Tecendo historias de muller fala de dereitos

Tecendo historias de muller fala de dereitos sexuais e reprodutivos, unha vida libre de violencia, plena participación política e soberanía alimentar

2 downloads 97 Views 2MB Size

Recommend Stories


El Bulimina detrita Muller
65 INSTITUC16 CATALANA D'HISTORIA NATURAL El Bulimina detrita Muller. Su descripci6n; juicio critico de sit nombre, de su clasificaci6n y de su area

Cinco historias de obediencia
Cinco historias de obediencia Desde el comienzo de los tiempos, Dios ha irrumpido en las vidas humanas llamando a hombres y mujeres comunes y corrient

Story Transcript

Tecendo historias de muller fala de dereitos

sexuais e reprodutivos, unha vida libre de violencia, plena participación política e soberanía alimentaria.

Tecendo Historias de Muller

Libro publicado por Solidariedade Internacional de Galicia dentro do proxecto de educación para o desenvolvemento Tecendo Historias de Muller. Coa participación das escritoras: Cristina Corral Soilán (Game Over) Luz Darriba (Gayda e Nene) Sagrario Monedero (Historia de vida) E coa colaboración do persoal técnico e voluntariado de Solidariedade Internacional de Galicia en Bolivia, Nicaragua, Guatemala, Palestina e Madrid. A todas e todos, GRAZAS!!!!



* Todos os textos incluídos respectan a linguaxe das súas autoras e autores. Depósito legal: C 2473-2012 Edición: A Coruña 2012

Índice Prólogo. Resumo do proxecto educativo Tecendo Historias de Muller.

...... 6

Fotografía. A violencia sempre nos fai dano

...... 8

Relato. Mujeres en el mundo

...... 10

Relato. Nene

...... 12

Fotografía. As mulleres tamén gañan

...... 18

Relato. Ayúdate

...... 20

Relato. Game Over

...... 22

Fotografía. Di stop á violencia de xénero

...... 24

Relato. Diario dunha adolescente

...... 26

Relato. Historia de vida

...... 28

Fotografía. O sexo e para disfrutar, non para sufrir

...... 30

Relato. Está máis preto do que aparenta

...... 32

Relato. Gayda

...... 34

Fotografía. 016. Sempre na defensa da muller

...... 38

Relato. Historia de Helena

...... 40

Relato. Equidad de género: eje de cambio en Bolivia

...... 42

Fotografía. Uri Basu

...... 44

ut cond or qu fío e te o n vai o s guia Ola! r

a través deste

lib ro.

Prólogo

T

ecendo Historias de Muller é un proxecto de educación para o desenvolvemento de Solidariedade Internacional de Galicia, pero é ante todo un sono, un sono dun mundo en que homes e mulleres sexan iguais en dereitos, deberes e oportunidades. Un mundo no que a equidade de xénero lonxe dunha quimera sexa unha realidade. E este é o sono e a loita de Solidariedade Internacional de Galicia e o xermen deste proxecto, composto de diferentes pezas que xuntas esperamos logren aumentar a vontade de participación no traballo pola equidade de xénero. Ante unha realidade ás veces desoladora na que as mulleres representan o 70% dos 1200 millóns de persoas que viven na pobreza extrema, que gañan entre un 30 e un 50% menos que os homes e producen o 80% dos alimentos que consumimos aínda que só o 1% é propietaria da terra, cremos que a cidadanía ten a chave do cambio e a xuventude debe ser partícipe do mesmo. Con esta esperanza e certeza nos embarcamos nesta increíble e emocionante aventura que supuxo o noso proxecto Tecendo Historias de Muller. O punto de partida e inspirador  deste proxecto foron historias recollidas en distintos países empobrecidos onde Solidariedade Internacional traballa en proxectos de Cooperación Internacional. A partir destas historias pretendimos difundir os compromisos internacionais adquiridos no chamado Cumio do Milenio, entre os que se inclúen “promover a equidade entre os xéneros e a autonomía da muller”. Con este libro que tes entre mans, pretendemos que este proxecto chegue máis lonxe, que chegue ata ti e a cantas persoas sexa posible, multiplicando o seu efecto, e dándolle así alas para seguir voando. A través das páxinas deste libro queremos compartir con vos a marabillosa experiencia que supuxo este proxecto, unha viaxe de aprendizaxe, unha viaxe solidaria quen os levou ao coñecemento de mulleres increíbles cheas de historias, saberes e experiencias que contar e compartir. Comezamos pois a tecer esta sociedade mais xusta e equitativa achegándonos dunha banda á xuventude galega en particular e doutra á cidadanía galega en xeral. Así, a equipa de educadoras de Solidariedade Internacional de Galicia visitou diferentes centros de educación secundaria, ate un total de 15, levando a cabo obradoiros de sensibilización. Mozos e mozas de entre 14 e 16 anos puideron deste xeito achegarse 6

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Prólogo

á realidade de tantas e tantas mulleres invisibilizadas, a través dunha metodoloxía activa e participativa puideron profundizar nesta dimensión da pobreza con cara de muller. Como colofón da actividade, pretendemos que esta xornada resultara inspiradora para a creación dun “produto solidario”, e para iso, convocamos un concurso de relatos e fotografías. Froito dos esforzos e gran sensibilidade amosada polo alumnado participante, temos o orgullo de presentar nestas páxinas os relatos gañadores do concurso literario e de fotografía que fixemos nestes centros educativos. Un total de sete persoas gañadoras na categoría de relatos e doce na categoría de fotografía máis un accesit que dan como resultado fermosos relatos e impactantes fotografías cheas de significado que hoxe grazas a este libro ti tamén podes desfrutar. Nesta viaxe tamén quixemos estar presentes na rúa, preto da cidadanía, achegando realidades e mostrándoas dunha maneira innovadora e dinámica. Así, enchemos as prazas de vilas como A Coruña, Ourense, Poio ou Vilagarcía coa representación teatral “TRASDELAS”, contando historias de valentes e comprometidas mulleres como Soraida de Palestina ou Martha e Armenja de Nicaragua. Loitadoras incansables por unha sociedade mellor, con historias que temos o pracer de reproducir nestas páxinas, reivindicando así o papel da muller no desenvolvemento do mundo actual. Dálle a volta a páxina, e adéntrate en Tecendo historias de muller! Cando peches o libro estamos seguras de que algo terá cambiado. Grazas por formar parte do noso soño.

