A continuación presentámoslle toda a información referente ó servizo de respiro familiar que levará a cabo FADEMGA FEAPS GALICIA ó longo do ano 2014

ER-0021/2009 SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR FADEMGA FEAPS GALICIA 2014 Santiago, 28 de xaneiro de 2014 Estimado/a amigo/a: A continuación presentámos

5 downloads 45 Views 5MB Size

Recommend Stories


Fonseca, A Coruña A Coruña Galicia
Directorio de bibliotecas españolas Denominación Dirección Distrito Postal Localidad Provincia CCAA Teléfono Fax Correo electrónico Bibliote

De Galicia a los Andes
De Galicia a los Andes Historia de la emigración de una familia gallega al Perú. Jorge Andújar Avance del libro del autor que se refiere a la histor

Destrucción a toda costa 2004
Destrucción a toda costa 2004 A partir de una muestra de 363 municipios con litoral ubicados en ocho comunidades autónomas, y con la finalidad de pod

DATOS A CONTENER DATOS FIJOS: INFORMACION DEL DICTAMEN REFERENTE A:
INSTRUCTIVO PARA LA INTEGRACION Y PRESENTACION DEL DICTAMEN DE ESTADOS FINANCIEROS PARA EFECTOS FISCALES EMITIDO POR CONTADOR PUBLICO REGISTRADO, POR

A MÚSICA POPULAR EN GALICIA
A MÚSICA POPULAR EN GALICIA. A MÚSICA POPULAR EN GALICIA. Glosario monolingüe Facultade de Humanidades Licenciatura de Traducción e Interpretación

Story Transcript

ER-0021/2009

SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR FADEMGA FEAPS GALICIA 2014

Santiago, 28 de xaneiro de 2014

Estimado/a amigo/a: A continuación presentámoslle toda a información referente ó servizo de respiro familiar que levará a cabo FADEMGA FEAPS GALICIA ó longo do ano 2014. 1. Programación do Servizo de Respiro Familiar (xustificación, obxectivos, persoas beneficiarias, modalidades do servizo) .................................. páx. 02 2. Documentación necesaria para solicitar os servizos ......................... páx. 04 3. Apoios puntuais individuais (información, custo e pasos a seguir para solicitar este servizo) .............................................................................................................. páx. 05 4. Estancias sen aloxamento ....................................................................................... páx. 07 5. Estancias programadas en instalacións comunitarias (inclúe táboa de cotas e calendario das estancias programadas)…………………………………………….. páx. 07 Cálculo de cotas ....................................................................................................... páx. 08 6. Estancias en residencia (inclúe información das residencias que ofertan prazas e táboas de custos das prazas) ................................................................................ páx. 10 7. Pasos a seguir para solicitar praza nas estancias en residencia, en instalacións comunitarias e estancias sen aloxamento ............................................................... páx. 12 8. Baremación dos motivos da demanda ..................................................................... páx. 15 9. Aspectos importantes a ter en conta e novidades ................................................... páx. 16 10. Rexistros de Respiro ...................................................................................... páx. 17 a. Certificado da entidade de non participar noutra subvención do 0,7 IRPF para persoas con discapacidade ................................................................................ páx. 18 b. Certificado da familia de non participar noutra subvención do 0,7 IRPF para persoas con discapacidade ................................................................................. páx. 19 c. Ficha de solicitude de apoios puntuais individuais .............................................. páx. 20 d. Ficha de solicitude de estancias en instalacións comunitarias, residencia e estancias sen aloxamento ................................................................................... páx. 21 e. Ficha de coñecemento persoal ........................................................................... páx. 22 f. Informe xustificativo da demanda. ...................................................................... páx. 25 g. Autorización do/a usuario/a ................................................................................. páx. 27 h. Autorización materna/paterna/tutelar ................................................................... páx. 28 É importante que esta información chegue ás familias co fin de que podan beneficiarse do mesmo. Para calquera consulta ou dúbida que lle xurda, pode poñerse en contacto no teléfono 981 51 96 50 con calquera das seguintes persoas: - Ana Fraga (Responsable do Servizo de respiro familiar). - Moisés Lamigueiro (Coordinador do Programa de Apoio a Familiares). - Juan Bao (Responsable da Xestión dos Programas do IRPF). 1

SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR FADEMGA FEAPS GALICIA 2014

1. PROGRAMACIÓN SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR 2014 XUSTIFICACIÓN Sabemos que unha idónea contorna familiar da persoa con discapacidade intelectual é esencial para o desenvolvemento de actitudes e comportamentos positivos e normalizados. Unha contorna familiar estable facilita o complexo madurativo da persoa con discapacidade intelectual.

