Story Transcript
• De catro a catro no panorama da poesía do seu tempo: Dentro do contexto literario do primeiro tercio do século XX en Galicia, cabe sinalar o atraso que hai na nosa literatura debido ós séculos escuros, e o nacemento de novos movementos estéticos chamados −ismos, co obxectivo de destruír a percepción tradicional da realidade, alterando imaxes, linguaxe... buscando así novas formas de expresión. Isto coincide tamén a nivel histórico co lento avance que sofre Galicia cara á modernidade. Debemos sinalar tamén o movemento vangardista en Galicia. ¿Podúcese unha verdadeira vagarda? Debemos atender ás características da nosa literatura: • Carácter periférico • Literatura comprometida co pobo • Anormal traxectoria literaria (Séculos escuros): no Rexurdimento renace a literatura sen coñece−la tradición medieval. Non hai unha verdadeira vangarda, porque implicaba unha ruptura coa tradición, e en Galicia romper coa tradición supuña unha ruptura con galeguismo; hai sen embargo unha vangarda enxebre, que conxuga o respeto á tradición coas liberdades creativas que espallaban futuristas, cubistas... • Manuel Antonio e as vangardas na literatura galega: Na nosa literatura só houbo actividade vangardista, pero non movementos consolidados,xa que iso implicaba unha ruptura co galeguismo: • Vangarda matizada: corresponde á liña impresionista. Non implican verdadeira ruptura. • Vangarda pura ou plena: • Liña simbolizante: transmite un significado de orde espiritual empregando elementos tirados da realidade concreta: o barco representa o eu lírico, aparece como vehículo da existencia (Manuel Antonio). • Liña de esteticismo: baseada na reflexión do signo poético. • Liña de vangarda pura: son aqueles textos que acomodaron dun xeito ortodoxo as fórmulas do creacionismo e do ultraísmo na nosa lingua. • Neotrobadorismo: prodúcese unha renovación da lírica medieval cantigas de amigo. Imaxes novidosas. • Ton e estructura en De catro a catro: Ó partir o ton é de ilusión e de esperanza, nas recaladas nótase monotonía, desorientación, soidade. No transcurso da obra o ton do eu lírico e de desilusión, saudade. Na primeira lectura superficial, temos unha viaxe física polo mar. Na segunda lectura, máis profunda, temos unha viaxe interior polo pensamento e a psicoloxía dunha voz lírica que escoitamos nos 19 poemas. É unha viaxe circular porque regresa ó punto de onde partiu. Ten unha estructura mítica: afastamento da súa terra, aventuras, o regreso (poema 19).
1
• A vangarda galega: Ver os puntos: De catro a catro no panorama da poesía do seu tempo, e Manuel Antonio e as vangardas na literatura galega. • Importancia de De catro a catro para a literatura galega: Trátase dunha poesía vangardista e individualista con trazos persoais (compromiso ideolóxico, rexeitamento do eu creador coma deus, natureza non inventada e sentimentalidade nalgúns poemas). Ten pegadas creacionistas (xustaposición de imaxes baseadas en relacións arbitrarias, pero que teñen unha lóxica interna e razoada), pegadas futuristas (linguaxes técnicas, destrucción da sintaxe...), pegadas cubistas (espacio e tempo). Rompe coa poesía tradicional reutilizando as novidades vangardistas, non copiando as mesmas). • Influencia dos cambios políticos e sociais do primeiro tercio do século XX na literatura: Dentro do contexto histórico, as dúas primeiras décadas do século XX están marcadas por un espírito revolucionario debido á I Guerra Mundial, á Revolución de Outubro en 1917 en Rusia, ós movementos fascistas de Italia e Alemaña, ó levantamento de Irlanda contra o dominio británico... Prodúcese tamén a nivel literario unha revolución poética: as vangardas, caracterizadas pola liberdade expresiva, rompe coa a tradición... Nesta época Galicia atravesa un lento avance cara á modernidade, hai moita emigración, movementos agraristas... que inflúen nas Irmandades, no Grupo Nós e nas vangardas. En Galicia non houbo unha verdadeira vagarda debido a que romper coa tradición significaría romper co galeguismo, ademáis, a nosa literatura non seguíu unha traxectoria normal, por causa dos Séculos escuros. • Aspectos vangardistas dos poemas de De catro a catro: • Presenta ausencia de puntuación (soamente existe un punto ó remate do poema para sinala−lo final). Exemplos... • Maiúsculas para marca−lo comezo de cada grupo de versos. Exemplos... • Ausencia de rima (versolibrismo). Exemplos... • Non hai estrofa, hai unha falsa división estrófica: grupos de versos distintos marcando cada un unha característica (isto pode modificarse dependendo do poema). Exemplos... • Diferente disposición dos versos nas súas marxes: para marcar unha ruptura a nivel gramatical e semántico. Exemplos... • Linguaxe: • Imaxes. • Personificacións. • Linguaxe técnica da navegación. A súa función é romper coa tradición poética anterior. Exemplos... • Espacios en branco. Simbolizan un anagrama da estrela, o barco... Exemplos... 2
• Apectos temáticos: • Tratamento novidoso da paisaje mariña. • Obxectividade, afastemento do contido chegando a un plano subxectivo. Tanto cos aspectos formais como cos aspectos temáticos inténtase unha ruptura coa tradición poética. • Comenta a función estilística do léxico técnico de De catro a catro: A función estilística do léxico técnico en De catro a catro é romper coa tradición poética anterior, facer unha renovación da linguaxe poética gracias ós −ismos vangardistas (creacionismo, futurismo e cubismo). • Analiza os principais aspectos da poética de Manuel Antonio: A poética de Manuel Antonio caracterízase polas pegadas vangardistas do creacionismo principalmente (na renovación da linguaxe, na obxectividade e no humor), polos trazos persoais (compromiso coa lingua, sentimentalidade nalgúns poemas, natureza non inventada e en canto a que o poeta non actúa como un pequeño deus). A conclusión atopámola en Máis Alá e en Prólogo dun libro que ninguén escribíu). • Estructura mítica de De catro a catro: • Afastamento do mundo coñecido: o poema quere convidar á viaxe, quere facer extensiva a experiencia individual que vivirá o eu lírico, empregando a primeira persoa do plural. • Aventura: travesía convencional negada pola sensación de estar no medio do mar sen moverse, agás nas recaladas ou naqueles poemas nos que aparece sensación de movemento. • Regreso: para pechar a travesía abonda soamente o poema Adeus. Estructura aparentemente artellada coma unha viaxe, pero é unha viaxe interior debido á negación constante do movemento. Viaxe e estatismo son dous conceptos antitéticos e excluíntes, por iso podemos afirmar que se trata dunha viaxe oximórica (viaxe sen apenas movemento). − Análise dos adxectivos de De catro a catro: • Reforzan a influencia creacionista do poema polas personificacións de elementos (exemplos) e polas imaxes que asocian elementos dispares (ex: noivas inéditas... sonrisa ubicua...) • Non hai adecuación de significado entre o adxectivo e o substantivo (exemplos). • Ruptura coa adxectivación tradicional: adexectivos cultos, modernos e cosmopolitas. • Distribución: substantivo+ adxectivo... (exemplos) • Función: fuxir dunha lectura sentimental e do subxectivismo romántico. Pretenden dar unha visión obxectiva desa vivencia, desa monotonía. • Poden dar idea dunha concepción do tempo diferente: descoñecido/novo/inédito... pero ó ir acompañado dos indefinidos mesmos... conservan a idea de monotonía (poema Recalada).
3