7

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

A violencia sempre nos fai dano

A VIOLENCIA SEMPRE NOS FAI DANO

Celso Simón Ons Castro Cristhian Rivero Vidal IES Allariz (Ourense) Curso: 2º ESO

8

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

e

“Nesta imaxe dos nosos dedos amósase a violencia física do maltratador á súa vitima, aínda que non sempre a violencia se manifesta pegando, empeza pouco a pouco, con xestos, miradas, malas palabras,… A violencia sempre nos fai dano.”

9

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Mujeres en el mundo

Mujeres

H

en el mundo

ola, me llamo Atira y vivo en Arabia Saudí. Desde muy pequeña me han dicho que, cuando saliese a la calle, saliera con un varón ya fuese mi hermano o mi padre. Cuando empecé a tener consciencia de mi misma empecé a pensar que esas normas no eran justas para las mujeres. Mi hermano pensaba igual, lo que es extraño puesto que es un varón y sale beneficiado, pero ya desde pequeña me vino ayudando encubriéndome en varias ocasiones. Mi madre al contrario que mi hermano decía que no debía rebelarme y dejar las cosas como están. Más tarde me casé con un hombre que formaba parte del grupo de gobierno del gobernador de la ciudad, por tanto, no le gustaba que las mujeres fuésemos por la calle solas y, de hecho era él el encargado de hacer pagar a las mujeres esos crímenes. Cuando volvía de mal humor solía pagarlas conmigo mediante abusos. Un día llegó a la ciudad un hombre venido de otro país, dónde, decía, que las mujeres eran libres y eran iguales que los hombres. Solía hablarnos, a las mujeres que lo escuchábamos, sobre cómo era el lugar donde venía. Yo acudía a esas charlas en compañía de mi hermano pues mi marido seguramente hubiese matado al viajero. También empezó a hablarnos sobre la libertad de las mujeres aquí en mi país. Yo lo escuchaba hablar y cuanto más escuchaba más me daba cuenta de la precaria situación de las mujeres en nuestro país. Comencé a hablarles a mis amigas y compañeras, en secreto por supuesto, de lo que decía el hombre y ellas coincidían conmigo en que las mujeres estábamos mucho más discriminadas de lo que pensábamos, yo les dije que deberíamos hacer algo, pero ellas me decían: “qué podemos hacer nosotras”. Me quedé pensativa unos días pensando que podríamos hacer hasta que un día mi hermano vino a decirme que habían llevado preso al viajero con quien solíamos ir a hablar. Mi marido le dio muerte.

10

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Mujeres en el mundo

Unos días más tarde vinieron a mi casa unos hombres y me arrestaron, me llevaron a la cárcel. Yo no estaba segura de porqué me habían llevado allí pero podía suponerlo. Al día siguiente me llevaron ante el gobernador de la ciudad que me condenó a pena de muerte por inducir a las mujeres a una rebelión. – No son tonterías – dije yo – ¿Entonces qué son? – preguntó el gobernador – Son las historias que me contaron sobre la situación de las mujeres en otro país – respondí. – Niegas entonces inducir a las mujeres a que se rebelan contra los hombres – dijo el gobernador – No, no lo niego. Digo a las mujeres que luchen por la libertad porque así debe ser – Respondí. Después me llevaron a una celda. Al día siguiente me llevaron a un patio en el que ya había otras personas y momentos antes de morir solo pude pensar una cosa: “Moriré libre”.

Luís Pérez Álvarez IES Allariz (Ourense) Curso: 2º ESO A

11

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Nene

Nene última vez que vin a Nene sorría tan vivamente como a primeira cun teclado de dentes branquísimos iluminando a pel cor chocolate. Coñecina vendendo bolsos nunha festa de vila, no norte de España. Eu tamén intentaba colocar nesa feira as miñas pezas de artesanía. Dende o meu posto “legal” observei como repetidas veces os municipais a botaban con toda a súa mercadoría, que ela envolvía nun enorme trapo branco leado ao lombo. Á terceira ou cuarta vez de presenciar esa acción -cando os polis se ían, ela volvía teimudamente ao mesmo sitio na porta dun banco, fronte ao meu posto-, armeime dun valor que non recoñecía e emprendina contra eles. Especialmente con un, que ía do máis chulo do barrio e cuxo sorriso cínico me tocaba a moral. -Por que vos asañades con ela cando hai máis de douscentos postos nas mesmas condicións? Que vos pasa? É por qué é unha muller? -É porque é unha mentireira -apuntou o chulo-. Dinos que se vai e logo volve. -E os outros, non fan o mesmo cando os botades? -dixen eu, collendo cada vez máis coraxe a medida que un heteroxéneo auditorio se ía aglutinando arredor. -Non vos decatades de que esta xente intenta gañar a vida? -Non te decatas ti de que nós estamos a defender os teus intereses, listiña? Ti pagas polo posto, non si? -Polo meu non te preocupes -dixen en ton maternalista-. A min non me prexudica ninguén que estea a loitar por gañar o pan. A xente circundante opinaba a favor dun ou doutro en bandos claramente diferenciados e a situación era cada vez máis tensa. O do sorriso cínico -un fulero mequetrefe- ameazou con determe se non paraba co meu intento de armar escándalo na rúa. -A min? -dixen eu, pasando a ser por dereito propio a auténtica chula do barrio. -Non vexo por que: son española e teño permiso para vender

