Mulleres na literatura

Literatura galega # Literatura gallega. Escritoras galegas # Escritoras gallegas. Emilia Pardo Bazán. Rosalía de Castro. Machismo. Feminismo

18 downloads 214 Views 353KB Size

Story Transcript

A muller sempre estivo presente na literatura galega ao longo de toda a vida. Dela escribiron tanto homes coma mulleres. Xa na Idade Media, falabase da muller coma santa ou soldadeira. O mesmo Afonso X nas cantigas do loor á Santa Virxe trátaa coma a súa gran namorada, ó xeito das cantigas de amor: Rosa das rosas e fror das frores, Dona das donas, Sennor das sennores. Rosa de beldad'e de parecer e Fror d'alegria e de prazer E logo, nunha cantiga de escarnio, utiliza el−Rei un refrán insultante para a muller: Non quer'eu donzela fea / que ant'a mia pea; reducíndoa ó nivel dos animais: negra come carbon () velosa come can. Noutra cantiga cae Don Afonso na pornografía: Fui eu poer a mâo noutro di− −a a ûa soldadeira no conon, A promoción da muller na literatura do século XIII ten un límite social, afecta máis á muller fidalga que á muller campesiña; pero ten tamén un límite cultural non menos evidente: coexiste, en determinados contextos, con actitudes antifemininas moi desprezativas e ferintes. No medio cortesán é onde observamos máis claramente o paradoxo dunha canción de amor gabando á muller e dunha canción de escarnio satirizándoa. Na Corte de Afonso X, foi onde se fixeron a meirande parte das cantigas de escarnio e mal dicir contra as chamadas soldadeiras, coa participación do Rei Sabio. As soldadeiras eran mulleres adscritas á corte, que tiñan como oficio tocar as castañetas ou o pandeiro, cantar, bailar e facer o acompañamento ó xograr. Por este traballo pagábanlles unha soldada e de aí vén o nome de soldadeira. Pero en ningunha das cantigas se fai referencia á función de soldadeira de acompañante musical, cantante ou danzarina, senón que se fala da súa vida licenciosa, próxima en ocasións á prostitución. Os datos aportados por Menéndez Pidal, a principios do século XIV, sobre os pagamentos a xograis e soldadeiras deixan claro a degradación do estatuto da muller interprete na cultura cortesá trobadoresca. A máis famosa soldadeira galega foi María Pérez a Balteira. É a protagonista de quince cantigas de escarnio escritas por dez trobadores distintos, entre eles Pedro Amigo de Sevilla e Pedro de Ambroa, os dous de Betanzos, Pero da Ponte e mesmo de Afonso X, O Sabio. Se facemos caso do que se di nas cantigas, María reunía tódolos vicios: 1

xogaba ós dados, aproveitábase da xente, mantiña relacións sexuais de todo tipo con cregos, escolares, xograres, etc. e tamén burláronse da súa vellez. Estes versos de Joan de Baveca proban isto: Por Deus, amigos, gran torto tomei: Ca porque dixe dunha vella mal, Deostou−m'ora María Balteira.

Rosalía de Castro Rosalía supuxo un precedente claro dos movementos feministas de hoxe. As personaxes femininas de Rosalía constitúen unha verdadeira galería e son caracterizadas fundamentalmente a través das súas relacións co protagonista. O rexistro é amplo e implacábel coas representacións da clase media e da aristocracia. O tema feminino, por todo o que implicou para ela impoñerse como escritora naquela sociedade, é esencial na narrativa da autora. No prólogo a La hija del mar, a primeira das súas novelas, sinala: (Menciona a Mme. Roland, Jorge Sand, Santa Teresa, Safo, entre outras) y tantas otras cuyos nombres la historia no mucho más imparcial que los hombres, registra en sus páginas, protestaron eternamente contra la vulgar idea de que la mujer sólo sirve para las labores domésticas, y que, aquella que obedeciendo tal vez a una fuerza irresistible, se aparta de esa vida pacífica y se lanza a las revueltas ondas de los tumultos del mundo, es una mujer digna de la execración general. No quiero decir que no, porque, quizás la que esto escribe es de la misma opinión. () Todavía no les es permitido a las mujeres escribir lo que sienten y lo que saben,. Na festa final de El caballero de las botas azules é tamén abordado este tema e o Duque de la Gloria advirte que la mujer, así en Oriente como en Occidente, así en la civilizada Europa, como en los países salvajes, sólo podrá vencer, sabiendo resistir. A situación das mulleres das novelas dannos tamén as claves para intuír e interpretar o modo no que os distintos comportamentos afectan ás relacións sociais nun mundo dominado por unha ideoloxía patriarcal na que o papel da muller se centra, especialmente, no de nai e esposa, roles tradicionalmente considerados como definidores das características femininas, xunto coa dozura e o sentimentalismo. Nas novelas rosalianas hai mulleres loitadoras, que buscan a independencia e a igualdade entre os sexos. Tamén tratan a desigualdade 2

