a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

IDENTIFICADORES DOCUMENTO Documento de TREWA: pliego programa mantenimiento_gl a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b: 69359|71123 FIRMAS OTROS DATOS Código p

8 downloads 48 Views 129KB Size

Story Transcript

IDENTIFICADORES

DOCUMENTO

Documento de TREWA: pliego programa mantenimiento_gl

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b: 69359|71123 FIRMAS

OTROS DATOS

Código para validación: HHQ1W-03EOI-CLJXJ Fecha de emisión: 7 de abril de 2016 a las 13:24:40 Página 1 de 11

ESTADO

El documento ha sido firmado por : 1.- J. DPTO. EMPLEO de AYTO.CORUÑA.Firmado 19/02/2016 12:14

FIRMADO

Dependencia: Servizo Municipal de Emprego e Empresa Expediente: Prego de prescricións técnicas para a contratación de cursos no Servizo Municipal de Emprego ano 2016 Ref.:

Prego de prescricións técnicas regulador do concurso con procedemento aberto para a contratación por lotes, de accións de formación profesional ocupacional do Servizo Municipal de Emprego para un programa de mantemento de equipamentos municipais. Esta es una copia impresa del documento electrónico (Ref: 587544 HHQ1W-03EOI-CLJXJ C5B6F6C4AA8EA89B02CC0AA4073065C482E6ACC3) generada con la aplicación informática Firmadoc. El documento está FIRMADO. Mediante el código de verificación puede comprobar la validez de la firma electrónica de los documentos firmados en la dirección web que le proporciona la entidad emisora de este documento.

1. Obxecto do contrato O obxecto do presente prego é a contratación por lotes de cursos propios do Servizo Municipal de Emprego e Empresa coas características e condicións previstas no presente prego. As empresas optarán á contratación por lotes independentes, presentando propostas diferenciadas para cada lote. As ofertas económicas das empresas interesadas non poderán exceder o custo máximo de licitación para cada un dos cursos. Esta formación desenvolverase en instalacións municipais, situadas no centro de formación dos Rosales e nas instalación anexas ó parque municipal de bombeiros. As accións formativas a desenvolver prográmanse en oficios relacionado coa rehabilitación de vivenda. A rehabilitación de vivendas antigas permitirá a capacitación de persoas desempregadas que veñan de postos destruídos na construción de obra nova , transformándose unha actividade que canalice estes postos de traballo destruídos. Desde os diferentes ámbitos da administración estase a promover e subvencionar proxectos da rehabilitación de vivendas e barrios antigos, o que parece que pode crear postos de traballo relacionados con capacitación en determinados oficios. En todo caso, a construción segue supoñendo ao redor dun 10% do produto interior bruto no noso país con tendencia á baixa. Nos países da nosa contorna, a construción supón un 8 - 9% do PIB, co cal, o sector da construción, aínda que moito menos, seguirá xerando emprego. As características destes postos de traballo, segundo as empresas do sector, axustaranse a persoas moito máis cualificadas, de aí a importancia de programar formación neste sector. A programación destas accións formativas, persegue un dobre obxectivo: 1. A Capacitación profesional de persoas desempregadas a través da aprendizaxe de oficios como pintura, xardinería, soldadura e carpintería, coa realización de prácticas profesionais reais en instalacións municipais. 2. As economías que se poden producir co mantemento de equipamentos municipais a través destas prácticas profesionais por medio da pintura de centros educativos, centros cívicos; a reposición de elementos de madeira como varandas, bancos,tarimas, pasamáns; o mesmo con elementos de metal por medio dos cursos de soldadura e o mantemento de dependencias municipais axardinadas como a contorna da praia das Lapas, xardíns do Centro Municipal de Empresas, do Centro Municipal de Emprego, etc.