desenvolvemento

É por isto que o Servizo de Respiro Familiar cobra sentido, pois proporciona medios facilitadores para que as FAMILIAS poidan afrontar as situacións, moitas veces conflitivas e estresantes, que se derivan da convivencia cunha persoa con discapacidade intelectual, ofrecendo un espazo de tranquilidade e descanso aos pais, irmáns, e/ou titores para que “carguen pilas”, feito que repercutirá positivamente na evolución da persoa con discapacidade intelectual. Deste xeito levamos observando ano tras ano que o Servizo de Respiro Familiar é unha ferramenta fundamental no noso traballo coas Familias.

OBXECTIVOS • Favorecer a satisfactoria permanencia na contorna familiar natural da persoa con discapacidade intelectual, evitando a súa inclusión en programas menos normalizados e de maior custo económico e social. • Prestar servizos de atención temporal a curto prazo á persoa con discapacidade intelectual, co fin de liberar aos pais e/ou titores e reducir a tensión familiar. • Favorecer dinámicas familiares e de parella normalizadas (de relación, de lecer, etc.) que a atención intensiva ao membro con discapacidade intelectual dificulta. • Evitar o desarraigamento e deterioro das familias que teñan unha persoa con discapacidade intelectual no seu seo. • Previr situacións de crise persoal e/ou familiar. • Aliviar as sobrecargas que soportan as familias con fillos con discapacidade intelectual máis acusada (necesidades de apoio extenso ou xeneralizado) ou con problemas de comportamento. • Mellorar as condicións ambientais, familiares e sociais dos beneficiarios. • Favorecer a promoción e integración no medio. • Fomentar a solidariedade cidadá.

PERSOAS BENEFICIARIAS • Familias de persoas con discapacidade intelectual que non se atopen en réxime de residencia.

2

SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR FADEMGA FEAPS GALICIA 2014

MODALIDADES DO SERVIZO DE RESPIRO APOIOS PUNTUAIS INDIVIDUAIS ESTANCIAS SEN ALOXAMENTO ESTANCIAS PROGRAMADAS EN INSTALACIÓNS COMUNITARIAS ESTANCIAS EN RESIDENCIA (entre 1 e 7 días) Con carácter EXCEPCIONAL (entre 7 e 14 días): só se concederán en casos de emerxencia (hospitalización ou enfermidade grave do/a coidador/a principal ou outro membro da unidade de convivencia) cunha duración máxima de 14 días. Aquelas familias cuns ingresos superiores ó 1,75 % do IPREM, terán que asumir o custo total da praza a partir do sétimo día. Esta modalidade de Respiro pódese pedir para os distintos lugares que aparecen na táboa (páx. 8), tendo en conta as características da entidade que oferta a praza.

NOTA: ó longo do ano poderanse valorar outras opcións posibles, sempre e cando encaixen nas esixencias de normativa e xustificación impostas polos organismos subvencionadores.

3

SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR FADEMGA FEAPS GALICIA 2014

2. DOCUMENTACIÓN PARA SOLICITAR O SERVIZO ESTANCIAS PROGRAMADAS EN INSTALACIÓNS COMUNITARIAS, ESTANCIAS EN RESIDENCIA E ESTANCIAS SEN ALOXAMENTO: 1ª vez que se solicita o servizo: - Ficha de solicitude (páx. 20). - Ficha de coñecemento persoal (apartados 1, 2 e 3). É moi importante que esta ficha reflicta axeitadamente as características dos usuarios. Debido a que en anos anteriores a información errónea nas necesidades de apoio dos participantes supuxo a necesidade de incorporar algún monitor a maiores unha vez iniciado o turno, no 2014 o custo deste novo monitor recaerá na entidade que envíe información errónea ou incompleta (páx. 21-23). - Informe xustificativo da demanda (páx. 24-25). - Informe médico coa prescrición da medicación ou apartado 2 da ficha de coñecemento persoal asinada por un médico. - Datos económicos do exercicio fiscal en curso: fotocopias da declaración da renda e/ou pensións da unidade familiar e do xustificante dos ingresos percibidos pola persoa con discapacidade. - Fotocopia do certificado de discapacidade. - Certificados de non participar noutra subvención do 0,7 (páx. 18-19). - Fotocopia do DNI e fotocopia da tarxeta sanitaria do/a participante no servizo. - Autorización do usuario/a ou paterna/materna/tutelar (no caso de menores ou persoas con incapacitación xudicial) (páx. 26 ou 27). - No caso de que a persoa participante no servizo esté incapacitada xudicialmente, será preciso enviar unha copia desta sentencia. Cada turno: -

Ficha de solicitude.

