Tempo

Filosofía. Percepción humana. Tipos de tempo: psicolóxico, cosmolóxico, histórico

11 downloads 108 Views 4KB Size

Recommend Stories


Tiempo y «tempo» en la novela
Mariano Baquero Goyanes Tiempo y «tempo» en la novela -I- Decir que el tiempo es el factor más importante en la composición de una novela no suena

Plan de Formación. para Agentes de Pastoral. No es tempo de tratar con Dios, negocios de poca importancia. Santa Teresa de Jesús
CIT PJV 2015 ANEXO DE PROYECTO CONCLUSIVO Plan de Formación para Agentes de Pastoral No es tempo de tratar con Dios, negocios de poca importancia Sa

Story Transcript

1. O tempo como dimensión humana: Ó falarmos de dinamismo do coñecemento, dos seus cambios, avances e posible progreso, estamos a facer referencia sempre a unha dimensión fundamental na vida humana: o tempo. Sen el non seriamos quen de entendérmo−la nosa vida nin o propio coñecemento. Posto que somos limitados no tempo, temos interese en aproveitalo. Posto que o tempo vai marcando o devir da humanidade, dicimos que existe a historia. Sen embargo, definir qué é o tempo é unha das tarefas máis complexas coas que podemos enfrontarnos, porque parece ser un elemento que escapa a unha conceptualización precisa. O tempo é o que marcan os reloxos, o que fai que a nosa pel vaia engurrándose, o que produce pouco a pouco cambios no mundo 1.1 Tipos de tempo: Podemos distinguir tres modos de entende−lo tempo: − O tempo psicolóxico: é o tempo da miña vida, tal e como eu o percibo subxectivamente. A sensación que teño de que transcorre á présa ou de vagar. A valoración que fago de se o aproveito ou de se o deixo pasar. Trátase dunha apreciación persoal. − O tempo cosmolóxico: é o tempo do mundo, o que intentamos medir e calcular, o que nos permite falar da idade das estrelas ou do mesmo universo. É o tempo real en canto obxectivo. − O tempo histórico: é un terceiro tempo, que queda a medio camiño entre o meu tempo persoal e o tempo obxectivo. É o tempo dos acontecementos da humanidade. O que nos permite entender que hai épocas diferentes, que todo vai cambiando. En certo modo, é o intento de integra−lo tempo persoal no tempo universal, é o que facemos cos calendarios: a nosa propia vida inscrita no tempo do mundo.

1

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.