Story Transcript
A GUERRA CIVIL (1936−1939) COMEZO E INTERNACIONALIZACIÓN DA GUERRA Ante o perigo dun golpe de estado, derivado do descontento de militares e partidarios de dereitas polo traspaso de poder á Fronte Popular, esta tomou as primeiras medidas que consistían en establecer unha vixilancia sobre os militares sospeitosos, colocar en postos clave do exército a mandos republicanos, e en destinar a lugares menos perigosos ós xenerais sospeitosos (Mola a Pamplona, Franco a Canarias, e Goded a Baleares). Os golpistas estaban constituídos por unha Xunta Militar, presidida polo xeneral San Jurjo e contaba cos apoios políticos da Falanxe e o Bando Nacional. A CEDA non se involucrou no golpe, pero Gil Robles estaba informado. Golpe de Estado O 17 de Xullo iniciouse a rebelión en Ceuta, en Melilla e no protectorado español en Marrocos. Ó día seguinte comezou na península. As medidas tomadas dende o indeciso goberno foron as de cesar ós oficiais golpistas e as tropas que lles foron fieis, negarlle ás organizacións obreiras armas para combater ós fascistas. A dimisión de Casares Quiroga deu na subida ó poder de José Giral, que lle entregará armas ós obreiros. Esta indecisión provocou que os sublevados controlasen no verán do 36 o norte de Marrocos, as Canarias, Baleares, Galicia, a zona occidental dos Pirineos, o sistema central e parte de Extremadura. As dúas Españas En canto á España Republicana cómpre destacar o débil goberno de José Giral, a toma das rúas por parte das organizacións obreiras, o apoio de 8.500 oficiais, 160.000 soldados, a maior parte da Aviación e case toda a Mariña e a formación das milicias populares. O goberno controlaba os recursos financieiros, e as zonas máis industriais e mineiras. 270.000 km2 e 14.000.000 de habitantes. Na España nacional destacan a morte do xeneral San Jurjo, polo que se constituiu a Xunta de Defensa Nacional en Burgos dirixida polo xeneral Cabanellas e na que Franco asume o control político e militar. O Bando Nacional ten o control das zonas rurais (70% prod. Agricola e 20% da industrial).230.000 km2 e 10.000.000 habitantes. A Implicación Internacional Francia e Gran Bretaña acordaron unha posición de neutralidade no Comité de Non Intervención. Os aliados da república foron: −México − URSS.− envío de armas, víveres, especialistas... −Francia.− envío de armas na clandestinidade −Brigadas Internacionais: 60.000 voluntarios sobre todo dos Partidos Comunistas europeos loitaron ata outubro do 38 (chamamento á solidaridade x parte da Internacional Comunista) −A maior parte dos intelectuais de todo o mundo. 1
Os aliados dos Rebeldes: −Alemaña armas, avións, homes. −Italia Armas, avións, homes −Portugal Armas, Víveres, 10.000 homes (viriatos). −TEXACO (petróleo), General Motors e Ford (camións). −EEUU permitiu a saida de petróleo e armas para os dous bandos. AS OPERACIÓNS MILITARES A LOITA POR MADRID (XULLO DO 36 − MARZO DO 37) Madrid foi o principal obxectivo a tomar, e para isto debíanse levar a cabo dúas operación simultáneas. Dende o Norte o exércitode mola estancouse no Sistema Central ante a resistencia dos milicianos, as tropas leais e o Quinto Rexemento (ainda que tomou San Sebastian deisando ós Republicanos aillados de Francia). Polo Sur, Franco non cruzou Xibraltar ata contar con avións alemáns e italianos en setembro, feito tralo cal alcanzou Madrid rápidamente. Simultáneamente Largo Caballero subiu o poder e Franco conceutrou o poder político e militar. O asalto de Madrid foi rexeitado gracias á chegada das Brigadas Internacionais e de tanques e avións soviéticos. A FRONTE NORTE (ABRIL−OUTUBRO DE 1937) Debido ás dificultades Mola iniciou a ofensiva en que participaron lexionarios, requetés, soldados italianos e a Lexión Cóndor. Coa caída de Bilbao Franco anulou o Estatuto de Autonomía. Pronto caíron tamén Santander e Asturias. Para alixeira−la presión, os republicanos atacaron con escaso exito Brunete e Belchite. A República perdeu grandes recursos industriais e mineiros, así como a metade da poboación e moito