A esmorga; Eduardo Blanco Amor

Literatura española contemporánea del siglo XX. Narrativa gallega popular. Argumento. Personajes

16 downloads 242 Views 8KB Size

Story Transcript

A ESMORGA • EDUARDO BLANCO AMOR Eduardo Blanco Amor naceu en Ourense en 1897, onde comeza a súa labor como xornalista para El Diario de Ourense. Sendo aínda moi novo emigrou á Arxentina, lugar no que residirá unha boa parte da súa vida. Na emigración desenvolveu múltiples actividades culturais: conferenciante, director e colaborador de revistas, profesor...Dende alí desenvolveu como moitos outros dos nosos autores un importante labor galeguista sempre ó lado da causa republicana. Blanco Amor regresou a Galicia con 60 anos de idade, pero a súa terra distaba aínda moito da patria coa que el soñara. Falece en 1979. 1.1 Blanco Amor poeta Faceta que desenvolveu fundamentalmente antes do 36. • Romances Galegos, 1928 • Poema en catro tempos, 1931 • Cancioneiro, 1956 • Blanco Amor dramaturgo Campo no que mostra un claro afán renovador con respecto ó teatro tradicional galego. ♦ Farsas para títeres, 1962 ♦ Teatro prá xente, 1974 ♦ Blanco Amor e a narrativa de posguerra É a de Blanco Amor unha narrativa na que impera o valor do realismo crítico. ◊ A esmorga, 1959 ◊ Os biosbaardos, 1962 ◊ Xente ao lonxe, 1972 ♦ A ESMORGA Obra de grande importancia por se−la primeira que Blanco Amor publica na nosa lingua e pola introducción do mundo da marxinación na literatura galega sen ter un carácter folclórico ou costumista. Nela preséntasenos a descrición da realidade social, económica e cultural dunha época de Galicia, a partir duns acontecementos e personaxes concretos. 2.1 Voces narrativas e estructura: ♦ Narrador−autor Trátase dun narrador que se corresponde co autor, que conta en primeira persoa e que aparece só ó comezo e ó remate do relato. Este, dinos que a historia lle foi contada por 1

distintas persoas en épocas diferentes e intervén ó remate da obra para deixar no lector a dúbida acerca da morte de Cibrán. ♦ Narrador−protagonista O narrador protagonista é Cibrán, quen conta a historia en primeira persoa dende o capítulo I ata a fin do capítulo V, parte que constitúe o relato propiamente dito. Os feitos preséntanse mediante o recurso da técnica telefónica, a través da cal o lector os vai coñecendo polas declaracións que Cibrán presta ante un xuíz do que non oímo−las preguntas que formula, pero que podemos deducir polas propias respostas do acusado. 2.2 O espacio O cambio de escenario é continuo na novela, pero trátase sempre dun itinerario urbano que os protagonistas seguen para escapar da xustiza e procura−lo máximo pracer no que pode se−lo seu último día de liberdade. O espacio narrativo de A esmorga é Ourense (Auria) coas súas rúas e prazas, as súas fontes e igrexas, e sobre todo os seus mesóns, tabernas e prostíbulos dos baixos fondos. 2.3 O tempo A novela presenta dous tempos: ◊ Os dous días que dura a declaración de Cibrán diante do xuíz (1º día: capítulos I e II; 2º día: capítulos III, IV eV) ◊ As 24 horas que dura o percorrido dos tres esmorgantes desde o seu encontro un luns ó amencer ata que Cibrán é atopado por uns varrendeiros. Existe ademáis un terceiro tempo, distante do relato, que é correspondente ó momento no que o narrador−autor escribe a crónica. Cómpre ter en conta tamén as historias que cada personaxe vai encaixando no relato principal ó longo do mesmo (recordos de Cibrán, historia da dona do pazo contada polo Bocas, etc.) 2.4 Os personaxes ◊ Cibrán. A súa presencia é imprescindible posto que el é quen narra a historia. A súa caracterización faise de maneira indirecta, por exemplo a través dos seus alcumes (tiñica, puchapodre, castizo). Cibrán é un obreiro de familia moi pobre que trata de comezar unha nova vida ó carón dunha prostituta á que deixa embarazada (intención que se verá truncada polos fatídicos feitos posteriores) − O Milhomes. Tamén chamado maricallas ou setesaias. Tiña un oficio de xastre e unha maneira de ser moi burlona, a cal foi consecuencia de numerosas pelexas, como por exemplo a que mantivo co Bocas e que finalmente remata co incendio do pazo. − O Bocas. 2

Personaxe que completa o trío dos esmorgantes. Home corpulento, de carácter forte, e por iso, vencedor nas pelexas nas que se ve inmerso e xefe do grupo dos esmorgantes. É de salientar tamén a brutalidade que o vai caracterizando ó longo de toda a obra. ◊ O xuíz. Actúa como interlocutor mudo na declaración de Cibrán e aparece definido por un guión (−) seguido dunha liña en branco e tamén polas alusións que Cibrán fai ó mesmo durante as súas declaracións. Pertence ó grupo de personaxes que veñen de fóra de Galicia e descoñecen a realidade da terra, así como a lingua da mesma. ◊ Personaxes secundarios. Xunto ós personaxes principais xa sinalados, aparece un grande número de personaxes secundarios máis ou menos importantes segundo a súa intervención no relato. En conxunto, estes personaxes completan a representación do ambiente urbano, con todos os estamentos da sociedade ourensá da época: desde as prostitutas ata a fidalguía do señor Andrade; desde os empregados do concello ata os tratantes de gando ou o cego que canta coplas. En fin, toda unha serie de tipos que reflecten o mundo das clases traballadoras e, sobre todo, o mundo dos marxinados . 2.5 Resume A esmorga nárranos a tráxica historia de tres compañeiros que se encontran un luns ó amencer e deciden pasa−lo día enteiro de borracheira polos baixos fondos da cidade de Auria. Pero sen querer van deixando tras de sí un rastro de crimes que os obrigará a iniciar unha viaxe−fuxida para evitar ser capturados pola xustiza. Os feitos iranse volvendo en contra deles ata acabaren traicionándose os uns ós outros. Finalmente, Cibrán, o único personaxe que logra remata−lo día con vida, é apresado pola Garda Civil e verase obrigado a prestar declaración ante o xuíz. A novela remata coa dúbidosa morte de Cibrán, da cal non se nos desvelarán as causas exactas (suicidio ou tortura). 1 4

3

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.