Galego # Gallego

Lengua gallega # Lingüísitica. Fonoloxía. Sintaxe. Morfoloxía. Nome. Adxectivo. Pronome. Adverbio. Sistema verbal. Semántica

19 downloads 264 Views 58KB Size

Recommend Stories

Story Transcript

GALEGO DE COU 1.− Lingüística interna: Bloque 1º Sintaxe: 1.− A sintaxe: obxecto de estudio 2.− Unidades sintácticas: frase, cláusula, oración. 3.− Relacións sintácticas: conectivas e funcionais. 4.− Análise de unidades sintácticas. Bloque 2º Fonoloxía: 1.− A fonoloxía: obxecto de estudio. 2.− O sistema vocálico e consonántico dende a prespectiva fonolóxica. Bloque 3º Morfoloxía: 1.− A morfoloxía: obxecto de estudio. 2.− Estudio das unidades morfolóxicas: clase sustantivo, clase artigo, clase pronome,... Bloque 4º Léxico− Semántico: 1.− A formación do léxico: procedementos para a creación de novas plantas. 2.− A formación histórica do léxico: léxico patrimonial, culto e semiculto. 2.− Lingüística Externa: 1.− A formación da lingua galega: elementos que interveñen nese proceso. 2.− As variedades xeográficas da lingua galega. 3.− As variedades sociais e contextuais. 4.− As interferencias lingüísticas. 5.− O conflicto lingüístico. 6.− As linguas minorizadas. 7.− A formación do galego estándar. 8.− Temas monográficos da Hª da lingua.

1

________________________________________________________________________________ BLOQUE 2º: FONOLOXÍA 1.− A fonoloxía: obxecto de estudio. A linguaxe humana está constituída por un sistema de sons. En principio é oralmente, xa que a lingua escrita é posterior a oral, e o seu contido é a representación de símbolos. O home é capaz de producir infinidade de sons, sen embargo, para comunicarnos utilizamos un número limitado de sons. Cada falante usa sons similares, pero non son iguais os dos demais. Un mesmo falante o longo do día é incapaz de pronunciar un son igual. Desta maneira chegamos o concepto de fonema. Fonema Unidade abstracta de carácter fónico, que a demáis é comun a tódolos falantes da mesma lingua, e permite diferenciar significados. Deles ocúpase a fonoloxía. Os sóns son ocupados pola fonética. 2.− O sistema vocálico e consonántico dende a prespectiva fonolóxica. Sistema de 26 fonemas. Os parámetros que utilizamos para definilos son tres, que os lingüistas defínelos como punto de articulación, facendo referencia a órganos da boca que interveñen na realización de fonemas; o modo de articulación refírese a maneira en como sae o aire para a realización dos fonemas. Outro apartado é o parámetro de sonoridade, segundo vibran as cordas vocais permíten caracterizar os fonemas. A partir dos 26 fonemas xa solo son sons. O sistema de fonemas divídese en 2: vocálico de 7 e consoántico. • Vocálico Son todas sonoras en principio. Na súa emisión hai facilidade para a saída do aire. As vocais teñen capacidade de formar sílabas. Distinguimos 2 series: As de abertura media son fonemas porque distinguimos ven as palabras. • Consonántico Hai 19 fonemas que nos imos representar mediante o alfabeto fonético (R.E.F.), xa que os fonemas teñen o seu peculiar xeito de representación. Imos seguir sobre todo o parámetro do modo de articulación. −O carácter oclusivo reside nunha pechación total e posteriormente o aire sae violentamente. −O caráter fricativo reside nun rozamento do aire cara o exterior. −O carácter africado consta de dous momentos de formación: no 1º momento de pechación total, e o 2º é de rozamento. −O carácter nasal é o que parte de saír do naríz. Hai quen considera que −nh non é un fonema, e falan dunha variante de n alveolar. Hoxe en día hai tendencia a citala como un fonema. −O carácter líquido reside en que son consoantes que se poden mesturar con outras. Hai unha serie de fenómenos que se producen na fala que afectan tanto o vocalismo como o consonantismo. • Con respecto o vocalismo podemos distinguir 2 grupos: 2

• Con respecto o consonantismo: 2.1− Sílaba e acentuación Cada un dos golpes de voz con que pronunciamos unha palabra é a unidade inmediatamente superior fonema, distinguimos entre sílabas simples e complexas. Denominaremos sílaba simple a única constituída por vocais. Dentro das complexas distinguiremos a C + V, complexa libre e a complexa travada. As letras (a, e, o) + (i, u) forman un diptongo. Distinguiremos crecentes (ia, ie, io, iu, ua, ue, uo) e drecrecentes (ai, ei, oi, au, eu, ou). BLOQUE 1º: SINTAXE Pasar da Fonoloxía a Sintaxe supón un salto nos compoñentes fónicos da palabra a un estudio das relacións entre palabras para constituíren unidades superiores a ela. Esas unidades de estudio da sintaxe son básicamente 3: a frase, a cláusula e a oración. 2.− Unidades sintácticas: frase, cláusula, oración • A Frase E unha unidade de tipo intermedio entre a inmediatamente inferior a ela e a superior. E a 1ª unidade en que se agrupan as palabras coa finalidade de desempeñar unha determinada función dentro da unidade superior a ela, dentro da cal a frase queda integrada. Establecemos dous grandes grupos: 1º.− Frases que os seus elementos integrantes están nunha relación de subordinación, hai un elemento básico esencial que ten autonomía e un segundo elemento que é opcional (Núcleo e modificador) Mercou libros vellos Mercou libros 2º.− Teñen os seus elementos integrantes nunha relación de interordenación. Neste caso non temos un elemento principal e outro secundario, senon que os elementos integrantes condiciónanse mutuamente entre sí. Relación de reciprocidade mútua. Vive nesa cidade • 1º Grupo Frases con elementos integrantes, en relación de subordinación. Este tipo ven dado polo carácter obrigatorio (núcleo). O núcleo permítenos catalogar ante que tipo de frase estamos. − Frase nominal Presenta como núcleo un nome ou pronome. Pode ir acompañado de outros elementos, como determinantes, modificadores. Coñecemos como determinantes toda a serie de palabras que teñen como función concretar o significado do núcleo da F. N. ( Eses libros vellos ), significación gramatical. A súa posición xeral soe ser antes do núcleo, pero non sempre. Hai casos de postposición. O núcleo vai ser un nome ou pronome persoal ou doutro tipo. No caso de que sea un P. P. Van a entrar os pronomes da serie tónica. Hai que ter en conta o proceso de sustantivación, palabras que non son sustantivos pero pasan a ser o núcleo gracias o artigo (Ex: Gústame o azul)

3

O espacio modificado son as secuencias de carácter opcional que aportan información sobre o núcleo. • Frase Adxectival Vai haber unha relación entre o núcleo e modificador (pode aparecer ou non). Como modificadores poden aparecer o adverbio ou a frase preposicional. Canso Moi canso Estou canso de traballo • Frase adverbial Igual extructura que o anterior. (núcleo − modificador). Como modificadores poden aparecer: adverbio, frase preposicional. Vive lonxe Vive moi lonxe Vive moi lonxe de aquí • 2º Grupo Os elementos integrantes están nunha relación de interordenación. Non existe a relación núcleo−modificador. A representante e a Frase Preposicional • Frase Preposicional Presenta a extructura de enlace cun término de relación. Entre enlace e término hai interordenación. Como término pode aparecer frases nominais (En esa cidade) e frases adxectivais, frases adverbiais. Ademáis de extructuras simples podemos atoparnos con frases compostas, cando estamos ante frases do mesmo tipo, aparecen coordenadas entre sí (Frase Nominal Composta) • A Clausula Simple Estamos ante unha unidade de carácter intermedio, inmediatamente inferior a oración. E a unidade na cal se integran as frases, desempeñando determinadas funcións. E a unidade que posue a función comunicativa, unha unidade dotada de sentido completo. Posue tamén a escritura predicativa (que ten que ter un verbo). As frases aparecen integradas na cláusula desempeñando diversas funcións: 1º.− Función Suxeito Dende o punto de vista semántico, indica quen realiza a acción verbal. Sintácticamente está tramitada por unha frase nominal. Máis excepcionalmente o suxeito pode aparecer tramitado por unha frase preposicional (entre, ata) Ex: Ata os seus enimigos o deloitaban. Este suxeito pode estar tramitado por frases simples ou compostas. A ausencia de suxeito da lugar a cláusulas impersoais. Podemos distinguir varios tipos de cláusulas impersoais. −Falsas impersoais o suxeito non aparece explícito, pero o contexto permite recuperalo. Ex: Colle o tren −Propiamente impersoais non hai posibilidade de repoñer o suxeito. Hai outros tipos:

4

−Impersoais naturais Fenómenos de tipo metereolóxico ou natural. −Impersoais gramaticalizadas Verbos do tipo haber, facer, cedo, tarde. −Impersoais reflexas Construidas co pronome persoal, véndese, cómese. • Método para identificar a función suxeito: • Preguntamento o verbo de quen ou que • Transformación a pasiva, o cal o suposto suxeito pasa a ser complemento axente. • A orde de elementos. 2º.− Función Predicado Semánticamente o resto da secuencia dentro da cláusula que aporta información sobre o suxeito. Sintácticamente está tramitado por unha frase verbal. Segundo a natureza do verbo temos dous tipos básicos de cláusula: −Cláusula atributiva Son aquelas que a frase verbal está constituído por un verbo que se coñece como verbo copulativo e tamén o atributo. Os verbos copulativos non teñen contido semántico, actúan como un nexo entre suxeito e atributo. Incluso suprimindo a forma verbal, o sentido da secuencia séguese mantendo (ser, estar, parecer, semellar). As unidades que poden tramitar a función atributo son as seguintes. F.N. Pedro é alcalde. F. Adx. Estaba farto de comer. F. Prep. Pepe é de Santiago F. Adv. Elas són así. Relacionadas coas cláusulas atributivas temos as cláusulas de carácter pasivo, pasivas, construidas co verbo ser igual que as anteriores, pero leva tamén un participio. Nos analizaremos (ser + participio) como núcleo. O que acompaña e un complemento axente, está tramitado por unha frase preposicional usando a preposición por de enlace (Ex: Foron avisados pola policía) −Non atributivas Leva o verbo non copulativo máis complementos ( C.D., C.I., C.C., Suplemento e predicativo). −Complemento Directo E o tipo de complemento que restrinxe a significación do verbo. A posición xeral é despois do verbo pero hai casos tamén de ateposición (Ex: Merquei un libro onte Un libro merquei onte). O normal é que esté tramitado por unha frase nominal. Tamén hai casos no que está tramitado por unha frase preposicional. Isto ocurre cando fai referencia a persoas ou cousas, e toma como enlace a preposición a (Ex: Levo a María Lévoa) Como criterios de identificación poden ser: • Preguntamento do verbo de que ou quen. • Pasándoa a pasiva, que o C.D. pasaría a ser suxeito. • Sustitución por un pronome persoal átono. O C. D. Pode ser un pronome: −Complemento Directo Pleonástico E un procedemento para resaltar o C. D. Consiste na situación do C. D: nos comezos da secuencia e a posterior reiteración mediante un pronome (Ex: As chaves perdínas na praia ) −Complemento Indirecto Indica o destinatario da acción verbal. As unidades que o tramitan son a frase 5

preposicional (a, para). Como consecuencia o proceso de identificación é o de preguntar quen ou para quen. Hai casos en que o C. I. É un pronome −Complemento Indirecto Pleonástico Serve para resaltar o C. I. Nunha secuencia. Consiste na situación do C. I. A comezos da secuencia e a posterior reiteración mediate un pronome que tramita ese C. I. (Ex: Os nenos dilles .... ) −Complemento Predicativo E un tipo de complemento que está tramitado por unha frase adxectival e refírese simultaneamente a suxeito da cláusula e mesmo a súa forma verbal. −Suplemento E similar o C. D. Porque tamén limita a significación do verbo. Sen embargo sempre vai estar tramitado por unha frase preposicional. (Ex: Pensou o problema Pensouno Pensou no problema Pensou nel ). E sustituible por calquera pronome da serie tónica. −Complmento Circunstancial E un tipo de complemento moi variado, xa que depende do que exprese, temos varios tipos de circunstancias. As unidades que o tramitan son a frase nominal (Ex: Chego hoxe a tarde ), frase preposicional , frase adverbial. • A Cláusula Complexa Unidade de carácter intermedio, entre a cláusula simple e a oración. Unha cláusula é complexa cando no seu interior posúe outra cláusula desempeñando unha determinada función. Hai entón unha cláusula principal (marco) e outras cláusulas subordinadas a esta 1ª, desempeñando unha determinada función. Estas clásulas subordinadas poden ser de 3 tipos: −Subordinación substantiva Na relación que se establece entre cláusula principal e cláusula subordinada. A cláusula subordinada substantiva cumpre a mesma función que cumpriría unha frase nominal na cláusula simple. • Subor. Substantiva en función suxeito Equivalen a unha frase nominal suxeito na cláusula simple (Ex: Que poida vivir así é imposible ) • Subor. Substantiva en función atributo Equivalen a unha frase nominal atributo nunha cláusula simple (Ex: A realidade é que non temos tempo) • Subor. Substantiva en función C. D. Equivalen a unha frase nominal C. D. Na cláusula simple. Os nexos introductores son que e se (Ex: Prefiro que cabes Dime se pensas asistir a festa de ... ) • Subor. Substantiva en función Suplemento Equivalen a unha frase preposicional en función suplemento na cláusula simple. O nexo introductor é a preposición de na maioría dos casos e o nexo subordinante que. (Ex: Os organizadores trataron de que saíse todo ben Queixouse de que había moito tráfico ) • Subor. Substantiva en función C. I. Equivalen a unha frase preposicional C. I. Na cláusula simple. Os nexos introductores son pa, para, a forma que ou quen. (Ex: Darei a venvida os que cheguen primeiro ) −Subordinada Adxectiva A relación é a mesma que se establece na frase nominal, entre núcleo e modificador. O que acontece é que o modificador no canto de ser un adxectivo é toda unha cláusula completa. Tamén son denominadas cláusula de relativo porque o nexo introductor é un nexo relativo (que, quen, cal, cales). Estes pronomes relativos na cláusula adxectiva, fan referencia sempre a un sustantivo anterior, que 6

denominamos antecedente. (Ex: Os mobles que mercaches onte son moi funcionais ) −Subordinada Adverbial A relación que se establece é a mesma que un adverbio na cláusula simple, complemento circunstancial. Podemos indicar 3 tipos: • Subor. Adverbial en función lugar A cláusula subordinada fai a mesma función que un C. C. L. Na cláusula simple. O nexo introductor é a partícula onde. (Ex: Deixa o libro onde estaba • Subor. Adverbial en función tempo A mesma función que o C. C. T. Na cláusula simple. Nexos cando, mentre, namentres, entrementes... (Ex: Saían eles cando chegaba o pai ). Outros nexos son antes que, antes de que, despois que, despois de que... • Subor. Adverbial en función modo Equiva... Nexos como, según, conforme (Ex: Fíxoo segundo lle dixeron ) • A Oración A gramática tradicional tiña un concepto erróneo de oración, o sea, induía na clase de oración o que en realidade eran cláusulas complexas. Nos entendemos por oración aquela unidade constituída por duas ou máis cláusulas no nivel inmediatamente inferior de análise. Distinguimos dous tipos básicos de oración: oración coordenada e oración bipolar. −Oración Coordenada: • Oración Coordenada Copulativa As cláusulas que a configuran teñen un resultado de suma ou adición. Os nexos introductores son e e máis e a forma nín (para copulación negativa) Ex: Non o sei nin me importa sabelo • Oración Coordenada Disxuntiva As cláusulas que a configuran teñen olvídao para sempre −Oración Bipolar Neste tipo as cláusulas están nunha relación de nterdependencia (Necesítanse mutuamente elas duas. Ex: Se ves conmigo douche un caramelo • Oración Bipolar Adversativa A gramática tradicional inclúea na nexos pero, senón, senon que, sen embargo • Oración Bipolar Causal Duas cláusulas unidas polo nexo que indican casualidade. Porque, pois, posto que, por mor de que, por causa de que. • Oración Bipolar Consecutiva Unha cláusula expresa a consecuencia da outra . así que, de modo que, de maneira que, polo tanto, dexeito que • Oración Bipolar Concesiva Unha das cláusulas expresa unha dificultade para o cumprimento da acción, pero non impide a total realización. Ainda ou inda que, a pesar de que • Oración Bipolar Condicional Se, con tal que, con tal de que, sempre que, 7

TEMAS DE 4 PUNTOS 1.− Elementos que interviron no proceso de formación da lingua 1º.− Linguas que conforman o galego actual En canto lingua románica, a malloría do seu léxico provén do Latín, pero non na súa totalidade, hai outros elementos que interviron na formacción do galego como son: −Léxico Prelatino Englobamos aquí unhas palabras dunha serie de pobos asentados en Galicia antes da Romanización. Moitas destas palabras prelatinas atribúense a unha posible orixe céltica (Ex: camisa, cervexa, carro, camiño, beizos) −O Latín E o compoñente maioritario do léxico galego. A Romanización e a posterior implantación do Latín levouse a cabo en tres fases: 1º.− Expedición de Décimo Xunio Bruto Limitouse o Sur de Galicia, principalmente na costa. 2º.− Expedición de Xulio César. 3º.− Octavio Augusto Esta supón a total sumisión de diversos pobos, desde Galicia o País Vasco. −Léxico Postlatino Desaparecido o imperio romano vanse a sentar unha serie de pobos que van a deixar a súa influencia no léxico do galego. Temos así o aporte Xermánico (suevos e visigodos). Chegaron no S. V. A súa influencia lingüística foi reducida debido o seu escaso nº, e a súa excasa formación cultural. Acabáronse Romanizando eles. O léxico que nos deixaron está referido o mundo guerreiro (Ex: frecha, guerra, orgullo, branco). Tamén nos deixaron topónimos rematados en −iz e −mil (Ex: Mondariz, Samil). Tamén antropónimos (Ex: Luís, Rodrigo, Fernando). A influencia Arabe. Chegaron no S. VIII (711). A súa influencia no léxico é indirecta, a través do Francés, Castelán (Ex: alcalde, algodón, alcachofa, almofada) Constituído xa o galego como lingua fixada, na idade media e posteriormente seguiu recibindo novas aportacións léxicas, de linguas como o Francés, Italiano (Ex: piano, sonata). 2.− As variedades xeográficas da lingua galega Son as variedades que se producen na lingua tendo enconta a zona donde se habita. Son estudiadas pola dialectoloxía. Para establecer as variedades xeográficas os lingüístas teñen en conta unha serie de fenómenos dialectais. Salientaremos algun destes fenómenos que valen para clasificar as variedades xeográficas. • O Seseo ausencia de / / • A Gheada ausencia de /g / • Os plurais dos nomes rematados en −n no singular. Con este fenómeno podemos encontrarnos con 3 solucións. 1.− Formación de plural mediante adición de −s (can cans) 2.− Formación do plural mediante supresión de −n (can cás) 3.− Supresión da secuencia −is (can casi) • −num (germanum) Temos duas solucións mayoritarias 1.− Non distinción do xénero. Unha terminación para ambos sexos (o irmán, a irmán) 8