territorio. O goberno de Negrín intentaría superar a situación. A FRONTE LESTE (OUTUBRO 1937 − ABRIL 1939) Ante a idea de volver a atacar Madrid os republicanos atacaron e apoderáronse da cidade de Teruel a finais do 37, ainda que a perderon meses máis tarde. As tropas franquistas avanzaron polo Ebro ata alcanzar o Mediterráneo, e a caída de Lleida o 3 de Abril ocasionou a derrogación do Estatuto de Autonomía de Cataluña. A marcha cara Valencia dos nacionais e o avance na súa retaguardia dos republicanos deu lugar á batalla do Ebro, a máis cruenta da Guerra. A derrota republicana debeuse principalmente á dificultade para chegar da axuda soviética e á retirada das Brigadas Internacionais. Franco tomou Barcelona o 26 de xaneiro do 39, e o 28 de marzo Madrid rendeuse tras intentar lograr unha capitulación pactada. O 1 de abril do 39, a guerra rematara. A Guerra Civil española foi considerada como un antecedente da II Guerra Mundial polos seus trazos característicos: • Guerra ideolóxica entre fascismo e democracia, civlización cristiá e comunismo (utilízanse medios de propaganda para limpiar as inxusticias do bando propio e difundir as do contrario). • Participación de toda a poboación: o exército, organizacións obreiras, mulleres (no B.N funcions de auxilio social. No B.R as mesmas e no fronte). • Loita de clases: obreiros contra patróns, e xornaleiros contra grandes propietarios. 2
• Mestura de formas de combate arcaicas (combate corpo a corpo, milicias populares e mal equipadas...) e novidosas (tanques, bombardeos...). A ESPAÑA REPUBLICANA A Represión Popular Leváronse a cabo persecucións dos contrarios (aristócratas, burgueses, militares antirrepublicanos, relixiosos, afiliados a partidos de dereitas...). Os relixiosos foron uns 7.000 (12 bispos, 6.500 cregos e 300 monxas, aprox.) e o número total de falecidos foi de 50.000. Para reconducir esta represión establecéronse Tribunais Populares. A Colectivización Levada a cabo polos sindicatos obreiros UXT CNT, que pretendían acabar co apitalismo coa colectivización no campo (destrucción da grande propiedade privada sobre todo nas rexións latifundistas: Aragón, Andalucía, Extremadura, A Mancha, Murcia), pero respetouse a pequena burguesía. Colectivizáronse tamén as grandes empresas, industrias, e comerciais, e as pequenas empresas son controladas polos obreiros. En Catalunya os sindicatos obreiros controlaban as fábricas e a organización dos servicios públicos, e decretouse a colectivización das industrias e das grandes propiedades rústicas. O non mantemento das disciplinas de traballo provocou unha diminución da producción e a falta de suministros. Nas zonas agrarias dominadas pola República a colectivización foi levada a cabo polos campesiños, pola CNT e pola UXT fora dun marco legal. En Andalucía e Aragón o dominio anarquista provocou unha intensa colectivización criticada polo PCE. Esta colectivización causou temores e rechazos entre os 1/2anos e pequenos propietarios. O goberno de Largo Caballero reforzou a intervención económica coa creación dos Comités Directivos. O intentouse reorganiza−la industria pero os dous ministerios estaban en mans da CNT. Os resultados económicos foron malos e houbo que recurrir ás reservas de ouro do Banco de España para afrontar os gastos da guerra. O Goberno de Juan Negrín reforzou a autoridade, a intervención estatal e a centralización das actuacións. Coordinación e planificación da economía baixo a dirección do Consejo Nacional de Economía. Municipalizáronse os servicios urbanos, melloráronse as condicións laborais e garantíase a propiedade das terras para quen as traballara. Produciuse unha transformación social: predominio na rúa de uniformes obreiros, a muller adquire funcións prooductivas e incluso milicianas, nomes para as persoas (Libertad, República) A RECONSTRUCCIÓN DO ESTADO A CENTRALIZACIÓN DO PODER Durante Goberno de Largo Caballero tomáronse unha serie de medidas para recupera−la forza do estado: − Disolver as xuntas e tamén os comités. − Regulou os consellos.