1

IDENTIFICADORES

DOCUMENTO

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b: 69359|71123

Documento de TREWA: pliego programa mantenimiento_gl

FIRMAS

OTROS DATOS

Código para validación: HHQ1W-03EOI-CLJXJ Fecha de emisión: 7 de abril de 2016 a las 13:24:40 Página 2 de 11

ESTADO

El documento ha sido firmado por : 1.- J. DPTO. EMPLEO de AYTO.CORUÑA.Firmado 19/02/2016 12:14

FIRMADO

Dependencia: Servizo Municipal de Emprego e Empresa Expediente: Prego de prescricións técnicas para a contratación de cursos no Servizo Municipal de Emprego ano 2016 Ref.:

2. Descrición dos lotes.

Esta es una copia impresa del documento electrónico (Ref: 587544 HHQ1W-03EOI-CLJXJ C5B6F6C4AA8EA89B02CC0AA4073065C482E6ACC3) generada con la aplicación informática Firmadoc. El documento está FIRMADO. Mediante el código de verificación puede comprobar la validez de la firma electrónica de los documentos firmados en la dirección web que le proporciona la entidad emisora de este documento.

As ofertas das empresas licitadoras, presentarán o programa do curso en función dos epígrafes referenciados para cada lote ou en función do enunciado da acción formativa. LOTE 1: Soldadura con electrodo revestido e TIG. Total 746 horas por anualidade. Competencia xeral: desenvolver soldaduras con arco eléctrico con eléctrodos revestidos e soldaduras con arco, baixo gas protector con eléctrodo non consumible (TIG), dacordo coas especificacións de procedimientos de soldase WPS, con criterios de calidade, seguridade e respecto ó medio ambiente, que permita desenvolver a súa actividade profesional en grandes, medianas e pequenas empresas, tanto por conta allea como de forma autónoma, dedicadas á fabricación, montaxe ou reparación de construcións metálicas, instalacións e produtos de fabricación mecánica. Módulos Competenciais : • Soldadura con arco eléctrico con eléctrodos revestidos (400 horas): la empresa adxudicataria farase cargo da Homologación por procedemento SMAW desenvolvida por profesionais (Enxeñeiros Internacionais) distintos do docente do curso. A empresa aportará os materiais para os exercicios prácticos de soldadura para a homologación. Módulos comúns: • Interpretación de planos en soldadura (60 horas). • Procesos de corte e preparación de bordos (70 horas). • Soldadura con eléctrodos revestidos de chapas e perfís de aceiro carbono con eléctrodos rutilo (90 horas). • Soldadura con eléctrodos revestidos de chapas e perfís de aceiro carbono con eléctrodos básicos (90 horas). • Soldadura con eléctrodos revestidos de estruturas de aceiro carbono, inoxidables e outros materiais (90 horas). Especialización TIG Soldadura con arco baixo gas protector con eléctrodo non consumible (240 horas): EXAME do módulo mediante Certificación de Homologación por procedemento TIG realizada por profesionais (Enxeñeiros Internacionais) distintos do docente do curso. • Soldadura TIG de aceiro carbono (90 horas)Soldadura • TIG de aceiro inoxidable (90 horas). • Soldadura TIG de aluminio e aliaxes (60 hora) Módulo de prácticas profesionais non laborais de soldadura con eléctrodo revestido e/ou TIG (40 horas) en instalacións municipais.

2

IDENTIFICADORES

DOCUMENTO

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b: 69359|71123

Documento de TREWA: pliego programa mantenimiento_gl

FIRMAS

OTROS DATOS

Código para validación: HHQ1W-03EOI-CLJXJ Fecha de emisión: 7 de abril de 2016 a las 13:24:40 Página 3 de 11

ESTADO

El documento ha sido firmado por : 1.- J. DPTO. EMPLEO de AYTO.CORUÑA.Firmado 19/02/2016 12:14

FIRMADO

Dependencia: Servizo Municipal de Emprego e Empresa Expediente: Prego de prescricións técnicas para a contratación de cursos no Servizo Municipal de Emprego ano 2016 Ref.:

Formación en Prevención de riesgos laborales 66 horas

Esta es una copia impresa del documento electrónico (Ref: 587544 HHQ1W-03EOI-CLJXJ C5B6F6C4AA8EA89B02CC0AA4073065C482E6ACC3) generada con la aplicación informática Firmadoc. El documento está FIRMADO. Mediante el código de verificación puede comprobar la validez de la firma electrónica de los documentos firmados en la dirección web que le proporciona la entidad emisora de este documento.