2.− Distinción do xénero (o irmao, a irmá) • Variacións nos diptongos: / oi / noite, moito / oi / −− / ui / noite, muito • Sistema de demostrativos a nivel xeográfico: / e / este, esta , esto / i / para o masculino (iste, esta, esto) / i / para o neutro (este, esta , isto) • Sis tema de pronomes persoais As variacións que producen no sistema de pronomes persoais tamén nos poden servir para caracterizar as variedades xeográficas. 2ª ti / tu 3ª el / il Tendo en conta toda esta serie de fenómenos e algúns outros que se producen nos verbos, podemos establecer as variedades xeográficas do galego. Así podemos distinguir a chamada zona ou bloque: • Occidental ( A Coruña e Pontevedra). − Seseo − Gheada − Plural en −ns − Non distinción do xénero − Ti, el − Con í no neutro • Central −Non seseo −Non gheada −Plural en −s con supresión da −n −Distinción −ao / −a

9

−Diptongo / oi / en xeral −Poden aparecer demostrativos con −i no masculino (iste, ese) • Oriental −Non seseo −En xeral, non gheada − Distinción −ao / −a −Plural en −is (casi, camiois) 3.− Variedades sociais e contextuais • Variedades Sociais Estes tipos de variacións poden vir motivados pola clase social a que pertencen o falante pola súa profesión, nivel cultural, académico,... Son estudiadas pola sociolingüistica. Podemos distinguir varios tipos: 1.− Subcódigos Son variedades que veñen producidas polo ámbito profesional o que pertence o falante. Cada profesión posúe un léxico expecífico. Isto configura un subcódigo (médico, xudicial, administrativo,...) 2.− Xergas É un tipo de variedade social que procura o ermetismo, para evitar ser comprendidos por persoas alleas a ese grupo. E propia dun determinado colectivo social que a utiliza para autocaracterizarse como grupo e o mesmo tempo evitar ser comprendidos por outros grupos. En Galicia, cada oficio tiña unha xerga característica : cabaqueiros, canteiros,... 3.− Calón Esta variedade caracterízase porque o léxico que a configura non é un léxico inventado senón que está formado por palabras de lingua común pero otorgándolle novos significados. Ex. Viaxe (alucinación) • Variedades Contextuais Non son as variedades xeográficas nin as sociais as únicas existentes nunha lingua, xa que un mesmo individuo pode expresarse de diferente forma dentro do contexto en que se atopa. Son as chamadas variedades contextuais, tamén denominadas niveis ou rexistros de lingua. Distinguimos basicamente dous: 1.− Nivel coloquial aqueles actos de fala no que predomina ante todo a comunicación. Atenden a unha finalidade puramente práctica, que é a comunicación cotiá. O léxico non soe ser coidado, e poden aparecer vulgarismos, castelanismos, dialectismos. 2.− Nivel culto ou científico aqueles actos de fala que veñen motivados por unha actividade intelectual ou científico. O léxico utilizado non é espontaneo, senón que está escollido e apréciase unha gran preocupación pola gramática. BLOQUE 3º: MORFOLOXÍA (2º Evaluación) Pasar do plano sintáctico o morfolóxico supón establecer un paso de estudiar como se relacionan as palabras entre sí, a estudiar as palabras en sí mesmo, en tanto que son supceptibles en canto composición. Délo 10

ocúpase a morfoloxía, que xunto ca sintaxe configuran o propio extracto gramatical dunha lingua. Fonoloxía−Léxico por outra parte son satélites. Centrarémonos na morfoloxía, esta clasifica as palabras tendo en conta as súas características. Distinguiremos 2 tipos: 1.− Variable Estas presentan alteracións (xénero ou nº). Aquí englobamos a clase nome (sustantivo e adxectivo), pronome (demostrativo, posesivo, persoal, indefinido, numeral), artigo e verbo. 2.− Invariable Estas non presentan estas variacións. Aquí englobamos o adverbio, preposición e a conxunción. O NOME • Sustantivo 1.− Caracterización semántica Os sustantivos denotan entidades fronte o adxectivo que denota variedades. Estas entidades poden ser seres vivos, cousas inanimadas ou conceptos abstractos. Constitúen un inventario en contínua evolución, xa que en calquera momento pode ser ampliado mediante unha serie de mecanismos (incorporación de novos sustantivos que designan conceptos modernos; incorporación de préstamos doutras linguas; formación de novos sustantivos mediante procedementos que a lingua posee en sí mesma). Non son un mecanismo pechado de elementos como poden ser as preposicións). 2.− Clasificación semántica 3.− Caracterización morfolóxica E unha clase de palabras variable, iso implica xénero e nº. −Xénero (fotocopia 1) −Número: E a oposición básica entre singular (un individuo dunha especie) e o plural (máis dun individuo dunha especie). Ainda que hai sustantivos que soo teñen plural e non singular (Ex: cóxegas) −Regras de formación do plural en palabras simples: 1.− Rematados en vocal −s 2.− Rematados en consoante −n −s 3.− Rematados en consoante diferente de −n, −l −es 4.− Sustantantivas rematadas en −l: −Polisílabas agudas −is −Monosílabas ou graves −es

11

−Regras de formación do plural en palabras compostas: Os sustantivos de carácter composto sobre a formación do simple seguen a regra do simple. Parasol Parasoles / Parasois Cando o sustantivo está formado por 2 secuencias onde o grao de unión non é total levan marca de plural os 2 elementos. Garda civil Gardas civís Cando ten os seus elementos integrantes unidos entre sí, mediante unha preposición, neste caso soo leva marca de plural o 1º elemento. Estrela de mar Estrelas de mar • Adxectivo 1.−Xénero−número Segue os parámetros do nome sustantivo. 2.− Gradación A cualidade expresada polo adxectivo, pode presentarse tal como está (grao positivo), ou sometida a un proceso de determinadas tensións expresivas. Temos así os graos comparativo e superlativo. −Estructura do grao comparativo: Compara a cualidade atribuida a un sustantivo en relación coa mesma cualidade referida a outro sustantivo. Distinguimos un esquema comparativo de igualdade, inferiodidade e superiodidade: −Estructura do grao Superlativo: A cualidade atribuida a un sustantivo, parece expresada no seu grao máximo ou mínimo. Temos unha forma sintéctica de superlativo, mediante sufixos −ísimo ou −érrimo, e temos unha forma analítica, mediante a estructura moi + adxectivo Os adxectivos, bo−malo, alto−baixo, grande−pequeño, sabemos que presentan unhas formas específicas tanto de comparativo como de superlativo. −Formas comparativas bo−malo mellor−peor alto−baixo superior−inferior grande−pequeño maior−menor −Formas superlativas bo−malo óptimo−pésimo alto−baixo supremo−ínfimo

12

grande−pequeño máximo−mínimo ARTIGO 1.− Contextualización da 2ª forma (−lo, −la, −los, −las) −Representación gráfica con guión. 1.− Forma verbal rematada en −r ou −s. 2.− Pronomes persoais (no−lo, vo−lo,...) 3.− Partícula interrogativa (u−lo, u−la) −Representación sen guión. 1.− Tódolos, tódalas, ámbolos, ámbalas. 2.− Polo (s), pola (s), tralo (s), trala (s). 3.− Mailo (s), maila (s). 2.− Valor do artigo determinado −Valor xenérico o artigo vai precedendo a un sustantivo que indica toda unha clase de individuos. O home é mortal / Tódolos −Valor distributivo acompañando a valores que indican peso ou medida. Son a 20 ptas. / o quilo −Valor posesivo acompañando a sustantivos que fan referencia a unha entidade propia do individuo. Roubáronme a carteira −Valor enfático valor puramente expresivo. A de cousas que hai que oir O PRONOME • Demostrativos 1.− Morfoloxía (buscar pola nosa conta) 2.− Sintaxe dos demostrativos Pertencente o grupo dos determinantes, a súa posición é antes do núcleo, pero podemos encontrarnos casos de postposición, cando o demostrativo ten unha función evocadora. Cando o demostrativo vai en posición prenuclear, a súa posición e incompatible co artigo. Se o demostrativo pasa a postposición, entón hai compatibilidade (a auga esta− a esta auga). 13