A

12

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Nene

-dixen mirándolle fixamente os ollos e desafiándoo como un cadelo a un rottweiler con ladridos agudos-. De que me acusarías? Dubidou. O meu acento sudaca despistábao, pero a miña seguridade finxida e o documento rosa que me custara o meu e que estaba a erguer como o ás de bastos fixérono desistir. -Circulando, circulando todo o mundo- dixeron os policías acenando cos brazos. Volvín para o meu posto arrastrando o paquete cos bolsos de Nene e propúxenlle poñer a mercadoría nuns cabaletes e unha táboa onda min. Agradeceumo cun sorriso planetario -a falta dun idioma que fraqueaba- e puxémonos ambas a dispoñer as súas cousas para que a noite rematase o menos ruinosa posible. Fose pola expectativa xerada, a rechamante indumentaria da miña nova amiga ou o gusto co que montamos a pequena estrutura, os bolsos ían desaparecendo como por arte de maxia, mentres o rottweiler daba unha volta para que non o esquecésemos. Nunha das voltas, consciente de que estaba a miralo, fixo un aceno coa man cara aos seus ollos indicando que se quedaba coa miña cara. “E eu coas ganas de dicirche todo o que merecerías, aprendiz de cabrón” pensei. Pero esa noite lograramos unha pequena vitoria. Outros artesáns e artesás achegáronse a interesarse pola situación de Nene, e ata os máis recalcitrantes se conmoveron ante a inxustiza de ver que, de entre centos de mantas, os axentes da orde só visen a dela. Pregunteille onde paraba, xa que a festa duraba varios días, e mostroume a tarxeta raída dunha pensión de mala morte que lle cobraba por durmir unha noite o que a calquera noutras circunstancias lle cobrarían por unha semana. Dubidei entre ir a dicirlles aos encargados daquel tugurio canto valía un peite ou invitala a parar na miña casa e optei por isto último. “Os favores sempre se fan completos”, di a miña nai. De madrugada, recollemos a mercadoría e cargámola no meu Fiesta, como Teresa Batista cansada de guerra. Foi o comezo da nosa versión do final de Casablanca. Os días que compartimos foron para min unha aprendizaxe acelerada no verdadeiramente importante da vida. Relatoume a odisea da súa chegada nun español rudimentario e mellorou a comprensión cando 13

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Nene

lle asegurei que podiamos falar en francés. Daquela, as nosas charlas fixéronse máis longas e profundas. Ata que eu me cansaba de pelexar co “gavacho sui generis” e lle recordaba que, para o seu ben, era mellor irlle dando á lingua de Cervantes. Chegara en pateira -como tantos e tantas- había uns tres anos. Se eu insistía en coñecer detalles daquela viaxe, ía perdendo o sorriso. Miraba cara á nada, perdida, triste. Quizais recordando o que quedaba atrás, quizais preguntándose se tería pagado a pena. Para animala, conteille que o meu pai e a miña nai subiran a un barco inglés no porto de Vigo nos anos cincuenta, sen papeis, sen billetes, sen unha peseta, fuxindo desta España que a ela lle parecía a terra prometida. -C ´ est vraie?- preguntaba incrédula. -E tan vré -chanceaba eu, que sempre estiven orgullosa desa ousadía que me salvara de nacer nun país en branco e negro. -A vida é unha viaxe de ida e volta, querida Nene -dicíalle eu-. Ela escoitaba atenta. -Primeiro os meus avós foron facer a América. Só conseguiron entender o concepto morriña e acuñar algunhas expresións rioplatenses. Despois os meus pais e máis tarde vin eu, aínda non sei moi ben a qué. Estou segura de que non entendía todas as palabras, nin en francés nin en castelán, pero comprendía o concepto. Sóubeno pola expresión dos seus ollos, pola súa empatía. Nene era diabética. Debía inxectarse insulina varias veces ao día. Facíao con normalidade e eficiencia, coa mesma habilidade coa que cada mañá sacaba partido da súa marabilloso roupa e saía da casa como un pincel de marta cibelina. Tiña aló unha filla de doce anos, no poboado, coa avoa. A Nene cantáballe a voz cando falaba dela e mostraba orgullosa unha e outra vez unhas fotografías rozadas, testemuñas da súa existencia. Acompañeina a sindicatos en busca de asesoramento que permitira revogar unha orde de expulsión que pesaba sobre ela con carácter perentorio. Describiume -sen acritude nin resentimento- o seu paso por varias comisarías, especialmente unha de Valladolid, onde o maltrato recibido merecería unha denuncia que ela non estaba en condicións de facer. Entre outras infamias non lle permitiron, con risco para a súa vida, inxectarse a insulina. -Pero sempre encontrei persoas boas coma ti que axudaron a min 14

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Nene

-dicía convencida de que calquera papel na vida era máis digno que o de vítima. Cando despois de moitos trámites, conseguimos aprazar a expulsión, bicábame agradecida, crendo que daquilo a uns papeis como deus manda só habería un pequeno paso. Tristemente, non estaba no meu poder garantirllo. A razón da súa felicidade contaxiosa e o seu permanente sorriso habería que buscalas, contra a nosa lóxica, nunha vida onde a constante era a carencia de cousas materiais, malia xornadas maratonianas de traballo para arrancarlle a unha terra cada vez máis erma o alimento e horas de camiñada das mulleres ata a ansiada auga potable. A nai África, tan rica, tan sangrada... Nene fixera algo tan valente como abandonar un marido maltratador e regresara á casa familiar coa súa pequena. Alí foi o soporte da familia ata que alguén murmurou ao seu oído “Europa” e ela comezou a soñar cos cantos de sereas e uns estudos para a súa filla que rompesen o círculo infinito de miseria, cada vez máis feminizada. Chegou ás Canarias como puido. Dende alí, a Alxeciras. Aduciu dificultades de comprensión cando lle preguntei de onde sacara o diñeiro para as mafias, pero 15

