(Actualización a ) 1. MEDIDAS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL

RECOMENDACIÓNS DA CONSELLERÍA DE SANIDADE PARA AS PERSOAS QUE TRABALLEN NAS LABORES DE RECOLLIDA, LIMPEZA E RECUPERACIÓN RELACIONADAS CO VERQUIDO DE F

2 downloads 101 Views 16KB Size

Recommend Stories


TEMA 1. EL EMPRESARIO INDIVIDUAL CONCEPTO DE EMPRESARIO INDIVIDUAL
TEMA 1. EL EMPRESARIO INDIVIDUAL CONCEPTO DE EMPRESARIO INDIVIDUAL El concepto de empresario individual se puede estudiar desde dos puntos de vista: d

Cooperación y Colaboración: de lo individual a lo colectivo 1
PONTIFICIA UNIVERSIDAD CATÓLICA DE VALPARAISO ESCUELA DE PSICOLOGÍA TALLER EDUCACIONAL 1 Cooperación y Colaboración: de lo individual a lo colectivo1

ANEXO 1 MEDIDAS DE PROTECCIÓN*
ANEXO 1 MEDIDAS DE PROTECCIÓN* I. INTRODUCCIÓN Es una realidad patente la existencia de violencia dentro de la familia en la sociedad mexicana y es i

MANUAL DE MEDIDAS. Para introducir las medidas va a necesitar:
MANUAL DE MEDIDAS Para introducir las medidas va a necesitar: • Una cinta métrica; • Otra persona que le ayude a tomar algunas de las medidas; • Las m

Individual Enrollment Application Solicitud de afiliacion individual
Individual Enrollment Application Solicitud de afiliacion individual The following plans are offered by Anthem Blue Cross: PPO Share 2500/1500/1000/5

Story Transcript

RECOMENDACIÓNS DA CONSELLERÍA DE SANIDADE PARA AS PERSOAS QUE TRABALLEN NAS LABORES DE RECOLLIDA, LIMPEZA E RECUPERACIÓN RELACIONADAS CO VERQUIDO DE FUEL DO PRESTIGE (Actualización a 09-04-03)

1. MEDIDAS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL As persoas que traballen fronte ó vertido requirirán a utilización de roupa protectora, luvas axeitadas (a ser posible longas), botas de goma dura impermeables, vestimenta de traballo impermeable e, en determinados casos, anteollos protectores que eviten salpicaduras nos ollos, así como protección respiratoria axeitada (segundo se estime polos responsables da coordinación das tarefas de traballo).

1.1. Roupa de traballo: Estes equipos cobren total ou parcialmente o corpo do operario para defende- lo, neste caso, fronte a riscos de orixe químico e térmico. Entre as fibras resistentes a productos químicos existen no mercado numerosas fibras plásticas de distinta natureza (acrílicas, poliamidas, poliestéres, polietilenos...). Utilizaranse prendas homologadas confeccio nadas con estes materiais (ver parte final do documento). Deben axustar perfectamente en pescozo, pulsos e nocellos, pero sen que aperte demasiado. A roupa non terá orificio algún e, se é posible, tampouco petos. Os peches, protexidos cunha tela superposta do mesmo tecido, serán de cremalleira ou velcro, polo seu maior axuste e a súa facilidade para liberarse da mesma en caso necesario.

1.2. Protección da cara e ollos: Teñen como misión protexer da proxección de partículas sólidas e salpicaduras de fue l. Os equipos de protección máis axeitados son os anteollos protectores, pechados ou de protección integral. A cara, como é a única parte do corpo que permanece espida, debe protexerse fronte á radiación solar, con protectores que protexa, do efecto nocivo da radiación. Os beizos deben estar ben hidratados con cremas protectoras.

1.3. Protección das extremidades superiores (luvas): Utilizaranse luvas sempre que se poida contactar co producto. E aconsellable asegurarse de que non quede exposta a pel ó fuel, polo que deben selarse as luvas sobre o mono de traballo no seu borde superior. Finalizada a tarefa as luvas lavaranse por dentro e por fóra e deixalos secar coa apertura para abaixo. As luvas deberán ser resistentes ó efecto dos hidrocarburos.

