2016.-BORRADOR DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA URXENTE DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO DÍA 05 DE XANEIRO DE

01/2016.-BORRADOR DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA URXENTE DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO DÍA 05 DE XANEIRO DE 2016 Na sala de reunións da Casa do Conce
Author:  Nieves Segura Lara

11 downloads 109 Views 89KB Size

Story Transcript

01/2016.-BORRADOR DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA URXENTE DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO DÍA 05 DE XANEIRO DE 2016 Na sala de reunións da Casa do Concello das Pontes de García Rodríguez, o día 05 de xaneiro de 2016, ás catorce horas e trinta e oito minutos, reúnense baixo a presidencia da alcaldesa en funcións, María Montserrat García Chavarría, coa asistencia do oficial maior, secretario en funcións, e dos señores concelleiros, tenentes de alcalde que se relacionan máis abaixo, co fin de desenvolver a sesión extraordinaria urxente da Xunta de Goberno Local, en primeira convocatoria, previamente circulada para o efecto. PRESIDENTA EN FUNCIÓNS: María Montserrat García Chavarría CONCELLEIROS: Antonio Alonso Román José Alén Álvarez Antonio Lourés Rebolo Jesús Tembrás Martínez NON ASISTEN CON ESCUSA: Valentín González Formoso INTERVENTOR ACCIDENTAL: Manuel Souto López SECRETARIO: Felipe Vázquez García

ORDE DO DÍA

1º.-RATIFICAR A URXENCIA DA SESIÓN Unha vez que a presidenta en funcións explicou o motivo da sesión, someteu a urxencia a votación, de acordo co establecido no artigo 113.1 a) do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais. A Xunta de Goberno Local, apreciou, por unanimidade dos membros presentes, a urxencia da sesión. 2º.-APROBAR A MODIFICACIÓN DO CONTRATO E PROXECTO MODIFICADO DE “REMODELACIÓN DO MERCADO MUNICIPAL E DO SEU ÁMBITO NO CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ (A CORUÑA)” Dáse conta do expediente referenciado, no que constan basicamente os seguintes ANTECEDENTES: -Proxecto de data 26 de novembro de 2014 aprobado por Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 28 de novembro de 2014

-Informe do director das obras de maio de 2015 sobre a necesidade de redacción dun proxecto modificado -”Proxecto modificado: “Remodelación do mercado municipal e do seu ámbito no Concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña)” asinado en maio de 2015 polo arquitecto técnico, Saúl González Casas (colexiado nº 1058 do COAATAC), coa conformidade do contratista e sen variación presupostaria. -Informe técnico emitido o día 17 de novembro de 2015 polo arquitecto Edmundo González Trueque, encargado do asesoramento en materia de urbanismo e arquitectura do Concello das Pontes de García Rodríguez, no que conclúe que “non se atopan inconvenientes urbanísticos para impedir a realización da obra”. -Informe favorable do oficial maior do concello de data 29 de decembro de 2015 -Informe desfavorable do interventor accidental do concello de data 5 de xaneiro de 2016 A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos cinco membros presentes no acto, acorda aprobar o Proxecto modificado: “Remodelación do mercado municipal e do seu ámbito no Concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña)”, asinado en maio de 2015 polo arquitecto técnico, Saúl González Casás, sen variación presupostaria, coa conformidade do contratista adxudicatario da obra e enviarllo á Deputación da Coruña, para a súa aprobación, se procede. 3º.-ADXUDICACIÓN DO CONTRATO DE “SUBMINISTRACIÓN E INSTALACIÓN DE LUMINARIAS E OUTRO MATERIAL PARA GARANTIR A MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DO ALUMEADO DO PARQUE EMPRESARIAL DE PENAPURREIRA (FOAYIA 2015)” A señora alcaldesa en funcións deu conta do expediente que se tramitou para adxudicar o expediente de Subministración e instalación de luminarias e outro material para garantir a mellora da eficiencia enerxética do alumeado do parque empresarial de Penapurreira (FOAYIA 2015)”. O expediente ten referencia 2015/C005/000003. O Boletín Oficial da Provincia número 61 do 01/04/2015, publicou a Resolución 6334 da Presidencia da Deputación Provincial da Coruña de concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa FOAYIA: convocatoria do programa de subvencións dirixido a concellos e outras entidades locais para investimentos de promoción económica durante o ano 2015. Nesta resolución outórgase ao concello das Pontes unha subvención por importe de 15730 €. O día 24/07/2015, a Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de licitación da subministración. Unha vez rematado o período de licitación, presentáronse as seguintes empresas: – – – – – – – – – – –

INERGEN SOLUCIONES ENERGÉTICAS, S.L. FELIX Y VIÑAS, SLU INTEGRAL IKERLEC-VIGO S.L. CONSECYR CONTROL Y MONTAJES CYMI, A.A. ENERFREE TÉCNICAS ELÉCTRICAS ACEBRE, S.L. PROYMEL MONTAJES S.L. NITLUX, S.A. TEICAN MEDIOAMBIENTAL, S.L. TELYSAD SERVICIOS INTEGRALES, S.L.

– – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – –

ELECTRICIDAD INMAC CONDADO, S.L. OTELEC COSTA NORTE, S.L. INGEKOR/JORGE MARIO GARCÍA BRANDARIZ JAVIER&ÓSCAR, SC GREMOBA, S.L. REBOBÉN GONZÁLEZ, S.L. DITOLUX APLICACIONES ELÉCTRICAS S.L. ELECNOR, S.A. ENERGYA SOCIEDAD COOPERATIVA NOROINSTAL SISTEMAS E INSTALACIONES GRUPO ANTOLÍN INSTALACIONES SL TALLER ELÉCTRICO EL MOLINO SL MALGA SL ELMI ELECTRIFICACIONES MIÑONES, S.L. HALLMAN ENERGIE S.L. MONTEFARO ELECTRICIDADE S.L. MIÑONES INSTALACIONES SLU GLOBAL MODERN DEVELOPMENTS S.L. INTENER HORDESCON S.L. GAMMA SOLUTIONS, S.L. TRENASA, S.A. INSTALACIONES ELÉCTRICAS CORUÑESAS, S.L. AMIEVA, S.L. AOPIL, S.L. OVIN ELECTRICIDAD, S.L. MOELVI MONTAJES ELÉCTRICOS VIZCAÍNO A2M INGENIERÍA REY SIXTO DOCE S.L. S3 SYSTEMS & SOLUCTIONS S.L. NARONTEC GESTION S.L.

Fóra do prazo de licitación presentouse a empresa TEISA TÉCNICAS EDIFICATIVAS INNOVADORAS, SL O día 21/09/2015 abriuse o sobre A; a mesa de contratación tras examinar a documentación presentada dentro do prazo polos licitadores declara que todos cumpren co disposto no prego, excepto DITOLUX APLICACIONES ELÉCTRICAS, SL e OVIN ELECTRICIDAD, SL, e acorda conceder un prazo non superior a 3 días para que os citados licitadores emenden os erros. Tamén acorda por unanimidade rexeitar da licitación á empresa ENERFREE, por non dispoñer da condición de Instalador Autorizado en Baixa Tensión. O día 01/10/2015 vólvese a reunir a mesa de contratación, e tras examinar a documentación presentada para emendar os erros dectactados no sobre A, acorda dar como válida e polo tanto incluíla no procedemento a presentada por OVIN Electricad, SL pero non así a de DITOLUX APLICACIONES ELÉCTRICAS S.L. que presenta unha declaración responsable firmada, pero non axustada ao modelo do prego de cláusulas administrativas particulares aprobado para o efecto. A continuación, a Mesa procede a abrir as ofertas económicas contidas no sobre “B” (criterios de valoración económica) que presentan as empresas admitidas a licitación. Realizadas as pertinentes comprobacións a mesa acorda conceder un prazo non superior a tres días para que aporten o prezo unitario de subministración e instalación de cada elemento a subministrar, segundo o prego de prescricións técncicas ás seguintes empresas:

INERGEN SOLUCIONES ENERGÉTICAS, S.L. INTEGRAL IKERLEC-VIGO, S.L. CONTROL Y MONTAJES CYMI, A.A. PROYMEL MONTAJES, S.L. TEICAN MEDIOAMBIENTAL, S.L. JAVIER&ÓSCAR, S.C. GREMOBA, S.L. ELECNOR, S.A. TALLER ELÉCTRICO EL MOLINO, S.L. GLOBAL MODERN DEVELOPMENTS, S.L. A2M INGENIERÍA REY SIXTO DOCE, S.L. NARONTEC GESTION, S.L. O día 14/10/2015, volve a reunirse a mesa de contratación e o presidente da mesa dá conta das empresas que non aportaron o desglose dos prezos unitarios da súa oferta: Control y Montajes CYMI AA; Proymel Montajes, SL; Inergen Soluciones Energéticas, SL; Integral Ikerlec Vigo, SL; Teican Medioambiental, SL. Pola contra, si presentaron a citada documentación as seguintes empresas: Taller eléctrico ElMolino, SL (06/10/2015, RE núm. 6143); Global Modern Developments, SL (06/10/2015, RE núm. 6137); Elecnor, SA (05/10/2015 RE núm.6089); Javier & Óscar, SC (06/10/2015 RE núm.6138); Narontec Gestión, SL (07/10/2015 RE núm.6170); A2M Ingeniería Rey Sixto Doce, SL (08/10/2015 RE núm 6196); Gremoba, SL (06/10/2015, correo electrónico; RE núm. 09/10/2015 6224). A mesa de contratación, á vista do previsto na cláusula 8 do prego acorda excluír da licitación ás seguintes empresas, ao non considerarse válida a súa oferta: Control y Montajes CYMI AA; Proymel Montajes, SL; Inergen Soluciones Energéticas, SL; Integral Ikerlec Vigo, SL; Teican Medioambiental, SL. Deseguido, determínase que ofertas están incursas en baixa temeraria, utilizando para tal fin o programa de valoración de ofertas da Deputación Provincial da Coruña. Á vista do resultado a mesa de contratación acorda requirir ás empresas Nitlux, SA; Energya Sociedad Cooperativa; Gamma Solutions, SL; A2M Ingeniería Rey Sixto Doce, SL; e S3 Systems & Solutions, SL, que resultaron incursas en baixa temeraria, para que aporten, de acordo co artigo 152.3 do TRLCSP, a xustificación da súa oferta de xeito que precise as condicións da mesma, en particular, no que se refire ao aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia a realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda de Estado. En data 10/11/2015 vólvese a reunir a mesa de contratación para examinar e valorar o informe emitido polo enxeñeiro técnico industrial, Colexiado nº 2816, Pablo Pazos García, da firma PROYFE, S.L. relativo á documentación xustificativa das ofertas incursas en baixa temeraria no referenciado procedemento de contratación. A Mesa de Contratación, por unanimidade, acorda conceder un prazo de 2 días para que os citados licitadores acrediten os extremos cuestionados no informe mencionado. Con base á documentación requirida o enxeñeiro técnico industrial, Pablo Pazos García, da firma PROYFE, SL, emite outros informes en data 30/10/2015. A Mesa de contratación reunuida en data 02 de decembro de 2015 considera que deben excluírse da licitación as empresas Energya Sociedad Cooperativa, Nitlux Ingeniería y Electricidad e Grupo Sanjurjo, S3 Systems&Soluctions, SL e incluír na citada licitación ás empresas a2m ingeniería Rey