-

Informe médico coa prescrición da medicación ou apartado 2 da ficha de coñecemento persoal asinada por un médico.

-

Informe xustificativo da demanda.

-

Autorización do usuario/a ou paterna/materna/tutelar (no caso de menores ou persoas con incapacitación xudicial).

Cada vez que hai modificación nos datos: -

Ficha de coñecemento persoal.

-

Fotocopia do DNI e fotocopia da tarxeta sanitaria do/a participante no servizo de respiro.

-

Fotocopia do certificado de discapacidade.

-

Datos económicos do exercicio fiscal en curso: fotocopias da declaración da renda e/ou pensións da unidade familiar e do xustificante dos ingresos percibidos pola PCDI. 4

SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR FADEMGA FEAPS GALICIA 2014

APOIOS PUNTUAIS INDIVIDUAIS: -

Ficha de solicitude (páx. 20)

-

Informe xustificativo da demanda (páx. 25-26).

-

Datos económicos do exercicio fiscal en curso: fotocopias da declaración da renda e/ou pensións da unidade familiar e do xustificante dos ingresos percibidos pola persoa con discapacidade.

-

Certificado de discapacidade (só na primeira solicitude)

-

Certificados de non participar noutra subvención do 0,7 da familia e da entidade (só na primeira solicitude) (páx. 18-19).

IMPORTANTE: a novidade principal desta modalidade é que a persoa que prestará o servizo deberá contar cun contrato laboral, que será xestionado a través da Federación.

3. APOIOS PUNTUAIS INDIVIDUAIS INFORMACIÓN DO SERVIZO DE APOIOS PUNTUAIS INDIVIDUAIS: Esta modalidade do servizo consiste en apoios puntuais por períodos curtos (horas) para favorecer a conciliación da vida familiar, social e laboral. Estes apoios ofreceranse no propio domicilio ou, debido a emerxencias hospitalarias, en hospitais. Este servizo darase a través dunha persoa (coidador/a) durante un máximo de 60 horas anuais por familia. A familia poderá propoñer á persoa que realizaría o servizo, a cal non poderá ser en ningún caso familiar da persoa con discapacidade intelectual e deberá ter, como mínimo, o certificado de ESO ou equivalente. A Federación será a encargada de valorar á persoa proposta e, no caso de aprobación, procederá a xestionar o correspondente contrato de coidador/a. Poderase recorrer á carteira de monitores de respiro familiar coa que conta a Federación, para aqueles casos que sexan precisos. A familia pagará á Federación a parte correspondete do servizo en función IPREM familiar (ver páx. 8 para o cálculo), segundo o seguinte cadro: CUSTO DO SERVIZO DE APOIOS PUNTUAIS INDIVIDUAIS: IPREM

0-1 > 1 - 1,25 > 1,25 - 1,50 > 1,50 - 1,75 > 1,75 – 2,00 > 2,00

APORTACIÓN FAMILIAR/HORA 3€ 4€ 5€ 6€ 7€ 8€

COSTE DO SERVIZO: 10,24 €/hora. (O coidador cobrará segundo convenio)

5

SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR FADEMGA FEAPS GALICIA 2014

PASOS PARA SOLICITAR O SERVIZO DE APOIOS PUNTUAIS INDIVIDUAIS 1.- Cubrir a ficha de solicitude do servizo (páx. 20) indicando as datas e horas nas que se vai a realizar. Esta ficha deberá vir asinada nos lugares e polas persoas indicadas. 2.- Cubrir o informe xustificativo da demanda (páxs. 25-26) e asinalo onde se indique. 3.- Enviar á Federación estas follas xunto con: Certificado de discapacidade da persoa á que se vai a atender (só na primeira solicitude que se realice no correspondente ano). Certificados de non participar noutra subvención do 0,7 (só na primeira solicitude). (Páx.18 e 19). Xustificantes dos datos económicos percibidos pola unidade familiar no ano fiscal en curso: declaración da renda se a houbese ou, senón, xustificante de Facenda e/ou da Seguridade Social dos ingresos percibidos, así como certificado das prestacións percibidas pola persoa con discapacidade. Unha vez confirmado o servizo, a familia beneficiaria deberá realizar o ingreso da cota correspondente no nº de conta 2080 0300 89 3040126857, achegando vía e-mail ou fax o xustificante de pago. No caso de cancelación non xustificada do servizo deberá asumir o custo total das horas non realizadas. ESTA DOCUMENTACIÓN DEBERÁ CHEGAR A FADEMGA CUN MÍNIMO DE 10

DÍAS

DE ANTELACIÓN Ó COMENZO DO SERVIZO.

