Lingua galega

Texto. Perífrases verbais. Rexistros lingüísticos

6 downloads 222 Views 4KB Size

Story Transcript

2001 PAAU (COU) Código: Común 03 LINGUA GALEGA OPCIÓN 1 Puntuación máxima: cuestións 1−4 = 1.5 puntos cada unha; cuestión 5 = 4 puntos. Galicia é o fogar que ternos, é a casa común. A primeira esixencia de futuro é revisar críticamente a nosa relación con ela. Preguntarnos en qué fallamos, en qué nos estamos enganando. Se cadra non chegaremos a unha conclusión unánime sobre o que hai que facer, pero deberíamos ser quen de acordar o que non se debe facer, o que non se debe seguir facendo. Un país fermoso pode ser afeado. Un país con recursos pode estragalos. Un país con futuro pode ir esmorecendo nunha especie de limbo triste, de amnesia histórica. Que isto pase ou non, non depende da fatalidade, fin dos fados do destino, senón da nosa vontade. Os medios son a educación, a información, as leis democráticas e unha nova política económica que non considere o factor eco lóxico, o respecto ao medio ambiente, como algo marxinal senón central para facer da Casa Galicia unha sociedade de benestar. O primeiro compromiso debería ser o de non permitir máis desfeitas irreversibles. Dise que somos conservadores. Ben, ¿por que non selo de verdade? ¿Por que non selo para o mellor e non para o peor? Conservar, si, a terra e a liberdade. (Manuel Rivas, en La Voz de Galicia) CUESTIONS: 1. Explica o significado que teñen no texto as seguintes palabras: estragar (1. 6), esmorecer (1. 7), amnesia (1. 7),fatalidade (1. 8), irreversible (1. 14). 2. Xustifica a presencia ou ausencia de acento gráfico nas seguintes palabras: é (1. 1), crihicamente (1. 2), [en] qué (1. 2), unánime (1. 3), deberiamos (1. 4), país (1. 6), debería (1. 13), máis (1.13 ), [por] que (1. 14), si (1. 15). 3. Explica as diferencias de uso entre senón (11. 8 e 11) e se non dunha banda, e entre por que (1. 14) epor qué, porque e porqué doutra. 4. Identifica as perífrases verbais existentes no texto e ciasifícaas, indicando o valor que expresan. [No caso de que se repitan, coméntaas soamente unha vez]. 5. As variedades sociais e contextuais (niveis e rexistros lingüísticos). (Extensión aproximada 25 uñas).

1

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.