As parroquias de Tui síntese histórica

XULIO MARTÍNEZ SIGÜENZA As parroquias de Tui –síntese histórica– As liñas que configuran este pequeno estudio pretenden ser unha aproximación histór

23 downloads 70 Views 3MB Size

Recommend Stories


TUI Umwelt Champions 2016
TUI Umwelt Champions 2016 Hotel TUI MAGIC LIFE Kalawy best FAMILY Iberotel Makadi Club Oasis Iberotel Makadi Club Oasis Iberotel Makadi Beach SENSIMA

TARJETA ESTUDIANTIL INTELIGENTE TUI
TARJETA ESTUDIANTIL INTELIGENTE TUI ¿Qué es la tarjeta TUI?   La Tarjeta Universitaria Inteligente (TUI) es una credencial personalizada con los datos

NORMAS DEL CONCILIO PASTORAL DE PARROQUIAS
DIOCESIS DE SACRAMENTO NORMAS DEL CONCILIO PASTORAL DE PARROQUIAS Noviembre 2005 PARA: Sacerdotes, Encargados de las Parroquias, Presidentes del Co

AS AS AS AS AS AM02676LH AS AS AX AX AX AM02100WR AS
5x AM1113E 2x AM09013JG 1x AS0362028 9x AM1113NK 2x AM09013NK 1x AS0102926 1x AM0910E 18x AM0910NK 2x AM0910WR 5x AM04663KJ 5x AM04663NK 42x AM0

VISITA PASTORAL CUESTIONARIO PARA LAS PARROQUIAS
VISITA PASTORAL CUESTIONARIO PARA LAS PARROQUIAS 2 INFORME SOBRE LA PARROQUIA DE .................................................................

Story Transcript

XULIO MARTÍNEZ SIGÜENZA

As parroquias de Tui –síntese histórica–

As liñas que configuran este pequeno estudio pretenden ser unha aproximación histórica –escasamente divulgada– de cada unha das once parroquias, ordenadas alfabeticamente no texto, que integran o actual concello de Tui (Pontevedra), excluíndo o casco urbano, que xa dispón de guías específicas. Os datos foron obtidos mediante a busca de información en manuscritos existentes en

diferentes arquivos, de revisións bibliográficas e do contacto directo cas xentes –con recordos históricos herdados– e co seu contorno. Terras transmitidas de avós a pais, e de pais a fillos. Sabemos que cada parroquia co seu patrimonio cultural, moitas veces oculto, ben merece unha publicación monográfica, pero é este un propósito que excede os obxectivos do presente traballo.

Esperemos, pois, que estas páxinas axuden a coñecer e a valorar un pouco máis esta fermosa comarca, de fronteira e río secular. Un territorio antano eminentemente campesiño, agora un marco xeográfico, como todos, a cabalo entre o tradicional e o urbano. O AUTOR

11

Termo municipal de Tui. Parroquias.

RELACIÓN DAS PARROQUIAS TUDENSES

1. Areas. 2. Baldráns. 3. Caldelas. 4. Guillarei. 5. Malvas. 6. Paramos. 7. Pazos de Reis. 8. Pexegueiro. 9. Randufe. 10. Rebordáns. 11. Ribadelouro.

12

1 A R EA S

Esta parroquia ribeirá consta de sete barrios baixo os nomes de: Regueiro, Toxeira, Atrio, Gaios, Carballo, Bouzalabada e Anta (este último mencionado en antigas escrituras que datan do ano 1095, e o seu topónimo ben puidera aludir á existencia no lugar de mámoas ou túmulos funerarios), os cales se distribúen ó longo dun terreo pouco escarpado na parte baixa e aterrazado na zona alta, limítrofe xa co municipio de Tomiño. A súa poboación ten por fronte as vistas da orografía portuguesa e o tránsito lento das augas do Miño. Afluente deste é o San Martiño, a canle do cal rega as fértiles terras de Santa Mariña. No século XII, ano de 1112, a raíña dona Urraca doa ó bispo

de Tui a entidade coñecida por entón co topónimo de Arenas, que así a denomina “por los terrenos y lugares antiguos con todo lo que la Reyna tenia desde el Río de Molinos hasta Piedrafita que está sobre Pesigario (actual Pexegueiro)” 1. Durante os anos que se suceden á segunda metade do século XIX só habitaban a parroquia 82 fregueses que dependían no contencioso do xuíz de Tui e polo político e gobernativo do de Salceda de Caselas. Os seus décimos valían daquela a cifra de 15.000 reais, que por enteiro gozaba o seu cura párroco, o cal dispuña onda a igrexa (posiblemente orixinaria do século XIII, sofre numerosas reformas nos séculos XVII, XVIII e XIX. Aínda

se conserva unha porta lateral preoxival románica), de casa rectoral –hoxe en día restaurada e rehabilitada para turismo rural– e horto rectoral de 13 ferrados de pan en semente. Percibía tamén unha renda anual de 16 e 3/4 ferrados de trigo, 17 de centeo, 16 e medio de miúdo, 26 reais, 2 marabedís e un polo. A fábrica do templo relixioso cobraba en tributos a contía de 2 ferrados de trigo, 1 e medio de centeo, 2 de miúdo, 5 de millo, 25 reais e 6 marabedís. José Argibay, veciño de Santa María de Pías (Mondariz), será o mestre canteiro que realice as obras da capela maior da igrexa en 1864. A patroa titular de Areas é a Virxe e mártir Santa Mariña, a festivida-

13

Igrexa parroquial. Foto Sigüenza.

