Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela Alumni USC. Instituto de Ciencias da Educación

Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela Alumni USC. Instituto de Ciencias da Educación. UNIVERSIDADE DE SANTI

4 downloads 66 Views 284KB Size

Recommend Stories


Universidade de Santiago de Compostela
Revista de poética medieval, 28 (2014), pp. 245-264, ISSN: 1137-8905 DE LA DOBLE VERSIÓN AL POEMA FANTASMA: LA CREATIVIDAD DE LA IMPRENTA* Maria Merc

* Professora da Universidade de Lujan (Argentina) e
LOS TALLERES DE APOYO ESCOLAR: UNA ALTERNATIVA COMPLEMENTARIA A LOS PROCESOS EDUCATIVOS FORMALES Resumo Este artigo visa discutir algumas possibilida

MIGUEL CABO Universidade de Santiago de Compostela ANTONIO MIGUEZ Universidade de Santiago de Compostela
HISPANIA. Revista Española de Historia, 2009, vol. LXIX, núm. 231, enero-abril, págs. 87-116, ISSN: 0018-2141 EL MAURISMO EN GALICIA. UN MODELO DE MO

Story Transcript

Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela Alumni USC. Instituto de Ciencias da Educación. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 2016

Inscríb

ete

AQUÍ

Presentación Denominación: EnMente I Encontro de Intelixencia Emocional da USC. Organiza: Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela Alumni USC e Instituto de Ciencias da Educación.

Formación Presencial

Data: sáb. 1 outubro

8 horas

Facultade de Ciencias da Comunicación da USC

8 obradoiros diferentes

Aforo máximo 40 prazas/obradoiro

Poderase elexir 1 obradoiro de cada sesión (4 sesións).

Consulta dispoñibilidade de Prazas

Prazas limitadas!

25€ Entrega DE diploma!

Inscríbete aquí

Máis info no teléfono 605 853 565

O porqué desta xornada O desenvolvemento da intelixencia emocional e das habilidades sociais das persoas, de cara a adquirir e mellorar as competencias propias, está a espertar nos últimos tempos unha gran interese. Mellorar o desenvolvemento da Intelixencia Emocional –IE- e das habilidades sociais, posibilita mellorar a nosa capacidade para xestionar as emocións, os sentimentos e os rasgos da personalidade para que traballen no propio beneficio de cara a obter mellores resultados académicos, profesionais e tamén no ámbito persoal. Dende o punto de vista educativo, o desenvolvemento da IE contribúe aao desenvolvemento integral da nosa personalidade, dirixindo a súa acción cara a mellora do benestar individual e grupal e á convivencia pacífica. Neste sentido a educación emocional estase a consolidar como unha das estratexias chave para potenciar os recursos adquiridos a través da educación formal. PERSONAS DESTINATARIAS Dirixido a todas as persoas que queiran desenvolver as súas competencias emocionais e sociais para mellorar o seu desenvolvemento persoal e profesional, así como a profesionais que queiran descubrir ferramentas para axudar a desenvolver as de outras persoas.

Obxectivos

2 3 4 5 6 7

Adquirir un mellor coñecemento das propias emocións para xestionalas adecuadamente. Coñecer e desenvolver estratexias de regulación emocional e adquirir ferramentas de aplicación na esfera persoal e profesional. Desenvolver a habilidade de automotivación de cara a obter mellores resultados no eido profesional e persoal. Desenvolver capacidades de liderado persoal para mellorar o desenvolvemento profesional. Fomentar o autocoñecemento, a responsabilidade e o desenvolvemento da auto estima e unha actitude positiva ante a vida, centrándose nas propias fortalezas. Coñecer ferramentas e desenvolver habilidades de interrelación e de comunicación para afrontar as situacións diarias e mellorar as habilidades sociais. Saber escoitar e desenvolver a capacidade de comprender as emoción das outras persoas e de poñerse no seu lugar. Empatía

Todos estes coñecementos, habilidades e competencias contribúen á mellora do benestar persoal o dos que nos rodean, redundando nunha mellor relación coa comunidade, traballando ferramentas para mellorar a convivencia nas diferentes contornas

Programa 9:00 - 9:30

9:30 - 11:15 Obradoiro

A Obradoiro

B Obradoiro

C

INAUGURACIÓN Y RECEPCIÓN

SESIÓN 1 Xestión do estres e a ansiedade: Como recuperar o control. JON BERASTEGUI MARTÍNEZ. Consultar CV.

