Xornada Mundial da Xuventude

Delegación de Medios - Diocese de Lugo Boletín Electrónico de Información Diocesana Ano 6 – nº 295 CONTIDOS • • • • • • • • Xornada Mundial da Xuv

8 downloads 140 Views 853KB Size

Story Transcript

Delegación de Medios - Diocese de Lugo

Boletín Electrónico de Información Diocesana

Ano 6 – nº 295

CONTIDOS • • • • • • • •

Xornada Mundial da Xuventude Mons. Alfonso Carrasco Rouco recibe a medalla da Orde da Alquitara Soñando unha radio, proxecto misioneiro en Honduras 22 de xullo, festa de Santa María Madalena 25 de xullo, solemnidade de Santiago o Maior Lectura de interese Páxina web de interese Álbum de fotos: actividades de Cáritas

Xornada Mundial da Xuventude O 16 de xullo 33 peregrinos saíron de Lugo e únense á organización do Departamento de Xuventude da Conferencia Episcopal Español. Os mozos coñecen lugares emblemáticos para a vida da fe e outros nos que se deixou de lado a Deus (Auswicht). Os Días nas Dioceses serán en Poznam vivindo a experiencia de compartir a fe cos fieies desa localidade polaca. As familias que acollen soen ser xente maior e levan varios meses asistindo a clases de español para atender aos hóspedes. A partir do día 27 participan na Xornada Mundial da Xuventude propiamente dita uníndose aos dous millóns e medio ou tres millóns de mozos de todo o mundo que estarán en Cracovia.

Delegación de Medios - Diócesis de Lugo, plaza de Santa María, 1. Lugo - www.anosavoz.com

Mons. Alfonso Carrasco Rouco recibe a medalla da Orde da Alquitara Na tarde do día 14 de xullo Mons. Alfonso Carrasco Rouco recibía no salón de plenos do Concello de Portomarín a medalla acreditativa de Cabaleiro da Real Orde Serenísima da Alquitara. Ata agora os novos membros da Orde eran persoas relevantes da comunicación, da gastronomía ou da política e eran investidos no Domingo de Pascua, pero nesta ocasión fíxose no verán porque o señor Bispo preside as celebracións da Resurrección do Señor na Catedral de Lugo. No Libro do Concello Mons. Alfonso Carrasco deixou constancia do seu agradecemento pola distinción e mostrou o seu desexo de que a presenza de peregrinos en Portomarín fose sinal da visita do Noso Señor Xesucristo. A continuación, un dos cabaleiros da Orde, Mario José Carballo Meilán, impuxo ao señor Bispo o medallón que o acredita como cabaleiro. O acto, que estivo presidido polo alcalde de Portomarín, Juan Serrano, finalizou cunhas palabras de Mons. Alfonso Carrasco, a quen lle parece moi axeitado todo o que sexa valorar os símbolos e o traballo das xentes de Portomarín. [Álbum de fotos]

22 de xullo, Santa María Madalena A memoria de Santa María Madalena pasa a ser festa, co seguinte prefacio:

APÓSTOLO DOS APÓSTOLOS V/. O Señor estea convosco. R/. E contigo tamén. V/. Erguede os corazóns. R/. Témolos postos no Señor. V/. Deámoslle grazas ao Señor, noso Deus. R/. É digno e de xustiza. Verdadeiramente é digno e de xustiza, é o noso deber e salvación, darche grazas sempre e en todo lugar,

Delegación de Medios - Diócesis de Lugo, plaza de Santa María, 1. Lugo - www.anosavoz.com

Señor, Pai santo, Deus todopoderoso e eterno, por Cristo, Señor noso. O cal apareceuse visiblemente no horto a María Madalena, pois ela amárao en vida, vírao morrer na cruz, buscábao xacente no sepulcro, e foi a primeira en adoralo resucitado de entre os mortos; e el honrouna ante os apóstolos co oficio do apostolado para que a boa noticia da vida nova chegase ata os confíns do mundo. Por iso, tamén nós, cos anxos e cos santos e con todos os coros celestiais, cantamos sen cesar o himno da túa gloria: Santo, Santo, Santo...