1.4. Protección das extremidades inferiores (botas): Utilizaranse botas de goma resistentes á auga e á humidade, ou botas mixtas, que valen fronte á auga e á humidade e fronte a riscos mecánicos. Son preferibles as de caña alta. Tamén poderán levar un forro interior para evitar molestias por transpiración. A perneira do pantalón deberá situarse por fora da bota para, que no caso de derrame pola mesma o líquido non penetre no interior. Despois de cada xornada lava- lo calzado, deixando secar sempre coa apertura para baixo para que non se formen pequenos charcos de auga contaminada no interior. A cara, ademais, debe protexerse fronte á radiación UVA, debido a irritación que se pode producir previamente na pel ou pola fotosensibilización que poden producir algún dos compoñentes do fuel, con protectores que conteñan ingredientes siliconados ou que sexan emulsións A/O de fase externa oleosa, e filtro que protexan fronte a radiación. Os beizos deben estar ben hidratados con cremas protectoras. 1.5. Protección das vías respiratorias: Os equipos respiratorios teñen a misión de proporcionar ó usuario aire respirable, é dicir, que non conteña contaminantes químicos, ou que os conteña nunha proporción desprezable ou segura para o traballador. Aínda que neste caso as labores de limpeza transcorren ó aire libre e en zonas ben ventiladas, recomendamos a utilización de mascarillas, que serán imprescindibles cando se traballe en zonas confinadas, permanencia prolongada en zonas altamente contaminadas, sobre manc has importantes ou se realicen labores de retiradas sobre manchas mariñas, ou cando a persoa que realice o traballo teña que agacharse ou situarse moi próximo a grandes concentracións do producto. O esgotamento dun filtro nótase, comunmente, pola percepción do cheiro do producto e a dificultade de respiración do usuario debendo proceder ó seu recambio ou cambio da mascarilla.

2. DIETA E HÁBITOS HIXIÉNICOS

2.1. Recomendacións no que se refire á dieta En principio recoméndase beber abundante cantidade de líquidos sen alcohol (preferentemente auga) para evita-la deshidratación por suor debido ó esforzo físico e á utilización de roupa pouco transpirable, luvas ou calzado impermeable, así como para facilita- los mecanismos de limpeza das vías respiratorias. Non existen recomendacións específicas no que á dieta se refire. Recoméndase a inxestión de dieta relativamente baixa en graxas e abundante en compoñentes como carbohidratos e proteínas que aportan abundante contido calórico e proteico para facer fronte ó esforzo físico que supón a retirada dos vertidos.

2.2. Recomendacións hixiénico-sanitarias principais: Só se deberán autorizar a participar nas operacións de limpeza a persoas informadas e equipadas: botas de goma, luvas de goma impermeables e resistentes ós hidrocarburos e vestimenta de traballo impermeable. - Imprescindible utiliza- los equipos de protección individual axeitados (luvas, anteollos, mascarillas, roupa protectora, botas) como os sinalados anteriormente. Procurar non tocarse con material contaminado as zonas de pel desprotexidas (por exemplo, non tocarse a cara e os ollos coas luvas contaminadas) Non traballar máis de 4 horas seguidas. Procurar facer pausas fora do lugar de exposición. - O contacto coa pel pode producir irritación cutánea. Ter a man material propio para a descontaminación accidental da pel: no caso de impregnación cutánea retirarase o fuel con compresas ou, no seu defecto, con toallas, panos ou papel; limparanse preferentemente con aceite vexetal, vaselina ou un aceite solar, e posteriormente lavarase con auga e xabón. Está contraindicada a limpeza con calquera outro disolvente químico (salvo productos específicos autorizados), en particular augarrás ou alcohol. Consultar a un profesional médico no caso de aparecer noibéns ou calquera outra alteración na pel. - No caso de salpicaduras oculares limparanse con abundante auga durante máis de 10 minutos. - Respeta-las normas elementais de hixiene no traballo: non fumar, non tomar bebidas alcohólicas mentras se traballe, etc. - O traballo cun material que favoreza a vaporización ou formación de aerosois, como os dispositivos de lavado de alta presión, require que se reforce a obligatoriedade do equipo de protección individual, e moi especialmente no referente a que se leve posta a mascarilla e os anteollos de protección. - Non expoñerse a situacións perigosas (nas rochas, oleaxe, mareas, etc.) nas tarefas de limpeza de fuel. - No caso de accidente ou malestar acuda inmediatamente ó médico.