3.− Semántica do demostrativo A parte do significado habitual que é indicar a situación dun obxecto no espacio, pode presentar outros valores específicos como: −Valor sustantival cando se comporta como un verdadeiro sustantivo aquel −Valor adverbial aparece cas formas nisto e niso. −nisto (neste momento) −niso (nese momento) Tamén aparece ca forma daquela (naquel tempo pasado). Estas formas adquiren un valor adverbial. −Valor consecutivo equivale a unha partícula consecutiva. Aparece ca forma daquela (Naquel tempo). −Valor verbal podemos formar a partir de daquel un verbo (aquelar,...) −Valor despectivo aparece ca forma s cando vai despois de sustantivo. • Posesivo 1.− Morfoloxía (buscar pola nosa conta) 2.− Sintaxe dos posesivos Xeralmente funciona como determinante na F. N e a súa posición xeral é antes do núcleo, pero é tamén posible a postposición (o meu libro / o libro meu). En posición prenuclear é obrigatorio que o posesivo vaia precedido de artigo. Unicamente é posible a súa omisión cando vai acompañando a sustantivos que implican parentesco. En vocación é posible tamén a omisión do posesivo. 3.− Semántica do posesivo A parte do significado habitual, pode presentar outros valores específicos como: −Valor de propiedade exclusiva indica que o sustantivo o cal se refire é de posesión exclusiva (meu, teu, seu, noso, voso, seus). Son formas inmovilizadas de xénero e nº. −Valor de seu por natureza, por sí mesmo. −Valor distributivo candansuas, cadanseus. Vai acompañados de obxecto. −Valor aproximativo posesivo cando vai con numerais ten valor aproximativo. −Valor de habitualidade Sempre toma o seu café −Valor referido o ámbito familiar Os meus, os teus, os seus 14

−Valor afectivo A nosa Susi −Valor de accións negativas Xa estás facendo das túas/suas • Pronome Persoal E un inventario pechado de elementos que son agrupables en 2 series: tónicos e átonos. Non constituen por tanto unha categoría homoxénea. 1.− Características da serie tónica Son formas autónomas, é dicir, poden aparecer por sí soas no enunciado. Dende o punto de vista sintáctico poden tramitar todas as funcións sintácticas existentes. A serie átona son formas que carecen dde autonomía por sí mesmas, e a súa presencia sempre está vencellada a un verbo, situándose diante ou detrás do verbo. Non teñen carácter independente. Teñen importantes restrincións funcionais (CD:, CI:, e Atributo. Estas son as que pode tramitar) S. Tónica Plural 1.− Eu min comigo 2.− Ti contigo (vostede) 3.− El/−a si consigo 1.− Nós (nosoutros) connosco 2.− Vós (vosoutros) convosco (vostedes) 3.− Eles/−as si consigo S. Atona Plural 1.− Me nos 2.− Te / Che vos 3.− Lle, o, a, se lles, os, as, se Observacións da serie Tónica −min Obrigado en contextos preposicionais e comparativos. −comigo A forma conmigo considérase castelanismo. −Vostede/−es Estas formas denomínanse formas de cortesía e levan verbo na 3ª a pesar de referirse a 2ª. −si /consigo Son formas reflexivas. −el/−a Contraen na escrita cas preposicións del/−es

15

−Existe unha diferencia entre nós, vós e nosoutros, vosoutros. Nós,vós Fan referencia a un grupo amplo de individuos, a totalidade. Nosoutros, vosoutros Significación limitada. Observacións sobre o singular As formas sintácticas que pode tramiotar a forma me: −CD Leváronme −CI Leváronme libros −Reflexivo −Te CD e Reflexivo −Che CI −Lle CI −o,a CD −se Reflexivo lo,la (verbos rematados en −s e −r) Contas + o / Cóntalo no,na (verbos rematados en diptongo) contou + o / Contouno o, a cóntao Observacións no plural −nos CD, CI, Reflexivo −vos CD, CI, Recíproco −lle CI −os,as CD −se Colocación de formas átonas na frase Posto que carecen de autonomía, a súa presencia na frase vai estar en relación co verbo, situándose ou ben antes del (posición proclítica) ou ben despois del (posición enclítica). As formas átonas nunca poden aparecer en posición inicial absoluta. Nas cláusulas simples ou na principal dentro dunha complexa, a posición é enclítica (déixao .../ díxenlle...) ainda que é posible a proclise, en oración de carácter negativo e tamén en interrogativas e exclamativas. Tamén é posible a anteposición cando temos unha orden non habitual dos elementos que entran a tramitar diferentes funcións sintácticas (cousas fermosas lles regalaron). 16

Colocación das formas átonas en relación o indefinido O pronome átono non ten un comportamento homoxéneo con relación os indefinidos. Hai unha serie de indefinidos que fan que o pronome átono vaia antes do verbo, pero hai outra serie de indefinidos que fan que vaian despois. −Indefinidos (antes do verbo) Ninguén, nada, ningún Algo, alguén, ambos, entrambos, mesmo, todo −Indefinidos (depois do verbo) Cada, varios/−as, certo/−a/−os/−as Comportamento do pronome átono en relación cos adverbios Ocorre o mesmo caso que o anterior, non hai unha unimidade. Adverbios (pr. Antes do verbo) O pronome vai antes do verbo cos adverbios de dúbida (quizáis, saibao). Tamén con xa, sempre, só, ainda) Adverbios (pr. Despois do verbo) Son a maioría de adverbios de tempo e lugar. Colocación de formas átonas en cláusulas subrodinadas Nas cláusulas subordinadas, dentro dunha cláusula complexa os pronomes átonos van antes da forma verbal. Colocación de formas átona en perífrasis verbais Unha perífrasis é unha extructura verbal formada por 2 formas verbais unidas entre sí por un nexo. Podemos 3 posibles colocacións das formas átonas: 1.− Ténocho que dar 2.− Teño que darcho 3.− Teño que cho dar Te (CD) − Se existe CD Che Che(CI) − Se non existe CD Te • Pronomes Relativos E un tipo de pronomes con valor relacionante, é dicir, poñen en contacto unha cláusula adxectiva en función modificador co núcleo da F.N., o cal modifica. Ten un valor de unión. Non constitúen un inventario homoxéneo, xa que hai unhas formas de carácter variable frentes as formas invariables. 17

Formas invariable do relativo −Que E o relativo de maior uso na fala, xa que ten a posibilidade de referirse o núcleo da F.N., sexa este do tipo que sexa. E frecuente que na fala apareza precedido de artigo ( deixo a casa en que nacín /Deixo a casa na que nacín). −Quen o seu antecedente está referido únicamente a persoas. Como forma quenes é un castelanismo. Entra a formar parte de numerosas expresións, de numerosas frases feitas (facer coma quen no sentido de aparentar)(ser quen/ non ser que no sentido de ser capaz de facer algunha cousa) Formas invariables −Cal/−es A forma cal non é moi utilizada na fala, soe sustituirse pola forma que. A razón pola que estou aquí −Canto/−a/−os/−as • Pronomes Interrogativos −Que Admite os 2 usos (interrogativo e exclamativo) −Quen Admite os 2 usos (interrogativo e exclamativo) Como interrogativo a forma quen non admite plural, por conseguinte o verbo o cal se refire vai sempre en singular, excepto co verbo ser (quen son) que admite o plural do verbo. −Cal/−es Admite os 2 usos, ainda que en exclamativo é bastante infrecuente. En relación con estos pronomes debemos mencionar as partículas onde, como, cando; considerándose adverbios pero o seu comportamento está moi próximo os relativos, podendo ser sustiruidos pola forma que (paréceme como actúa / Ali tes a estrada que vai a Guarda/O dia no que naceu). • Cuantificadores Toda unha serie de palabras que teñen unha función de tramitar unha idea de cantida, pode ser exacta ou inexacta. Falamos de numerais e indefinidos relativamente Numerais Cualificación exacta Indefinidos Cualificación inexacta. Indefinidos Expresan imprecisión con respecto a unha cantidade: −Alguén implica imprecisión relativa a identidade dunha persoa. Pode formar parte de frases feitas (ser alguén chegar a ser persoa importante) −Ninguén é o correlativo negativo frente alguén. Pode chegar a formar parte de frases feitas (Algo é algo Conformidade,resignación)