• Formación básica en Prevención de Riesgos Laborales de 60 horas • Formación específica para la ocupación de pintura decorativa de 6 horas.

LOTE 2: Actividades auxiliares en viveiros y centros de xardinería. 336 horas por anualidade. Competencia xeral: Realizar as operacións de cultivo de plantas en viveiro, controlando a sanidade vexetal, manexando os equipos, máquinas e ferramentas baixo criterios de calidade e respectando a normativa vixente, incluída a ambiental e a prevención de riscos laborais. Módulos formativos e de unidades formativas: • MF1479_2: Propagación de plantas en viveiro. (80 horas). • MF1480_2: Cultivo de plantas e tepes en viveiro (100 horas) o UF1596: Cultivo de material vexetal e céspedes en viveiro (70 horas) o UF1597: Manexo de instalacións e expedición de plantas de viveiro (30 horas) • MF0525_2:Control fitosanitario (30 horas) • Prácticas Profesionais non laborais (60 horas) Formación en Prevención de riesgos laborales 66 horas • •

Formación básica en Prevención de Riesgos Laborales de 60 horas Formación específica para la ocupación de pintura decorativa de 6 horas.

O número máximo de alumnos e alumnas por taller será de 15 persoas

3

IDENTIFICADORES

DOCUMENTO

Documento de TREWA: pliego programa mantenimiento_gl

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b: 69359|71123 FIRMAS

OTROS DATOS

Código para validación: HHQ1W-03EOI-CLJXJ Fecha de emisión: 7 de abril de 2016 a las 13:24:40 Página 4 de 11

ESTADO

El documento ha sido firmado por : 1.- J. DPTO. EMPLEO de AYTO.CORUÑA.Firmado 19/02/2016 12:14

FIRMADO

Dependencia: Servizo Municipal de Emprego e Empresa Expediente: Prego de prescricións técnicas para a contratación de cursos no Servizo Municipal de Emprego ano 2016 Ref.:

Esta es una copia impresa del documento electrónico (Ref: 587544 HHQ1W-03EOI-CLJXJ C5B6F6C4AA8EA89B02CC0AA4073065C482E6ACC3) generada con la aplicación informática Firmadoc. El documento está FIRMADO. Mediante el código de verificación puede comprobar la validez de la firma electrónica de los documentos firmados en la dirección web que le proporciona la entidad emisora de este documento.

LOTE 3: Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes. 470 horas por anualidade. Competencia xeral: Executar e organizar ao seu nivel as operacións de instalación, mantemento e mellora de xardíns de interior, exterior e zonas verdes, controlando a sanidade vexetal, manexando a maquinaria e apeiros de xardinería e cumprindo coa normativa ambiental, de calidade e de prevención de riscos laborais. Relación de módulos formativos e unidades formativas que configuran o certificado de profesionalidade: MF0531_2: Instalación de xardíns e zoas verdes. (150 horas) • UF0019: Preparación do medio de cultivo. (60 horas) • UF0020: Operacións para a instalación de xardíns e zoas verdes. (90 horas) MF0532_2: Mantemento e mellora de xardíns y zoas verdes. (120 horas) • UF0021: Mantemento e mellora de elementos vexetais. (60 horas) • UF0022: Mantemento e mellora de elementos non vexetais. (60 horas) MF0525_2: Control fitosanitario. (120 horas) • UF0006: Determinación do estado sanitario das plantas, solo e instalacións e elección dos métodos de control. (60 horas) • UF0007: Aplicación de métodos de control fitosanitarios en plantas, solo e instalacións. (60 horas) MP0007: Módulo de prácticas profesionais non laborais de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes (80 horas) O número máximo de alumnos e alumnas por taller será de 15 persoas

4

IDENTIFICADORES

DOCUMENTO

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b: 69359|71123

Documento de TREWA: pliego programa mantenimiento_gl

FIRMAS

OTROS DATOS

Código para validación: HHQ1W-03EOI-CLJXJ Fecha de emisión: 7 de abril de 2016 a las 13:24:40 Página 5 de 11