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Nene

eu creo que o entendeu -entendémonos-, perfectamente. Intentaba alcanzar o sur de Francia, onde recalaran uns parentes había tempo. Ata daquela só conseguira unha rolda por comisarías provinciais e un destino errante de feira en feira. A mercadoría deixáballa un marroquino, ao que as cousas lle foran algo mellor, e ela gañaba unha comisión polas vendas que lle permitía malvivir, comprar a insulina e escamotear uns escorregadizos euros para mandar á casa e amañar o futuro. Non por casualidade, supoño, se cruzaron as nosas vidas de ningunha parte, pero sóubome a pouco o tempo que compartín con ela. Deixoume en herdanza un enorme portafolios de coiro negro, para reafirmarme -dicía- na idea de volver dar clases, como o facía no meu país. Clases? O meu país?... Conceptos tan afastados daquela, e aínda hoxe, cando a vella Europa se esborralla esmagando os soños ou aparcándoos indefinidamente nun rocho... Unha vez chamoume por teléfono dende Valencia. Estaba feliz. Coñecera un home que, polo visto, a axudaba moito. Pedinlle por favor que se coidase. -Si, profesora, amiga miña, vostede tamén -díxome, mentres eu intuía ese sorriso de lúa chea iluminando calquera sombra. Espero que chegase a Marsella. Que a súa filla estea con ela e que, se o home do que me falaba con ilusión pagaba a pena, as acompañe. Ou que volveran todos ao poboado coa avoa e houbera un teito, auga e o mínimo indispensábel para vivir e manter o sorriso. Eu continúo intentando poñer o pano como ela o facía, aínda que non teño a súa habelencia. E desempoando algún soño dos que agardan, como Lázaro, no cálido depósito das utopías aprazadas.

Luz Darriba

16

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

17

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

As mulleres tamén gañan

AS MULLERES TAMÉN GAÑAN

Anxo Pensado Moreira IES Isidro Parga Pondal (A Coruña) Curso: 4º ESO A

18

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

19

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Ayúdate

Ayúdate

F

ue cuando escuché el ruido de las llaves al otro lado de la puerta, cuando más miedo tuve. Rezaba porque hubiera tenido un buen día en el trabajo y viniera tranquilo, sereno, no como la noche anterior que había sido un infierno. Me había pegado hasta quedarse sin fuerzas, de arrepentirse, de arrodillarse ante mí pidiéndome perdón acariciando mi cara llena de cardenales y lágrimas. Ese día tuve suerte, no lo vi agresivo, para nada lo estaba, no lo había visto tan raro en quince años de matrimonio. Era como si supiera que estaba haciendo algo malo, pero que algo superior a él le impidiera dejar de hacerlo. – Con todo lo que te estaba haciendo y lo mal que lo estabas pasando, no acudiste a nadie hasta ahora, creo que cometiste un error. – Bueno, yo no lo veo así. ¿Por qué cree que fue un error tan grave? – Has tenido mucha suerte. Al no acudir a nadie estabas corriendo un grave riesgo. – Tiene que entender una cosa, doctora – dije entre llantos – yo le quería demasiado como para separarme de él. – Te entiendo – dijo en tono suave para intentar consolarla. Tras un silencio y un emotivo abrazo que ningua de las dos parecía atreverse a romper me dijo la doctora: – Y ya basta por hoy, has llegado al punto de haberlo superado y todo ese sufrimiento no se merece ser recordado. – Muchas gracias doctora – dije mientras cerraba la puerta.

20

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Ayúdate

Borja España Fernández IES Eduardo Blanco Amor (Ourense) Curso: 4º ESO D 21

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Game Over

Game Over mpezo a estar aterecida co frío, ainda que non estou segura de se o que teño frío é o corpo ou a alma, a estas alturas xa me costa diferenciar. Non me doe estar aquí tirada nesta noite de inverno, nin que os brazos se me empecen a poñer negros, porque xa digo que o que me doe non é o abandono físico, se non o abandono emocional. A min, que tanto me quixo… Lembro como se fora hoxe o día en que nos coñecemos, vino esperándome impaciente, cos ollos brillantes e cheo de ilusión. Sabía, presentía, que o seu único anceio era agarimarme forte contra o seu peito, tal e como faría todas as noites dende o día en que nos coñecemos. Enchíame de bicos e compartiamolo todo, as comidas, os mimos de media tarde e aquelas merendas tan divertidas con café en tazas de lunares, ás que de vez en cando convidaba á súa irmá Susana. Que días tan felices pasabamos xunt@s!, eu non pensaba noutra cousa que non fora a súa chegada á casa para recibir aqueles doces aloumiños… ¨Boteite de menos, pequecha” susurrábame ó oido, e entón a longa espera enchíase para min de sentido. Eu pensaba que nada disto que tiñamos podería cambiar xamáis, pero un día Xoán, un novo amigo del, veu á casa, e dende que chegou e se percatou da miña presenza todo foron desprecios e burlas cara min, eu non daba crédito ó que vía, e o peor de todo era que o meu rapaz, non so non dicía nada para me defender, se non que tamén contribuía ás súas bromas como se eu fora unha extrana. Ese día comezou a se avergoñar de min. Aquela casual visita de Xoán supuxo un punto de inflexión na nosa relación. Comezou a me ignorar e a relegarme como se fora un máis dos seus xoguetes de infancia… Acabáronse os aloumiños, a ternura, as apertas, os agarimos, as merendas de media tarde. Foise esquecendo pouco a pouco de min. Cada vez pasaba menos tempo na casa e máis cos amig@s. Empezou a chegar de mal xenio e nunca sabía por que, pero sempre pagaba os seus enfados comigo. Así, pouco a pouco o amor