18

−Nada correlativo negativo de algo, implica a inexistencia de cousas. Pode chegar a formar parte de frases feitas (Nada de nada) −Cada Ten un valor distributivo. Este indefinido que afecta o pronome átono, provocando a súa posición enclitica (Cadaquen é un composto desta forma) −Calquera Frase feita (Ser un calquera carácter despectivo. Calqueira non existe. −Máis, menos, algúns, ningún, bastante −Ambos, entrambos (formas necesariamente de plural). Exisen a 2 forma de artigo . −Outro −Un −Todo (pode ter valor distributivo, cada elemento dentro dun grupo. (Todo home é mortal)Pode chegar a formar frases feitas (así é todo, con todo, a todo correr, a todo meter) −Varios/−as −Certo/−a/−os/−as (afectan o pronome átono, provocando a súa enclise, postverbal) O ADVERBIO E unha palabra invariable. Sintácticamente todos van tramitar a función C.C. Semanticamente expresan unha determinada circunstancia. Segundo o tipo de circunstancia temos diversas subclases de Adverbios: Adverbios de lugar Indican situación no espacio de algo ou de alguén. Hai 2 categorias: −Absolutos situan no espacio en relación o lugarr ocupado polo falante. Nunca teñen unha significación concreta. O seu significado é ocasional, depende de cada lugar en concreto no que se atopa o falante. Serie en /i/ (Aquí, alí) Serie en /a/ (Acá, Alá) Serie en /o/ (Acó, Aló) e acolá Manteñen un certo paralelismo co sistema de demostrativos a maior proximidade, e a menor proximidade (ese). −Relativos Sitúan no espacio, pero en relación coa posición dun determinado obxecto. Oposición entre: dentro−fora cerca, preto − lonxe arriba, enriba, encima − abaixo, debaixo, enbaixo

19

A distinción céntrase en que as formas a posúen unha significación máis extensa, menos precisa, por iso podemos matizar co adverbio máis. As formas con /d/ son máis concretas (non máis) Adiante, diante − atrás, detrás As formas en a posúen unha significación máis extensa por iso podemos matizar con máis. As formas con /d/ son máis limitados (máis non). atrás − Detrás se poden intercambiar en determinados contextos. −Presentativos presentan ou amosan algo que están a nosa vista. (Ex: velaquí, velaí) Ademáis destes temos que añadir as formas algures sitio que non se quere ou non se sabe precisar e ningures −Locucións adverbiais de lugar por riba, por baixo, a carón de, o pe de, a rente de, a redor de, a desmán, a contraman Adverbios de tempo Son situadores no tempo dunha acción ou un feito. Establecen unha relación con adverbios de tempo absoluto e relativos. −Absolutos Podemos establecer 2 subgrupos, segundo como tomemos como referencia o ano ou día. −Ano (antano, hogano) −Dia (onte, hoxe, maña, antonte, trasantonte, pasadomañá, agora, arestora, despois. En relación co momento puntual temos: antes, agora, arestora. −Relativos aquí imos englobar as formas aínda frente a xa, mentres. −Ainda (indica continuidade dunha acción) −Xa (indica o fin de algo que se viña producindo) −Mentres (situa unha accion simultanea doutra Temos unha nova oposición entre entón fronte daquela Temos outra oposición entre log, axiña e tarde. −Indefinidos Sempre, decote e nunca −Locucións adverbiais de tempo Temos as formas deseguida, o contado, a cotio, a tempo, as veces, de vez en cando, de tempo en tempo, de cando en vez. Adverbios de modo Expresan a maneira de ser ou de producirse algo. O procedemento máis rentable para a lingua na creación de adverbios modais é a través do adxectivo femenino, os cales se lle engade −mente (caladamente, lentamente, rapidamente). Como adverbios propios de modo temos (así, ben, mellor, mal, peor, gratis, asemade. 20

Como locucións adverbiais modais temos (a modo, de vagar, a eito, o chou, o revés, do revés, en balde, de balde) Adverbios de cantidade e precisión Expresan xeralmente unha cantidade non determinada, moitos son indefinidos pero empregados adverbialmente, inmovilizados de xénero e número (máis, menos, algo, bastante, moito, pouco). As locucións adverbiais que existen son de máis, de menos Estas 4 clases de adverbios, hoxe en día falamos de partículas de afirmación, negación e dúbida, que non vamos a incluir en adverbios. TEMAS DE 4 PUNTOS 1.− O Galego Estandar Debemos definir en principio o concepto de lingua estándar. E aquel modelo de lingua común para tódolos falantes pertencentes a unha mesma comunidade lingüística. Está por encima de todas as variedades que existan nunha lingua, tanto sociais como xeográficas. Tódalas linguas teñen o seu modelo estándar ou normativo. A lingua estándar ou normativa é a que se utiliza en contextos formalizados, é dicir, ámbito do ensino, medios de comunicación social,... Hoxe en día, no galego como noutras linguas existe un modelo estándar. No proceso de formación do modelo estándar da lingua galega atravesouse diversas fases: 1.− Etapa dialectal Despois da paréntese dos séculos escuros, cando se produce unha recuperación do uso do idioma (S. XIX), non existía un modelo de lingua a seguir, ademáis os escritores descoñecían a esistencia dun galego medieval. A propia Rosalía quéixase no prólogo do seu libro Cantares Gallegos da falta ou inexistencia dunhas mínimas regras gramaticais das que poder someterse. Os escritores comezaron entón escribindo as súas obras basándose no modelo que correspondería o seu ámbito xeográfico de orixe. Comezan reflexando na escrita o galego da súa zona. Representante desta 1ª etapa reríamos o 1º libro de Rosalía Cantares Gallegos no que aparece o seseo. 2.− Etapa interdialectal A medida que avanza o Rexurdimento, os escritore lense e coñécense entre sí e como consecuencia disto decátanse da existencia doutras posibilidades idiomáticas o que vai levar a que paulatinamente introduzan nas súas obras solucións idiomáticas propias doutras zonas xeográficas distintas a primitiva zona de orixe, por iso denominaremos fase interdialectal. 3.− Etapa supradialectal Pouco a pouco os escritores van tomando experiencia da necesidade de elaborar un modelo normativo ou extandar da lingua. Neste senso van xurdir 2 posturas. 1ª− Parte de que ese modelo estándar de lingua ten que tomar como referente as diversas variantes dialectais que existen no galego e así mesmo servirse do posible do castelán. Representante desta postura foi Saco e Arce. 2ª− Sería unha aproximación o Portugués. Representante desta postura foi Murguía. Hoxe en día, a pesar da controbersia existente entre os que buscan un modelo autóctono para o galego e aqueles que son partidiarios do achegamento o portugués (lusistas), posuímos un galego estándar. Este modelo encóntrase recollido nas normas ortográficas e morfolóxicas do galego. 2.−Diferencias lingüísticas entre o galego e o castelán 21

O contacto continuado nunha mesma sociedade entre 2 sistemas lingüísticos acaba por producir interferencias e contaxios mutuos. Por interferencia lingüística entendemos a introducción de elementos fonéticos morfosintácticos ou léxicos dunha lingua noutra veciña distorsionando a súa norma lingüística. No caso do galego o contacto que se da entre idiomas que son extructuralmente moi próximos debido a súa común orixe latina, favorece sen dúbida as interferencias. Ainda que as interferencias poden producirse nos 2 sentidos, son máis frecuentes as do castelán no galego Interferencias do castelán no plano fónico Ainda que neste apartado son as menos abundantes, podemos mencionar algunhas. −Aparición da fricativa palatal sorda / / en contextos nos que realmente debía aparecer / /, a partir dunha falsa equivalencia entre / x / e o / j / do castelán. Paisaje paisaxe Lentexa lentella Parexa parella Conexo coello Interferencias do castelán no plano morfolóxico O plano morfolóxico pódese ver bastante alterado por influencia do castelán. Entre as máis frecuentes: −Alteración do xénero en determinados sustantivos (a labor, a sangre, a árbore) −Uso do pronome persoal eu en lugar de min por interferencia de yo do castelán en contextos comparativos. Mais ca eu * mais ca min −Formación de falsos plurais nos demostrativos estos, esos * estes, eses −Pluralización do relativo interrogativo quen dando lugar a quenes (castelanismo) −Formación de falsas formas verbais por interferencia do castelán traduxo, anduven traducir, andei Interferencias no plano sintáctico Podemos indicar aquí as colocacións incorrectas de pronomes átonos: −Emprego da preposición a en perífrasis ir + infinitivo ir a cantar un conto Interferencias no plano léxico

22

E neste aspecto donde se deixa notar máis a influencia do castelán. Polo poder que ten en canto lingua prestixiada socialmente e normalizada a todos os niveis, podemos distinguir varios tipos de castelanismos no plano léxico: 1.− Un 1º tipo consiste na restricción da forma galega a determinados contextos, aparecendo en tódolos demais castelanismos. Vasoira escoba (castelanismo) para referirse as de fabricación industrial, utilización na casa,... Moa (forma galega) para referirse únicamente a pecha do muiño aparece o castelanismo (muela) para as pezas dentais. 2.− Son aquelas que se introducen na lingua baixo apariencia de formas galegas, pero realmente son interferencias. Axuntamento / Parexa parella Carreteira * estrada 3.− A forma máis radical do castelán é a sustitución da forma galega pola castelá. En zonas onde os falantes estan moi castelanizados, a forma galega chega a ser descoñecida Dios, Iglesia, A Dios * Deus, Igrexa, A Deus BLOQUE 3º: SISTEMA VERBAL. PERIFRASIS VERBAIS (3º Evaluación) Caracterización xeral do verbo galego 1.− Conxugacións: 1ª Conxug. / −ar / 2ª Conxug. / −er / 3ª Conxug. / −ir / 4ª Conxug. / −or / (Pór) 2.− Voz: −activa −pasiva ( ser + participio) 3.− Modo: −Indicativo (expresa cousas reais) −Subxuntivo (expresa cousas irreais) −Imperativo