ESTADO

El documento ha sido firmado por : 1.- J. DPTO. EMPLEO de AYTO.CORUÑA.Firmado 19/02/2016 12:14

FIRMADO

Dependencia: Servizo Municipal de Emprego e Empresa Expediente: Prego de prescricións técnicas para a contratación de cursos no Servizo Municipal de Emprego ano 2016 Ref.:

Esta es una copia impresa del documento electrónico (Ref: 587544 HHQ1W-03EOI-CLJXJ C5B6F6C4AA8EA89B02CC0AA4073065C482E6ACC3) generada con la aplicación informática Firmadoc. El documento está FIRMADO. Mediante el código de verificación puede comprobar la validez de la firma electrónica de los documentos firmados en la dirección web que le proporciona la entidad emisora de este documento.

LOTE 4: Pintura decorativa en construción. 646 horas por anualidade. Competencia xeral: Executar e organizar a aplicación de acabados de pintura decorativa, empapelados e revestimentos de fibra de vidro e vinílicos, realizando a preparación de soportes -muros, tabiques, teitos e carpinterías-, seguindo as directrices especificadas en documentación técnica e as indicacións do superior ou responsable, cumprindo as prescricións establecidas en materia de seguridade e saúde e de calidade, e colaborando no control de riscos na súa área profesional Relación de módulos formativos e unidades formativas que configuran o certificado de profesionalidade: MF0871_1: Tratamento de soportes para revestimento en construción. (100 horas) • UF0302: Proceso e preparación de equipos e medio en traballo de albanelería. (40 horas) • UF0643: Preparación de soportes para revestir (60 horas) MF0873_1: Pintura e meteríais de imprimación e protectores en construcción. (120 horas) • UF0645: Proceso e preparación de equipos e medios en traballos de pintura en construcción (40 horas) • UF0646: Aplicación de pinturas e imprimaciones protectoras (80 horas) MF1933_2: Revestimentos murais en papel, fibra de vidro e vinílicos. (40 horas) MF1934_2: Pintura decorativa en construción (180 horas) • UF1550: Axuste da cor acabados de pintura decorativa convencional en construción. (40 horas.) • UF1551: Acabados de pintura de alta decoración en construción. (40 horas) • UF1552: Pintura de imitación e oxidacións decorativas (40 horas) • UF1553: Estucos convencionais. (60 horas) MF1935_2: Organización de traballos de pintura en construción. (60 horas) MF1360_2: Prevención básica de riscos laborais en construción. (60 horas + 6 PRL específico) MP0334: Módulo de prácticas profesionais non laborais (80 horas) O número máximo de alumnos e alumnas por taller será de 15 persoas

5

IDENTIFICADORES

DOCUMENTO

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b: 69359|71123

Documento de TREWA: pliego programa mantenimiento_gl

FIRMAS

OTROS DATOS

Código para validación: HHQ1W-03EOI-CLJXJ Fecha de emisión: 7 de abril de 2016 a las 13:24:40 Página 6 de 11

ESTADO

El documento ha sido firmado por : 1.- J. DPTO. EMPLEO de AYTO.CORUÑA.Firmado 19/02/2016 12:14

FIRMADO

Dependencia: Servizo Municipal de Emprego e Empresa Expediente: Prego de prescricións técnicas para a contratación de cursos no Servizo Municipal de Emprego ano 2016 Ref.:

Esta es una copia impresa del documento electrónico (Ref: 587544 HHQ1W-03EOI-CLJXJ C5B6F6C4AA8EA89B02CC0AA4073065C482E6ACC3) generada con la aplicación informática Firmadoc. El documento está FIRMADO. Mediante el código de verificación puede comprobar la validez de la firma electrónica de los documentos firmados en la dirección web que le proporciona la entidad emisora de este documento.