Confío nas miñas capacidades! Autoestima e Motivación. MARCELA PARGA FERNÁNDEZ. Consultar CV.

Mellora a túa comunicación: Escoita activa e empatía. Teresa Molezún. Consultar CV.

Obradoiro

D

Conflictos: cómo arranxalos: Traballar a asertividade. ALEJANDRA MOSTEIRO CATOIRA. Consultar CV.

Escolle 1 obradoiro de cada sesión

11:15 - 11:45

11:45 - 13:30 Obradoiro

A Obradoiro

B Obradoiro

C

DESCANSO

SESIÓN 2 Xestión do estres e a ansiedade: Como recuperar o control. JON BERASTEGUI MARTÍNEZ. Consultar CV.

Confío nas miñas capacidades! Autoestima e Motivación. MARCELA PARGA FERNÁNDEZ. Consultar CV.

Mellora a túa comunicación: Escoita activa e empatía. Teresa Molezún. Consultar CV.

Obradoiro

D

Conflictos: cómo arranxalos: Traballar a asertividade. ALEJANDRA MOSTEIRO CATOIRA. Consultar CV.

Escolle 1 obradoiro de cada sesión

13:30 - 15:00

15:00 - 16:45

DESCANSO

SESIÓN 3

Obradoiro

E Obradoiro

F

Escolle 1 obradoiro de cada sesión

Obxectivo benestar: que podemos facer para sentirnos mellor? SILVIA ESCRIBANO CUERVA. Consultar CV. “Teño dúbidas, non sei que facer!”: Establecer unha meta e tomar unha decisión. MANUEL RIVERO PÉREZ. Consultar CV.

Obradoiro

G Obradoiro

H

“¿Estoute entendendo ben?”: Comunicación verbal e non verbal. AIXA Permuy MARTÍNEZ/María JOSé méndez lois. Consultar CV.

“Penso que non o vou conseguir”: Como mellorar a nosa tolerancia á frustración RAQUEL PEDROUSO CARREIRA. Consultar CV.

14:45 - 17:00

DESCANSO

17:00 - 18:45

SESIÓN 4

Obradoiro

E Obradoiro

F Obradoiro

Escolle 1 obradoiro de cada sesión

Obxectivo benestar: que podemos facer para sentirnos mellor? SILVIA ESCRIBANO CUERVA. Consultar CV. “Teño dúbidas, non sei que facer!”: Establecer unha meta e tomar unha decisión. MANUEL RIVERO PÉREZ. Consultar CV.

G

“¿Estoute entendendo ben?”: Comunicación verbal e non verbal. AIXA Permuy MARTÍNEZ/María JOSé méndez lois. Consultar CV.

Obradoiro

“Penso que non o vou conseguir”: Como mellorar a nosa tolerancia á frustración RAQUEL PEDROUSO CARREIRA. Consultar CV.

H 18:45 - 19:00

ENTREGA DE DIPLOMAS

OBRADOIROS A

Xestión do estres e a ansiedade: Como recuperar o control. JON BERASTEGUI MARTÍNEZ. Consultar CV.

O estres está considerado un dos principais “males” do século XXI. Este obradoiro pon en práctica as últimas e máis avanzadas técnicas e coñecementos en relación coa xestión do estres e a importancia da súa adecuada xestión como medio para a mellora da saúde, da calidade de vida e do desempeño profesional. A formación é eminentemente práctica e nela proporciónanse coñecementos teóricos básicos sobre o estres, combinados co adestramento de técnicas concretas de control de estres e ansiedade. Ademais tamén se desenvolveran exercicios prácticos para o autocontrol. Esta acción está deseñada para fomentar a participación e interacción das persoas asistentes, ofrecendo orientacións para a aplicación do aprendido á vida diaria, tanto dentro como fora da contorna laboral. Obxectivos do obradoiro: • Capacitar as persoas para unha óptima xestión ante as situacións de estres e ansiedade en relación coa súa actividade diaria. • Dotar de ferramentas e técnicas prácticas de control de estres. • Identificar e manexar os síntomas do estres e a ansiedade. • Coñecer os riscos, efectos e implicacións negativas do estres sobre a saúde. • Coñecer as respostas fisiolóxicas do estres e a súa implicación no estado anímico e físico. • Coñecer e practicar técnicas básicas de relaxación. • Aprender técnicas de respiración e a súa importancia. • Aumentar o coñecemento sobre a tensión muscular derivada do estres.

