africanos: Turkana, Níxer e Darfur.

6

0S1CSLA_05

22/3/11

17:21

Página81

As augas continentais e os medios naturais Os ríos distribúense en tres vertentes: 쮿 Mediterránea. Son ríos curtos e de caudal escaso ou irregular. Unha excepción é o río Nilo (6700 km), o río máis longo do planeta. 쮿 Atlántica. Algúns ríos, como o Gambia, son relativamente curtos; outros, coma o Níxer e o Congo, son moi longos. Estes últimos contan con numerosos afluentes. 쮿 Índica. Estes ríos adoitan ser máis curtos ca os da vertente atlántica. Destacan o Zambezi e o Limpopo. En África tamén existen numerosos lagos; algúns sitúanse en Rift Valley. Os lagos africanos máis salientables son: 쮿 O Malawi, o Tanganika e o Turkana, que son estreitos e alongados. 쮿 O Victoria (onde nace o Nilo) e o Chad (situado en África central). Ambos os dous lagos son anchos.

Medio natural

Clima

Vexetación

Fauna

Selva e bosque tropical

Ecuatorial

Bosque denso

Gorila, mandril…

Sabana

Tropical chuvioso

Herbas altas, baobab, acacia…

Xirafa, cebra, león…

Pradaría e estepa

Tropical seco

Herbas baixas

Gacela, avestruz…

Deserto cálido

Desértico

Herbas e matogueira espiñenta

Camelo, alacrán…

Medios de climas temperados

Bosque e mato mediterráneos

Mediterráneo

Oliveira, figueira…

Lobo, raposo…

Medios de climas fríos

Alta montaña

De alta montaña

Diversificada segundo a altitude

Gorila das montañas…

Medios de climas cálidos

Actividades Cita un río africano que desaugue no mar Mediterráneo e outros tres que o fagan no océano Atlántico.

7

Que medios naturais predominan en África? Por que non existen bosques de coníferas ou caducifolias?

8

Os continentes

81

0S1CSLA_05

22/3/11

17:21

Página82

4 arquipélago: conxunto de illas que están próximas entre elas.

1

2

chaira aluvial: é aquela que se forma polo arrastre de terra, area e pedras debido ás fortes chuvias ou a enxurradas.

Asia

Asia é o continente máis extenso da Terra. Presenta numerosas penínsulas: a de Anatolia, a Arábiga, a do Indostán e a de Kamchatka, entre outras. Os arquipélagos1 e illas localízanse ao leste e ao sur-leste; a maior parte das illas son de orixe volcánica e nelas prodúcense terremotos frecuentemente. Destacan os arquipélagos de Xapón e Filipinas, así como a illa de Formosa (Taiwán), Borneo, Sumatra, Xava e Sri Lanka.

O relevo

As principais formas do relevo asiático son: 쮿 As chairas. No norte atópanse as de Siberia Occidental e Siberia Setentrional; nas zonas leste e sur, as chairas aluviais2, que ocupan o curso baixo de grandes ríos. 쮿 Mesetas. Destacan a de Siberia Central (no norte), a de Irán (no oeste), pero sobre todo as de Mongolia, Tíbet e Pamir (no centro). Nestas tres últimas as altitudes poden superar os 5 000 m.

82 UNIDADE 5

쮿 Sistemas montañosos. Están situados no centro e no oeste do continente. Entre eles destaca a cordilleira do Himalaia, que forma parte dun gran arco montañoso que se estende desde a península de Anatolia (no oeste) ata a de Indochina (no sueste). Nesta cordilleira atópase o Everest (8 848 m), o cume máis alto da Terra. As costas de Asia son baixas e lamacentas no noroeste e máis accidentadas no leste.