6

SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR FADEMGA FEAPS GALICIA 2014

4. ESTANCIAS SEN ALOXAMENTO Este servizo ofrécese exclusivamente coa finalidade de facilitar ás familias a súa participación na “Xornada de familias” ou outros eventos organizados dende a Federación. A realización deste servizo será informada ás entidades na convocatoria da actividade. Para solicitalo haberá que presentar a documentación indicada para esta modalidade, que é a mesma que para as estancias programadas en instalacións comunitarias e en residencia. A cota de participación deste servizo establecerase na convocatoria da “Xornada de Familias” ou actividade correspondente.

5. ESTANCIAS PROGRAMADAS EN INSTALACIÓNS COMUNITARIAS As estancias grupais en instalacións comunitarias terán unha duración de entre 3 e 5 días. Dado que as prazas en cada unha das estancias programadas son limitadas, á hora de adxudicar as mesmas teranse en conta as circunstancias económicas, persoais e familiares do solicitante. A baremación destes criterios vén especificada na páxina 13. Neste ano 2014, antes de aplicar a baremación, terase en conta que a familia solicitante non disfrutara de ningunha estancia ó longo do ano, é dicir, priorizarase a primeira solicitude de cada familia. Cada familia terá dereito inicialmente a un máximo de 20 días nas modalidades de estancias en residencia e/ou en instalacións comunitarias. Poderán admitirse solicitudes daquelas familias que superen os 20 días iniciais, e conceder ata un máximo de 30 días, naquelas estancias en instalacións comunitarias das que non se cubran as prazas totais ofertadas. Terán prioridade, e por tanto tamén dereito a un máximo de 30 días por familia, aqueles casos nos que o usuario manifeste graves problemas de conduta que xeren disfunción a nivel familiar (ata 40 días se non se cobren as prazas ofertadas nas estancias programadas en instalacións comunitarias).

7

SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR FADEMGA FEAPS GALICIA 2014

TÁBOA DE COTAS DO SERVIZO DE ESTANCIAS PROGRAMADAS Para o cálculo das cotas do servizo de respiro familiar, a partir de agora teranse en conta o IPREM e o número de membros da unidade familiar en lugar da renda per cápita utilizada ata este ano. O procedemento é o seguinte: 1. Os rendementos netos anuais da unidade familiar divídense entre os 12 meses. 2. A cantidade resultante divídese, segundo o número de membros da unidade familiar, entre os coeficientes sinalados na seguinte táboa. Nº de membros da unidade familiar Suma de coeficientes segundo o nº de membros

1

2

3

4

5

6

7

8

1

1.9

2.7

3.4

4

4.5

5

5.5

3. Unha vez obtida esta cantidade, divídese polo IPREM do 2014 (igual a 532.51 € mensuais), o que nos da unha porcentaxe. 4. En función da porcentaxe obtida, na táboa de abaixo pódense ver as cotas correspondentes ós menores de 18 anos e ós maiores de 18 anos. TRAMOS COEF. IPREM IPREM = 532.51 €/MES 0-1 > 1 - 1,25 > 1,25 - 1,50 > 1,50 - 1,75 > 1,75 - 2,00 > 2,00 - 2,50 > 2,50

COTA SERVIZO / DÍA MENORES 18 ANOS

MAIORES 18 ANOS

7 9 14 18 23 28 31

11 13 18 22 27 33 35

COTA/DÍA GTOS. ACTIV. +XESTIÓN 10 11 12 13 14 15 16

TOTAL APORTACIÓN FAMILIAR MENORES 18 ANOS

MAIORES 18 ANOS

17 20 26 31 37 43 47

21 24 30 35 41 47 52

COSTE DO SERVIZO: 185 €/DÍA ( O custo total sinalado é unha media do custo real do servizo, posto que, dependendo da súa ubicación, este varía.)