23

4.− Tempo: −Indicativo: Presente (canto) Pluscuamperfecto (cantara) Imperfecto (cantaba) Futuro (cantarei) Perfecto (cantei) Condicional (cantaría) −Subxuntivo: Presente (cante) Imperfecto (cantase) Futuro (cantar) A todos estes hai que engadirlles as formas non persoais. En canto sistema de conxugacións distinguimos: 1.− Un carácter regular Son os verbos que poseen unha raíz que non varía o longo de todo o paradigma (cant−o/ −a/ −as/ ...) 2.− Un carácter irregular Dentro destes distinguimos varios tipos de verbos irregulares: 1º tipo cuia irregularidade consiste na intercalación da vocal −i na 1ª persoa de indicativo e en todo o presente do subxuntivo. Son os verbos rematados en −aer (traer), −oer (moer). 2º tipo (sentir, servir, mentir). A irregularidade consiste na alternancia da vocal −i fronte −e no presente de indicativo (sinto, sentes, ...) 3º tipo (subir, durmir, cubrir). A irregularidade consiste na alternancia de −u fronte −o (na 2ª, 3ª e 6ª) do presente de indicativo (subo, sobes, sobe, subimos, subides, soben). 4º tipo (facer, dicir, saber, caber). A irregularidade consiste na presentación dunha raíz específica, no perfecto, pluscuamperfecto e perfecto de subxuntivo. (dix− / soub− / coub− ). Análise morfolóxica (en compoñentes dunha forma verbal) En principio toda forma verbal consta do que se coñece co nome de tema verbal + desinencias verbais. Tema verbal: −raíz ou lexema −vocal temática Desinencias: −sufixo modo−tempo −sufixo nº e persoa. 1.− Raíz E a parte do verbo que aporta significado a este Nos chamados verbos regulares esta permanece sempre inalterable. Nos chamados verbos irregulares o normal é que aparezan 2 raíces ou lexemas. 24

1ª Tempos de presente 2ª Tempos de perfecto (perfc de ind, plusc de ind, imperf de ind) 2.− Vocal temática Denominamos vocal temática a que está antes do −r final do infinitivo: cant− A − r tem− E − r part− I − r Esta vocal permite clasificar os verbos en 3 conxugacións. O máis habitual e que estas vocais se manteñan inalterables respectivamente a cada conxugación. Sen embargo, en determinados tempos ou en determinadas persoas dun tempo verbal se produzan alteracións ou modificacións da vocal temática habitual. Nos imos estudiar estas modificacións. As perífrasis verbais Extructura formada por un verbo en forma persoal seguido dun verbo en forma non persoal (infinitivo, xerundio ou participio), entre os que pode aparecer elementos de unión ou conxunción. Dende un punto de vista semántico, as perífrasis verbais posúen unha significación unitaria, conxunta: 1.− Perífrasis Temporais Tramitan unha idea de futuridade ou tamén a idea de inminencia. −Ir + inf (Vaiamos dicir o de sempre) As veces esta perífrasis expresa intencionalidade (vou pechar a porta) −Haber + (de) + inf o valor temporal de futuridade aparece co verbo haber en presente ou imperfecto de indicativo (han (de) vir mañá), xa que cando o verbo está en perfecto de indicativo, a perífrasis tramita un contido de acción que estivo a piques de suceder, pero que o final non sucedeu (co disgusto o pai houbo (de) morrer co susto). −Estar (a/para) + inf indica que unha acción está a piques de suceder. −Querer + inf está destinada a verbos que indican fenómenos metereolóxicos pero mantense a idea de futuridade (quere saír o sol). 2.− Perífrasis Modais Tramitan unha idea de obriga, hipótese, dúbida, probabilidade. −Haber + (de) + inf matiz de obriga (As de comezar a facer os apuntes), hipótese (Ese rapáz ha de andar polos 15 anos). −Hai + que + inf indica obrigatoriedade, concebida de forma inpersoal (Hai que evitar iso por exemplo). −Ter + que + inf indica obrigatoriedade, pero máis forte cas anteriores (Por enriba de todo temos que evitalo). Pode ter a variante ter+ de + inf. −Deber + (de) + inf Pode tramitar unha orde de obriga (Agora debe (de) camiñar soo), dúbida (Debe (de) ter 15 anos). −Poder + inf Probabilidade (Pode ter 15 anos).

25

3.− Perífrasis Aspectuais −Aspectuais incohativas Serven para presentar unha acción que comeza nese momento. −Comezar a + inf −Votarse /a + inf −Dar en + inf −Romper a + inf −Poñerse a + inf −Aspectuais Imperfectivas Expresan unha acción que ainda se está realizando, soen ser perífrasis con xerundio. −Estar + xerund −Andar + xerund −Levar + xerund −Seguir + xerund −Ir + xerund −Vir + xerund −Aspectuais Perfectivas Serven para expresar unha acción acabada, soen levar participio. −Ter + participio −Dar + participio (aparece en oracións negativas tramitando unha idea de incapacidade de rematar o que se empezou Non demos atopado a casa −Levar + participio −Acabar de + inf −Vir de + inf −Aspectuais terminativas Acción no final do seu proceso. −Chegar a + inf −Acabar por + inf −Aspectuais reiterativas Acción que se repite. −Ter + participio

26

−Volver + inf BLOQUE 4º: LEXICO−SEMANTICA A Formación do léxico: procedemento para a formación de novas palabras O léxico non é algo pechado de elementos, senón que constitue un nivel dinámico en continua evolución. As linguas sempre están en predisposición de recibir palabras novas. Estes procedementos para a creación de novas palabras básicamente son de 2 tipos: procedementos internos (existentes na propia lingua) e procedementos externos (préstamos dunha lingua con respecto a outra). Procedementos de carácter interno para a creación de novas palabras 1.− Derivación Este procedemento permite crear palabras novas a partir dunha palabra orixinaria. Muiño............ re−muiño Muiñ−ada Muiñ−eiro Soe haber unha parte invariable (lexema ou raíz) a cal se lle engaden unha serie de elementos ou ben antes (prefixos) ou ben despois do lexema (sufixos). Podemos distinguir varios tipos de derivación: 1.1−Derivación prefixal Permítenos crear palabras a través de prefixos. Segundo a orixe histórica podemos ter derivación prefixal grega ou latina. 1.−Grega Os prefixos máis frecuentes en galego son: −/a−/, /an−/ Tramita a idea de negación analfabeto ateo −/anfi−/ Tramita idea de dualidade anfibio −/anti−/ Oposición, contrariedade anticonxelante −/arqui−/ Conxunto de... arquipélago −/auto−/ Que se move por sí mesmo automóvil −/dia−/ a través de diálogo diámetro −/endo−/ interiodidade endocrino endóxeno −/eu−/ idea de ben euforia eutanasia −/epi−/ superficialidade epiderme −/hemi−/ metade de hemisferio hemiciclo −/hiper−/, /hipo−/ superiodidade ou inferiodidade hipertensión hipotensión −/mono−/ idea de unidade 27

−/orto−/ ben, correcto ortografía −/para−/ idea de proximidade a parasicoloxía paraolímpico −/peri−/ arredor de perímetro −/si−/, /sin−/ conxunto, simultanedade sinfonía sinónima −/tele−/ idea de lonxe televisión 2.− Latina −/a−/, /ab−/ afastamento, separación absterme aversión −/a−/, /ad−/ aproximación adxuntar aproximación −/ambi−/ dualidade, ambiguedade ambiguo −/ante−/ anteriodiade no espacio antebrazo ou no tempo antonte −/bi−/, /bis−/ dualidade −/circun−/ arredor de circunvalación −/co−/ conxunto coordenamos correspondemos −/contra−/ oposición −/de−/ pesimismo, tendencia a peor deforma depresión −/des−/ acción contraria −/en−/, /in−/ idea de interiodidade envolver encoller −/ex−/ fora de exclamamos exportamos −/extra−/ fora de extraordinario extraoficiais −/i−/ negación −/infra−/ inferiodidade infrahumano −/intra−/, /intro−/ −/per−/ a través de perseguir percorrer −/pos−/, /post−/ posteriodidade postguerra postdata −/pre−/ anteriodidade preocuparse presentir −/pro−/ favorable a, en beneficio de proanmistia