LOTE 5: Pintura decorativa en construción (unidades de competencia). 336 horas por anualidade. Competencia Xeral: Aprenderas técnicas necesarias para a participación activa no desenvolvemento de proxectos de decoración en vivendas e locais comerciais. Executar e organizar a aplicación de remates de pintura decorativa, seguindo as directrices especificadas na documentación técnica e as indicacións do superior ou responsable, cumprindo as prescricións establecidas en materia de seguridade e saúde, como de calidade e colaborando no control de riscos na súa área profesional. Relación de Módulos Formativos: 270 horas MF1934_2: Pintura decorativa en construción (180 horas) MF1935_2: Organización de traballos de pintura en construción. (60 horas) MP0334: Módulo de prácticas profesionais non laborais (80 horas) Formación en Prevención de riscos laboráis 66 horas • •

Formación básica en Prevención de Riscos Laborais de 60 horas Formación específica para a ocupación de pintura decorativa de 6 horas.

O número máximo de alumnos e alumnas por taller será de 15 persoas.

LOTE 6: Instalación de elementos de carpintería. 566 horas por anualidade. Competencia xeral: Realizar as operacións de planificación, montaxe, axuste e acabado das instalacións de elementos de carpintería, conseguindo a calidade requirida, nas condicións de seguridade, de saúde laboral e de medio ambiente adecuadas. Relación de módulos formativos e de unidades formativas: MF0883_2: Medicións para a instalación de elementos de carpintería. (120 horas) • UF0101: Toma de datos, medicións e esbozos para a instalación de elementos de carpintería. (40 horas) • UF0102: Elaboración de solucións para a instalación de elementos de carpintería. (80 horas) MF0884_2: Montaxe e instalación de portas e xanelas de madeira. (90 horas)

6

IDENTIFICADORES

DOCUMENTO

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b: 69359|71123

Documento de TREWA: pliego programa mantenimiento_gl

FIRMAS

OTROS DATOS

Código para validación: HHQ1W-03EOI-CLJXJ Fecha de emisión: 7 de abril de 2016 a las 13:24:40 Página 7 de 11

ESTADO

El documento ha sido firmado por : 1.- J. DPTO. EMPLEO de AYTO.CORUÑA.Firmado 19/02/2016 12:14

FIRMADO

Esta es una copia impresa del documento electrónico (Ref: 587544 HHQ1W-03EOI-CLJXJ C5B6F6C4AA8EA89B02CC0AA4073065C482E6ACC3) generada con la aplicación informática Firmadoc. El documento está FIRMADO. Mediante el código de verificación puede comprobar la validez de la firma electrónica de los documentos firmados en la dirección web que le proporciona la entidad emisora de este documento.

Dependencia: Servizo Municipal de Emprego e Empresa Expediente: Prego de prescricións técnicas para a contratación de cursos no Servizo Municipal de Emprego ano 2016 Ref.:

MF0885_2: Instalacións de revestimentos de madeira e similares. (120 horas) • UF0103: Instalación de chans de madeira e derivados. (60 horas) • UF0104: Instalación de revestimentos de paredes, teitos, armarios e similares de madeira. (60 horas) MF0886_2: Instalacións de estruturas de madeira. (90 horas) MP0025: Módulo de prácticas profesionais non laborais de Instalación de elementos de carpintería. (80 horas) Formación en Prevención de riscos laboráis 66 horas • Formación básica en Prevención de Riscos Laborais de 60 horas • Formación específica para a ocupación de pintura decorativa de 6 horas. O número máximo de alumnos e alumnas por taller será de 15 persoas.

LOTE 7: . Traballos de carpintería e moble. 366 horas por anualidade. COMPETENCIA XERAL: Operar con equipos de mecanizado para a fabricación de elementos de carpintería e moble, axustar e embalar produtos e elementos de carpintería e moble e colaborar na súa montaxe e instalación coa calidade requirida e nas condicións de seguridade, saúde laboral e ambientais adecuadas. Relación de Módulos formativos: • Mecanizado de madeira e derivados (90 horas) • Axuste e embalado de mobles e elementos de carpintería (50 horas) • Montaxe e instalación de elementos de carpintería e moble (80 horas) • Prácticas profesionais non laborais (80 horas) Formación en Prevención de riscos laboráis 66 horas • •

Formación básica en Prevención de Riscos Laborais de 60 horas Formación específica para a ocupación de pintura decorativa de 6 horas.

O número máximo de alumnos e alumnas por taller será de 15 persoas.