3
− Potenciou os tribunais populares. − Estableceu un forte control sobre o Banco de España. − Militarizou as milicias. A centalización foi dificil porque Cataluña e o País Vasco funcionaban pola súa conta, e xurdiron diferencias ideolóxicas entre os partidos. O PCE opinaba que primeiro se debía gañar a guerra e despois facer a revolución. Isto ocasionoulle entrontamentos coa CNT e o POUM, entre os que destacan os sucesos de maio de 1937 en que houbo enfrontamentos nas rúas de Barcelona entre afiliados do PCE e o POUM e que ocasionaron cerca de 500mortos. O POUM estivo apoiado por boa parte da CNT e pola FAI. Estes acontecementos provocaro a perda de apoios dos comunistas, dalgúns sectores republicanos e algún sector do PSOE. Durante o goberno de Juan Negrín os sindicatos obreiros perderon poder, mentres que os partidos políticos recuperaban o seu predominio. Estivo apoiado polo PCE, que pola súa discipplina, control do exército e apoio soviético convertíuse no principal partido de esquerdas. Triunfou a centralización do poder. En abril de 1938 as tropas nacionais alcanzan o Mediterráneo, e Negrín fará unha serie de propostas para rematar a guerra Trece puntos de Negrín O EXÉRCITO POPULAR José Giral propuso a creación de Batallóns de voluntarios para integrar ós milicianos no exército. Largo Caballero propuso crear o exército popular que supón a militarización das milicias populares para o que se tomaron as seguintes medidas: • Organización do exército en brigadas mixtas. • Establecemento dun comisario político nas unidades para impoñer disciplina. • Sustitución das estrelas como distintivos polos galóns, e saudo co puño en alto. Juan Negrín centralizou o poder militar e creou o ministerio de Defensa Nacional. EDUCACIÓN E CULTURA Potenciouse a expansión educativa cun claro adoutrinamento político, polo que se crearon 5.500 escolas, aprobouse o Plano de Estudios da Escola Primaria, e popularizouse o Bacharelato. Xurdiron as milicias da cultura formadas por mestres, universitarios, etc, que realizaban a labor de alfabetización. A maior parte dos intelectuais españois estaban a favor da República. A ESPAÑA<> Estaba unida por un sentimento católico e antirevolucionario, patriótico e tamén unida pola forte cohesión do exército. O NOVO ESTADO A CONCENTRACIÓN DO PODER 4
Eoutono de 1936 Franco concentrou nas súas mans plenos poderes, é o xeneralísimo e tamén o xefe do Estado. Ten o poder lexislativo e é o presidente do Consello de Ministros. Goberna cunha xunta técnica formada por militares e civís que actúa a modo de goberno. Unifícanse no decreto de abril de 1937 as forzas políticas (carlistas e falanxistas) no que se bautizou co nome de MOVEMENTO ou FET (falanxe española tradicional) y de las JONS. A POSTURA DA IGREXA A Igrexa non participa no golpe, pero apoia ó bando nacional por defendéla relixión e a unidade da patria e a orde ante o perigo comunista. Ademáis a Igrexa presenta a guerra como unha cruzada. A HEXEMONÍA DO EXÉRCITO A declaración do Estado de Guerra conleva o establecemento de xuizos sumarísimos (rapidos de la ostia) prohibición de todo tipo de reunións, unha censura total, e unha incautación dos vehículos e medios de comunicación. Ademáis establécese unha forte disciplina, destácase o papel dos lexionarios e dos regulares marroquís, créase a figura do alferez provisional: mando intermedio. Intégranse