B

Confío nas miñas capacidades! Autoestima e Motivación. MARCELA PARGA FERNÁNDEZ. Consultar CV.

O concepto que temos de nós mesmos/as inflúe na nosa capacidade para afrontar diferentes situacións na contorna profesional e persoal, así como para gozar e ser conscientes de todo o que está ao noso redor.Neste obradoiro traballaremos coa autoestima e a motivación, abordando cuestións como: que é? , como se crea?, como podemos incrementala?... Esta formación lévanse a cabo empregando un proceso de aprendizaxe baseado en exercicios prácticos individuais e/ ou dinámicas de grupo, así como metodoloxías técnicas aplicadas á formación propias da PNL, Intelixencia Emocional e Social, Coaching Ontolóxico e Marketing Persoal, entre outras. Obxectivos do obradoiro: • Fortalecer, reconstruír e desenvolver a autoestima, incluíndonos nun proceso de aprendizaxe para manexala a futuro. • Coñecernos a nós mesmos/as, e así poder desenvolvernos como persoas día a día mellorando as nosas relacións persoais e laborais • Potenciar o sentimento de valía persoal e social. • Identificar as propias áreas de mellora, como superarse e auto motivarse para conseguir os nosos obxectivos.

C

Mellora a túa comunicación: Escoita activa e empatía. Teresa Molezún. Consultar CV.

A competencia social é a capacidade para manter boas relacións con outras persoas a través da nosa comunicación, isto implica dominar as habilidades sociais máis básicas, facendo especial fincapé nunha das máis importantes: a escoita. Neste obradoiro aprenderemos a poñernos no lugar da outra persoa , a comunicarnos desde a escoita activa cunha actitude empática. Aprenderemos como facer as preguntas adecuadas para poder acompañar á outra persoa no seu estado de ánimo, comprendéndoa, facendo que se sinta escoitada, sen xuízos, así como a desenvolver as habilidades suficientes para conducila cara ao noso estado de ánimo. Obxectivos do obradoiro: • Aprender os conceptos de escoita activa e empatía • Escoitar sen xuízos de valor • Detectar as crenzas que nos limitan cando escoitamos a outra persoa. • Detectar e solucionar interferencias emocionais na persoa interlocutora que nos poidan levar a interpretacións equivocadas • Mellorar a nosa comunicación persoal

D

Conflictos: cómo arranxalos: Traballar a asertividade. ALEJANDRA MOSTEIRO CATOIRA. Consultar CV.

A clave da xestión de conflitos está en saber resolvelos e tamén previlos. Neste obradoiro, traballaremos con diferentes técnicas orientadas a expresar correctamente e defender as nosas opinións, traballando coa empatía e sobre todo coa asertividade. A formación permitiranos afrontar conflitos descubrindo: Como podemos dicir aquilo que realmente queremos dicir sen ofender á outra persoa? Como podemos tomar unha decisión sen que sintamos mal porque non é a decisión do grupo?, etc. A través de exposición teóricas, análise de casos e dinámicas participativas, abordaremos os diferentes tipos de condutas: pasiva, agresiva e asertiva, procurando identificar cal é o noso estilo de comunicación e avaliando así como podemos cambialo se fose necesario, de cara a obter unha mellor xestión. Obxectivos do obradoiro: • Identificar os diferentes estilos de comunicación • Expresar emocións e sentimentos • Ser capaces de defender e expresar as nosas opinións ao mesmo tempo que respectamos as das demais persoas • Dicir “non” claramente , mantelo e entender que o outra persoa poida dicir que “non” • Facer fronte á presión do grupo e evitar situacións nas que podamos vernos coaccionados/as. • Demorar a toma de decisións ata que adquirir seguridade sobre a nosa decisión. • Responder ás críticas

E

Obxectivo benestar: que podemos facer para sentirnos mellor? SILVIA ESCRIBANO CUERVA. Consultar CV.