7

IDENTIFICADORES

DOCUMENTO

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b: 69359|71123

Documento de TREWA: pliego programa mantenimiento_gl

FIRMAS

OTROS DATOS

Código para validación: HHQ1W-03EOI-CLJXJ Fecha de emisión: 7 de abril de 2016 a las 13:24:40 Página 8 de 11

ESTADO

El documento ha sido firmado por : 1.- J. DPTO. EMPLEO de AYTO.CORUÑA.Firmado 19/02/2016 12:14

FIRMADO

Dependencia: Servizo Municipal de Emprego e Empresa Expediente: Prego de prescricións técnicas para a contratación de cursos no Servizo Municipal de Emprego ano 2016 Ref.:

Esta es una copia impresa del documento electrónico (Ref: 587544 HHQ1W-03EOI-CLJXJ C5B6F6C4AA8EA89B02CC0AA4073065C482E6ACC3) generada con la aplicación informática Firmadoc. El documento está FIRMADO. Mediante el código de verificación puede comprobar la validez de la firma electrónica de los documentos firmados en la dirección web que le proporciona la entidad emisora de este documento.

3. Mecanismo de seguimento e control Tendo en conta as especiais características desta formación, estableceranse mecanismos de seguimento e control das empresas adxudicatarias. Deste xeito para cada acción formativa incluída nos lotes: a)

O número de alumnado será o establecido para cada lote.

b) A empresa adxudicataria aceptará as modificacións que desde o Servizo Municipal de Emprego, realícense no calendario inicial de programación do curso presentado pola empresa. c)

A empresa adxudicataria deberá contar con medios e materiais adecuados para a impartición das clases teóricas e teórico-prácticas, de acordo ao establecido nos módulos formativos. A empresa adxudicataria incluirá na súa proposta todos os medios e materiais didácticos necesarios e suficientes para o desenvolvemento do curso. Neste caso o provedor deberá contratar un seguro que cubra os posibles danos e a reparación da maquinaria, os materiais e as instalacións municipais, debendo quedar todo en perfecto estado de funcionamento unha vez finalizada a prestación do servizo. A empresa adxudicataria actuará con dilixencia nas posibles reparacións á que haxa lugar. Así mesmo será obrigación da empresa adxudicataria a reparación e mantemento da maquinaria durante a execución do contrato.

d) A empresa deberá contar con profesorado que teña a experiencia adecuada para que o alumnado alcance os obxectivos formativos do curso. Se o profesorado non se axusta a estas esixencias, a empresa adxudicataria deberá substituílo por unha persoa que se cumpra coas esixencias. e) Poderán realizarse visitas periódicas a cada curso, por parte do equipo técnico do Concello, tanto para tutorizar ao alumnado, como para inspeccionar o seu funcionamento. Estas visitas poderán realizarse en calquera momento do desenvolvemento da acción formativa e sen previo aviso. f)

O concello, entregará un diploma acreditativo a aquelas persoas que superen a formación e/ou as prácticas correspondentes.

8

IDENTIFICADORES

DOCUMENTO

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b: 69359|71123

Documento de TREWA: pliego programa mantenimiento_gl

FIRMAS

OTROS DATOS

Código para validación: HHQ1W-03EOI-CLJXJ Fecha de emisión: 7 de abril de 2016 a las 13:24:40 Página 9 de 11

ESTADO

El documento ha sido firmado por : 1.- J. DPTO. EMPLEO de AYTO.CORUÑA.Firmado 19/02/2016 12:14

FIRMADO

Dependencia: Servizo Municipal de Emprego e Empresa Expediente: Prego de prescricións técnicas para a contratación de cursos no Servizo Municipal de Emprego ano 2016 Ref.:

4. Compromisos das empresas adxudicatarias

Esta es una copia impresa del documento electrónico (Ref: 587544 HHQ1W-03EOI-CLJXJ C5B6F6C4AA8EA89B02CC0AA4073065C482E6ACC3) generada con la aplicación informática Firmadoc. El documento está FIRMADO. Mediante el código de verificación puede comprobar la validez de la firma electrónica de los documentos firmados en la dirección web que le proporciona la entidad emisora de este documento.