as milicias (requetés carlista, e falanxistas) no exo e baixo as ordes de mandos militares. A REPRESIÓN DOS SUBLEVADOS Os sublevados levaron a cabo unha forte represión contra as organizacións e partidos da Fronte Popular e contra os militares e forzas de seguridade que permaneceron fieis á República. O número de víctimas desta represión foron máis de 85.000. A CONTRARREVOLUCIÓN A contrarrevolución baseábase na defensa dos principios de ore, relixión, propiedade, etc. Esta contrarrevolución conta co apoio da Igrexa, aristocracia, burguesía, pequenos e medianos campesiños propietarios ( polas súas forte conviccións relixiosas), e de sectores diversos das clases medias urbanas. As medidas desta contrarrevolución foron: • Medidas para a recuperación das terras por parte dos antigos propietarios • Supresión de partidos e sindicatos para evitar oposición. Obreiros e patronos quedaron unificados nun mesmo sindicato. • Control da educación e a cultura. Prohibese a liberdade de expresión, e so se aceptan profesores fieis ó novo réxime. • Anúlase a lexislación laica da República e resacralízase a vida social. Anúlanse as leis non aprobadas pola Igrexa. • Uniformízase a lingua (Castelán) • Supresión dos estatutos de autonomía. • Restablecemento da pena de morte e das Compañías de Xesús. EDUCACIÓN E CULTURA Depúranse os mestres, os libros de texto e as bibliotecas. Educación politizada (insistindo nos principios do novo réxime) e confesional (defende os principios da Igrexa) Refórmase o bacharalato no decreto do 20 de septembro de 1938. 5
Un bo número de intelectuais como Torrente Ballester, Cunqueiro e Camilo J. Cela, apoiaron ó réxime franquista OS ESTRAGOS DA GUERRA CONSECUENCIAS DEMOGRÁFICAS • Preto de 145.000 mortes. A represión cobrou a lo menos 135.000 víctimas ás que hai que sumar entre 35.000 e 50.000 entre o 39 e o 45. • Máis de medio millón de exiliados. • 400.000 españois feridos, e 300.000 prisioneiros. A DIFICIL RECONCILIACIÓN Os rencores, os medos e os odios entre outros sentimentos de un grupo a outro provocou que a reconciliación entre as dúas españas fose imposible. A paz de esta guerra non chegou ata a morte de Franco, xa que a guerra trouxera unha estricta orde policial, a guerra permaneceu na memoria colectiva dos españois. OS EFECTOS ECONÓMICOS O balance económico da guerra foi desastroso: • Diminución da poboación activa • Destruccion de vivendas • Destruccion de medios de comunicacion e transporte (pontes, estradas, liñas férreas) • Destrucción na agricultura • Destrucción de industrias • Reducción dos recursos económicos españois (ouro a moscova e débedas contraidas cos alemáns e italianos). ESPAÑA, UNHA EXCEPCIÓN NA EUROPA OCCIDENTAL Entre 1939 e 1945 desenvolveuse en Europa a II Guerra Mundial que enfrontaba o fascismo e a democracia. Esta guerra rematou coa victoria dos aliados, é dicir, da democracia. En 1945 fundouse a ONU, organización na que España non podería entrar ata 1955. A Guerra Civil española desenvolvida entre 1936 e 1939 enfrontaba tamen o fascismo contra a democracia, pero esta guerra rematou coa victoria franquista ou fascista. Esta victoria chocou coa ideoloxía triunfante en Europa, o que provocou un aillamento e un boikot internacional, como se pode observar en que España foi excluida dos beneficios do Plan Marsall, non puido entrar na ONU ata o 55 e na CEE ata 1986.
6