entre homes e mulleres en tódolos terreos e as terribles consecuencias que para unha muller ten adoptar actitudes tradicionalmente consideradas masculinas. Rosalía de Castro pon de manifesto a dobre moral da sociedade e denuncia as inxustizas de toda índole que se cometen contra o colectivo feminino. Un mundo dominado polos homes no que á muller se lle nega o dereito a opinar e a actuar pola súa conta e, así, o castigo da rebelión feminina é o desprezo dos máis e o premio da submisión é aínda peor, é a escravitude, a loucura e/ou a morte, como se nos mostra a través das diferentes personaxes femininas das súas novelas. No artigo que titulou Las literatas (carta a Eduarda) Rosalía di: Tu no sabes lo que es ser escritora () ¡Qué continuo tormento!; por la calle te señalan constantemente, y los hombres no cesan de decirte siempre que puede que una mujer de talento es una calamidad () sobre todo los que escriben y se tienen por graciosos no dejan de pasar nunca la ocación de decirte que las mujeres deben dejar la pluma y repasar los calcetines de sus maridos, si los tienen y si no aunque sean los del criado En Cantares Gallegos no poema San Antonio bendito a copla popular di: San Antonio bendito, dádeme un home, anque me mate, anque me esfole. A pretendida debilidade feminina que levaría á muller a querer un home a calquera prezo convértese ao final nunha ironía na que o que predomina é unha visión pragmática da existencia. No Conto gallego, publicado de forma póstuma en 1923, nárrase a aposta feita por dous homes sobre se un deles consegue dunha muller palabra de casamento o mesmo día en que esta enterra ao seu marido. De forma irónica o relato móstranos a concepción maniquea que estes dous homes teñen da muller: esposa e nai modélica ou muller frívola e libertina. Eduardo Pondal, outro dos autores do Rexurdimente, respecto á muller, ten unha visión romántica, de idealización, ás veces, e outras a considera como presa do home. No seu poema Necias fillas da Héllade, pon en boca de Safo unha diatriba contra as súas gregas coetáneas preocupadas só pola beleza do seu corpo, mentres ela, alporizada pola musa, tendo na man a lira belamente curvada, entoaba unha rapsodia ardente na que triunfaba a beleza do arte que lle daría eterna fama: Ciertamente, os juro que tan oscura infamia con un duro suplicio pagaréis [] Mas aquella que en vida despreciasteis Cual de mérito falta, Porque del sol de la Hélade

3

Había nacido levemente quemada, Vivirá celebrada eternamente En mil diversas hablas; Después que la bella luz abandonéis Y fueseis sepultadas, No quedará de vuestra pomba La más oscura y leve recordanza. Tamén Castelao en Cousas trata a problemática da muller. Dende a muller fidalga que só ten como función social reproducir a súa clase e que, frustrada a súa maternidade, é un ser inútil, ata a muller popular que, solteira e cunha filla, nos deixa ver que o matrimonio non é necesario para a felicidade. Castelao escribía: vexo os homes no traballo e as mulleres no fogar.