3. RECOMENDACIÓNS PARA PERSOAS COLABOREN NA RECUPERACIÓN DE AVES

QUE

TRABALLEN

OU

Estas persoas deberán adoptar todas aquelas medidas recomendadas para evitar tanto o contacto cutaneo co fuel-oil, como salpicaduras nos ollos. Para elo, recoméndase tamén a utilización de luvas e valorarase o uso de gafas protectoras. É recomendable traballar en locales ventilados. No caso de non ser posible, ventilar regularmente o local destinado a estas tareas. Non expoñerse a situacións perigosas (nas rocas, oleaxe, mareas, etc.) por intentar salvar unha ave. Ademais deberán terse en conta outras recomendacións hixiénico-sanitarias xa descritas no punto anterior, como respecta-las normas elementais de hixiene no traballo (non fumar, non tomar bebidas alcohólicas mentres se traballe, etc.) e as normas de actuación descritas no caso de mancharse a pel co fuel ou de salpicaduras nos ollos.

3. SITUACIÓNS QUE CONTRAINDICARÁN DETERMINADAS PERSOAS

O

TRABALLO

DE

Non se recomenda que participen nas tarefas de limpeza e retirada de fuel derramado ás mulleres embarazadas, nenos ou anciáns, así como aquelas persoas que presentan antecedentes de enfermidades respiratorias moderadas ou graves, grandes fumadores, enfermidades cardiocirculatorias, enfermidades hepáticas, renais, osteoarticulares ou afeccións cutáneas.

Analizouse información en relación co tema nas seguintes fontes: • • • • • • • • •

The Internacional Agency for Research on Cancer (IARC) Enviroment Protección Agency (EPA) de USA Agency for Toxic Substances and Disease Registy (ATSDR) de USA Ministerio de Medio Ambiente Instituto Nacional de Toxicología CEDRE (Centro de Documentación, de Investigación e de Experimentación sobre a Contaminación accidental das augas) de Francia. INERIS (Instituto Nacional dos riscos medioambientais de Francia) Instituto de Vixilancia Sanitaria de Francia. Centro de Toxicología (Centro Antipoison de Rennes de Francia).

ALGUNS EQUIPOS RECOMENDADOS

En principio, e sempre tras asegurarse que sexan compatibles e de boa calidade, e tras le-las especificacións do fabricante, poderían recomendarse como máis adecuados as luvas, botas ou roupa protectora que leven as seguintes composicións: • NEOPRENO (Goma de Cloropreno OR, NEO) de protección boa ou excelente. • GOMA NITRILO (NBR, Nitrilo), de protección boa ou excelente. • CLORURO DE POLIVINILO (PVC), de protección axeitada, boa ou excelente. • MESTURA DE CLORURO DE POLIVINILO laminada con GOMA NITRILO, de protección boa. • VITON (R) Goma Butilo Rubber (Vitón (Fluorocarbón Rubber, FPM, VIT) laminada con goma de Butilo (IIR. Butyl)), de protección excelente. • NEOPRENO + LATEX de protección excelente. • NEOPRENO + PVC de protección boa. • POLIURETANO de protección excelente. • MESTURA DE POLIETILENO CLORADO, ILIPALÓN, e PVC. de protección excelente.

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.