Pazo e capela de San Bieito de Bouzabalada. Foto Sigüenza.

de da cal se celebra o día 18 de xullo ó pé do templo parroquial. Festas importantes tamén son a das Dores e a do Rosario, que se celebran respectivamente en agosto e outubro. Outra congregación festivo-relixiosa ten lugar unha vez ó ano na capela de San Bieito en Bouzabalada, ermida contigua ó pazo que leva o mesmo nome do barrio. Este

14

notable casarío posúe unha extensión de varias hectáreas de terreo e foi reconstruído o seu inmoble durante o século XVIII, tal como figura no frontispicio: “reedificose año 1790”. No pazo de Bouzabalada viviu ata a súa morte José Peñaredonda, comandante retirado do exército que desempeñou durante breve tempo as funcións de alcal-

de de Tui nos momentos escuros do Alzamento Nacional de 1936. Posiblemente houbo noutros tempos no barrio de Gaios, ou proximidades, unha casa nobre. Nunha labra heráldica (arrancada do seu lugar de orixe e incrustada nunha parede de ladrillo dunha vivenda en construcción en dito barrio) aparecen esculpidas as liñaxes dos Troncoso de

Antiga marca en poste de viña. Foto A. Rodríguez.

Viveiro forestal. Foto Sigüenza.

Lira e os Sotomayor, representadas polo característico brazo que sostén unha espada, un tronco de árbore con raíces descubertas e animal apoiado sobre patas traseiras –os primeiros– e as faixas de escaques –os segundos–. Quizais este blasón proceda dalgún antigo abade de Areas que pertenceu á coñecida casa da Picoña en Salceda de Caselas2.

Hai que mencionar como elemento de grande interese botánico e arquitectónico o viveiro forestal, onde na actualidade se reproducen numerosas especies arbóreas destinadas á venda a particulares e para repoboacións forestais. Este, fundado polo coñecido enxeñeiro de montes Rafael Areses, foi creado nun principio para subministrar varie-

dades de gando vacún, cereais e legumes, principalmente para as zonas de Galicia, Asturias e León. No camiño de acceso ó viveiro forestal recolléronse sobre o terreo varias machadas pulidas atribuídas a un período Neolítico3.

15

2 B A L D R Á N S

Se comezamos co apartado máis afastado da historia do home, tocamos coa prehistoria. No barrio do Cerqueiro acháronse casualmente varios bifaces de tipoloxía paleolítica (cantos rodados de cuarcita tallados por dúas das súas caras) a consecuencia de remocións de terra nun predio particular, propiedade do señor J. J. Martínez Sigüenza. Recentemente recollemos outro exemplar nas Veigas. Cabe destacar en Baldráns a existencia dunha serie de petroglifos situados á beira do Miño, e que ata hai poucos anos estiveron baixo as augas do río, compostos por serpentiformes, “coviñas”, e os característicos círculos concéntricos. Conxunto

16

de arte rupestre, atribuído grosso modo á Idade do Bronce, situado no lugar denominado As Carneiras4. Cítase en varias publicacións a Baldráns como lugar de probable bifurcación de vías romanas (recordemos que a vía XIX pasaba polas inmediacións da ponte do Louro). Existen poucos datos históricos sobre esta parroquia, que segundo se ollen escrituras de épocas distintas escríbese ben coa grafía de Baldráns ou a de Valdráns. Antano parte destas terras pertenceron ó señorío de Val de Flores, o pazo matriz do cal seguramente foi o que, moi modificado con respecto ó seu aspecto orixinal, está situado no barrio da Malla-

doura. Dispuxo este dunha capela anexa que aloxaba no seu interior unha imaxe de San Gregorio (talla do século XVIII custodiada no Museo Diocesano de Tui), e ós pés do cal se celebraba anualmente unha pequena romaría. Na actualidade aínda se poden apreciar restos de muros que compoñían a planta da pequena capela (en 1754 posuíaa don Pedro Gil Correa, fundada uns corenta anos atrás por don Benito Romero), e a entrada onde estaba encaixado o couzón no que irían colocados os gonzos do portalón de acceso á casa forte. Enriba había un escudo de armas, vendido hai anos e que hoxe se atopa coroando o portal dun predio en Entienza (Salceda) denominada

Dous pequenos bifaces paleolíticos atopados no barrio do Cerqueiro. Foto Sigüenza.

polo nome do seu propietario: “Pepe da Quinta” ou “Pepe da Garganta” (antigo pazo destruído). O pazo da Malladoura –con certa influencia constructiva portuguesa– hoxe en día dividido en varias partes, dende a súa orixe posiblemente en épocas barrocas pasou por diferentes mans. Descendentes da primitiva familia (emparentados cos Puntillón de Paramos) por avatares da vida acabarían afincados finalmente en Verdoejo (Portugal)5. Moi próximo a esta casa grande hai un muíño de auga e o denominado Penedo da Malladoura composto por unha xigantesca mole de granito, na cal se di que antano se mallaba o centeo e se puña a secar o millo. A altitude máxima da parroquia ascende a 100 metros sobre o nivel do mar no

monte chamado Lóbrega, situado nas proximidades da citada rocha. Algunhas referencias –en boca de veciños– sitúan en Lóbrega (Lóbriga, Alóbrega ou Alóbriga, segundo variantes) restos de paredes e muros que pertenceron ó emprazamento dun poboado, xa desaparecido, e que se constituíu remotamente no primitivo Baldráns. Existen testemuños orais que sitúan un cruceiro e unha capela, esta dedicada á nai da Virxe María, Santa Ana, no lugar de Ledos. Destes elementos arquitectónicos non queda ningún resto constructivo pero si se conserva unha imaxe da santa coa Virxe e o neno Deus, datada no século XVII, que se garda no Museo Diocesano de Tui. Outra talla, procedente de Baldráns,

que igualmente se atopa en dito museo, é unha do mártir San Sebastián (século XVIII). A imaxe de madeira do titular, localizada no interior da igrexa parroquial, é un Santiago Matamoros ecuestre. Obra probablemente confeccionada durante o século XVIII. Outra ermida desaparecida foi a de San Xerónimo. En 1778 esta capela presentaba estado de ruína e indecencia polo que xa se prohibe nesa data o culto no seu interior. No barrio do Rapado houbo noutros tempos un igrexario, terreo posiblemente anexo a unha antiga rectoral. Respecto ó século XIX as principais noticias da época son as relativas ós avances das tropas napoleónicas. Sostén o escritor Gerardo Álvarez Limeses que os franceses invadiron a freguesía queimando dous altares da igre-

17

Igrexa parroquial. Foto Sigüenza.

