Os maios # Los mayos

Fiesta primitiva gallega # Festa antropolóxica galega. Superstición popular. Rituais galegos

5 downloads 252 Views 722KB Size

Recommend Stories


El mayo, los maios y las mayas
El mayo, los maios y las mayas A la memoria de mi querido amigo Serapio Letamendia Arrillaga En este pequeño trabajo recordaré unas costumbres basta

LOS OS EJERCICIOS ESPIRITUALES
LOS EJERCICIOS ESPIRITU ALES ESPIRITUALES EN LLA A FORMA CION DEL LLAICADO AICADO FORMACION PREP ARAR COL ABORADORES PREPARAR COLABORADORES EN EL MINI

os postulantes a los concursos
Acceso cceso de las Mujeres a la Magistratura: Perfil de las/os postulantes a los concursos Diciembre de 2014 Acceso de las mujeres a la magistratu

OS
PESI 10 - 11 Preguntas infantiles sobre sexualidad Podrás contar con nosotros… para todo. Plática inicial No te juzgaré, te amaré, te aceptaré, te

os
Exploración de la violencia en las relaciones de pareja de jóvenes universitarias/os C. Mañas Viejo; A. Martínez Mas; M. Esquembre Cerdá; N. Montesin

Story Transcript

UNIDAD DIDÁCTICA Os Maios • TITULO: Os Maios • PRESENTACIÓN DA UNIDADE

1

2.1. CARACTERÍSTICAS DO CENTRO É un colexio público ubicado nas aforas da cidade. As familias que envían ó colexio os seus fillos son de clase media. O colexio está constituído por seis unidades de Educación Infantil, que acolle a nenos dende os tres ata os seis anos. Tamén está constituído por doce unidades de Educación Primaria, que atenden ós nenos de seis a doce anos de idade durante os tres ciclos. É un edificio practicamente novo, ten dez anos, está ben coidado e é grande. Ten un patio cuberto con pista de fútbol e baloncesto, e outro patio ó aire libre. Ó estar situado ás aforas da cidade, dispoñemos de un comedor con capacidade suficiente para dar de comer a todos os nenos o mesmo tempo, aínda que os separamos por ciclos/etapas. 2.2. OS NENOS Esta unidade didáctica prográmase para nenos de 4/5 anos. Para unha semana do mes de maio. O grupo natural da clase está constituído por un total de vintedous alumnos, quince nenos e sete nenas, que asisten con regularidade a clase. O seu desenrolo madurativo xeral é normal, a participación nas actividades propostas é positiva e o interese, que demostran polas invitacións da mestra, é bo. Non contamos con nenos que deban de participar en programas de reforzo e o proceso de aprendizaxe estase desenrolando de maneira completamente normal. • OS OBXECTIVOS XERAIS DA ETAPA RELACIONADOS CO TEMA DA UNIDADE DIDACTICA • Descubrir, coñecer e controlar, progresivamente o propio corpo, formándose unha imaxe positiva de si mesmos, valorando a súa identidade sexual, as súas capacidades e limitacións de acción e expresión, e adquirindo hábitos básicos de saúde e benestar. • Observar e exploralo entorno inmediato cunha actitude de curiosidade e coidado, identificando as características e propiedades máis significativas dos elementos que o conforman e algunha das relacións que se establecen entre eles. 3.1. OBXECTIVOS XERAIS DAS ÁREAS CURRICULARES 3.1.1. ÁREA DE IDENTIDADE E AUTONOMÍA PERSOAL Coñecer as súas posibilidades e limitacións e actuar de acordo con elas. Coñecer e utilizar as súas posibilidades motrices, sensitivas e expresivas, orientadas ás actividades que realiza cotiamente. Adquirila coordinación e o control do seu propio corpo para a realización das súas actividades cotiás e de xogo e a expresión de sentimentos e emocións. Utilizala coordinación viso manual para manexar obxectos. Identificalos seus propios sentimentos, emociones e necesidades para podelos expresar e respectalos dos demais. Tomala iniciativa, planificación e secuenciala propia acción para resolver tarefas sinxelas.