E

22

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Game Over

tornóuseme medo e dor. Viñeron os berros, os desprecios verbais, os zarandeos e os encerros no armario. Comecei a me sentir fráxil e o temor a aquel homiño era xa máis grande que o agarimo ó neno que fora canda min. E hoxe, hoxe estou cansa, si, cansei. E síntome tan insignificante como este lixo que me rodea, pero alomenos fico tranquila, porque esta mañá semella que toda a humillación rematou definitivamente. Hoxe aprendín en corpo propio, que ás veces é mellor sentirse abandoada cabo dun contenedor de desfeitos que humillada, especialmente cando despois de oito anos xuntos as súas derradeiras palabras o me arroxar contra o cubo do lixo foron tan claras: “Fica aí! Soa! Eu xa non xogo con bonecas!”

Cristina Corral Soilán

Fotografía: Miguel Noval Bouza 23

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Di stop á violencia de xénero

DI STOP Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Sara Cerviño Bastón, Guadalupe Rama Abelenda e Gema Lage Reyes IES Isidro Parga Pondal (A Coruña) Curso: 4º ESO A

24

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

25

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Diario dunha adolescente

Diario

dunha adolescente 18-12-2011

X

a sei que debes pensar “rapaza es unha exaxerada”, pero non, no o son. Pode ser que as outras nenas si que les gusta pero a mín non. Cos meus catorce anos, sei distinguir perfectamente que está mal e que está ben. No son parvadas, nin agora, nin mañá, nin onte. Xa basta, que se pensan eses rapaces, que as mulleres somos obxectos para toquetear, apalpuxar, que “hoxe lle meto man a esta e mañá a esa”. Non, non tranquilo diario, non me meteron man e máis lles vale, porque eu son de armas tomar e… Non, o que fixeron foi invadir o meu espazo persoal, a miña prezada barbulla de aire veuse esnaquizada, danada. Hoxe, os “graciosos” dos meus amigos tocáronme os peitos. Fixérono comigo e con dúas rapazas máis. Elas riron e dixeron con ton ligón “que fas?” liberando ese gritiño de sempre, que máis que asustadizas parecen pedir máis. Eu non, eu non me río. Pola miña cabeza pasaron moitos pensamentos: odio, pena, abraio, ira pero sobre todo desprezo. Vin como só me consideraban obxecto do pracer, pensaban que podían facer o que quixeran comigo, porque hoxe é iso pero…e mañá? E cando teña dous anos maís, que farán? E pensei, e vin o ignorantes que son, que por iso podo denuncialos! Por que se pensan que somos cousas, obxectos con dono e amo? Por que non podo falar tranquilamente cos meus amigos sen ter que estar alerta porque no lles entra na cabeza que non me poden tocar, só polo feito de ser muller? Que pasaría se fora ó revés? Se os homes estiveran no noso lugar, se nos lles fixéramos a eles o que eles nos fan a nós, se andaramos todas coa man aberta a probar que os ten máis grandes? Como se sentirían? Que pensarían, rabia, odio, dor? Como quedarían se lles dicimos que a súa é pequena, que a de menganito é máis grande, que as tocara mellores? Como me chamarían? Sería unha heroína como eles, ou o meu cualificativo sería o de ….?

26

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Diario dunha adolescente

E Elas? Por que se rin as miñas amigas? Por que esa aceptación, por qué eses gritiños de “dáme máis”? Non se dan conta que se hoxe non loitan polos seus dereitos, mañá quizais sexa demasiado tarde? Eu pola miña parte, deixeilles ben claro o que pensaba sobre o tema, sobre o seu comportamento. Eu expliqueilles como me tiñan que tratar, igual que a todo o mundo, do mesmo xeito que aos seus amigos, e eu respondinlles cun “a min non”. Así me despido hoxe, meu querido diario, despídome coma unha adolescente indignada.

Nerea Montes Pérez IES Ames (A Coruña) Curso: 3º ESO D

27

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Historia de vida

Historia

de vida

Soraida Hussein Directora del Women´s Affairs Technical Committee en el ToP oraida era una más entre diez hermanos y hermanas de una familia palestina emigrada a Colombia. Lo que más me llamó la atención cuando la conocí fue su acento meloso, caribeño, que en boca de una palestina todavía sonaba mejor. También su espíritu jovial y su entusiasmo, nada desgastado por los años de lucha que lleva a las espaldas, a la hora de hablar de los retos que enfrentan la mujer palestina hoy en día. Su infancia en el exilio estuvo marcada por el sentimiento de pertenencia a otro lugar y por la certeza de ser “diferente” al resto de niños y niñas con los/as que compartía pupitre. Recuerda como algunos/as profesores/as justificaban el que ella fuese más ordenada que los/as demás por el hecho de que era árabe. Cuando su padre, simpatizante del Partido Comunista, murió en Bogotá, su madre decidió que era el momento de volver a Palestina y de traer los restos de su marido a la finca de olivos, tal y como él había deseado siempre. De sus primeras impresiones al llegar a Palestina, Soraida recuerda cómo todo le resultaba familiar, cómo era capaz de reconocer los lugares tantas veces mencionados por su padre durante el exilio a pesar de ser la primera vez que ponía los pies en esta tierra. Siendo todavía muy joven, Soraida empezó a militar como activista por los derechos del pueblo palestino y, en concreto, por los derechos de las mujeres. Con el estallido de la Primera Intifada, un grupo de jóvenes entre los/as que estaba Soraida crearon el Colegio de la Educación Popular y recorrieron los pueblos de Palestina concienciando a las mujeres y hombres de las zonas rurales sobre la cuestión palestina y los derechos humanos. Fue una época muy intensa. No en vano, este tipo de actividades estaban penadas por la potencia ocupante con 10 años de prisión. A principios de los años 90 entró a formar parte de Women´s Center for Legal Aid and Councelling (WCLAC), primero como encargada del