0S1CSLA_05

22/3/11

17:21

Página83

As augas continentais e os medios naturais Os ríos asiáticos organízanse en tres vertentes: 쮿 Ártica. Son ríos moi longos. Sobresaen o Obi, o Ienisei e o Lena. 쮿 Pacífica. Estes dous ríos aumentan o seu caudal no verán debido ao desxeo e ás chuvias dos monzóns. Destacan os ríos Amur, HuangHe, Yangtsé e Mekong. 쮿 Índica. Destacan o Ganxes e o Indo, que tamén incrementan o seu caudal no verán a causa dos monzóns. A esta vertente pertencen tamén o Tigre e o Éufrates, que posúen o maior caudal no inverno e na primavera polas chuvias e o desxeo. Entre os lagos salientaremos o Baikal. Ademais, existen varios mares interiores: mar de Aral, mar Caspio e mar Morto; este último é o punto máis baixo da Terra (395 m) por debaixo do nivel do mar.

Medios de climas cálidos

Medios de climas temperados

Medios de climas fríos

Medio natural

Clima

Vexetación

Fauna

Selva, bosque tropical e sabana

Ecuatorial, tropical e chuvioso

Bosque denso e de herbas altas

Aves, insectos, réptiles…

Bosque monzónico

Monzónico

Ficus, teca…

Elefante, tigre…

Deserto cálido

Desértico

Escasa

Camelo, réptiles…

Bosque e mato mediterráneos

Mediterráneo

Aciñeira, coníferas…

Réptiles, lobo…

Bosque de tipo chinés

Chinés

Piñeiro, carballo…

Cervo, lobo…

Bosque caducifolio

Oceánico

Carballo, olmeiro…

Cervo, oso…

Bosque de coníferas

Continental

Abeto, piñeiro…

Reno, cervo…

Pradaría e estepa

Continental

Herbas

Roedores…

Deserto frío

Desértico (con invernos fríos)

Matogueiras, herbas…

Camelo, cabalo…

Tundra

Polar

Brión, liques

Reno, alce, oso…

Alta montaña

De alta montaña

Diversificada

Cabra montesa…

Actividades 9

Observa o mapa de Asia da páxina anterior e indica no teu caderno:

a) Que océanos e mares rodean este continente? b) Cal é o pico máis elevado de Asia? A que cordilleira pertence? c) Localiza a illa de Sumatra e a península do Indostán. Que medios naturais existen neses territorios?

Os continentes

83

0S1CSLA_05

22/3/11

17:21

Página84

5

América

América é o segundo continente máis grande da Terra. Podemos diferenciar tres grandes áreas: América do Norte, América Central e América do Sur. A maioría das illas sitúanse no norte e no centro: Terranova, Cuba, Xamaica... (océano Atlántico) e as illas Aleutianas e Vancouver (océano Pacífico); en América do Sur destacan as Galápagos (océano Pacífico) e as Malvinas (océano Atlántico).

O relevo Por áreas xeográficas, o relevo de América mostra as seguintes características: 쮿 América do Norte. Presenta macizos antigos, amplas zonas moi erosionadas que forman cadeas montañosas, como os montes Apalaches. As chairas máis extensas son as que percorren os ríos Mackenzie e Mississippi. As cordilleiras novas, como as Montañas Rochosas e Serra Madre, son de elevada altitude. Hai volcáns elevados coma o Popocatépetl e o Orizaba. 쮿 América Central. Na zona continental, o relevo é montañoso e amosa numerosos volcáns. Na zona insular existen illas chás, como Cuba; outras, como a Española, son máis montañosas. Algunhas teñen orixe volcánica, como Martinica e Guadalupe. 쮿 América do Sur. Posúe macizos antigos moi erosionados, como o das Guayanas e a Meseta Brasileira; chairas moi amplas, coma os Chans do Orinoco, a Chaira Amazónica, o Gran Chaco e a Pampa. No oeste desta área localízase unha cordilleira nova, os Andes, con máis de 7 000 km de lonxitude; nela atópase o pico máis alto de América, o Aconcagua, ademais de numerosos volcáns. As costas americanas presentan contrastes: a ártica é moi recortada, a atlántica ten moitos entrantes e saíntes e a pacífica é a máis alta e rectilínea.