Curioso pedestal de cruceiro. Foto A. Rodríguez.

18

Escudo de armas que pertenceu ó pazo da Malladoura. Foto Sigüenza.

xa, levándose trala rapina diversas roupas de mérito do seu interior. Hai veciños que aseguran que precisamente o topónimo As Campas, lugar outeiro, provén de ter sido este o enclave que escolleron os franceses para establecer un campamento provisional durante os asaltos e razzias efectuados na zona. Relativo ó capítulo dos artesáns e artistas que efectuaron obras para a parroquia hai que citar nomes coma Pedro Demaqueira, mestre canteiro de San Andrés de Xeve, que en data 19 de xuño de 1702 contrata na cifra de 18.000 reais de vellón a nova fábrica do corpo da igrexa (concorreu tamén á poxa Antonio del Pino,

veciño de Taboexa (As Neves) que perdeu en favor do anterior). Jacobo Andrés Páez de la Iglesia, mestre pintor, natural de Tui (1803?-1888), pintará en 1874 unha Virxe Dolorosa do tipo de vestir para adornar e custodiar relixiosamente o templo. Ademais dos barrios do Cerqueiro, A Malladoura e Rapado, xa citados, o resto das entidades de poboación son: Carballiza, Facho, Igrexa, Parceira, Teixeira e As Veigas. O conxunto de habitantes rolda os catrocentos veciños. O regato principal que atravesa a parroquia é o Poldras. Ademais da igrexa, remodelada nos séculos XVII e XVIII, que

consta dun campanario en forma de espadana (na data de 26 de febreiro de 1380 cítase como o seu titular ó apóstolo Santiago o Maior, e como rector do templo a Juan de Paramos), son de valor diversos elementos etnográficos situados na freguesía como os muíños de regato6, pesqueiras7, pozas de regadío, sifóns, lavadoiros ou fontes públicas. Estas últimas son numerosas, e levan os nomes de: Fonte de Eiba, Fonte da Balada, Fonte de Gatos e Minanova. Con respecto ós sifóns case todos eles se atopan destruídos ou ben moi danados por situarse ó bordo da estrada e ter sufrido o repetido impacto de vehículos.

19

3 C A L D E L A S

Caldelas, derivación toponímica das voces latinas “aquae calidae”, ou auga quente. Discorre dende antano a vida desta parroquia intimamente ligada ó paso do tren, ó río, e ó seu balneario de augas termais. As entidades de poboación son: Baños, Calvario, Coello, Engarde, Foxo, Gaios, Igrexa, Monte, Monteiro, Peteiras, Piñeiro, Pozón, Seixal, Souto de Arriba, Souto de Engarde e Telleira. Seguindo unha orde cronolóxica de achados arqueolóxicos efectuados dentro do seu termo parroquial –o máis oriental do municipio de Tui e limítrofe con Salceda de Caselas e Salvaterra– o primeiro foi un escudo de armas do que só se puido conservar como testemuño un debu-

20

xo (do que non temos constancia salvo a noticia rexistrada nunha publicación)1. A continuación, e gracias á doazón do copropietario do antigo xacemento de grava –o señor José González Domínguez– o famoso casco de bronce atribuído á cultura castrexa (aproximadamente século IV a.C.)8. Esta peza foi localizada casualmente en febreiro de 1976 ó extraer áridos cerca do lugar do Penedo a unha profundidade entre catro e cinco metros por debaixo do leito natural do Miño. En 1983, a mesma persoa recupera unha vez máis da canle do río cinco machadas de bronce de dúas anelas e unha de tipo tubular disposta dunha soa. Estes artefactos, cunha datación aproxima-

da cara ó 850-600 a.C., xunto co referido casco, exhíbense na planta baixa do Museo Diocesano de Tui, e foron no seu momento noticia importante en periódicos (Faro de Vigo, 18-IX83) e revistas especializadas (Museo e Arquivo Histórico Diocesano de Tui. Tomo IV, 1986). A cita máis antiga sobre a freguesía data do ano 1301. Trátase dunha escritura asinada en Zamora na cal don Fernando de Castro doa a don Juan Fernández de Sotomayor, bispo de Tui, o coto de Caldelas. En 1320 e 1321 outros documentos mencionan a mesma doazón, unha por parte de dona Violante e outra por parte do fillo de ambos, don Pedro Fernández de Castro.

O Hotel-Balneario con anterioridade ó engadido lateral efectuado nos anos setenta.