S

28

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Historia de vida

departamento de Alfabetización Legal y más tarde del de Incidencia Política. Lejos de caer en la tentación de hacer “activismo de salón” desde la cómoda oficina de Ramallah, Soraida siguió trabajando con las bases y acompañando a las mujeres de todos los rincones de Palestina en sus procesos de empoderamiento, no sólo como parte de su trabajo en WCLAC sino colaborando con otras organizaciones como voluntaria. Impulsó la creación de diversos grupos feministas donde las mujeres se juntaban para intercambiar experiencias, realizar discusiones en torno a textos o películas y, sobre todo, crear vínculos de sororidad entre mujeres. Su mayor logro, afirma con humildad, es el haber contribuido a cambiar la vida de algunas de esas mujeres. También cree que, en todos estos años, se ha avanzado mucho a nivel de sociedad en visibilizar y admitir que existe discriminación y violencia contra las mujeres, problemas que antes estaban ocultos y no se reconocían. Los retos hoy en día de las mujeres palestinas, atrapadas entre la brutal ocupación israelí y una sociedad patriarcal con altos índices de violencia, son muy grandes. “El objetivo de la ocupación es deshumanizarnos. La ocupación nos roba el futuro. Como cualquier colonización, nos arrebata nuestra cultura y nos hace retroceder una y otra vez. Nuestra misión es luchar contra eso, edificar una sociedad sana basada en valores de igualdad. La guerra contra la ocupación es, en definitiva, una guerra por la cultura, por el amor, por la autoestima, por los derechos, por los valores, por construir una sociedad más justa”. También culpa en parte a la ocupación del giro hacia el conservadurismo y la religión que la sociedad palestina ha dado en los últimos años. Entiende, aunque no comparte, que muchas personas hayan buscado refugio en la religión para buscar protección y esperanza a una situación sin salida aparente. Su receta contra esto, y también gran meta, es la reactivación de un movimiento de mujeres fuerte y unido, con voz propia y alta, con capacidad de movilizar y de tener impacto. “Nosotras no implementamos estrategias; lo que hacemos es edificar la vida y esto se hace con mucho amor y con mucha perseverancia y, a veces también, con mucho dolor”.

Sagrario Monedero Jerusalén, Julio 2012 29

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

O sexo e para disfrutar, non para sufrir

Homenaxe a Agnes Pareyio, activista masai que loita contra a mutilación xenital feminina e os matrimonios temperáns aos que se ven sometida as nenas da súa comunidade.

A las mujeres en África no se les permite tomar decisiones sobre su sexualidad”

O SEXO É PARA DISFRUTAR, NON PARA SUFRIR

Cristian Aniceto Vázquez e Javier Pombo Veige IES Ames (A Coruña) Curso: 3º ESO E

30

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

31

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Está máis preto do que aparenta

Está

máis preto do que aparenta  Ocorreu non fai moito, nunha vila de Galicia, ninguén sabía o que pasaba, mais faltaba a ledicia. Uxía traballaba, día e noite na cociña, pra contenta-lo marido, mais contento non o tiña. O home desconfiaba do fiel que lle era a esposa e decidiu pegarlle, ata que ela caeu na losa. O cadáver xacía, inmóbil sobre o chan. el miraba indiferente aínda, coitelo na man. O fillo asustado colleu o móbil e chamou con moito medo ao 112 e baixo a mesa agochou.

32

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Está máis preto do que aparenta

O pai buscou ó rapaz, pra pecharlle ollos e boca, pra que non dixera nada; como quen pisa unha miñoca. O neno escapa, o pai corre tras el, pobre do neno pequecho, sabe Deus o que foi del.

Sandra Abel Grandío IES Ames (A Coruña) Curso: 3º ESO D

33

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Gayda

Gayda recendo a falafel que saía do único establecemento gastronómico que se vía na vila abriume o apetito aletargado na cruzada do Mar Morto. Entón, alguén tapou a miña cabeza cun pano para que puidese entrar na mesquita. Os nenos e as nenas sorríannos con certa confianza e algo de gratitude. Alguén lles falaría sobre nós e lles diría que non eramos inimigos. Os cativos palestinos están afeitos ás pedras, ao odio inevitábel, a traxedia perpetua. Ao comezar a marcha heteroxénea, entre unha babel de palabras co mesmo significado que se mesturaba no aire, vina. Vina no centro da poeirenta estrada. Ía descalza, esfarrapada, pero sen dúbida era unha princesa. Chamoume a atención aquela nena no medio do caos, das arengas, dalgunhas bandeiras, e o medo que se coaba no ambiente. Achegueime a ela e comprobei que tiña uns ollos incriblemente expresivos e fermosos, enormes, dunha cor indefinida, aniñados nunhas longas pestanas de acibeche. Traía na man unha caixa –gastada- de incenso, apertándoa cuns dedos longos e as uñas pintadas de carmín saltado. Fíxome un xesto sobre os fumeallos, crin entender que me propoñía unha venda. Pregunteille canto e acenou cos dedos indicando tres. Tres euros, tres dólares, tres shekels? Tres eran as barriñas que quedaban na caixa medio estragada. Deille tres euros polos fumeallos máis caros da miña vida e pregunteille -en inglés- dúas cousas: como se chamaba e para que quería o diñeiro. Alcanzou a dicirme Ghaydaa e to go to school, antes de saír correndo coas súas tres moedas de euro e os seus pés descalzos. Despois o ceo volveuse plúmbeo e o aire irrespirable. A xente corría, como podía, a poñerse a salvo da chuvia de cascos e do efecto dos gases. Desde o interior dunha modesta vivenda chamoume una muller, con acenos que me invitaban a entrar.