Somos persoas optimistas ou pesimistas? Que nos fai ver o vaso medio cheo ou medio baleiro? Como adoitamos enfrontarnos aos nosos problemas cotiáns? Con que frecuencia non nos enfrontamos a novos retos ou non celebramos os nosos éxitos? Neste obradoiro traballaremos coas ferramentas necesarias para desenvolver unha actitude máis positiva ante a vida, desenvolvendo estratexias para favorecer o noso equilibrio e o noso benestar, aprendendo a transmitirllo ás persoas coas que interactuamos. É moi importante saber adoptar unha actitude favorable ao benestar xa que con iso podemos acadar un maior desenvolvemento persoal e profesional, así como contribuír activamente ao benestar da comunidade na que vivimos: a nosa familia, traballo, amigos, etc. A través de exposicións teóricas e dinámicas participativas, aprenderemos como enfrontar de forma positiva emocións como a rabia, a tristeza, o medo... e re-interpretar o que nos sucede na vida para fortalecer o optimismo e saír reforzados de calquera situación, aprenderemos que é a resiliencia e como podemos adestrarnos para ser persoas resilientes. Obxectivos do obradoiro: • Avaliar o noso nivel de optimismo. • Saber cales son os efectos das emocións negativas e positivas • Coñecer os beneficios do optimismo e os prexuízos do pesimismo. • Comprender que podemos enfocar a nosa vida desde unha perspectiva optimista ou desde unha perspectiva pesimista. • Aprender técnicas e desenvolver habilidades e destrezas para aumentar o noso benestar

F

“Teño dúbidas, non sei que facer!”: Establecer unha meta e tomar unha decisión. MANUEL RIVERO PÉREZ. Consultar CV.

O proceso de definición de obxectivos e de toma de decisións pode resultar complexo en determinadas etapas da vida. Neste obradoiro traballaremos coas respostas clave á hora de tomar unha decisión, falaremos das crenzas que nos limitan, as interferencias, os movementos e a visualización. Daremos resposta efectiva á formulación das seguintes preguntas básicas: 1. ¿Onde estamos? Implica definir e obter un panorama claro de cal é a situación actual (problema ou obstáculo) que se desexa resolver. 2. ¿Onde queremos chegar? Consiste en delinear o obxectivo ou estado futuro que desexamos alcanzar. 3. ¿Canto de lonxe estamos de onde queremos chegar? Trátase de identificar a “brecha” existente entre o estado actual e o obxectivo ou estado futuro que desexamos alcanzar. 4. ¿Como chegamos? Require determinar as alternativas/estratexias a aplicar e decidir as accións a encarar para alcanzar o estado desexado (obxectivo a alcanzar). Obxectivos do obradoiro: • Realizar un autodiagnostico que nos permita identificar a situación de partida así como os principais retos e obstáculos aos que nos enfrontamos. • Establecer metas e obxectivos, definindo as liñas básicas e estratexias de un plan de acción. • Avaliar a brecha entre o estado inicial e o estado desexado.

G

“¿Estoute entendendo ben?”: Comunicación verbal e non verbal. AIXA Permuy MARTÍNEZ/María JOSé méndez lois. Consultar CV.