Escribe Ávila y la Cueva que a igrexa parroquial erixida baixo a advocación de San Martiño se situou en tempos remotos na ribeira do río Miño, preto da súa confluencia coa desembocadura do río Caselas, no lugar denominado Igrexa Vella. Segundo o citado historiador en 1674 (como reza unha inscrición colocada entre perpiaños da fachada da actual) trasládase ó barrio onde hoxe se atopa. En 1719 reconstrúese parte do templo, sendo en 1766 cando se levanta a torre, inicialmente en forma de espadana, e dunha soa campá. Xa no século XX (1965) derrúbase por completo a antiga igrexa, a excepción do campanario, para construír no mesmo sitio outra nova, que se inaugurará en 1967. De estilo historicista é a capela do Carme situada ó lado do Gran Hotel Balneario, e ata

onde xa teñen chegado nalgunha ocasión as crecidas do río. Certas referencias algo ambiguas sitúan en Caldelas, case fronte á torre portuguesa de Lapela, as vellas ruínas da denominada Torre Vella emprazada na ribeira do Miño. Madoz, no seu coñecido diccionario (1845), sinala que Caldelas era antano rica en caza de lebres e cetrería. Posuía ademais distintos muíños de fariña e unha rica pesca de zamborcas, salmóns e lampreas9. Así como posuía moitas e variadas froitas, sen excluír os olorosos cítricos que aínda colorean xardíns e patios. É importante destacar a romaría da Virxe da Rocha celebrada o último domingo de agosto na ampla ribeira do Miño. Para isto as familias que se congregan acoden con empanadas que degus-

tan ó aire libre contemplando a beira lusa de Fiestras. A devoción á Virxe da Rocha é de orixe portuguesa. En 1827 o bispo de Tui aprobou, no día 16 do mes de novembro, que se celebrase esta festa coincidindo coa Dominica da Santísima Trindade. Dende entón ata os nosos días así se vén facendo. O BALNEARIO E AS AUGAS TERMAIS

As augas termais de Caldelas como fonte de curación, principalmente para afeccións respiratorias, erupcións cutáneas e outros males variados, xa figuran nalgunhas citas do século XVII (o seu manancial data posiblemente de 1650, nota na obra de don Pedro Gómez de Bedoya e Paredes, Historia universal de las aguas minerales de España),

21

Antiga procesión ante a porta da capela da Virxe do Carme.

pero non será ata un século despois cando se empece a tomar verdadeira conciencia dos seus valores medicinais: “Extendido ya el crédito hasta A Coruña, el entonces Capitán General Conde Hitre, pidió datos a los médicos de Tui ...” (1750). Nun tratado de farmacia de Raimundo Fors y Cornet (1841), no apartado relativo ás augas sulfurosas, lese: “Aguas de Caldelas. Estas aguas muy descuidadas son claras, de olor a cieno, de sabor picante y nauseabundo, su temperatura es de 37 grados y medio. Contienen ácido sulfídrico, ácido carbónico, cloruro sódico, carbonato sódico, sílice y se sospecha que carbonato de hierro”. O manancial foi descuberto de forma casual; os veciños para aproveitar as augas fixeron un pozo de “circunferencia de 20

22

pies y una vara de profundidad”. Posiblemente anegado polas crecidas do Miño, é novamente “redescubrido” cara a 1750. Nun principio as augas termais, unha vez arrefriadas, serían empregadas para regar o millo –que medraba rapidamente– e para curar feridas en animais; finalmente daráselle uso humano10. Os primeiros baños termais, de orixe incerta, parece ser que consistiron nun principio en simples chozas con tellado de palla situadas na ribeira do Miño, no lugar de Baños. O 18 de agosto de 1788 un incendio destruirá as barracas. Na noite do 21 de setembro dese mesmo ano novamente o lume, ademais de destruír rapidamente a armazón termal, deixa tras de si a cinco feridos graves e un morto. A Xustiza e o Concello de Tui ante

os sucesos acaecidos deciden que as cabanas, de uso temporal, se constrúan esta vez a base de táboas e tellado de tellas, e baixo ningún pretexto de palla11. A fisionomía dos baños, salvo distintas ampliacións, non sofre cambios importantes ó longo de gran parte do século XX, así temos constancia de que en 1950 aínda seguen a funcionar barracas de madeira na ribeira do río. Finalmente, e hai poucos anos, constrúese a edificación de cemento que hoxe en día se aprecia e que acaba substituíndo as vellas edificacións de madeira. O Hotel-Balneario como edificio que acollerá a multitude de persoas necesitadas de tratamentos hidrotermais será custeado en 1889 por Antonio Oliver Rubio, xeneral do exército na época de Alfonso XII e propietario dos

A igrexa de Caldelas con anterioridade ó seu derribo. Hoxe en día unicamente se conserva a torre do campanario.

Muíños de auga na desembocadura do río Caselas.

23

Estación de trens a principios do século XX. Fotos propiedade do HotelBalneario de Caldelas.

baños. As obras de cantería serán contratadas a José Alfaia, quen xa realizara os baños12. Pero non será ata principios do noso século cando realmente o hotel e o balneario tomen o auxe que lles corresponde, ó igual que acontece co resto de estacións termais da provincia de Pontevedra, como é o caso de Mondariz, Cuntis, Caldas de Reis, etc. O seu esplendor dura máis ou menos ata os anos trinta do século XX. Á parte de fondas e casas particulares, funcionaron en Caldelas ata seis ou sete hoteis que albergaban a xentes chegadas dos puntos máis diversos. En 1936 co inicio da Guerra Civil o establecemento termal sofre un inevitable parón, que se prolongará ata cerca da década dos

24

anos cincuenta. O edificio do Gran Hotel durante a contenda bélica foi empregado esporadicamente para albergar a un pequeno retén de soldados que controlaban a zona. LINDBERGH ATERRA EN CALDELAS

Unha chuviosa tarde do 13 de novembro de 1933 aterrou no Miño á altura de Caldelas o famoso “as” da aviación americana Charles Lindbergh, cando cubría un traxecto para o estudio de novas rutas intercontinentais de pasaxeiros e mercadorías. Naquela ocasión facíao de Santoña a Lisboa. Perdido entre a intensa bruma dese día, o coronel en compaña da súa esposa Anne, pilotando o

hidroavión “Albatros”, descendeu do ceo forzosamente tras abrirse un oco entre a néboa, aterrando sobre un remanso de augas, sen saber ben se o tiña feito sobre o mar, un río, ou un lago. Permaneceu Lindbergh 36 horas entre terra española e portuguesa, hospedado nun hotel de Valença do Minho. Unha vez abastecido de combustible o aparato, e a pesar de persistir o tempo chuvioso, partiron o aviador e mailo seu copiloto rumbo a Lisboa, non sen antes faceren un xiro en redondo sobrevoando Caldelas entre os acenos de adeus do xentío. Dende entón, ó lugar do río onde descendeu o hidroavión coñécese precisamente co nome de Pozo do Castro, ou “Pozo de Lindbergh”13.