8

SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR FADEMGA FEAPS GALICIA 2014

CALENDARIO DAS ESTANCIAS PROGRAMADAS EN INSTALACIÓNS COMUNITARIAS 2014

DATA DE

HORA DE

DATA DE

HORA DE

Nº TOTAL

Nº DE

ENTRADA

ENTRADA

SALÍDA

SAÍDA

DE DÍAS

PRAZAS

28 de febreiro

18:00 horas

04 de marzo

17:00 horas

4 días

10

ABRIL

16 de abril

18:00 horas

20 de abril

17:00 horas

4 días

10

ABRIL - MAIO

30 de abril

18:00 horas

4 de maio

17:00 horas

4 días

10

XULLO

9 de xullo

11:00 horas

13 de xullo

17:00 horas

5 días

10

XULLO

14 de xullo

11:00 horas

18 de xullo

17:00 horas

5 días

10

XULLO

23 de xullo

11:00 horas

27 de xullo

17:00 horas

5 días

10

XULLO - AGOSTO

30 de xullo

11:00 horas

03 de agosto

17:00 horas

5 días

10

AGOSTO

6 de agosto

11:00 horas

10 de agosto

17:00 horas

5 días

10

AGOSTO

13 de agosto

11:00 horas

17 de agosto

17:00 horas

5 días

10

AGOSTO

20 de agosto

11:00 horas

24 de agosto

17:00 horas

5 días

10

AGOSTO

25 de agosto

11:00 horas

29 de agosto

17:00 horas

5 días

10

OUTUBRO

09 de outubro

18:00 horas

12 de outubro

17:00 horas

3 días

5

OUTUBRO - NOVEMBRO

30 de outubro

18:00 horas

2 de novembro

17:00 horas

3 días

5

DECEMBRO

5 de decembro

18:00 horas

8 de decembro

17:00 horas

3 días

10

MES FEBREIRO - MARZO

LOCALIZACIÓN ALVARELLA

A programación poderá sufrir algunha variación, engadindo ou suprimindo algunha estancia programada, en función da demanda recibida ó longo do ano e do orzamento dispoñible para este servizo. En calquera caso notificaranse as modificacións pertinentes con antelación suficiente.

9

SERVICIO RESPIRO FAMILIAR FADEMGA FEAPS GALICIA 2014

5. ESTANCIAS EN RESIDENCIA O servizo de respiro familiar en residencia ofrece unha estancia de duración variable (entre dous e sete días), excepto en casos de emerxencia nos que se podería ampliar ata catorce días. As residencias que ofertan prazas para a realización deste servizo, así como as características das mesmas, son as seguintes: ASOCIACIÓN

TIPOS DE APOIO

IDADE

SEXO

LIMITADOS ASPNAIS RICARDO BARÓ XENERALIZADO

> 18 Todas

MIXTO MIXTO

ASDEME

> 18

MIXTO

LIMTADOS

PERIODO DISPOÑIBLE FINS DE SEMÁN (excepto períodos vacacionais) TODO O ANO DE LUNS A VENRES (excepto períodos vacacionais)

NOTA: No caso de que algunha entidade se incorpore ó longo do ano, será notificado con antelación suficiente. CUSTO DA PRAZA DO SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR EN RESIDENCIA PARA PERSOAS QUE NECESITAN MENOS APOIOS (ASPNAIS, LAMASTELLE, APADER, ASDEME, ASPANAS): TRAMOS COEF. IPREM IPREM = 532.51 €/MES 0-1 1 - 1,25 1,25 - 1,5 1,50 - 1,75 1,75 - 2,00 2,00 - 2,50 MÁS DE 2,5

APORT. FAMILIAR / DÍA MENORES 18 ANOS 14 € 18 € 22 € 28 € 34 € 40 € 46 €

MAIORES 18 ANOS 18 € 22 € 26 € 32 € 38 € 44 € 50 €

APORT. PROGRAMA/DÍA MENORES 18 ANOS 42 € 38 € 34 € 28 € 22 € 16 € 10 €

MAIORES 18 ANOS 38 € 34 € 30 € 24 € 18 € 12 € 6€

TOTAL CUSTO PRAZA/DÍA 56 € 56 € 56 € 56 € 56 € 56 € 56 €

(Ver páxina 6 para o cálculo dos tramos correspondentes)

10

SERVICIO RESPIRO FAMILIAR FADEMGA FEAPS GALICIA 2014

CUSTO DA PRAZA DO SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR EN RESIDENCIA PARA PERSOAS QUE NECESITAN MÁIS APOIOS (RICARDO BARÓ): TRAMOS COEF. IPREM