84 UNIDADE 5

0S1CSLA_05

22/3/11

17:21

Página85

As augas continentais e os medios naturais Os ríos americanos clasifícanse en tres vertentes: 쮿 Ártica. Os ríos desta vertente, como o Mackenzie, permanecen xeados no inverno. 쮿 Atlántica. Son ríos longos e moi caudalosos. Entre eles destacan o Saint Lawrence, o Mississippi, o Orinoco, o Paraná e o Amazonas; este último é o río máis caudaloso do mundo. 쮿 Pacífica. Agás o Colorado, o Columbia e mais o Yukon, son ríos curtos porque nacen nas montañas próximas á costa. En América atópanse algúns dos lagos máis grandes do planeta. En América do Norte son moi numerosos e de gran tamaño: Gran Lago do Oso, Gran Lago do Escravo, Winnipeg e o grupo dos Grandes Lagos. En América Central sitúase o lago Nicaragua, e en América do Sur, o Titicaca..

Medios de climas cálidos

Medios de climas temperados

Medios de climas fríos

Medio natural

Clima

Vexetación

Fauna

Selva e bosque tropical

Ecuatorial

Bosque denso

Mono, térmites, tapir, xaguar…

Sabana

Tropical chuvioso

Herbas altas, acacias…

Puma, gacela…

Pradaría e estepa

Tropical seco

Herbas e mato

Guanaco…

Deserto

Desértico

Cactos, mato…

Coiote, correcamiños…

Bosque e mato mediterráneos

Mediterráneo

Aciñeira, mato…

Xabarín americano, lobo…

Bosque de tipo chinés

Chinés

Faia, carballo, loureiro…

Cervo, gato montés…

Bosque caducifolio

Oceánico

Carballo, faia, coihué…

Oso, esquío, pudú…

Bosque de coníferas

Continental

Coníferas e pradarías

Alce, mapache…

Pradaría e estepa

Continental

Herbas e mato

Bisonte, cabalo salvaxe…

Tundra

Polar

Líques, brión, matogueira baixa…

Oso polar, lebre americana…

Alta montaña

De alta montaña

Diversificada

Llama, cóndor…

Actividades 10 Observa o mapa da páxina anterior e indica que océanos e mares rodean

as illas e o continente americano.

Os continentes

85

0S1CSLA_05

22/3/11

17:21

Página86

6

Oceanía

Este continente está situado no hemisferio sur ao sueste de Asia; é o de menor tamaño, xa que só representa o 6% da superficie terrestre. Está formado por unha grande illa, Australia, e varios arquipélagos: Nova Zelandia, Nova Guinea, Melanesia, Micronesia e Polinesia.

6.1. Australia Debido á súa grande extensión, esta illa pódese considerar un pequeno continente, xa que o seu territorio representa o 89% de Oceanía. Está bañada polo océano Índico (ao sur e ao oeste) e polo océano Pacífico (ao norte e ao leste). As principais unidades do relevo australiano son as seguintes: 쮿 Unha extensa meseta, que ocupa a metade oeste da illa, na que existen grandes desertos: o Gran Deserto de Area, no norte, e o Gran Deserto Victoria, no sur.

Actividades Que mares e océanos rodean Australia?

11

12 É Australia unha illa montaño-

sa? Por que? 13 Cita algún entrante e saínte

das costas australianas.

86 UNIDADE 5

쮿 Un conxunto de chairas, situadas no centro da illa, que constitúen a rexión da Gran Cunca Artesiana. 쮿 A Gran Cordilleira Divisoria, que bordea a costa oriental australiana na que se encontra o pico máis alto de Australia: o Kosciusco (2 230 m). As costas australianas caracterízanse por ter escasos entrantes e saíntes: no norte destacan o golfo de Carpentaria e a península de Cabo York, e no sur, a Gran Baía Australiana. Entre os ríos sobresaen o Murray e o seu afluente máis destacado, o Darling. Existen lagos como o Eyre, que é de auga salgada.