28

−/re−/ reiteración reclamación recitar recoller −/retro−/ visión hacia atrás retrovisor −/so−/, /sub−/ debaixo de socabar soterrar submarino −/sobre−/, /super−/ superiodidade sobrenatural sobredose −/trans−/ a través de transformar transportar −/ultra−/ máis alá de ultramar −/vice−/ sustitúe a vicepresidente 1.2−Derivación sufixal 1.−Sustantival Entran aquí unha serie de sufixos que engadidos a un lexema permiten formar nomes sustantivos. −/−ado/, /−ada/ Conxunto, colectividade de profesores, alumnos rapazada niñada Institución xulgado Cantidade brazada cornada Tempo outonada invernada tempada Golpe ou instrumento navallada pedrada Acto propio de animalada parvada pallasada −/−ame/, /−amia/ conxunto, colectividade velame pelame dentame−dentamia −/−axe/ conxunto, colectividade cortinaxe plumaxe Acto propio de atenaxe abordaxe −/−dade/ para formar sustantivos abstractos bondade maldade −/−dor/ obxecto, instrumento amortecedor recolledor Lugar comedor mirador mostrador −/−dura/ obxecto, instrumento pechadura cerradura conxunto, colectividade armadura dentadura formar sustantivos abstractos verdura gordura −/−edo/, /−eda/ conxunto, colectividade viñedo alameda

29

−/−ería/ contido profesional, lugar onde se realiza unha profesión panadería destilería −/−eza/ formar sustantivos abstractos firmeza certeza estrañeza −/−ía/ Formar sustantivos abstractos cobardía valentía Profesión ou lugar onde se exerce asesoría notaría Valor temporal invernía outonía −/−ísmo/ doutrina, movemento filosófico comunismo nacionalismo forma de actuar na vida eroísmo patriotismo valor científico do sufixo traumatismo magnetismo −/−mento/ sustantivos abstractos coñecemento esquecemento conxunto, colectividade armamento cargamento −/−ncia/ formar sustantivos abstractos doenza mudanza creenza −/−ume/ formar sustantivos abstractos servidume conxunto, colectividade cardume −/−zón/ formar sustantivos abstractos razón 2.− Adxectival −/−aco/ pertenece a cardíaco demoniaco −/−aico/, /−aica/ prosaico pirenaico −/−án/, /−a/, /−ano/, /−ana/ adxectivos de carácter xentilicio compostelán/−a australiano/−ana −/−ble/ carácter cualificativo definible discutible mellorable −/−(d)izo/ adxectivos cualificativos axustadizo movedizo valor temporal invernizo outonizo primeirizo −/−ento/, /−enta/ adxectivos cualificativos pecadento famento −/−es/, /−esa/, /−ense/, /−ensa/ formar xentilicios vigués−viguesa Guardés/−esa −/−ino/, /−ina/ relativo pertencente a canino alpino uterino

30

xentilicio granadino−ina herculino −/−ista/ seguidor dunha doutrina comunista marxista oficio, profesión dentista oficinista xornalista −/oide/ similar a humanoide −/−oso/, /−osa/ adxectivos cualificativos caprichoso montañoso química sulfuroso −/−udo/, /−uda/ adxectivos cualificativos de carácter peludo orelludo 3.− Nominoadxectival Tramitan tanto un adxectivo como un sustantivo −/−atico/ oficio catedrático relativo ou pertencente a lunático acuático −/−al/ conxunto de areal instrumental relativo pertencente a policial anxelical −/−doiro/ idea de vulgar ancoradoiro miradoiro lavadoiro adxectivos cualificativos casadoiro perecedoiro −/−eiro/, /−eira/ [oficio, profesión canteiro gaiteiro [obxecto, instrumento tinteiro [conxunto, colectividade cancioneiro carballeira adxectivos cualificativos costeiro mareiro xentilico brasileiro rosaleiro −/−on/, /−ona/ acción repentina apagón empurrón adxectivos cualificativos despreciativos abusón 4.− Verbal Case todos eles son pertencentes a C. I. −/−ar/ agonizar casar telefonear mellorar −/−ear/ sortear nortear −/−izar/ civilizar finalizar fosilizar −/−exar/ branquexar pestanexar carrexar −/−ificar/ amplificar identificar purificar

31

−/−iscar/ choriscar iscar choviscar 5.− Adverbial Un único sufixo −mente, engádese a adxectivos na súa forma feminina e os adverbios resultantes van pertencer a categorías modais. 1.3−Derivación regresiva Fronte os outros tipos, esta derivación caracterízase porque as palabras resultantes posúen menos elementos da palabra da que proceden. Acougar acougo Obrigar obriga Mecanismos de composición Xunto a derivación é outro grande mecanismo para a creación de novas palabras. Na composición temos 2 ou máis palabras simples que unidas dan lugar a unha nova palabra denominada composta. Podemos mencionar os seguintes tipos: −Sustantivo + sustantivo beirarúa veiramar *As veces é posible que apareza un elemento de relación (preposición) arco da vella lente de contacto man de obra −Sustantivo + adxectivo noiteboa augardente *As veces o 1º sustantivo troca a súa vocal final por un i aninobo rabicurto −Adxectivo + sustantivo cortocircuito longametraxe −Adxectivo + adxectivo azulmariño sordomudo *As veces é posible que o 1º adxectivo troque a vocal agridoce altibaixos branquiazul −Verbo + sustantivo pararaios pasatempos lavapratos −Verbo + verbo bulebule vaibén −Adverbio + verbo benestar malestar Parasíntesis A palabra formada desta forma é parasintéctica Parar + auga paraugas + −eiro Paragüeiro Formación histórica do Léxico: Palabras patrimoniais, cultismos e familias léxicas irregulares Así é como podemos clasificar o léxico galego dende un punto de vista histórico. Entendemos por palabras patrimoniais todas aquelas que teñen orixe latina e que forman parte do idioma dende sempre. A súa característica máis salientable é que no paso do latín o galego experimentan unha serie de transformacións fonéticas. Estas transformación son as que nos van a permitir caracterizar as palabras patrimoniais como tales. Vexamos algunhas destas transformacións. 32

1.− Caida das consoantes −n e −l intervocálicas no paso do latín o galego (lunam lúa Bonam boa Filum fío). 2.− Evolución o galego de palabras latinas que presentaban −p, −t e −k intervocálico, dando en galego −b, −d e −g respectivamente. Populus pobo Amatis amades Totum todo Amicum amigo /k/ 3.− As palabras latinas que comezan por cl−, fl−, pl−, evolucionaron o galego dando o fonema / / (ch) clavem chave plorare chorar plenum cheo flamman chamas 4.− Aparición nas palabras patrimoniais galegas unha serie de novas consoantes, que non existían no latín. Son as consoantes palatais / /, / /, / /. Nas palabras nas que aparecen algunhas destas serán palabras patrimoniais. 5.− Aparición en palabras patrimoniais unha serie de novos diptongos que non existían no latín. Se aparecen serán únicamente en palabras patrimoniais. / ou / / au / / kt / / ei / causam cousa tectum teito taurum touro noctem noite aurum ouro − Os Cultismos son palabras introducidas máis tarde no idioma coa finalidade de poder nomear a novos obxectos que ían aparecendo na sociedade e pos cales non había palabras patrimoniais específicas, soen ser temas filosóficos, médicos, científicos, artísticos que veñen motivados por exixencias de tipo cultural. Caracterízase por non esperimentar as transformacións fonéticas, por conseguinte van permanecer bastante iguais que a palabra latina orixinaria. Causam cousa / causa − Familia léxica irregular é aquela familia de palabras que ten a súa orixe no mismo étimo latino, nunha mesma palabra latina, e dela van saír tanto palabras patrimoniais como cultismos. O resultado é unha familia léxica irregular.

33

Noctem noite, anoitecer, noctámbulo Taurum touro, tauromaquia TEMAS DE 4 PUNTOS A lingua na idade media (S. IX−XV) Na idade media o galego era un idioma plenamente normalizado, é dicir, de uso normal e habitual, empregado pola totalidade das clases sociais e en tódalas situacións. Podemos señalar 2 etapas: 1.− Etapa (IX−XII) Esta etapa é únicamente de uso oral do idioma. Neste periodo o galego vaise caracterizar por ser unha lingua únicamente falada, manténdose o latín como lingua escrita, existindo así unha dualidade: galego para uso oral e o latín para o uso escrito. 2.− Etapa (XIII−XV) Etapa da constitución do galego como lingua escrita. A distinción de funcións entre o latín como lingua escrita e o galego como lingua oral vaise facendo cada vez máis difícil de facer por varias causas: o nº de persoas capaces de entender o latín a estas alturas ía disminuindo. Así mesmo, os propios escribáns tiñan enormes dificultades para unha correcta utilización do latín, polo que frecuentemente intercalaban nos seus escritos palabras e estructuras galegas en lugar das correspondentes latinas. Todas estas causas van a motivar a que o galego comece a ser utilizado na escrita, sustituíndo o latín. 1º comezará a utilizarse en documentos privados e posteriormente en documentos públicos. Así mesmo comeza nesta etapa o emprego literario do idioma. A súa manifestación máis importante vai a ser no ámbito da lírica (cantigas de amor, escarnio, amigo da literatura medieval). Algunhas características do galego medieval. 1.− Existencia de vocais nasais ou nasalizadas, resultantes da caída dunha −n intervocálica. 2.− Existencia de consoantes fricativas sonoras a carón das correspondentes sordas. O portugués conservou as fricativas sonoras. 3.− Os nomes rematados en −or eran invariables no medieval. A lingua na Idade Moderna (S. XVI,XVII e XVIII) A idade moderna significou para Galicia un periodo de decadencia con respecto a idade media. Efectivamente, a partires do S. XV Galicia comeza a perder gran parte das súas peculariedades sendo unha causa disto o proceso de uniformidade polos Reis Católicos e consolidado por Felipe II e Carlos II. Este proceso conlevará a unha progresiva castelanización da forma de vivir cotiá en tódolos aspectos. Esta época é coñecida como época dos séculos escuros da cultura galega, denominación que soe ser extensible o S. XVIII. Este século (XVIII) vai presentar xa unha serie de peculariedades, que permite o seu tratamento diferenciado, podendo denominalo século da Ilustracción Galega. A lingua galega afastada do mundo administrativo, literario e da investigación vai quedar relegado o ámbito oral e rural. O español vaise converter na lingua da cultura e na lingua da administracción. A ruralización do galego e o seu afastamento do mundo cultural vai traer grandes consecuencias no campo léxico por non se producir a renovación lexical que si afectou a outras linguas romances. Por outra banda provocou que non existiran nin gramáticas, nin diccionarios, nin estudios científicos sobre o idioma. Esta situación de decadencia comeza a cambiar no S. XVIII gracias o labor dos chamados ilustrados, como o 34