Toda a nosa comunicación (verbal e non verbal) é moi importante á hora de transmitir de forma correcta a nosa mensaxe: o que dicimos e o que non dicimos, o que nos din e o que non nos din: os xestos, o ton de voz, a mirada, o movemento das mans, a colocación dos pés, o movemento das cellas, dos beizos... todos son factores determinantes a hora de entender e facernos entender correctamente. A comunicación é fundamental no desenvolvemento do ser humano, ganando especial importancia en momentos clave, como por exemplo, á hora dunha entrevista, unha reunión importante, ou á hora de establecer unha relación do tipo que sexa, debemos de ter en conta a nosa comunicación verbal e non verbal e a das demais persoas. Neste obradoiro descubriremos estratexias de comunicación e ferramentas para poder ver nos xestos dos demais máis aló do que din as súas palabras: - ¿Hai coherencia entre o que di e como o di? - ¿Como move o seu corpo? - ¿Que fai coas súas mans? - ¿Se move os seus ollos cara á dereita iso significa que está a pensar ou que nos está mentindo? - ¿Que nos di o seu ton de voz? - ¿Causounos boa impresión? Por que? ¿E a nosa comunicación verbal e non verbal? - ¿É coherente o que dicimos e como o dicimos? - ¿Estamos a transmitir á outra persoa inquietude? - ¿Parece realmente que estamos seguros do que dicimos? - ¿Apertamos os beizos mentres escoitamos? E iso que significa? - ¿Miramos aos ollos aos demais cando falamos? - ¿Os nosos movementos mostran agresividade?Pasividade? ¿Interese? Obxectivos do obradoiro: • Sensibilizar ás persoas participantes no referente á importancia da comunicación e ao seu alcance (verbal/non verbal) • Descubrir ferramentas que permitan comunicarnos mellor e que favorezan as relación interpersoais. • Desenvolver competencias de comunicación positiva, -verbais e non verbais-.

H

“Penso que non o vou conseguir”: Como mellorar a nosa tolerancia á frustración. RAQUEL PEDROUSO CARREIRA. Consultar CV.

A frustración xurde cando non logramos conseguir o que queremos ou desexamos, xerando así reaccións molestas de angustia, ansiedade ou estres.Esta emoción forma parte da vida, non podemos nin evitala nin fuxir dela. Neste obradoiro descubriremos estratexias e ferramentas que nos permitan xestionarnos e enfrontala. É necesario recoñecer que o mundo non xira ó redor do que desexamos, e que non sempre imos conseguir todo o que queremos. Ademais, é beneficioso pensar en que as recompensas a longo prazo adoitan ser maiores que a curto prazo, é dicir, que ás veces conformámonos con pouco por querer telo de forma inmediata, antes de esperar un tempo e conseguir recompensas maiores. É innegable que o malestar e o sufrimento son desagradables, pero non insoportables, xa que podemos aprender deles e fortalecernos, logrando un maior nivel de benestar. Todo depende da actitude e forma de pensar coa que queiramos abordalos. Neste obradoiro aprenderemos diferentes técnicas que axudarán a aumentar a nosa tolerancia á frustración ou a das demais persoas, adestrando diferentes habilidades de afrontamento. Obxectivos do obradoiro: • Aprender a reducir o impacto emocional (arrefriado emocional), axudando así á toma de decisións • Substituír os nosos pensamentos por outros que nos axuden a mellorar a situación • Xestionar as nosas emocións de tal forma que nos permitan analizar mellor a situación • Buscar alternativas para conseguir o noso obxectivo • Aprender dos erros • Cultivar a paciencia e a constancia • Distinguir entre desexos e necesidades

CV

EQUIPO Jon Berastegui MARTÍNEZ

A

Profesor da Universidade do País Vasco (EHU) Doutor en Intervención psicopedagóxica. Experto en Intelixencia Emocional. Profesor en másteres universitarios oficiais da Universidade Deusto. Educador Social en IRSE (Instituto de Reintegración Social de Euskadi) Coordinador de diversos proxectos de investigación na EHU: Innovación educativa baseado na Educación emocional; Estimulación sensorial temperá. Programa de desenvolvemento de competencias socio-emocionais en equipos deportivos. Coordinador do proxecto: Sensibilización básica en Intelixencia emocional e desenvolvemento de competencias emocionais. Autor do libro “Intelixencia Emocional” da Editorial: Deputación Foral de Guipúscoa Relatora en diversas Xornadas e Congresos sobre Educación Emocional.

