As normas sociais: A vida en sociedade supon unha regulacion das relacions interpersoais ainda que sexa nun estado permanente de recreacion e tension .En teoria as normas sempre deberian ser creadas en situacion de igualdade entre os individuos pero iso nunca e asi . De todo−los xeitos e ainda que exista unha relacion de superioridade inferioridade as duas partes teñen algo que gañar . o que sempre gañan coa norma ea perdictobilidade dos encontros . Para que esas normas se creen ten que existir unha idea de xustiza que se desenvolve no home en varias etapas . Desenvolvemento da idea de xustiza segundo Piaget: ♦ 7/8 anos: xustiza subordinada a autoridade adulta. ♦ 8/11 anos: igualitarismo progresivo (iguais actos iguais recompensas) ♦ 11/13 anos: xustiza completamente igualitaria (ollo por ollo dente por dente). Segundo Kohlberg: − moralidade preconvencional, a obediencia é aceptada para evitar o castigo − moralidade convencional, aceptan os principios sociais para obter a aprobación dos outros − moralidade posconvencional, moralidade autoaceptada en forma critica. Hay que pasar pola fase anterior para pasar a seguinte, e hai persoas que non chegan a ultima fase . Posteriormente Habermas, introduciu unha última fase na que os individuos participan no diálogo e aceptan a ética do discurso, e só se consideran válidas as normas aprobadas por todos os afectados nun diálogo aberto e en condicións de igualdade