4 G U I L L A R E I

A tres quilómetros escasos do casco urbano de Tui sitúase Guillarei. É a parroquia máis poboada, cun censo de aproximadamente 1.500 veciños, e tamén a máis industrializada de todo o municipio tudense. Ocupa unha franxa importante de terreo que limita con Budiño polo norte; co Miño e Portugal polo sur; polo leste con Soutelo e polo oeste con Ribadelouro e Rebordáns. O seu río principal, ademais do Miño é o Louro, antigamente moi rico en troitas e anguías, hoxe por desgracia non as ten. Sobre este levántase unha ponte denominada A Ponte da Veiga (ou A Ponte do Louro), de factura medieval, con arcos apuntados de época románica e gótica (no interior deles existen diferentes signos

lapidarios), e peitorís laterais realizados en 1792. O seu escudo de pedra (consistente nunha media lúa, tres estrelas en posición vertical e coroa) foi trasladado ó monumento a Calvo Sotelo situado na entrada da cidade de Tui con motivo da súa reconstrucción en 1960; a vella calzada empedrada que o atravesaba unía Tui con Ponteareas. Nas inmediacións da ponte do Louro estaba situado un antigo “porto” de pasaxe en barca a Portugal, concretamente a Valença14, e na súa desembocadura aínda hoxe en día é posible apreciar as ruínas dunha importante pesqueira. O monte máis coñecido, As Penizas (que tamén pertence ó termo parroquial de Paramos), elévase a unha altura de 144 m sobre o

nivel do mar, interrompendo esa constante media de 60 m. Precisamente no alto das Penizas, durante a Guerra da Independencia, dise que houbo unha serie de escaramuzas que provocaron que este fose tomado por unha avanzada das tropas do afamado xeneral Soult. Guillarei rende festas ó seu patrón titular San Mamede, pero tamén son populares as de San Sebastián, San Antón, e principalmente a da Virxe das Dores. Esta última celebrada o terceiro domingo de setembro na capela da Gándara (construída en 1948 gracias á contribución económica das familias Fernández e Gómez). Os datos que se posúen sobre a antigüidade desta parroquia, que

25

Ponte medieval sobre o río Louro. Foto Sigüenza.

Estación do ferrocarril. Foto Sigüenza.

26

Monte Faro (Portugal). Unha vista dende A Veiga de Guillarei. Foto Sigüenza.

primitivamente dependeu eclesiasticamente de Soutelo (Salceda de Caselas), non son excesivos. Guillarei aparece reflectida por primeira vez en documentos do ano 1351 a través dunha escritura pertencente ó mosteiro de Barrantes. Neste escrito o bispo de Tui, don Gómez, deu sentencia a favor do citado convento sobre certos bens que lle pertencían en “Guillerey” e outras partes15. A confraría de San Sebastián remóntase polo menos ó último tercio do século XVI e xa no século XVII se funda a do Santísimo Sacramento. A igrexa parroquial de tipo neoclásico (s. XIX) foi reformada en 1700 baixo mandato do bispo de Tui, frei Anselmo Gómez de la Torre (xa anteriormente sufrira unha importante ampliación con respecto á orixinaria), obra á que tiña

que contribuír o poderoso abade de Guillarei e comisario xeral do Santo Oficio da Inquisición no Reino de Galicia, Francisco Pardo de Misa, custeando da súa man a fábrica da capela do altar maior. No barrio da Torre existiu, como ben indica o seu nome, unha antiga fortificación. Os seus restos, hoxe desaparecidos, chegaron ata o século XIX. Segundo Ávila y la Cueva un dos seus posuidores foi en 1475 Vasco Hernández, tal como aparece reflectido nunha escritura do convento de Santo Domingo de Tui datado en 1513. Os seus sucesores perderon o seu señorío en 1529 nun litixio realizado en Valladolid a favor do bispo de Tui, Diego de Avellaneda. Nunha escritura do ano 1095 xa aparecen citados os nomes de

Alvillos (actual Albelos) e Sobereto (Sobredo). As restantes entidades de poboación son: Calvario, Ciguñeiras, Corgo, Eidos, Estación, Fenteira, Fonte, Gándara, Igrexa, Arrotea, Millada, Outeiro, As Penizas, Peteiras, Pinzás, Pombal, Ribe, Rodas, Souto, Teixugueira, Torre e Ponte Nova. Coa chegada da Revolución Industrial, e polo tanto do ferrocarril nos anos 1884-88, prodúcese un verdadeiro auxe na vida económica e social de Guillarei. Ademais de crearse o novo barrio de Estación, xorden diversas construccións, modernas infraestructuras e sobre todo a chegada de xentes doutros lugares. Todo isto influirá nun avance cara á modernidade dunha parroquia –como tódalas demais– tradicionalmente agrícola. Comezan a correr ventos

27

Monumento ós “Mártires de Sobredo” –obra do escultor Camilo Nogueira. Foto A. Rodríguez.

