Origen de las sociedades y del Estado

Pensamiento. Sociedad civil. Poder. Ciudad Estado. Estado social. Estado de derecho. Derechos civiles. Régimen político. Democracia. Contrato social

3 downloads 154 Views 10KB Size

Recommend Stories


SOCIEDADES DEL ESTADO: CONCEPTO, CLASES Y CARACTERES
SOCIEDADES DEL ESTADO: CONCEPTO, CLASES Y CARACTERES JOSE ROBERTO DROMI, Profesor Titular de Derecho Administrativo AIDA KEMELMAJER DE CARLUCCI, Prof

El origen del Estado Colombiano
BERNARDO RAMIREZ DEL VALLE El origen del Estado Colombiano ¿E v o l u c i ó n o F u n d a c i ó n? A propósito de los 200 años de Independencia CEPE

Tema 2. El origen del Estado
11/04/2011 CF1_U5_T2_contenidos Tema 2. El origen del Estado A lo largo de este tema estudiaremos otras concepciones que hablan del origen Estado:

Story Transcript

• Teorías sobre a orixe da sociedade O termo social se refire a aquela dimensión do ser humano por virtude ca cal está en relación e acción con outros seres. Diferentes teorias puxeron a orixe do sociedade, ben na satisfacción das necesidades, ben na seguridade persoal e na preservación da propiedade, ben na realización da xustiza. • Dimensións do ser humano e a sociedade ♦ O seu carácter natural e necesitado En canto ser natural vivo, o ser humano é un ser de necesidades que requiren ser satisfeitas; en canto dotado de linguaxe e de razón, aspira ó xusto e á liberdade. • A súa naturaza política O se humano mais que social, hai que dicir que é un animal político. Político quere dicir que vive na polis, na cidade nesa comunidade ou sociedade que é, a par, civil e política. Aristóteles dixo sobre este tema que o ser humano é un animal social e político por natureza. • Relación entre as súas necesidades e o seu carácter político O ser humano é, pois, social e político. Éo, a causa das suas necesidades (para poder satisfacelas); a causa, ademais, do seu ser racional e libre. Isto, encerra non poucas cuestions: 1. ¿Que entender por necesidades e que considerar en cada caso como tales? 2. ¿Que é o racional na organización dunha comunidade social e política? 3. ¿En que cifrar a liberdade e como conseguir a súa garantía e a súa realización? • Orixe da sociedade e estado de natureza • Significados de orixe Cando falamos da orixe da sociedade, a palabra orixe non significa o comezo no tempo de calquera comunidade social. Orixe quere decir as causas ou razons polas que os seres humanos se vinculan naturalmente en determinadas comunidades. • Estado de natureza e estado social A distinción entre estado de natureza e estado civil ou social ten un carácter metodolóxicio: é unha hipotese para elaborar un modelo do que debera ser o estado social do ser humano, o dito modelo, haberá de estar en consonancia co que quizais reclama a natureza do home. • Satisfacción de necesidades e realización da xustiza na orixe da sociedade 1

Por sociedade entendemos tanto a comunidade social que é a familia, como a comunidade social e política que engloba a familia. Propiamente falando no referimos a sociedade política ou estado e á sociedade civil. • Orixe da sociedade e satisfacción das necesidades A orixe da sociedade está, pois, dun lado na indixencia do ser humano e na satisfacción das suas necesidades. • Seguridade e preservación, na orixe da sociedade A orixe da sociedade pode encontrarse tamén na busca da preservación e da seguridade, xa da propia vida, xa dos bens ou propiedades, xa desa hipotetica liberdade que se posúe no estado natural. • Orixe da sociedade e realización do ben e a xustiza Podemos dicir que a polis é e debe ser unha comunidade de seres humanos iguais e libres; a igualdade e a liberdade entre eles é o fin que se atopa na orixe da sociedade. É dicir, vivir en consonancia con aquilo que constitua o ben dos seres humanos. E aquí asaltanos un novo problema: ¿cal é o ben dos seres humanos? ¿Pode, por outra parte, falarse do ben do ser humano se non o é de todos?..... Vemos, polo tanto, a estreitisima relación entre a dimension social e politica do ser humano e a sua dimensión etica. • Sociedade civil e Estado • ¿Qué significa sociedade civil? Sociedade civil designa o modo de organización e estructuración da sociedade nun momento determinado do seu desenvolvemento, intermedio entre a familia e o Estadojo seu seo despréganse os grupos sociais. • Caracteres do Estado de dereito • ¿Que se entende por estado? Elementos na determinación do estado: • Esta baseado nun grupo social establemente asentado nun territorio determinado • Unha orde xuridica unitaria • Un poder xuridico, autonomo, centralizado e territorialmente determinado • Requisitos do estado de dereito ◊ Imperio da lei: lei como expresión da vontade xeral ◊ Separación de poderes: legislativo, ejecutivo e xudicial ◊ Legalidade da administración: regulación pola lei e control xudicial ◊ Dereitos e libertades fundamentais ⋅ A realidade do poder e o concepto de lexitimación • A complexa realidade do poder O poder dise de moitas meneiras, e pode ter diferentes suxeitos de atribución. Poder non é, sen mais, forza ou violencia. 2