O

34

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Gayda

Puiden observar que unha parte da casa estaba destruída. Despois souben que estorbaba á construción do muro e simplemente foi derrubada. Era a casa de Ghaydaa e a súa avoa avergoñada insistía en devolverme os tres euros e en convidarme a un aromático té. Intuín que lle rifara á nena por vender o incenso e intentei explicarlle que non tiña importancia, pois era unha rapaciña (tería uns seis anos). Mais para elas si a tiña e tiven que aceptar que me fosen devoltas as moedas. Quedei con elas mentres os madelmáns persistían en tirar ao branco e comunicámonos nun aceptable inglés. O pai estaba nunha prisión israelí, o fillo maior morrera nun bombardeo indiscriminado e elas, a avoa, a nai e Ghaydaa, resistían a escasos metros do muro da vergoña. Para conseguir uns noxentos shekels (a moeda do inimigo) ou comer, rabuñaban unha terra envelenada polos residuos tóxicos dos gases e sobrevivían grazas á axuda das organizacións non gobernamentais presentes na rexión. Antes, cando o pai aínda non fora apresado por terrorista -sen probas-, atravesaban a avoa e a nai catro veces ao día cadeas de checks points, para traballar 35

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Gayda

do outro lado da vida, na casa do feroz e poderoso veciño. Quedei con elas un anaco, correndo o risco de despegarme do grupo e atopar despois problemas. Non podía deixalas, non quería deixalas, malia o pouco ou nada que podía facer por elas. Déronme limóns, como regalo, porque si, por estar alí, por poder contalo. Ghaydaa só quería ir á escola. Saltar, sen sabelo, por enriba dos muros e dos teitos, non de cristal, senón de cemento que teñen que sortear as nenas, as mulleres en Palestina. Os muros desprezables do veciño e os que lles impón na casa a discriminación da sharia, o patriarcado consentido e alentado pola sagrada lei do Islam. Unha compañeira botoume unha boa bufiñada ao atoparme. Levaban tempo buscándome. Había que irse. O noso era de paso. Algo de inseguridade que remataba nunha cama cálida nun hotel para turistas de Belén. Alí, onde había dous mil anos... Ben, xa coñecedes a historia... Maldicín a miña insignificancia, a absurda inxustiza deste mundo, e durmín abrazada á caixiña cos tres fumeallos, que malia devolverme os tres euros, insistiron, insistiu Ghaydaa, en que a levase. Regaleille un esmalte de uñas cor rosa, que por casualidade tiña no bolso. Ilumináronse os marabillosos ollos, pero teño moitas dúbidas de que poida usalo no medio desa guerra fedorenta onde as mulleres, as nenas, os nenos e as persoas maiores son os seres máis desvalidos da Terra. Cando regresei á pequena certeza da miña casa e o meu traballo precario, nunha Europa que tamén se derruba sen remedio, recordei moitas veces, recordo moitas veces a Ghaydaa. Non usei nunca esas barriñas de incenso. Gárdoas coa diminuta esperanza de que por fin poida ir á escola, e ao instituto, e á universidade, ou polo menos co desexo de que continúe con vida, escapando do triste destino do seu irmán, voando por enriba do muro, de todos os muros, cos seus pés descalzos e os seus preciosos e intelixentes ollos de cor da vida.

Luz Darriba

36

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Gayda

37

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Sempre na defensa da muller: 016

O teléfono 016 é un servizo gratuíto de información e asesoramento xurídico en materia de violencia de xénero.

SEMPRE NA DEFENSA DA MULLER: 016

María Ramos Álvarez e Sofía Rodríguez Gómez IES Eduardo Blanco Amor (Ourense) Curso: 4º ESO D

38

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

“No le perteneces, no se lo permitas.”

39

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Historia de Helena

Historia

de

Helena

hámome Helena Dopico e dende que era cativa sempre resultei ante os meus familiares e achegados unha rapariga de considerable beleza. O adxetivo “riquiña” foime dende nova constantemente atribuído e moita xente ficaba engaiolada ante o meu tenro aspecto. Polas miñas características físicas que moitas persoas resaltaban e polo feito de que proseguir cos meus estudos non se atopa entre as miñas prioridades , tomei a complexa decisión de entrar a traballar no mundo da pasarela e da moda. A cousa non podía tornarse mellor xa que os cartos enchían o peto e tiña éxito dabondo naquilo que facía. Poucos anos despois do comezo da miña andaina na moda, recibín a chamada dun produtor publicitario de Madrid para a realización dun anuncio televisivo. Aceptei a proposta de inmediato mais foi grande a miña sorpresa cando lin o contido do guión e do que tiña que dicir. Tratábase dun anuncio dunha coñecida marca de cervexa e o meu papel consistía en abrir a porta da casa ante a chegada do meu “esposo”, recollerlle a chaqueta, preguntarlle polo traballo e acomódalo no salón mentres lle servía unha cervexa e algo para picar. Tan pronto como lin a miña pretendida interpretación, solicitei unha reunión co produtor e boteille en cara o feito de escribir un guión de tal contido machista e de utilizar a figura dunha rapaza naquel anzol consumista. Inmediatamente despois disto, fun descartada para o papel publicitario e sen ningunha explicación por parte daquel home. A partir deste suceso, comecei a observar con outros ollos o mundo da publicidade e do consumo e, a medida que aumentaba o meu coñecemento, dábame de conta de que a muller era constantemente utilizada como unha figura representativa daquelas cousas que actualmente parecían esquecidas nas antigas sociedades, marcadas pola represión e dominadas polo home.

