A esmorga; Eduardo Blanco Amor

Literatura española contemporánea del siglo XX. Narrativa gallega popular. Estilo narrativo. Biografía

12 downloads 235 Views 7KB Size

Story Transcript

Blanco Amor, Eduardo Nace en Ourense no ano 1887. Eduardo era o penúltimo fillo dunha familia de cinco irmáns, a súa infancia foi moi marcada pola fuxida do seu pai.Aos quince anos, en plena crise da adolescencia, foxe da casa camiño de Santiago, se ben esta escapada non ten consecuencias e regresa ao seu fogar. Comeza a ter relacións con Vicente Risco. Aos dezanove anos emigra á Arxentina. Na capital bonaerense asiste á Universidade e inicia o seu contacto co mundo da emigración galega. Como correspondente da prensa bonaerense, en 1929 viaxa a España. Relixa frecuentes visitas a Galicia, onde asina un manifiesto nacionalista, e dous anos despois regresa a Arxentina. De novo en España, como correspondente de "La Nación", entra en contacto cos poetas españois da xeneración do 27, facendo amizade con Federico García Lorca. Blanco Amor corrixe e escribe o prólogo dos Seis poemas galegos do poeta andaluz. En 1935 regresa a Arxentina e alí defende na prensa a causa republicana durante a guerra civil española. Rematada esta, colabora cos exiliados en diversas actividades de oposición antifascista, proseguindo o seu labor cultural galeguista e fúndando o Teatro Popular Galego de Buenos Aires. Morre en Vigo no ano 1979. Combina a obra en castelán coa obra en galego. A poesía representa a súa actividade principal antes da guerra onde xa se aprecia unha vinculación cos momentos de vangarda. Os seus poemarios iniciais son Romances Galegos e Poemas en catro tempos. A súa obra poética péchase con Cancioneiro. O seu teatro afástase do teatro tradicional galego e estaría máis preto da dramática de Valle Inclán ou de Lorca. Os seus textos caracterízanse pola axilidade do ritmo, pola viveza dos diálogos e o dominio do rexistro lingüístico adecuado en todo momento ós personaxes e as diferentes situacións. Escribiu dúas obras: Farsas para títeres e Teatro para a xente. Blanco Amor publicou catro obras na narrativa galega pero as máis importantes son as seguintes: A Esmorga, Os biosbardos, e Xente ao lonxe.A Esmorga foi a súa primeira novela longa, publicada na Arxentina no 59 e que foi traída clandestinamente a Galicia, é un clásico da literatura galega, xa que marcou un fito histórico na nosa narrativa en canto a técnica e a temática. Os biosbardos: publicado no 62, son un conxunto de "contos para a xente" postos en boca dun narrador infantil ou adolescente distinto en cada momento; presenta unha ambientación urbana na cidade de Ourense, no Ourense dos seun anos mozos, e os personaxes pertenecen a clases populares. Nos contos aparecen realidades sociais coma a pobreza, a emigración... contados dende esa visión infantil. Xente ao lonxe:publicado no 72, tratáse dunha radiografía do Ourense de principios de século a través de experiencia dun grupo de traballadores, vinculados a organización de carácter obreiro. Na novela conflúen varias voces narradoras, que lle proporcionan ó lector distintos enfoques da realidade. Resumo O autor comeza o relato da obra informándonos de que o narrado é algo que sucedeu hai algún tempo na cidade onde naceu, e a información recolleuna buscando nalgúns papeis e falando con testigos do caso. Cibrán é un picapedreiro, un acusado que declara ante un xuíz, centrando a súa declaración na tráxica historia del e dos seus compañeiros: o Bocas e o Milhomes, homes marxinais da sociedade. Cibrán conta que cando vai cara o traballo atopa o Bocas e o Milhomes bébedos nunha carreteira, e convencenno para que vaia con eles de esmorga. Pasan o día enteiro (no que chovía abundantemente) polos baixos fondos da cidade de Auria, de borracheira, vagando por varios lugares e bebendo sen cesar. Ó saír dunha taberna deciden ir o pazo dos Andrada, onde din que vive unha fermosísima muller que pouca xente ollou. Métense por un buraco do xardín e ollanna dende lonxe nunha galería. Ó marchar, o Bocas comeza a cavilar, porque quedara namorado da fermosura da muller. 1

Despois de seguir vagando por Auria, o Milhomes ten a idea de ir a un pazo onde traballa un parente seu, quen lles invita a quedarse na bodega , onde seguen a beber. Por descoido préndenlle lume ao pazo e escapan de alí. Como tiñan algo de cartos, decidiron ir a unha casa de alterne. Na primeira bótanlles fóra, e unha das mulleres dille ao Cibrán que o Bocas deixou un home morto a noite antes nunha taberna. Teñen que saír a carreira daquel lugar, e van a outra casa de alterne, onde son mellor recibidos, aínda que ó final tamén lles botan fóra. Fan plans de saír de Auria en tren pola mañá cedo, e para facer tempo dan voltas polas rúas, e nunha churrería o Milhomes rouba duas botellas de augardente e continúan bebendo e vagando. Para que non lles atopen, agáchanse nunha igrexa, e ó saír van ó mesón do Roxo, onde perden todos os cartos. Deciden voltar á casa dos Andrada, porque o Bocas ten a teima de estar coa muller que virán pola mañá. Entran dentro da casa, pero o Bocas e o Milhomes rouban unhas alfaias. Andan pola casa ata atopar a muller, que resultou ser unha boneca, e o Bocas enfurécese e afirma que quere estar cunha muller que non sexa unha prostituta. Para satisfacer esa teima van ó vertedeiro de Auria, onde vive unha muller, Socorrito, que din que está tola, e o Bocas oblígana a estar con el. Cando o Milhomes e Cibrán escoitan os berros da muller van onda eles. O Milhomes saca unha navalla, e fere a Cibrán cando trata de paralo. Crávalle tamén a navalla ó Bocas e o mata. O Milhomes escapa do lugar por unha lagoa xeada, pero o xeo rompe e desaparece afundido. O rematar Cibrán o relato dos feitos, o xuíz ordénalle voltar ó cuartelillo, pero desesperado, Cibrán colle a navalla que servira como proba e cravousena. Cibrán morreu tras declarar ante o xuíz, aínda que o autor da obra informanos que non se soubo claramente como morreu. Tempo e lugar A información recolleuna cando era neno e mozo pero é contada casi corenta 1anos mais tarde , cando o autor xa é adulto. A novela comeza cun parágrafo que nos infórma sobre o lugar onde transcurre o que vai narrar: ...seguíase a falar do caso entre as boas xentes de Auria, cidade onde nacín e onde as cousas ocurriran. Tras ler esto queda claro que os feitos contáronllos e sucederon en Auria. Valoración persoal E un libro facil de ler e que non se fai pesado.Ten varias incorreccións lingüísticas q supoño que serán a causa de que cando o autor escribiu o libro todavía non existía o galego normativo.alguns exemplos destas incorreccións son: −Púbricos (publicos) −Até (ata) −Nascín (nacín) −Coor (cor) −Narís (nariz) −Door (dor) Só fala un persoaxe con outra persoa cuias respostas descoñecemos.E dado que o protagonista está mortoi aparecen unhas aclaracions por parte do autor.

2

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.