0S1CSLA_05

22/3/11

17:21

Página87

6.2. Outras illas de Oceanía

Presta atención

Nova Zelandia é un arquipélago situado ao sueste de Australia que está formado pola illa Norte, a illa Sur e outras illas próximas de menor tamaño. O relevo de Nova Zelandia caracterízase pola presenza de numerosos volcáns na illa Norte; e montañas como os Alpes Neocelandeses que percorren a illa Sur. Neste arquipélago destacan accidentes costeiros como as baías de Plenty e Canterbury. Os ríos son curtos e só existen lagos na illa Sur.

Os arquipélagos menores En Oceanía tamén se atopan os arquipélagos de Micronesia, Melanesia e Polinesia, que son de orixe volcánica ou coralina e localízanse no océano Pacífico (entre os trópicos de Cáncer e Capricornio).

Nova Guinea está situada ao norte de Australia e é unha illa moi montañosa; os cumes máis altos chegan aos 5 000 m. O accidente costeiro máis destacado é o golfo de Papúa. En Nova Guinea os ríos tamén son curtos.

Os medios naturais de Oceanía

Medios de climas cálidos

Medios de climas temperados Medios de climas fríos

Medio natural

Clima

Vexetación

Fauna

Selva e bosque tropical

Ecuatorial

Bosque denso, manglares…

Lagarto, tartaruga, pap…

Sabana

Tropical chuvioso

Eucaliptos, acacias…

Canguro, coala…

Pradarías e estepas

Tropical seco

Eucaliptos de escasa altura, acacias…

Réptiles…

Deserto cálido

Desértico

Herbas, matogueira…

Demo espiñento…

Bosque e mato mediterráneos

Mediterráneo

Mato

Réptiles, roedores…

Bosque de tipo chinés

Chinés

Faia, coníferas

Morcego…

Alta montaña

De alta montaña

Diversificada segundo a altitude

Ave do paraíso…

Os continentes

87

0S1CSLA_05

22/3/11

17:21

Página88

7 Le e comenta

A altura da Antártida

A Antártida

Este continente, situado no hemisferio sur (a máis de 60° de latitude sur), encóntrase circundado polo océano Glacial Antártico. Esta constituído por unha gran masa continental e múltiples illas; case toda a súa superficie está cuberta por unha capa de xeo que ten unha espesura media de 2 000 m. Ás veces, dela despréndense bloques de xeo de grandes dimensións (icebergs), que flotan no océano.

O relevo A metade occidental da Antártida é montañosa e conta con numerosos volcéns. Nesta zona atopamos a maior elevación do continente, o monte Vinson (4 897 m). A metade oriental do continente está formada por elevadas mesetas; as costas son moi recortadas. Debido ás súas baixas temperaturas, a Antártida non ten nin ríos nin lagos. º º º º º 40 O

20 O

Montes Ellsworth (Antártida).

O’Higgins (Chile)

80º O

(EE UU)

Terra da Princesa Isabel

Amundsen-Scott DIL LE (EE UU) IR Vostok A (Fed. de Rusia) Plataforma TR

N

Mar de Ross

O

ÉA

LA

McMurdo N TÁ (EE UU) R

Cabo Adare

N

CI

O

AL

Terra Vitoria

Mirmy (Fed. de Rusia) 100º E

Casey (Australia)

TIC A 120º E

Dumont d’Urville (Francia) A N T Á R T I C Otártico círculo polar

C Í 60 º S FI CO

SA

ÉA

OC

Erebus 3 794

AN

OC

Scott (N. Zelanda)

140º O

80º E

COR

de xeo de Ross

G

Base científica

Mawson (Australia)

(Arxentina)