novos nas primeiras décadas do século XX. Guillarei chega a ter durante estas datas 1.200 habitantes e unha importante forza sindical (con sede propia destruída en 1936), en parte gracias ós obreiros que traballaban no ferrocarril, moitos deles militantes da C.N.T. e a U.X.T. A comezos da Guerra Civil os asasinatos e as desaparicións cebáranse en afiliados e simpatizantes das distintas organizacións políticas afíns á República, e moitas serán as mortes ocorridas no monte Aloia e arredores de Tui. OS MÁRTIRES DE SOBREDO

Un dos feitos históricos contemporáneos máis relevantes desta parroquia foi a morte violenta de tres veciños, ós que se lles denominará co tempo “Os mártires de Sobredo”. Froito deste suceso eri-

28

xiuse un monumento conmemorativo, ó pé do cal cada ano se realiza un acto en recordo das víctimas e do que isto supuxo. Os antecedentes viñeron marcados polo problema que sufría o campesiñado galego polo pago de foros, lei de arrendamentos en vigor por entón dende a Idade Media. O 28 de novembro de 1922 un xuíz escoltado pola Garda Civil preséntase para embargar os bens dun agricultor que se negaba a pagar os impostos. En sinal de apoio e protesta xuntáronse no lugar unhas dúas mil persoas. Pouco despois a multitudinaria concentración é disolvida a tiros quedando mortos no medio dos feridos Joaquín Estevez Besada, de Soutelo, Cándida Rodríguez, de Pazos de Reis, e Venancio González Romero, de Budiño. Os feitos de

Sobredo tiveron gran repercusión nos medios de comunicación da época; o sucedido levaríase a Cortes na sesión do día 29 de novembro dese mesmo ano. Mortes por causa do pago de foros tamén houbo en Oseira (1909) e Nebra (1916). En 1926, o 25 de xuño, efectúase o decretolei que provoca definitivamente a redención daqueles. Para que quedase constancia desta loita, en 1932 levántase un monumento –obra do escultor Camilo Nogueira– que será destruído catro anos despois a consecuencia do inicio da Guerra Civil Española. En 1988 recollendo parte das pedras que quedaran ocultas entre a maleza reconstrúese, por vontade popular, o Monumento ós Mártires de Sobredo e que hoxe podemos contemplar.

5 M A LVA S

Situada a cabalo entre os municipios de Tui, Tomiño e Gondomar, configúrase esta parroquia tudense nun val pechado polos montes de Randufe, Pexegueiro e Pazos de Reis, en Tui; os de Tebra, Sta. María e San Salvador, en Tomiño; e por último os de Couso, en Gondomar. Compoñen a totalidade da freguesía seis barrios: Cruz, Devesa, Estrada, Paderne, Recarei e Sambad, separados entre eles polos numerosos regatos de cristalinas augas. O Furnia é o río principal, arroio troiteiro e afluente do Miño, que desemboca en Amorín (Tomiño) e nace no lugar de Pedra da Abella, nos montes de Randufe. Outro regato que ve a luz en dita zona é o Estripeiral, afluente do Miñor.

Francisco Ávila y la Cueva escribiu que Malvas se denominou antigamente “Maloes de Jusaos”, tal como aparece reflectido nun Privilexio Real de 1159 en favor do mosteiro de Oia (“... quomodo divitur per Rivalum qui vocatur Foquet qui venit per Pesegarium ...”), outorgado en Tui polo rei Fernando II de León. Por aqueles tempos a parroquia estaba practicamente despoboada. Posteriormente, o referido mosteiro de Oia solicitou ó rei Sancho IV que se lle concedesen algunhas familias coas que poder repoboar o desnutrido couto –ó que accede o monarca– despachando dende Zamora un privilexio real o primeiro de xullo de 1287, outorgando varias franquezas e exaccións e o número de

20 habitantes para poboar “Maloas de Jusanos”. Segundo o mencionado historiador en 1454 aínda conservaba a denominación de “Maloes”. Entre 1512 e 1528 a actual freguesía aparece reflectida baixo o nome de “Santiago de Maloas”. Finalmente, en 1529 é cando definitivamente se emprega o termo actual de Santiago de Malvas. A súa poboación en 1854 ascendía a 131 veciños e os décimos da igrexa eran de 15.000 reais. Elisa Ferreira Priegue escribe: “... Malvas era antiguamente una encrucijada viaria hacia Baiona donde se unían dos “caminos jacobeos portugueses”, además de constituirse en posible calzada romana (o chamado “camino vello” segundo documentos

29

Panorámica do val de Malvas. Foto Sigüenza.

datados no ano 1433), que, saliendo del hospital de Taborda, pasan, uno por Tebra y Vilameán y otro por Pexegueiro. Unos cuatro quilómetros más adelante se llegaba a la zona alta y desolada de la Portela de San Antón (alto de San Antoniño), pasando el camino por una angostura rocosa dominada por un castro, y donde un ramal a la derecha llevaba a lo alto del monte Aloia y a la capilla y hospedería de San Julián. A continuación llegaba, por los lugares de Retorta y Laxes, al alto de Couso. De allí, por Feira, Estrada, y Pousada, al puente de Mañufe, donde se bifurcaba ...”. A igrexa parroquial sitúase na parte baixa do val, dentro do barrio da Estrada, e é un evidente exemplo de arquitectura barroca tardía con abundantes

30

elementos neoclásicos. Aínda que o edificio que chegou ata os nosos días foi reedificado no século XVIII (en 1790, segundo documentos, achéganse sumas económicas importantes para a reedificación da nova igrexa) puidera estar asentado sobre vellas cimentacións románicas, entre outras razóns pola presencia de sinais lapidarios nalgúns perpiaños da fachada. Na portada principal da igrexa, baixo o campanario e aloxada nun fornelo, atópase unha imaxe pétrea do apóstolo Santiago montado a cabalo e cun sarraceno ós pés do animal, obra realizada en 1794 polo prezo de 260 reais. Outra imaxe de madeira policromada tamén de Santiago, procedente do interior do templo, xa aparece mencionada nas Visitas Pastorais do século XVI.