APORT. FAMILIAR / DÍA

APORT. PROGRAMA/DÍA

IPREM = 532.51 €/MES

MENORES 18 ANOS

MAIORES 18 ANOS

MENORES 18 ANOS

MAIORES 18 ANOS

0-1 1 - 1,25 1,25 - 1,5 1,50 - 1,75 1,75 - 2,00 2,00 - 2,50 MÁS DE 2,5

14 € 18 € 22 € 28 € 34 € 40 € 46 €

18 € 22 € 26 € 32 € 38 € 44 € 50 €

68 € 64 € 60 € 54 € 48 € 42 € 36 €

64 € 60 € 56 € 50 € 44 € 38 € 32 €

TOTAL CUSTO PRAZA/DÍA

82 € 82 € 82 € 82 € 82 € 82 € 82 €

(Ver páxina 6 para o cálculo dos tramos correspondentes)

*En todos os casos a aportación familiar deberase realizar no nº de conta de FADEMGA 2080 0300 89 3040126857 debendo achegar vía e-mail ou fax o xustificante de pago. As anteriores táboas seguiranse sempre, salvo en casos excepcionais: PERSOAS QUE SOLICITEN RESPIRO NO CENTRO DO QUE SON USUARIOS/AS:

Neste suposto, o custo da praza establecerase segundo as táboas anteriores cando os días que solicita non se cubran coa cota mensual que paga como usuario/a (p.ex. fins de semana, festivos, vacacións,...). No caso de coincidir as datas con días nos que a persoa ten aboada a súa cota (normalmente días de semana), o custo da praza establecerase en base aos seguintes criterios: PERSOAS QUE NECESITEN MENOS APOIOS: -

Aportación Familiar = 7 €/día Aportación Programa = 7 €/día TOTAL = 14 €/día PERSOAS QUE NECESITEN MÁIS APOIOS:

-

Aportación Familiar = 13 €/día Aportación Programa = 14 €/día TOTAL = 27 €/día

CUSTO DA PRAZA DO SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR EN ESTANCIAS

LONGAS: Neste caso os 7 primeiros días cubriranse seguindo o criterio de Estancia Curta e a partir de 8º día (este incluído) e ata o 14º (este incluído) a familia deberá abonar o 50% do CUSTO TOTAL da praza e o Programa cubrirá o 50% restante nos casos en que a renda familiar non supere os 850 euros mensuais. A partir do día 15º en todos os casos, e do 8º cando a renda sexa de máis de 850 euros, a familia terá que facerse cargo do CUSTO TOTAL da praza. IMPORTANTE: COMO SE INDICABA ANTERIORMENTE, A DIFERENCIA DE OUTROS ANOS, A APORTACIÓN ECONÓMICA CORRESPONDENTE Á FAMILIA DEBERÁ INGRESARSE NA CONTA DE FADEMGA E NON NA ASOCIACIÓN NA QUE SE VAI A RECIBIR O SERVIZO.

11

SERVICIO RESPIRO FAMILIAR FADEMGA FEAPS GALICIA 2014

7. PASOS PARA SOLICITAR PRAZA (ESTANCIAS EN RESIDENCIA / ESTANCIAS PROGRAMADAS EN INSTALACIÓNS COMUNITARIAS / ESTANCIAS SEN ALOXAMENTO) A - PERSOAS QUE PARTICIPAN NO SERVIZO POR PRIMEIRA VEZ

-

-

-

Cubrir a ficha de solicitude do servizo (páx. 20). Cumprimentar adecuadamente a ficha de coñecemento persoal (páxs. 21-23). Informe médico no que conste a medicación e as doses prescritas ao usuario (NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA SOLICITUDE SEN ESTA PRESCRICIÓN). Cubrir o informe xustificativo da demanda (páxs. 24 - 25). Autorización do usuario/a ou paterna/materna/tutelar no caso de incapacitados e/ou menores (páx. 26 - 27). Enviaranse á Federación estas follas asinadas nos lugares e polas persoas indicadas xunto con: Certificados de non participar noutra subvención do 0,7 (páx. 18 - 19). Certificado de discapacidade da persoa á que se vai a atender e na que conste o tipo e a porcentaxe de dita discapacidade. Fotocopia do DNI e fotocopia da tarxeta sanitaria do/a participante no servizo. Xustificantes dos datos económicos percibidos pola unidade familiar: declaración da renda, se a houbese ou, senón, xustificante de Facenda e/ou da Seguridade Social dos ingresos percibidos, así como certificado das prestacións percibidas pola persoa con discapacidade. Os datos económicos enviaranse en cada exercicio fiscal. No caso de que a persoa participante no servizo estea incapacitada xudicialmente, será preciso enviar unha copia da sentenza.