Terra de María Byrd

60º E

Cabo Ann

Terra de Enderby

Pal me Plataforma r Pen. de xeo de Ronne Antártica POLO SUR Vinson

120º O

A

Terra da Raíña Maud

de

Mar de Amundsen

P

Molodezhnaia (Fed. de Rusia)

Mar de Weddell General Belgrano

4 897

100º O

O

Sanae (Rep. de Suráfrica)

eW ilkes

Juan Carlos I (España) Gabriel de Castilla (España) Palmer Terra

Halley Bay (R. Unido)

N

antártico

O

60º O

ÉA

Te rra d

É

C

r pola ulo círc

OC

O

2. Coa axuda dun atlas, indica que océano rodea cada un dos polos.

N

60 º S

IC

1. Segundo di o texto, que diferencia o polo Sur do polo Norte?

A

O

O

D

AA. VV. Geografía universal Salvat (Adaptación)

AT

TIC

40 E

ÍN

A Antártida é o continente de maior altura do mundo, cunha media de 2 650 metros. Deste xeito, a paisaxe, a diferenza de monotonía da chaira do polo Norte, vese sucada por cadeas montañosas.

N LÁ

20 E

0

N

an

0

1 000 km

1 :64 390 000 160º O

180º

160º E

140º E

Actividades 14 Por que non existen nin ríos nin lagos na Antártida? 15 Que pode pasar cando un barco se encontra cun iceberg? 16 Observa o mapa e responde no teu caderno:

a) Que mares e océanos rodean a Antártida? Que unidades de relevo destacan? b) Como son as costas da Antártida?

88 UNIDADE 5

0S1CSLA_05

22/3/11

17:21

Página89

O medio natural

A protección da Antártida

A Antártida correspóndese cun medio natural de clima polar extremo, con temperaturas invernais moi baixas (inferiores a 60 °C) e tampouco as do verán superan os 0° C. As temperaturas son algo máis elevadas nalgunhas illas da Antártida. As precipitacións son escasas e sempre en forma de neve. Son característicos os fortes ventos, que por veces chegan a alcanzar unha velocidade de 300 km/h. Debido ás duras condicións climáticas, a vexetación é case inexistente; só se desenvolven brións e liques nas escasas áreas que non están cubertas polo xeo de forma permanente. A fauna está formada por focas e diversas especies de pingüíns. Nas augas que rodean a Antártida viven baleas, candorcas e cachalotes. Existen tamén aves mariñas de diversas especies; entre elas a gaivota cociñeira e a pomba antártica.

Instalacións dunha base científica na Antártida.

Pingüíns na Antártida.

Actividades Investiga se viven algunhas persoas na Antártida e que actividades desenvolven alí. Explícao a continuación no teu caderno.

17

A Antártida está practicamente deshabitada; é unha das escasas zonas do planeta que permanece no seu estado natural; por este motivo é moi apropiada para levar a cabo investigacións científicas. Ademais, este continente posúe unha enorme riqueza mineral e animal. Para evitar que algún país se apropie deste lugar ou estrague o seu medio natural asináronse varios acordos internacionais; o último foi o Tratado sobre a Conservación da Antártida (1991). Este documento confirma que a Antártida é un territorio dedicado á investigación científica con fins pacíficos. Ademais, prohibe a práctica de actividades militares no seu territorio e a explotación dos recursos minerais e enerxéticos. Tamén establece que calquera actividade que teña lugar na Antártida ten que ser compatible coa conservación do seu medio natural. Algúns países posúen bases científicas neste continente; España conta con dúas: Juan Carlos I e Gabriel de Castilla.

18 Por que sobreviven os pingüíns neste continente? 19 Que prohiben os acordos internacionais respecto á Antártida? Indica cal

destas actividades poderías realizar alí e explica por que: a) Cazar baleas. b) Realizar un estudo sobre o brión. c) Levar a cabo actividades militares. Os continentes

89

0S1CSLA_05

22/3/11

17:21

Página90

Aprende a te orientar Se tes previsto realizar unha excursión polo campo, a montaña ou a fraga, cómpre que leves un compás para te orientares e comprobes antes de saír que o sabes utilizar.