• A interpretación belicosa do poder e da política Como pode apreciarse, entre aquela caracterización do poder e esta concepción do Estado hai unha relación moi estreita, neste tema entran en xogo os termos forza, dominación, violencia e tamén estratexia, e lexitimación. • Poder non é o mesmo ca forza e violencia O poder consiste nunca relación, e ten duas notas fundamentais: é poder sobre (relación consensuada de dominación) e é poder con (relación de participación) • O concepto de lexitimación • Legalidade e lexitimidade Fronte á lagalidade −isto é, conformidade a normas xuridicamente promulgadas−, a lexitimidade significa a xustificación dun ordenamento xurídico desde principios de liberdade e criterios eticos de xustiza. • Teorias sobre a orixe do estado e a democracia ♦ A idea de contrato e os seus supostos A idea de contrato ten unha función metodoloxica encamiñada a pensar a orixe do Estado, atendendo á lexitimacion do seu poder politico. • Teorías e formas do contrato Expoñense tres teorías fundamentais sobre o contrato que dá orixe o Estado: o contrato como submisión (Hobbes); o contrato liberal (Locke), e o contrato social (Rousseau). Son interpretacións diferentes do Estado e dos seus fins e límites. • Unha teoría neocontractualista: John Rawls Ademais dos conceptos formais de liberdade, igualdade e propiedade privada, Rawls considera aspectos de contido, como a distribución dos bens economicos e a igualdade de oportunidades. • Xustiza como imparcialidade; a posición orixinal e o veo de ignorancia O acceso racional a eses principios de xustiza está en estreitisima relación co que Rawls describe como posición orixinal. Nesa hipotetica posición orixinal os seres humanos en canto persoas libres e racionais, estarian nunha situación de igualdade. • Comunidade política e democracia ♦ Sentido da democracia na comunidade política O ser humano é un ser social: con−vive con outros homes, formando unha comunidade socio−politica rexida 3

por unha orde normativa(dereito, ordenamento xuridico) que regula as suas conductas. • Cara a unha caracterización da democracia A democracia establece unha relacion esencial entre o poder e o pobo. Democracia quere dicir goberno do pobo, que non é o mesmo ca gaberno para o pobo, pois podese gobernar para o pobo sin respectar nin os contidos nin os valores democraticos,e, ademais, sen procedementos democraticos. Democracia oponse radical e totalmente a autocracia. • Modalidades de democracia Modalidades segundo o grao e o modo de participación dos cidadans: • Democracia directa: Son todos os cidadans, reunidos en asamblea, os que exercen os poderes e as funcions do estado e de goberno. • Democracia representativa: A vontade do corpo de electores é representada polo parlamento, e a través dos diferentes organos representativos. ◊ Preferibilidade da democracia e educación civica Que a democracia é preferible a calquera outro modo de organización política parece indiscutible, sobrendo razóns para justificar tal preferencia. Como Sinaloa Norberto Bobbio, hai tres perspectivas fundamentais para tal preferencia. A perspectiva ética, en canto que a democracia posibilita a realización do maximo de liberdade na comunidade politica. A perspectiva política, en canto que a democracia é o principal remedio ó abuso de poder. E a perspectiva utilitaria, en canto que a democracia considera que son os propios cidadáns, e nieguen no seu lugar, quen mellor interpretan e expoñen os seus intereses.

4

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.