2

Adecualo seu comportamento ás necesidades dos outros nenos ou dos adultos. 3.1.2. ÁREA DO MEDIO FÍSICO E SOCIAL Participar nos grupos cos que se relaciona nas actividades, tomándoos en consideración. Coñecer as normas e os modos de comportamento social dos grupos de que forma parte. Orientarse e actuar nos espazos cotiás. Valorala importancia do medio natural e da súa calidade para a vida humana, manifestando actitudes de respecto e coidado. Establecer relacións entre as características do medio e as formas de vida que nel se establecen. Mostrar atención e curiosidade cara a comprensión do medio físico e social. 3.1.3. ÁREA DA COMUNICACIÓN E A REPRESENTACIÓN Expresar sentimentos, desexos e ideas mediante o linguaxe oral. Comprendelas intencións e mensaxes que lles comunican outros nenos ou adultos. Interesarse pola linguaxe escrita. Interpretar e producir imaxes como unha forma de comunicación e disfrute. Interesarse e apreciar as produccións propias e dos seus compañeiros. Utilizalas diferentes formas de representación e expresión para evocar situacións, accións, desexos e sentimentos reais ou imaxinarias. Utilizar técnicas e recursos das distintas formas de representación e expresión. 3.2. OBXECTIVOS DIDACTICOS • Aprendela tradición cultural da súa comunidade. • Escoitar, aprender e reproducir coplas. • Utilizar diferentes elementos para a construcción dos Maios. • Aprender a traballar en equipo. • CONTENIDOS 4.1. CONCEPTOS Os Maios: ♦ As estacións do ano. ♦ A tradición galega. ♦ Relacións espaciais: interior, exterior, arriba, abaixo. ♦ Cuantificadores: pouco, moito, cheo, valeiro. ♦ Coplas ♦ Flores: margaritas, chuchameles. 3

4.2. PROCEDEMENTOS ♦ Visualización de diapositivas sobre os Maios. ♦ Identificación das estacións do ano. ♦ Posta en común dos coñecementos previos dos alumnos sobre os Maios. ♦ Participación na realización dunha copla. ♦ Escoita e reproducción dunha copla. ♦ Realización dos distintos tipos de flores que vamos a aprender. ♦ Exploración, observación e coidado dos lugares nos que se encontran as flores, musgo, carrabouxos, ... ♦ Recolecta no monte dos materiais necesarios para a realización do Maio: flores, carrabouxos, musgo, follas, ... ♦ Recolecta de cada neno na súa cas de materiais útiles para os Maios: laranxas, ovos, ... ♦ Preparación do material para a realización do Maio. ♦ Realización do maio seguindo as instruccións do profesor/a. ♦ Reproducción da copla arredor do Maio. 4.3. ACTITUDES ♦ Valoración dos ambientes limpos e coidados. ♦ Interese e curiosidade pola identificación das distintas flores. ♦ Actitude de axuda a colaboración cos compañeiros. ♦ Interese pola recolecta de materiais e polas cousas novas que van a descubrir. ♦ Respecto e valoración pola tradición. ♦ Valoración da colaboración dos compañeiros. ♦ Respecto polos compañeiros. • CRITERIOS METODOLÓGICOS Se seguirán destacando y cuidando las rutinas de los niños. Si algún niño quiere traer algún objeto relacionado con la unidad se le permitirá que lo traiga para fomentar la participación. Se le asignarán a los niños responsabilidades para favorecer su autogobierno. Se potenciará el protagonismo de todos los niños, teniendo el cuenta las actitudes de cada niño. Se les dará a los niños el tiempo necesario para la realización de las diferentes actividades, respetando el ritmo de cada niño, y no permitiendo que ningún niño deje una actividad a medio hacer. Se partirá de lo concreto a lo abstracto, utilizando la imitación, teniendo en cuenta el proceso enseñanza−aprendizaje. • AVALIACIÓN Consideramos a avaliación coma unha actividade continua que non ten fin, cada momento da sesión indúcenos á reflexión, á corrección dos errores, a introducción dos cambios que sexan necesarios. A avaliación débenos introducir nun proceso de reflexión que non acaba, a mellor maneira de progresar no camiño da calidade da ensinanza é reflexionar sobre a práctica para adecuala ás realidades que nos esixen as circunstancias. O proceso de avaliación é continuo e a observación é o instrumento utilizado. Esta técnica permitiranos manter viva dinámica a acción educativa. As demandas dos nenos deben ser respectadas 4

porque unha resposta favorable permitiranos estimular a súa curiosidade e ter captado o seu interese. A avaliación é unha actividade que debe realizarse polo conxunto de mestres que forman o Equipo Docente da Etapa, por iso é bo que o rexistro destas observacións se faga en conxunto.

5

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.