B - PERSOAS QUE XA PARTICIPARON ANTERIORMENTE NAS ESTANCIAS EN RESIDENCIA OU EN INSTALACIÓNS COMUNITARIAS

Deberán enviar á FEDERACIÓN debidamente cumprimentados: - Ficha de solicitude do servizo. - Apartados 1 e 2 da Ficha de coñecemento persoal actualizados e asinados por un facultativo ou informe médico. - Informe xustificativo da demanda. - Autorización do usuario/a ou paterna/materna/tutelar no caso de incapacitados e/ou menores. C – CADA VEZ QUE SE DEN MODIFICACIÓNS

-

Ficha de coñecemento persoal. Fotocopia do DNI e fotocopia da tarxeta sanitaria do/a participante no servizo. Fotocopia do certificado de discapacidade. Datos económicos do exercicio fiscal en curso: fotocopias da declaración da renda se a houbese ou, senón, xustificante de Facenda e/ou da Seguridade Social dos ingresos percibidos e do xustificante dos ingresos percibidos pola persoa con discapacidade.

PRAZOS: Toda esta documentación deberá chegar a Fademga cun mínimo de 15 días de antelación á data da realización da estancia en instalacións comunitarias solicitada e de 10 días para a estancias en residencia. Para as estancias en instalacións comunitarias programadas do verán, deberán presentar as solicitudes antes do 31 de maio (reservaranse 4 prazas por estancia para aquelas que presenten a solicitude máis tarde, pero sempre cun mínimo de 15 días). A finalidade destes prazos é poder confirmarlle ás familias con suficiente antelación.

12

SERVICIO RESPIRO FAMILIAR FADEMGA FEAPS GALICIA 2014

IMPORTANTE • Os datos económicos deberán enviarse en cada exercicio fiscal. Para solicitar as estancias posteriores ó mes de xullo só se admitirá a declaración da renda do 2013 salvo casos excepcionais que podan xurdir e que se analizarían dende a Federación. Nesta xustificación económica só será necesario incluír:

• • • •





⇒ Páxina na que consten os datos do/a declarante e se a declaración é conxunta ou non. ⇒ Páxinas na que aparecen os rendementos netos. ⇒ No caso de que a familia non teña que facer declaración da renda, deberase achegar un xustificante de Facenda no que consten os ingresos recibidos durante o ano correspondente. ⇒ No caso de que algún membro da familia perciba prestacións dependentes da Seguridade Social, deberá enviar unha copia na que conste a contía da pensión percibida. ⇒ En aqueles casos en que os pais do usuario estén separados legalmente, haberá que incluír unha copia da parte da sentenza xudicial na que se especifiquen as prestacións alimenticias percibidas polos membros da unidade familiar que conviven co solicitante do servizo. ⇒ Así mesmo, deberase achegar un xustificante de Facenda e/ou da Seguridade Social cos ingresos percibidos pola persoa con discapacidade (pensión de orfandade, non contributiva...). Haberá que enviar unha solicitude para cada estancia programada. No caso de que nunha solicitude se pidan varias quendas, só se terá en conta a primeira solicitada. Non se admitirá ningunha solicitude enviada posteriormente á data límite ou que non inclúa a documentación necesaria. En casos de urxencia, a solicitude terá que ser presentada en canto se teña coñecemento da mesma para poder atendela. Cando a solicitude se realice para os casos de urxencia nunha residencia, haberá que enviar igualmente a documentación a FADEMGA, excepto os datos económicos que poderán presentarse ata 10 días despois do inicio da estancia. No caso de non entregar os xustificantes de renda necesarios neste prazo, a familia deberá asumir a cota máis alta. No caso de baixa dalgún dos participantes, esta deberá comunicarse por escrito ata 10 días antes da estancia programada. Noutro caso a familia terá que asumir igualmente o custo da praza, a non ser que sexa por forza maior (enfermidade debidamente xustificada ou outros motivos valorados como tal polo equipo técnico da Federación). O incumprimento disto suporá a non concesión de praza en posteriores solicitudes. No momento da confirmación da praza, e cun mínimo de dous días de antelación ao comezo do turno, a familia realizará o ingreso, especificando as datas da ESTANCIA e NOME DO/A USUARIO/A, e enviara unha copia do xustificante bancario. O ingreso farase no seguinte nº de conta de FADEMGA FEAPS GALICIA NOVAGALICIA BANCO: 2080

0300 89 3040126857. 13

SERVICIO RESPIRO FAMILIAR FADEMGA FEAPS GALICIA 2014

Edición:

1

CRITERIOS DE BAREMACIÓN Vía Pasteur, 53-A. Polígono do Tambre 15.890. Santiago de Compostela. Tlf: 981.51.96.50. Fax: 981.51.96.51 e-mail: [email protected]

www.fademga.org

Data: Código: SRF1-D-1

30/06/2008

Páxina:

1 de 1

• Para a participación nas estancias en instalacións comunitarias, deberán facerse dous ingresos separados: - Cota do servizo: a correspondente segundo as táboas da páxina 6. - Cota de actividades: a correspondente segundo as táboas da páxina 6. Ditos pagos non se reintegrarán no caso de que non se preste o servizo por motivos externos á Federación ou á entidade que preste o servizo (renuncia da familia, etc.).