Teresa MolezúN

C

Responsable de desenvolvemento de persoas de R desde o ano 2000. É formadora habitual en programas de coaching, habilidades directivas e intelixencia emocional en diferentes Escolas de Negocios e Universidades. Coach Senior (máis de 500 horas como coach) certificada por Aecop e Coach Certificada en Coaching Sistémico de Equipos por ICF. Acreditada para utilizar a metodoloxía de roles de equipo de BELBIN, o VIA SURVEY (fortalezas de carácter) e a metodoloxía DISC de Thomas *International. Programas de formación de profesorado en intelixencia emocional e coaching en Centros públicos de educación Infantil e Primaria: CEIP Victor Saenz, CRA de Bergondo... Formadora en programas de competencias horizontais en colaboración coa Universidade de Vigo, programa Aula Happiness at work en colaboración coa FUAC, formación de equipos directivos en colaboración co CAFI... Formadora do programa Educación Responsable da Fundación Botín en Galicia: CEIP San Xoan de Becerreá e no CEIP Antonio Margariños Pastoriza de Cambados. Mentora da rede de Mentoring da Fundación Barrié. Máster en Recursos Humanos en ICADE e Licenciada en Psicoloxía Social e do Traballo pola Universidade de Santiago de Compostela.

Marcela Parga FERNÁNDEZ

B

Avogada en exercicio. Trainer para España en International Coaching Community (ICC). Experta en Coaching e PNL. Experta en Conciliación da vida Laboral e persoal. Certificación Internacional de Coaching por ICC. Coach profesional e Coach directivo-empresarial-executivo. “Lider Coach” por IESEC HUMAN. Practicioner en Programación Neurolingüística (PNL). Approaching.

ALEJANDRA MOSTEIRO CATOIRA

D

Psicóloga con Master en RRHH pola Universidade Pontífica Comiñas. Socia directora de Extend: consultora especializada na área de Xestión de Persoas. Coach Profesional Senior e Coaching Sistemático de Equipos certificada pola AECOP. Profesora, colaboradora e coach na Escola de Negocios Afundación. Coordinadora académica e facilitadora de cursos na Universidade da Coruña. Experta en Intelixencia Emocional na área de xestión de conflitos e comunicación.

SILVIA ESCRIBANO CUERVA

E

Coaching ontolóxico de alta dirección, individual, grupal e de equipos. Especialista en técnicas avanzadas de corpo e movemento aplicadas á contorna empresarial. Certificada en MBSR ( Mindfullness) Coaching espiritual e coaching de equipos. Coordinadora en Isavia Consultores de Programas de Xestión dos Sentimentos Organizativos, e dos Talleres de Equilibrio e Desenvolvemento Persoal. Co-directora do Programa de Coaching Corporal no Instituto de Potencial Humano. Responsable de Programas Integrais de Desenvolvemento para Directivos. Formadora, Conferenciante e Coach de Alta Dirección. Profesora de Coaching corporal no Programa Superior de Coaching Executivo e Management do INSTITUTO DE EMPRESA, de Coaching de Equipos no Programa de Coaching Sistémico de Equipos en LIDER-HAZ-GO, de Gestión Emocional en CIVSEM. Coach do Máster en Coaching de Persoas e Equipos e do Curso Experto en Liderado de Equipos e Persoas da Universidade de Mondragòn. Coautora de Feelings management: a xestiòn dos sentimentos organizativos (LIDE 2006) e de Forjadores de Líderes ( LIDE 2007) Autora do libro: Neurocoaching, “Entre a ciencia e a vida”.

Maria José Méndez Lois

Manuel Rivero PÉREZ

F

Licenciado en Socioloxía, en Antropoloxía e en Ciencias Políticas pola UNED. Graduado Social pola USC e graduado en Psicoloxía pola UNED (en curso). Experto Sociolaboral (UNED). Masteren RRHH e en Dereito Laboral (CEREM). Coach certificado pola International Coaching Comunity (ICC). Completou a súa formación académica en finanzas, economía, liderado e management no Instituto de Estudos Financieiros, Instituto de Empresa e no IESE. É autor dos libros: de Roncesvalles a Compostela: un recorrido por valores, habilidades, recursos y actitudes. Las claves del autodesarrollo del desempeño eficaz y del liderazgo. El ilímite del potencial humano (en colaboración con Iago Santalla).