25 de xullo, Apóstolo Santiago Con motivo da solemnidade do Apóstolo recuperamos unhas liñas do libro de Jaime Delgado Gómez: Dos primicias histórico-arqueológicas: El tardío culto a Santiago, incluso usurpando el patronazgo y El San Victorio de Puebla de Brollón” “O culto a Santiago propágase unha vez descuberto o seu sepulcro na segunda década da centuria do 800, quizá o 813? A partir de devandito descubrimento, aos poucos vaise estendendo o culto ao Apóstolo, sobre todo a partir do ano mil. Faise titular de igrexas ou capelas de nova creación, sobre todo nas rutas xacobeas ou nas súas inmediacións. Por exemplo, Santiago de Estraxiz (s. IX), Santiago de Soengas (quizá xa do s. X), Santiago de Ligonde (mediados do s. XI). “Outro detalle histórico é o da inmediata suplantación da titularidade en igrexas nas que se estableceu o seu culto, pero que estaban xa dedicadas desde a súa fundación a outro titular. Así tivo que suceder nas igrexas antes chamadas San Salvador de Barbadelo, San Salvador de Meilán, Santa Marta de Esperante e, seguramente, San Andrés de Sobrecedo. Igrexas todas estas que, desde fai séculos, teñen xa só a Santiago por patrón”

Delegación de Medios - Diócesis de Lugo, plaza de Santa María, 1. Lugo - www.anosavoz.com

Soñando unha radio Desde a área de Formación da Comunidade Misioneira vicenciana en Honduras, ponse en marcha unha radio comunitaria. Ante unha realidade xeográfica de illamento case total, e social onde a pobreza acentúa os problemas de saúde e educación... desde alí vese a posibilidade de potenciar esta radio como un instrumento para a Comunidade. Poderá crear un importante espazo de lecer, educativo, e unha nova fiestra ao mundo. E con todo iso conseguiríase mellorar a calidade de vida dos habitantes de Barra Patuca, sendo eles mesmos os axentes dese cambio. Máis adiante aproveitaránse as posibilidades da internet para colgar na rede podcast. No medio prazo gustaríalles poder intercambiar os podcast dos programas, con outras radios libres e comunitarias do Estado Español. Co diñeiro recadado cómprase: • Panel Solar • Convertidor de corrente continua (a da placa solar) en corrente alterna. • Baterías: almacenan a enerxía da instalación para usala cando se necesite. • Regulador: fai que a batería cargue ben e evita a súa sobrecarga. • Outros elementos: cableado, conectores, bornes, etc. A posta en marcha da radio comunitaria depende da obtención de enerxía eléctrica. Dispoñer dela deste xeito economiza gastos xa que se non fose así, sería necesario un xerador e o prezo dos combustibles é moi elevado. Dispoñer desta autonomía enerxética permitirá ampliar o horario de emisión. No equipo misioneiro que leva a cabo o seu labor en Barra Patuca está a misioneira lucense Ana López Castaño. Pódese colaborar facendo unha pequena doazón, dando difusión á iniciativa ou facéndose socio. Máis información facendo clic sobre a seguinte imaxe:

Delegación de Medios - Diócesis de Lugo, plaza de Santa María, 1. Lugo - www.anosavoz.com

Lectura de interese No número de xullo-agosto, a revista Cáritas presenta a reutilización téxtil como recurso para xerar emprego de inserción; a colaboración de Cáritas coas empresas como motor de transformación social a través de corresponsabilidade e o valor compartido. O testemuño de tres persoas que participan nos procesos de Cáritas “Saír da exclusión, recuperar a vida”, pecha esta sección. Algúns temas da sección “Desenvolvemento e acción humanitaria”: - centro especial de emprego de Cáritas de Barbastro-Monzón para discapacitados psíquicos e/ou enfermos mentais; - Programa de Mediación en Vivenda de Cáritas Diocesana de Barcelona; - proceso de paz en Colombia...

Páxina web de interese: Biblioteca dixital vaticana

Delegación de Medios - Diócesis de Lugo, plaza de Santa María, 1. Lugo - www.anosavoz.com

Álbum de fotos: Cáritas Lugo

Cáritas Lugo organizou en Laxe un campamento no que participaron 38 adolescentes

O Programa de Maiores de Cáritas Lugo organizou unha pequena festa cos participantes do segundo módulo do proxecto “Vivencias en Compañía”

Delegación de Medios - Diócesis de Lugo, plaza de Santa María, 1. Lugo - www.anosavoz.com

75 nenos participan no Campamento Urbano XXII “A volta ao mundo en 12 días” que organiza Cáritas no Colexio María Auxiliadora de Lugo e en Laxe

Delegación de Medios - Diócesis de Lugo, plaza de Santa María, 1. Lugo - www.anosavoz.com

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.