Padre Feixoo e o Padre Sarmiento. Este último, gran precursor nos estudios de lingüística galega. Durante a época moderna, vanse producir no galego os grandes cambios fonéticos e morfosintácticos que configurarán a lingua que hoxe temos: −aparición de / / −os 1º testimonios do fenómeno da gueada −perda de consoantes fricativas sonoras (o portugués vainas manter) − Nesta época tamén se converte en xeral a imposición do artigo precedendo o posesivo (O meu can). A lingua no S. XIX A lingua entra nunha nova fase no S. XIX a cal supón un cambio importante con respecto os 300 anos anteriores. O galego vai recuperar a categoría de lingua literaria gracias a Rosalía, Curros e Pondal fundamentalmente. Por outra banda, o labor desenrolado polos Ilustrados no S. XVIII desembocará na aparición do galeguismo, entendido este como movemento cultural e político que vai ter na reivindicación da lingua un dos seus principais obxectivos. Estes 2 aspectos, recuperación literaria e toma de conciencia da indiosincracia galega, van permitir calificar o S. XIX como o século do rexurdimento galego. Varias son as causas que contribúen a explicar este periodo de renacemento literario e cultural: −En 1º lugar, pervivencia do galego como lingua falada maioritariamente polo pobo, así como o labor dos ilustrados galegos (Sarmiento) en defensa de Galicia e da súa lingua. −Unha 2º causa son as consecuencias da invasión francesa e a conseguinte guerra da independencia, que xerou nos galegos unha necesidade de autoorganización e autoafirmación do seu carácter diferencial e que vai provocar a aparición dun tipo de literatura de carácter propagandístico que incita a loita patriótica contra os franceses. −Unha 3º causa pode ser a propia ideoloxía romántica da época, que busca ante todo unha exaltación do particular e do individual de cada un entre o xeral. Podemos indicar 3 etapas no XIX segundo a evolución dos escritos: 1.− 1º tercio ata 1833 Aparición dun tipo de literatura de circunstancias propagandística ou planfetaria, motivada polo levantamento contra os franceses. E un tipo de literatura que incita a loita contra os franceses. 2.− Etapa dos precursores (1833−63) Autores que van desenvolver unha serie de actividades culturais e literarias, podendo considerar esta fase como unha fase preparatoria para o rexurdimento pleno. 3.− Etapa (1863−....) Iníciase en 1863 coa publicación de cantares galegos de Rosalía de Castro, libro que inaugura o pleno rexurdir da nosa literatura despois do brillante periodo medieval. Xunto a Rosalía estarán Curros e Pondal. Neste último periodo van aparecer as 1ª gramáticas e diccionarios sobre o idioma. A 1ª gramática é de Saco e Arce publicada en 1868. A lingua no 1º tercio do S. XX Se o S. XIX supuxo na historia da lingua un momento fundamental, o pasar novamente de lingua oral a escrita, o S. XX vai supor outro avance importante: tirar o galego do ámbito exclusivamente literario para proxectalo noutros campos, como o ensaio político, xornalismo. 35

O 1º tercio do Século vaise caracterizar pola continuación do labor normalizador levado a cabo polos autores do rexurdimento no S. XIX. Así imos mencionar unha serie de institucións que desenvolverán un importante traballo na normalización e dignificación do noso idioma: 1.− Irmandades da Fala Asociación de carácter galeguista creada no 1916 na cidade da Coruña co obxectivo de dignificar a lingua e ampliar os seus ámbitos de uso. Formaron parte dela figuras destacadas como Castelao, Vicente Risco, R. Cabanillas. Tivo unha gran acollida e rápidamente se formaron irmandades similares por toda Galicia. As Irmandades viron no teatro un medio moi útil para expander as súas ideas. Fundaron así a Escola Dramática galega co fin de levar o teatro por todalas vilas e cidades galegas. Conscientes tamén da importancia da escola para a recuperación e normalización lingüística prepararon unha serie de proxectos para a galeguización do ensino. 2.− Revista Nós Aparece en Ourense no 1920 creada polo grupo ourensán das irmandades. Dela toma nome a brillante xeración Nós integrada por figuras como O. Pedrayo, Risco, Castelao. Foi unha revista fundamental para a modernización da cultura galega e para a ampliación de ámbitos de uso da lingua, xa que nas súas páxinas tiveron cabida traballos de historia, filosofía, socioloxía e etnografía. 3.− Seminario de Estudios Galegos Foi fundada en 1923 por un grupo de Universitarios galegos e desenvolverán unha gran actividade investigadora en diferentes campos, como arqueoloxía, filoloxía, ciencias naturais; actividade que se verá cortada polo estallido da Guerra Civil no 1936. Conscientes da importancia dunha normativa gramatical unificada para o idioma, publicarán en 1933 Algunhas normas para a Unificación do idioma galego. A lingua durante a Dictadura de Franco (1936−75) O inicio da Guerra Civil no 1936 supuxo a parálise de todo o labor galeguizador precedente desenrolado no 1º tercio do século. O triunfo do Dictador Franco fai que se instaure un clima xeneralizado de represión contra as linguas e culturas de expresión non Castelá, destruíndo no caso galego todo o esforzo anterior e cobrándose incluso vidas de persoas entregadas a esa causa. Co obrigado silencio dos galeguistas que quedaron no interior e o exilio doutros, o centro da cultura galega vaise desprazar agora a América, fundamentalmente a cidade de Bos Aires donde residirán Castelao e outros escritores e intelectuais. A lingua galega vai ter alí a presencia que se lle nega no seu propio país: cursos de galego, emisións radiofónicas, publicación de libros... Hai que ter en conta que a dictadura Franquista persegue con dureza o uso consciente do galego converténdoo prácticamente nunha lingua clandestina de uso familiar ou coloquial, porque o seu uso público podía supor a perda do posto de traballo ou da liberdade. A partires do 1950 comezan a aparecer algúns síntomas de recuperación, coincidindo isto con certa apertura do réxime dictatorial. Un grupo de galeguistas van a formar a Editorial Galaxia de importancia decisiva para a recuperación do galego no ámbito escrito e para a recuperación da literatura galega en xeral. Polos anos 60 van a xurdir diversas asociacións culturais que serán de gran importancia para a defensa e promoción da lingua e do país no seu conxunto. Así mesmo a producción literaria en galego vaise recuperando pouco a pouco. Nombraremos a Neira Vilas Memorias dun neno labrego, 1961, Celso Emilio Ferreiro Longa noite de pedra, 1962. A lingua desde 1975 hasta hoxe Morto Franco no 1975 e instaurada unha Democracia Parlamentaria en España pola constitución de 1978, Galicia é dotada dun Estatuto de Autonomía (1980) e de institucións propias (Parlamento, Xunta de Galicia). As condicións para o idioma van ser mellores, a nivel legal e xurídico, de feito o artigo 5 do Estatuto de Autonomía declara textualmente que a lingua propia de Galicia é o galego. En 1983 é aprobada a lei de 36

normalización lingüística, que recolle o dito no Estatuto entorno o idioma. Durante esta última etapa do idioma tense dado pasos importantes na investigación e divulgación do galego (aparición de gramáticas, atlas lingüísticos, nacemento de novas editoriais, posibilidade de estudiar filoloxía galega). Con todo a situación sociolingüística actual segue sendo complexa. Hai determinados ámbitos de uso onde a penetración do idioma segue sendo complexa. No ámbito da xustiza o español segue sendo practicamente o único idioma usado maioritariamente. O mesmo ocorre no ámbito eclesiástico, a igrexa segue a vivir de costas a lingua do País, e a maioría das misas teñen como idioma vehicular o castelán, sen embargo, no mundo educativo, a presenza da lingua galega medrou sensiblemente (introducción nos programas de estudio a materia de lingua galega), así como un incremento do seu uso para lingua de transmisión de outras materias. No ámbito dos medios de comunicación tamén se avanzou (aparición de xornais, revistas, creación da TVG, 1985). A pesar de todo isto, estase lonxe de conseguir a recuperación total do idioma.

37

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.