Sixto Doce, SL e Gamma Solutions, SL. Á vista das actuacións practicadas, a Mesa de Contratación, por unanimidade, propón á Xunta de Goberno Local adxudicar o contrato da Subministración e Instalación de luminarias e outro material para garantir a mellora da eficiencia enerxética do alumeado do parque empresarial de Penapurreira (FOAYIA 2015), á empresa GAMMA SOLUTIONS, S.L. por un prezo de 49.656,22 € (sen IVE), por ser a oferta máis vantaxosa. En data 02/12/2015 dítase o decreto núm. 2253/2015, no que se require á empresa Gamma Solutions, SL, para que aporte a documentación que esixe o artigo 151.2 do TRLCSP e o prego de cláusulas administrativas particulares que rexe na licitación do contrato de subministración e instalación de luminarias con tecnoloxía led e material auxiliar para garantir a mellora da eficiencia enerxética no polígono industrial de Penapurreira (FOAYIA 2015). O requirimento recibiuno o día 02/12/2015. O día 15/12/2015 (RE núm. 7667) o licitador presenta a documentación. O día 16/12/2015 a secretaria municipal emite informe en canto á documentación presentada, no que se conclúe que o licitador achega, en prazo a documentación que esixe o prego de cláusulas que rexeu a licitación e informa favorablemente a adxudicación do contrato á empresa Gamma Solutions, SL. A interventora municipal emite o informe de fiscalización á fase D, número 432/2015, en data 22/12/2015. O informe é favorable á adxudicación. A Xunta de Goberno Local, á vista da documentación contida no expediente, así como do disposto nos artigos 27, 151.4, 154.1 e 2, 156.1 e da D.Ad.IIª do Real decreto lexislativo 03/2011, do 14 de novembro, que aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP); do previsto nos artigos 184 do Texto refundido 2/2004, do 5 de marzo, das facendas locais e 56 e 57 do Real decreto 500/1990, do 20 de abril, de desenvolvemento do capítulo primeiro do título sexto da Lei reguladora das facendas locais, que regulan a disposición dos créditos presupostados; así como do decreto de delegación de competencias na Xunta de Goberno Local, de data 03/07/2015, acorda, por unanimidade dos membros presentes: 1º) Adxudicar o contrato o contrato da Subministración e Instalación de luminarias e outro material para garantir a mellora da eficiencia enerxética do alumeado do parque empresarial de Penapurreira (FOAYIA 2015), á empresa GAMMA SOLUTIONS, S.L. por un prezo de 49.656,22 € (sen IVE), por ser a oferta máis vantaxosa. 2º) Dispoñer crédito, por importe de 60 084,03 € (IVE incluído), a favor da empresa GAMMA SOLUTIONS, SL, con cargo á partida orzamentaria 2015.0.1652.10000.363304, previa a tramitación de modificación orzamentaria correspondente. 3º) Requirir ao adxudicatario para que no prazo de quince días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que reciba a notificación da adxudicación, formalice o contrato administrativo. Antes da formalización deberá acreditarse, no seu caso, o pago dos anuncios de licitación. 4º) Acordar a publicación da adxudicación e da formalización do contrato no perfil do contratante do órgano de contratación. 5º) Notificar este acordo ao adxudicatario así como a todas as empresas que participaron na licitación, no prazo de dez días hábiles dende a súa data.

Seguidamente a alcaldesa en funcións remata a sesión ás 14 horas e 50 minutos, estendéndose dela esta acta, da que, como secretario, certifico.

O secretario en funcións

A alcaldesa en funcións

Felipe Vázquez Garcia

Mª Montserrat Garcia Chavarría

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.