Na ábside deste hai un brasón, escudo de armas dunha variante da familia da Picoña, o pazo da cal, en Salceda de Caselas, pertenceu ós Troncoso de Lira. Na labra heráldica de Santiago de Malvas están representados os Lira e os Troncoso e probablemente pertencese ó abade Luis Troncoso de Lira e Sotomayor cara a 1729. En antigos cartafoles figura o beneficio de Malvas como “regalía” unida ós morgados e vínculos da casa de A Picoña. Sábese que en 1672 e 1675 un prateiro residente en Tui, chamado Cristóbal de Matos, fai para igrexa de Malvas un relicario e unha cruz en metal nobre. En 1761, outro prateiro, tamén veciño de Tui, Simón Antonio Pérez de la Rocha, tras desaparecer por roubo a antiga cruz e varios cá-

Escola pública e antigo local do Sindicato Agrario. Foto Sigüenza.

Igrexa parroquial. Foto Sigüenza.

31

Ruínas do serradoiro e muíño da Estrada. Foto Sigüenza.

lices, realiza por encargo unha nova cruz de prata. Unha festa importante, á parte da celebrada o día do seu santo patrón o 25 de xullo, é a constituída pola procesión e romaría denominada popularmente de Sanomedio, realizada ós pés da capela existente no alto de San Mamede. Despois de carrexar as imaxes de Santa Victoria e San Mamede –segundo din “amigos en amores”– celébrase na ermida unha misa, comendo a continuación os asistentes ó aire libre. Na actualidade a capela está totalmente reconstruída e non conserva nin un só elemento orixinario. Hai noticias sobre a súa existencia que se remontan ó ano 1529, a pesar de que nesas datas, segundo documentos, xa se atopaba practicamente derribada. En 1789 deben ser suprimidas as

32

misas no seu interior por atoparse nun estado deplorable. Será en 1854 cando se deixe de utilizar a ermida definitivamente, empregándose a continuación, xa moi danada a súa estructura, para aloxar gando. As súas pedras, como ten ocorrido noutros moitos monumentos, acabarían arrincadas e transportadas para casas e muros próximos cara a 1945. No alto de San Antoniño tamén existiu outra capela, esta baixo a advocación de San Antón (houbo tamén outra en Peiteiros –a de San Pelaio– hoxe vivenda particular). Asegura o folclore que había sete na comarca e que todas elas estratexicamente situadas se miraban entre si. Quizais de traza semellante á de San Mamede fose a de San Antón, e incluso sería posible que ambas

foran contemporáneas (un testemuño do 31 de decembro de 1529 –visita pastoral de don Antonio de Larcante– que cita deterioradas estas edificacións refírese a ambas: “... En dicha feligresía hay una ermita y se dice de San Antonio, que no posee propiedad. Existe otra, llamada de San Mamet, está toda derribada y tampoco tiene propiedad alguna ...”). Por unha das caras –a que mira a Malvas– do monte denominado Couto Godelo existe un túnel a ceo aberto a modo de falla, coñecido baixo o significativo topónimo da Cova da Moura. Posúe unha profundidade de varios metros e unha vintena de lonxitude. O folclore asegura que esta cova foi construída polos “mouros” e a lenda relata que servía de pasadizo subterrá-

Planta, alzado e situación do castro “Outeiro do Xudeu”.

neo que ía saír ás proximidades do monte Santa Tecla. Durante épocas de contrabando dise que foi un reducto utilizado para esconder sacos de sal no seu interior. Pouco antes de chegar ó alto de San Antoniño, moi preto do quilómetro 14, en medio dun bosque de piñeiros e eucaliptos, existe un pequeno castro, denominado a cima deste “Outeiro do Xudeu”. Unha das súas ladeiras, sen case caída aparente, é coñecida polo elocuente topónimo de “Baixa ó Castro”. O pequeno montículo

posúe unha coroa de planta case circular rodeada de penedos. Os seus eixes de dimensións aproximadas son: eixe N-S 18/20 metros, eixe E-O 16/18 metros. A acrópole do poboado protohistórico posúe unha cota de altitude máxima duns 410 metros sobre o nivel do mar. A simple vista evidéncianse polo menos dúas terrazas, así mesmo aínda se aprecian os restos dun muro de cachotería e parapeto pola banda N.16 Conta Malvas entre o seu patrimonio arquitectónico popular con dous pombais de bela traza,

un deles situado dentro da chamada Casa do Crego, en Recarei, coñecido antigamente polas súas cuantiosas propiedades. Tamén permanece en pé o antigo edificio onde se instalaron as escolas públicas, posterior local do Sindicato de Malvas S.A.G.A.M. No barrio de Estrada aínda se alzan a ceo aberto as paredes dun antigo serradoiro de madeira e á súa vez muíño para triturar minerais. Este muíño-serradoiro foi moi próspero en tempos e chegou a contar con varios operarios.