14

SERVICIO RESPIRO FAMILIAR FADEMGA FEAPS GALICIA 2014

6. BAREMACIÓN DOS MOTIVOS DA DEMANDA (Criterios á hora de valorar as solicitudes no caso de haber excesiva demanda) SITUACIÓN SOCIO-FAMILIAR ORFO

5 PUNTOS

FAMILIA MONOPARENTAL

4 PUNTOS

CUIDADOR/A PRINCIPAL MAIOR DE 60 ANOS

3 PUNTOS

CUIDADADOR/A PRINCIPAL MENOR DE 60 ANOS

2 PUNTOS

XUSTIFICACIÓN DA SOLICITUDE EMERXENCIA (HOSPITALIZACIÓN, ENFERMIDADE, ETC.)

7 PUNTOS

ESTRÉS FAMILIAR. DISTORSIÓN DA DINÁMICA FAMILIAR

6 PUNTOS

AILLAMIENTO SOCIAL

5 PUNTOS

OUTROS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR CON PROBLEMÁTICA

4 PUNTOS

PROBLEMAS DE RELACIÓN COA PERSOA CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

3 PUNTOS

ACONTECEMENTO SOCIAL (VODA, CEAS, ETC.)

2 PUNTOS

TEMPO LIBRE PARA A FAMILIA

1 PUNTO

SITUACIÓN ECONÓMICA / PORCENTAXE DO IMPREM 0 – 1 IPREM

7 PUNTOS

>1 – 1.25 IPREM

6 PUNTOS

>1.25 – 1.5 IPREM

5 PUNTOS

>1.5 – 1.75 IPREM

4 PUNTOS

>1.75 – 2 IPREM

3 PUNTOS

>2 – 2.5 IPREM

2 PUNTOS

>2.5 IPREM

1 PUNTO CARACTERÍSTICAS DA PERSOA CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

GRAVES PROBLEMAS DE CONDUCTA

4 PUNTOS

PERSOAS CON MAIORES NECESIDADES DE APOIO

3 PUNTOS

GRAO DE MINUSVALÍA > 90%

5 PUNTOS

>75% - 90%

4 PUNTOS

>65% - 75%

3 PUNTOS

≤ 65%

2 PUNTOS

15

SERVICIO RESPIRO FAMILIAR FADEMGA FEAPS GALICIA 2014

7. ASPECTOS IMPORTANTES A TER EN CONTA E NOVIDADES:

• Na modalidade de estancias en instalacións comunitarias, poderá ampliarse o nº máximo de días concedidos en función da existencia de prazas vacantes: ver páx. 5. • En todas as modalidades do servizo, o ingreso da cota familiar deberá realizarse integramente no nº de conta de FADEMGA FEAPS GALICIA. Para as estancias programadas en instalacións comunitarias, deberá ingresarse ademais a cantidade correspondente en concepto de cota de actividades e xestión. • Na modalidade de Servizo de Apoios puntuais individuais, a Federación será a encargada de xestionar o contrato laboral á/ó coidador/a que vaia a prestar o servizo. A familia poderá propoñer á persoa que realice o servizo facilitando os seus datos. • O cálculo das cotas correspondentes ás familias é diferente a outros anos, tense en conta o número de membros da unidade familiar e o IPREM: ver páx. 6. • É imprescindible o envío da ficha médica (ou documento similar) asinada por un médico xunto con cada solicitude. Non se lle dará aos usuarios ningún medicamento que non veña recollido nela. • Debe xustificarse o motivo da demanda, pola contra valorarase con 1 só punto. • Os datos económicos xustificados.

deberán

vir

debidamente

• É preciso asinar todas as follas nas que así se indique. • Autorizacións: comprobe as sinaturas necesarias.

16

SERVICIO RESPIRO FAMILIAR FADEMGA FEAPS GALICIA 2014

8. REXISTROS DO SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR:

17

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.