Unha persoa que defendeu os dereitos das mulleres foi Emilia Pardo Bazán, escritora coruñesa cunha personalidade aberta e profundamente inclinada á curiosidade intelectual. Ademais da narrativa, Emilia Pardo Bazán cumpre un importantísimo papel como crítica literaria, sobre todo no derradeiro tercio do século XIX e comezos do XX. A gran cantidade de análises redactados pola escritora foron publicados nas mellores revistas españolas e nos fascículos do Nuevo Teatro Crítico. Temas coma a educación: Desgraciadamente en España, la disposición que autoriza a la mujer para recibir igual enseñanza que el varón es letra muerta en las costumbres Las que permiten a la mujer estudiar una carrera y no ejercerla son leyes inicuas. Este sistema educativo limita a la mujer, la estrecha y reduce, haciéndola más pequeña aún que el tamaño natural, y manteniéndola en perpetua infancia. Deste xeito, Emilia Pardo Bazán expresábase nunha das tantas publicacións do século XIX, que a tiñan de colaboradora, con relación á muller galega, á campesiña do cal horizonte de vida e de futuro non se estendía moito máis alá dos límites da sús pequena aldea Non desminte a muller galega as tradicións daquelas épocas afastadas en que estando dedicádo−los varóns da tribo ós riscos da guerra ou ás fatigas da caza, recaía sobre as femias o peso total, non só das faenas domésticas senón da labor e cultivo do campo Pobre muller, 4

que de todos é criada e escrava, do avó refungón e despótico, do pai mullereiro e amigo de andar de taberna en taberna, do home brutal quizais, do rapaz enfermizo que se aferra as súas faldras choromicando, Mentres a galega permanece en estado de solteira, aínda é tolerable a non escasa ración de traballo que lle toca; pero o casar empeora a súa situación. Os dicires populares a través das eternas disputas home−muller, tamén se reflicten na poesía: Viva a boa, a boa morra a mala, a mala o home é o que vale a muller non vale nada. E déixame subir o cuarto da criada e déixame subir que non lle fago nada. Morreu miña sogra pariume unha vaca quedámolos mesmos que eramos na casa. Si a muller é cousa mala eche algo por discutire pois agora ou máis tarde vos a nos habedes vire. Toda a miña vida andiven tras dunha muller mediana agora teño un cangallo que non me colle na cama. Os homes cando son vellos non se poñen a pensare que si faltan as mulleres 5

non teñen para onde marchare. Poemas que reflicten os traballos que, sobre todo no rural, eran atribuídos á muller dende cativa, e que ata moi pouco a valoraban de cara ó matrimonio: Barrendo coa basoiriña, xogando a facer limpeza, ¡era a nena prata fina! Lavándose a camisiña, xogando a ser lavandeira, ¡era a nena prata fina! Remendando a súa roupiña, xogando a ser costureira, ¡era a nena prata fina! Cociñando o seu xantar, xogando a ser cociñeira, ¡era a nena prata fina! Xogando coa súa boneca, facendo de mamaciña, era a nena pura prata ¡era a nena prata fina! En Galicia, coma no resto de España, a muller estivo e está presente na literatura. Unhas veces para loála, outras para aldraxala. É preciso potencia−la formación da muller promovendo contidos non sexistas e divulgando actividades dirixidas á igualdade de oportunidades, para o que sería necesario propoñerse como obxectivo a eliminación de estereotipos na educación e na cultura. Difundir e impulsar unha imaxe non discriminatoria da muller é outra prioridade para o que é necesario fomentar nos medios de comunicación en xeral e na publicidade en particular, unha imaxe non estereotipada da muller. Hai que potencia−las canles de expresión da súa creatividade difundindo asimesmo o papel da muller galega na cultura, valorando as aportacións das mulleres galegas no campo da cultura en xeral: literatura, pintura, música, etc. E para finalizar, un fragmento do poema de Rosalía de Castro Eva:

6

Más hay en su mirada una tristeza de inefable amantísimo delirio, que aumenta el resplandor de su belleza la llama santa de un feliz martirio. ¡Oh pura fuente de inmortal limpieza sobre las ondas desmayado lirio! ¡Oh cuán amada por tus penas eres mujer en quien esperan las mujeres.

7

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.