AIXA PERMUY MARTÍNEZ

G

Educadora social e Pedagoga. Deseñadora de procesos formativos e proxectos sociais. Especializada en integración social e comunicación con ampla experiencia docente na área de Intelixencia Emocional.

G

Profesora Contratada Doutora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Especialista en Orientación Educativa e Educación Emocional con perspectiva de xénero. As súas liñas de investigación céntranse na igualdade de oportunidades en educación, a formación e orientación académico-profesional e o desenvolvemento humano. Coordinación, en colaboración, da obra: Mellora da comunicación igualitaria. Análise e estratexias socioeducativas. Coordinadora do Seminario Permanente de Emocionalidad, Xéneros e Desenvolvemento Humano (EXDEHU) no ICE da USC. Membro do Grupo Galego de Estudos para a Formación e Inserción Laboral (GEFIL) e da Rede de Inmigración, Escola e Sociedade (RIES). Docente en programas e cursos de especialización e formación continua do profesorado de distintos niveis educativos.

Raquel Pedrouso CARREIRA H Diplomada en RRLL con Master en Xestión e dirección de Recursos Humanos. Experta en desenvolvemento persoal, Coaching Executivo e Coaching sistémico de equipos. Facilitadora de procesos de aprendizaxe en contornas educativas e organizacionales. Coordinadora de proxectos de emprego, emprendemento e RSE. Game designer experta en Gamificación en Contornas Organizativas e Educativas. Coaching Executivo e Xestión do Talento na Escola De Negocios NovaCaixaGalicia. Titora e Docente do Posgrao de Introdución ao Coaching Online e Presencial (Universidade da Coruña).

METODOLOXÍA E EQUIPO A metodoloxía da actividade consiste en exposicións teóricas e explicacións, simulacións, dinámicas e dramatizacións, así como discusións e debates, co obxecto de tomar conciencia das influenzas dos contidos socioculturais, tanto nas actitudes e pensamentos como nos comportamentos.

Proporanse situacións que requiran por parte das persoas participantes de reflexión, argumentación e interacción, posibilitando o adestramento en habilidades para a comunicación e a relación interpersoal. Procurarase a creación de hábitos de traballo cooperativo e reflexivo. Tomando como punto de partida os coñecementos previos das persoas participantes, crearase a oportunidade de reflexionar sobre o mundo que nos rodea a través de exemplos estimulantes e coherentes coas súas propias vidas. Esta é unha metodoloxía participativa e motivadora, centrada na persoa, aínda que con un enfoque grupal e dinámico. Así, procurarase a creación dun ambiente de respecto, integración e confort dentro do grupo, onde amosarse de forma auténtica e coherente, para a adquisición de aprendizaxes útiles para a vida e o benestar, aprendizaxes transformadoras e inspiradoras.

Para levar a cabo as accións programadas cóntase cun equipo de profesionais docentes que está composto por especialistas pertencentes a Universidade de Santiago e a outras universidades Galegas e Españolas, ademais de persoas formadoras expertas con experiencia tanto no eido público como privado, no desenvolvemento de organizacións e persoas. O equipo de profesionais contan con ampla experiencia formadora en formación regrada así como Empresas, centros privados, colexios, organizacións e asociacións profesionais, etc.). Todas as persoas que compoñen o equipo docente desenvolven a súa carreira profesional en eidos relacionados coa Educación Emocional, partindo de disciplinas como a psicoloxía e a pedagoxía, a socioloxía, a educación social, a medicina, etc. Así como con persoas profesionais expertos en disciplinas como a neurociencia, o coaching e a Programación Neuro Lingüística, abordando, segundo a especialidade, as diferentes competencias da educación emocional e social. Trátase de ofrecer, a través do profesorado de diferentes disciplinas e con distintos perfís profesionais, unha aprendizaxe transformadora, baseada en programas formativos flexibles, que propoñan experiencias vivenciais para o alumnado e que aposten pola gamificación nas súas dinámicas, para que non só consigan formar se non tamén inspirar.

Máis info no teléfono 605 853 565 ou na páxina web www.alumni.usc.edu Inscríbete AQUÍ ou no mail [email protected] Prazas limitadas!

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.