Se a pesar de todas as precaucións te perdes, podes saber onde estás observando o medio natural. Así, por exemplo: 쮿 Unha árbore, un outeiro ou unha rocha pódenche servir de plataforma para contemplar a zona.

Tamén debes levar un mapa da zona na que te vas mover e trazar sobre el a ruta que vas seguir e en que dirección: norte, sur, leste ou oeste.

쮿 O descenso dunha corrente de auga conducirate a unha zona de cultivo ou a unha poboación.

A escala do mapa permitirache calcular a distancia real entre o lugar de saída e o de chegada.

쮿 O brión das árbores adoita medrar na parte do tronco orientada ao norte.

Podes atopar o mapa en tendas especializadas, en oficinas de turismo ou nos concellos. Existen buscadores de internet que tamén che proporcionan mapas da maioría das áreas xeográficas; podes descargalos no teu ordenador e imprimilos para levalos contigo cando vaias de excursión.

쮿 Os muros dos edificios están máis secos na fachada situada ao sur.

Se non levas compás nin mapa, podes orientarte tomando algunhas precaucións e observando o espazo que te rodea. Así, cando comeces a camiñar é importante que te fixes en elementos que che poidan servir como sinais para orientarte á volta. Por exemplo, unha árbore ou planta diferente ao resto, unha casa, un tronco cortado, unha rocha, o comezo dun sendeiro…Outra opción é que ti mesmo vaias deixando un «rastro» que poidas atopar: pedras, pólas, follas, cascas de árbores…

Para orientarse nun medio natural é recomendable usar un mapa.

90 UNIDADE 5

쮿 As tobeiras dos coellos adoitan estar orientadas cara ao sur. 쮿 Nas montañas, a aba orientada ao norte é máis húmida e fría. 쮿 Se é de noite, a Estrela Polar indicarache o norte.

Actividades I Elixe una ruta para coñecer un medio natural próximo á túa localidade. Consigue un mapa da zona e planifica a ruta que vas seguir, calcula o tempo aproximado que vas tardar e que formas do relevo e outros elementos naturais poderías encontrar.

0S1CSLA_05

22/3/11

17:21

Página91

Os continentes Europa  Ten numerosas illas e penínsulas. A meirande parte do territorio europeo é chan. Existen algunhas montañas de grande altura. As costas presentan moitos entrantes e saíntes. Predominan os ríos curtos e os lagos de tamaño medio ou reducido. Os medios naturais son temperados e fríos.

África  Forma un bloque compacto e posúe escasas illas. Existen numerosas mesetas, tamén ten cadeas montañosas; un gran val (Rift Valley) e chairas. Abundan os ríos e os lagos. Conta con diversos medios naturais, pero predominan a sabana e o deserto cálido.

Asia  Presenta numerosas penínsulas, arquipélagos e illas. O seu relevo fórmano chairas, mesetas e sistemas montañosos. As costas son baixas e pantanosas no noroeste e accidentadas no leste. Posúe ríos caudalosos e mares interiores, así como unha gran variedade de medios naturais.

América  Diferéncianse tres áreas xeográficas: América do Norte, América Central e América do Sur. No relevo altérnanse macizos antigos, cordilleiras novas, amplas chairas e numerosos volcáns; a costa presenta grandes contrastes. Existen ríos moi caudalosos e lagos de gran tamaño. Os medios naturais son de climas cálidos, temperados e fríos.

Oceanía  Está formada por Australia e os arquipélagos de Nova Zelandia, Nova Guinea, Melanesia, Micronesia e Polinesia.  Australia representa a maior parte de Oceanía; contén unha extensa meseta, un conxunto de chairas e a Gran Cordilleira Divisoria; as costas son pouco accidentadas; o relevo de Nova Zelandia conta con numerosos volcáns; Nova Guinea é unha illa moi montañosa.