C

40

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Historia de Helena

Miraba a televisión e vía a mulleres que anunciaban comida para bebés pero ningún home. Observaba outra vez e aparecían máis mulleres promocionando produtos de limpeza pero ningún home. Volvía a mirar repetidas veces e volvía a ver a nenas que anunciaban bonecas e cociñas de xoguetes por Nadal, pero, sabedes que? Non había ningún neno. Non estaba superado dende hai tempo a figura da muller como un estereotipo sexista? Non se di nas sociedades actuais que o papel da muller é moi superior ao das tarefas domésticas? Non se expresa decotío o esquecemento da situación feminina naquelas sociedades dominadas por réximes pouco democráticos? Non ten a muller unha función máis relevante que a de facerlle o xantar ao seu esposo? O traballo de mulleres como Marie Curie, Eleanor Roosvelt ou Rosalía de Castro resultou baldío despois de tanto esforzo? Eu, unha muller, tardei en tomar conciencia da nosa situación dende o punto de vista do consumismo mais dinme conta a tempo. O problema está no feito de que debe abrir os ollos e esperatar agora é a sociedade.

Jorge Fraga, David Torreiro e Iván Regueiro IES Alfonso X “O Sabio” (A Coruña) Curso: 2º ESO A 41

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Equidad de género

Equidad

de género: eje de cambio en

E

Bolivia

n Bolivia en los diferentes proyectos que impulsa Solidaridad Internacional hablar de género es cuestionar la masculinidad y feminidad como una categoría natural y estática. Si bien para cuestionar es necesario entender, comprender y desenredar cuales son los “acuerdos tácitos” que existen en las sociedades que mantienen esta distribución de roles que perpetúan la situación de vulneración de derechos en la que se encuentran las mujeres. En Bolivia le apostamos a los derechos sexuales, derechos reproductivos y el derecho a una vida libre de Violencia. Derechos que en estos momentos están siendo cuestionados por sectores conservadores. En relación a la cuestión de la violencia de género parece que se ha generado un consenso en torno a que no es deseable para una sociedad padecer este mal aunque sea aún a un nivel muy discursivo. Cuando hablamos del derecho a vivir una sexualidad sana, segura y placentera sin duda hay mucho camino por recorrer a ambos lados del atlántico. La información en torno a la sexualidad es limitada y llena de prejuicios. El tercero de los derechos en el que queremos hacer énfasis son los reproductivos. Aún muchas mujeres no ejercen su derecho a decidir cuando, con quién y de forma que no se ponga en riesgo su vida. En Bolivia en un reciente estudio encargado por Solidaridad internacional aparecía el dato que sólo el 50% de las mujeres encuestadas deseaban haber tenido su último hijo/a. En nuestro día a día tratamos de cooperar con organizaciones muy diferentes en Bolivia a la hora de entender cuales son los problemas que enfrentan las mujeres y las causas de los mismos. Algunas ONG tienen un compromiso de años con el feminismo y tienen muy claro que para que las mujeres avancen en la sociedad es necesario romper con un sistema patriarcal enraizado desde hace tiempo. Otras ONG han llegado al género como requisito de la cooperación internacional si bien han comprendido que esta variable de género determina la situación y posición de una persona en un determinado contexto como el boliviano. Por último encontramos a organizaciones de base 42

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Equidad de género

indígenas donde su análisis de la discriminación va más ligado a la variable indígena. Estas últimas han incorporado el género dentro de su análisis de la situación de las mujeres pero con sus propias peculiaridades. Como Solidaridad Internacional tenemos nuestras propias intuiciones al respecto y tenemos muy claro que debemos respetar y entender la posición de nuestras socias. El diálogo con cada una de nuestras socias es clave a la hora de impulsar los proyectos. Diálogo respetuoso hacia nuestra organización socia para entender el porqué de sus apuestas. Si queremos avanzar en la situación de las mujeres debemos ser capaces de llegar más allá de las instituciones aliadas y convencidas. Estamos hablando de problemas de las sociedad en su conjunto que requieren de la participación de los diferentes estamentos de la sociedad: estado, organizaciones de base, ONG… para que realmente logremos avances significativos. El género como categoría analítica, política y sociocultural, que permite cuestionar  la masculinidad y feminidad como categorías naturales, entendiendo que el conjunto de características, roles y valores que se atribuyen a mujeres y hombres en una determinada sociedad son construcciones sociales legitimadas desde el estado y las instituciones sociales a través de leyes, políticas, normas, prácticas, etc.

Javier Cooperante de Solidaridad Internacional en Bolivia.

43

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Urui Basu

Homenaxe a Urui Basu, muller india que adica a súa vida ao que ela chama un sono, unha misión: coidar os fillos e fillas das prostitutas do barrio vermello de Khaligat e darlles a posibilidade de ter un futuro mellor.

Una sola vida salvada de la prostitución ya da sentido a todo mi trabajo”

URUI BASU

Paloma Brosky Constentino e Nerea Couso do Cabo IES Ames (A Coruña) Curso: 3º ESO E

44

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

45

TECENDO HISTORIAS DE MULLER

Obxectivo 3: Promover a equidade entre os xéneros e a autonomía da muller. (Setembro 2000, Cumio do Milenio)

www.solidaridadgalicia.org/sensibilizacion/tecendo-historias-de-muller

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.