A empresa adxudicataria queda obrigada a: a) Cumprir co anteriormente mencionado, no relativo á adecuación da titulación e experiencia profesional do persoal formador, así como aos espazos e instalacións onde se imparta a formación. b) Presentar o manual de formación que entregará ao alumnado, antes do inicio da formación. c) Cando o curso contémpleo, a adxudicataria presentará a proposta de empresas ou institucións nas que se desenvolverán as prácticas tutorizadas, antes de que transcorra o 25% das horas de formación específica, que en todo caso, deberá ser aprobada polo equipo técnico do Concello. Entenderase por clases teórico-prácticas as desenvolvidas nas instalacións e cos materiais, que permita a aplicación real da teoría. d) Realizar os controis diarios de asistencia do alumnado e remitilos no formato que desde o Servizo, establézase. e) Correrá a cargo da empresa adxudicataria, facilitar todo o material didáctico que se entregará no desenvolvemento do curso (libretas, folios, bolígrafos, lápices, gomas, carpetas, etc.), manuais para o alumnado, dossieres, incluído o necesario para o desenvolvemento das clases prácticas en taller, (uniformes, equipos de protección individual, calzado, etc.) e para o desenvolvemento das prácticas en empresa, se están contempladas no curso e presentar os partes de firmas de recepción do material entregado. Os materiais para o desenvolvemento das clases prácticas que se realizarán en instalacións municipais, correran a cargo do concello. Tratase de pintura para a formación no sector da pintura decorativa en construcións, madeira para a formación en traballos de carpintería e moble e instalacións de elementos de carpintería, metal para o taller de soldadura, agás o necesario para as probas de homologación do alumnado, que correrá a carga da empresa licitadora e material de xardinería no caso da especialidade de actuacións en xardíns e zoas verdes e actividades auxiliares en viveiros. E todos aqueles que sexan necesarios para o aproveitamento da aprendizaxe polo alumnado. Todos os materiais didácticos para a formación teórica, así como os equipos de protección mencionados serán supervisados e autorizados antes do inicio da acción formativa pola persoa encargada do contrato. As calidades dos materiais mencionados no apartado anterior e para todos os lotes deberán axustarse á normativa de criterios de calidade e, en todo caso, cando a normativa comparada non o especifique, deberán ser especificados nas propostas realizadas polas empresas licitadoras e todos eles como mínimo de calidade media. En canto a EPIS, estes axustaranse ás Normas técnicas de prevención –NTP- elaboradas polo INSHT –Instituto

9

IDENTIFICADORES

DOCUMENTO

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b: 69359|71123

Documento de TREWA: pliego programa mantenimiento_gl

FIRMAS

OTROS DATOS

Código para validación: HHQ1W-03EOI-CLJXJ Fecha de emisión: 7 de abril de 2016 a las 13:24:40 Página 10 de 11

ESTADO

El documento ha sido firmado por : 1.- J. DPTO. EMPLEO de AYTO.CORUÑA.Firmado 19/02/2016 12:14

FIRMADO

Dependencia: Servizo Municipal de Emprego e Empresa Expediente: Prego de prescricións técnicas para a contratación de cursos no Servizo Municipal de Emprego ano 2016 Ref.:

Esta es una copia impresa del documento electrónico (Ref: 587544 HHQ1W-03EOI-CLJXJ C5B6F6C4AA8EA89B02CC0AA4073065C482E6ACC3) generada con la aplicación informática Firmadoc. El documento está FIRMADO. Mediante el código de verificación puede comprobar la validez de la firma electrónica de los documentos firmados en la dirección web que le proporciona la entidad emisora de este documento.

Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo- e serán supervisados e autorizados antes do inicio da formación pola persoa encargada do contrato por parte do Concello. f) A formación teórica desenvolverase en días laborables, de luns a venres inclusive, en horario de mañá ou tarde, de acordo coas necesidades do Servizo. As prácticas axustaranse ao horario laboral de cada empresa. g) O lugar de realización de prácticas profesionais é preferentemente en instalacións municipais. No caso de que a empresa adxudicataria presente una proposta de prácticas en empresas e estas se atopen en concellos limítrofes; os desprazamentos do alumnado, necesarios para realizar prácticas fora do municipio da Coruña, serán a cargo da empresa adxudicataria, non repercutindo nunca este custo nas persoas beneficiarias da formación. h) A selección do alumnado será competencia do Concello. A empresa adxudicataria poderá realizar a selección do alumnado, sempre baixo a supervisión do equipo técnico municipal. i)

O prezo da adxudicación incluirá todos os gastos necesarios para a impartición do curso, incluído o Seguro de Accidentes e de Responsabilidade Civil, ambos para a parte teórica e para as prácticas, debendo presentar a empresa licitadora as correspondentes pólizas antes do seu inicio. No caso que o licitador teña unha póliza xeral para atender as posibles incidencias que se produzan durante a execución de cada acción formativa , a entidade aseguradora deberá emitir un certificado onde conste o compromiso de cumprimento das obrigas de cobertura do seguro, específico para cada lote do que sexa adxudicataria. O seguro deberá cubrir tanto os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento do curso, como os do traxecto ao lugar de impartición das clases e das prácticas. A súa duración comprenderá o período de duración do curso, incluíndo expresamente as prácticas cando estas realícense, sen que poida admitirse restrición nin exclusión algunha por razón do medio de transporte utilizado. Non se admitirán pólizas con franquías. Estarán incluídos os gastos de seguro de accidentes dos participantes e o importe da póliza de responsabilidade civil para facer fronte aos riscos que para os bens e as persoas poidan derivarse da realización de actividades relacionadas co curso, incluídas as prácticas que se realicen nas empresas. O seguro deberá ter a seguinte cobertura mínima: • En caso de morte: 60.000,00 euros • No caso de invalidez permanente: 60:000,00 euros • Asistencia médico – farmacéutica: durante un ano para partir do sinistro.

j)

Os módulos de prácticas profesionais, cando estean programados, deberán de formalizarse a través de convenios de colaboración entre a adxudicataria e a/as empresas de prácticas, sendo xestionadas baixo a supervisión e control do equipo técnico do Servizo. Estes convenios suporán, en todo caso, a cooperación voluntaria do empresariado, polo

10

IDENTIFICADORES

DOCUMENTO

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b: 69359|71123

Documento de TREWA: pliego programa mantenimiento_gl

FIRMAS

OTROS DATOS

Código para validación: HHQ1W-03EOI-CLJXJ Fecha de emisión: 7 de abril de 2016 a las 13:24:40 Página 11 de 11

ESTADO

El documento ha sido firmado por : 1.- J. DPTO. EMPLEO de AYTO.CORUÑA.Firmado 19/02/2016 12:14

FIRMADO

Dependencia: Servizo Municipal de Emprego e Empresa Expediente: Prego de prescricións técnicas para a contratación de cursos no Servizo Municipal de Emprego ano 2016 Ref.:

Esta es una copia impresa del documento electrónico (Ref: 587544 HHQ1W-03EOI-CLJXJ C5B6F6C4AA8EA89B02CC0AA4073065C482E6ACC3) generada con la aplicación informática Firmadoc. El documento está FIRMADO. Mediante el código de verificación puede comprobar la validez de la firma electrónica de los documentos firmados en la dirección web que le proporciona la entidad emisora de este documento.

que dentro do prezo de adxudicación non se incluirá ningunha remuneración pola súa participación. k) As empresas adxudicatarias deberán realizar a tutorización do alumnado coa periodicidade, soportes e formatos que determine a dirección do Servizo. O persoal técnico do Servizo supervisará dita tutorización. l)

As empresas adxudicatarias entregarán unha Memoria Final que incluirá as actividades realizadas, evidencias gráficas e unha avaliación final do alumnado participante, de acordo a un modelo que lle será facilitado.

m) As empresas adxudicatarias deberá achegar unha declaración expresa de aceptación das obrigacións sinaladas nestas especificacións, debidamente asinada pola persoa responsable da mesma. n)

As empresas licitadoras poderán presentar oferta polos lotes independentes.

A Coruña, Xefe de Departamento de Emprego

Emilio Lesta Casal

11

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.