A Antártida  É unha gran masa continental rodeada por múltiples illas e bañada polo océano Glacial Antártico. Case toda a súa superficie está cuberta por unha capa de xeo; a metade occidental do continente é moi montañosa e a oriental está formada por elevadas mesetas. As costas son moi recortadas e non existen ríos nin lagos. O clima é polar extremo e apenas ten vexetación.

Elabora un esquema cos principais contidos da unidade. Os continentes

91

0S1CSLA_05

22/3/11

1

17:21

Página92

Indica se estas frases son verdadeiras ou falsas e corrixe estas últimas no teu caderno:

Define no teu caderno os seguintes termos:

4

앫 Península.

쮿 Europa é o continente máis pequeno da Terra.

앫 Macizo.

쮿 O Everest é o pico máis elevado de África.

앫 Rift Valley.

쮿 En África só existen medios de climas cálidos.

앫 Chaira aluvial.

쮿 En Asia atópanse as cordilleiras máis elevadas do planeta.

앫 Arquipélago. 앫 Depresión.

쮿 O océano Glacial Ártico bordea a Antártida.

Localiza neste barullo de letras os nomes de cinco cordilleiras de Europa, Asia, África, América e Oceanía. Copia o resultado no teu caderno.

2

D R H Y O D N E R T

P E I R A I U A C D

I T M T C V D U P K

R K A O R I A G S Y

E U L I D S A W Y Z

N E A P D O H T O V

E N I T V R O E L Ñ

O O A S L I D W G J

S F A T L A S K E T

R O C H O S A S A U

쮿 A cordilleira dos Andes está en América do Norte. 쮿 Oceanía encóntrase no hemisferio sur e está composta por numerosas illas. 5

Copia no teu caderno e relaciona con frechas: Apalaches Mar de Tasmania Patagonia Mar de Weddell Península de Kamchatka Kilimanjaro

Antártida África Asia Oceanía América do Sur América do Norte

En que continente están situadas as illas de Nova Zelandia? Como se chaman? Cal é o medio natural que predomina nelas?

6 3

Observa as fotografías e contesta as preguntas:

a) Que diferenzas atopas entre elas? b) En que continentes poderían darse os medios naturais que representan as fotografías? Que clima corresponde a cada un deles?

92 UNIDADE 5

Explica no caderno como é o continente europeo: os trazos máis importantes do seu relevo, ríos, lagos e medios naturais.

7

0S1CSLA_05

22/3/11

17:21

Página93

Indica a que vertente pertencen os seguintes ríos americanos: Mackenzie, Amazonas e Yukon e sinala cales son as súas características.

8

Le esta listaxe e descubre os erros que poida haber. Escríbeos de forma correcta no teu caderno:

9

a) Océano Atlántico. b) Estreito de Hornos. c) Río de Somalia.

11

Copia e completa este cadro. Nome

Tipo de accidente

Localización

Alpes

Montaña

Europa

Kilimanjaro Zambezi Mekong Darling Aconcagua

d) Gran Cordilleira Australiana. e) Deserto de Gobi. f) Montes Urais. g) Golfo de Kamchatka. h) Cabo de Mississippi. i) Río de Nova Zelandia. l) Océano Pérsico. m) Golfo de Guinea. n) Mar dos Andes. 10 Se sobrevoases nun avión o continente asiático

desde a península de Kamchatka (nordeste) ata o mar Vermello (sudoeste), que unidades de relevo poderías ver pola xanela?

12 Copia este mapa no teu caderno e sitúa nel os

seguintes elementos: a) Cordilleira dos Andes. b) Río Nilo. c) Océano Atlántico. d) Cordilleira do Himalaia. e) Arquipélago de Nova Guinea. f) Río Amazonas. g) Península Balcánica. h) Océano Pacífico. i) Deserto do Sáhara. j) Río Indo.

Os continentes

93

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.