33

6 PA R A M O S

Delimitadas por Soutelo (Salceda de Caselas) e as augas do Miño, discorren as terras de Paramos sen grandes alturas –unha media de 58 metros sobre o nivel do mar– salvo a elevación do coñecido monte das Penizas, que rompe o sosego desa planicie salpicada de horta, millo e viña. Os regatos Fonte Ferreiro e Pantel aplacan o silencio co discorrer das súas augas. Paramos limita coa freguesía de Soutelo ó norte, Baldráns ó leste, Guillarei ó oeste e o río Miño e Portugal ó sur. O número de veciños ascende a pouco máis dos cincocentos, que se distribúen nos barrios de Campos, Cancela, Carrasqueira, Igrexa, Outeiro, Praza, Poste, Rapadouro, Regueiro, Penedo, Laxe, San Caetano e Torre. Neste último, como ben nos sinala o seu

34

topónimo, existiu antano un torreón de señorío do cal xa non nos queda ningún resto constructivo, pero si a súa constancia en documentos de época (posiblemente se trataba do mesmo xa citado no capítulo de Guillarei). Houbo outra torre no barrio de Regueiro, na subida á capela de San Caetano, que pertenceu ós Puntillón, familia que tamén tivo outra casa-forte en Soutelo. A fortificación dos Puntillón de Paramos foi derribada sobre os anos setenta do pasado século XX para construír sobre as súas paredes unha vivenda nova. Na mesma subida –antigo camiño real a Madrid– e onde agora se atopa o “cruceiro do Regueiro”, desprazado do seu lugar orixinal, existiu unha antiga posta denominada “a do botiquín”.

Movidos polas augas do Pantel funcionaron os seguintes muíños (ordenados augas arriba): Muíño da Bazoca, Familiar, A Fonte (ou Da Fame), A Laxe, Regueiro, Penedo, e A Devesa. Respecto ós achados arqueolóxicos realizados na freguesía existe unha interesante cita17 que sinala que nun campo do barrio da Carrasqueira se atopou unha machada pulida de cor verdosa. Este tipo de materiais son atribuídos xenericamente ó período Neolítico, aínda que tamén é verdade que se localizaron en contextos de épocas posteriores. Segundo unha remota escritura de 1156, Paramos era coñecido na Idade Media co nome de Peramos. O rei Fernando II de León xunto co seu fillo Alonso deulle ó bispo de Tui no ano 1180 a

Fonte da Aldea. (Inscrición en base: “1729 AVE MARÍA”). Foto A. B.

metade da igrexa e couto de Paramos. No ano 1206 don Alonso, xa rei, dóalle ó mesmo prelado canto posuía nesta freguesía. Escribe Gerardo Álvarez Limeses que a igrexa parroquial data do século XVI (1504), se ben sofre numerosas reformas durante o século XVII, tal como se deixou constancia mediante unha inscrición (“1692”) localizada nun perpiaño sobre o lintel da porta principal da igrexa. Barrocos son os retablos, destacando un lateral composto por filas verticais de medallóns tallados e policromados, recentemente restaurados. Tamén hai que citar a capela de San Caetano, que foi desprazada uns metros do seu enclave e reedificada por completo en 1927. A festividade do seu patrón, San Caetano, celébrase anualmente o primeiro domingo de agosto;

Fachada principal da igrexa parroquial. Foto A. Rodríguez.

dous meses antes, o día 24 de xuño, realízanse os festexos en honor a San Xoán Bautista, patrón titular da parroquia. Outros datos históricos importantes son os referentes ós artistas que traballaron na freguesía deixando inmortalizadas as súas obras para futuras xeracións: así temos que Francisco Borrajo de Castro, artesán prateiro veciño de Tui, realizou unha cruz procesional para a igrexa; outro xoieiro, Simón Antonio Pérez de la Rocha, tamén veciño de Tui (1722-1769) será o que dea forma ó cáliz parroquial. Respecto á invasión francesa en Paramos sucederon importantes actos de sabotaxe ó exército napoleónico. Froito disto foi a represalia que tomaron os franceses destruíndo unha casa porque os seus donos, dise, degolaron

por sorpresa a algúns soldados e sepultaron os seus corpos nun campo próximo. En palabras de Álvarez Limeses aínda na data de 1936 se vían as ruínas da mencionada vivenda (moi posiblemente se referise á torre dos Puntillón). A emboscada ós franceses foi realizada entre a Fonte da Aldea e o barrio de Poste. Precisamente o nome deste barrio provén do suceso acontecido: un home oculto entre a maleza tirou un poste de pedra a un dos soldados, matándoo a consecuencia do impacto. Nas ladeiras e parte baixa do monte das Penizas, moi perto da Poza da Portela, vense aínda restos de cimentacións e muros que pertenceron a antigas poboacións. Segundo varios testemuños a razón do abandono das casas tivo orixe na aparición dunha

35

Vista parcial de Paramos. Foto A. Rodríguez.

Cruceiro do atrio da capela de San Caetano. Foto A. Rodríguez.

serie de pestes ou febres repentinas que asolaron por completo a toda a súa poboación, aniquilándoa na época da Guerra da Independencia. Son de bela traza o cruceiro situado ó bordo da estrada que vai

36

de Tui a Salvaterra, no barrio da Cancela, e outro localizado no atrio da capela de San Caetano, provisto este último de crucifixo polo anverso e Piedade polo reverso. Dentro do cemiterio parroquial na Carrasqueira desta-

ca un gran panteón pertencente á familia Alejos coroado por unha copa en pedra. Este mausoleo estivo situado no antigo cemiterio municipal de Tui –ó final do arrabalde do Rollo– anteriormente ó seu desmantelamento.

7 PA ZO S

Do total das parroquias que compoñen o municipio de Tui, pódese dicir que Pazos de Reis é unha das máis vinculadas á remota historia desta poboación fronteiriza, pois como ben indica o seu nome asegúrase que foi en Pazos de Reis –lugar de Monterreal– onde estiveron situados os palacios e a corte real do rei visigodo Witiza, alá polo século VIII da nosa era. Parece ser que os restos de ditas fortalezas perduraron ata épocas barrocas. Cítase nun texto18 que a principios do noso século aínda perduraban parte de varios pazos que foron co tempo posesións da Casa Grande da Picoña. Hoxe aínda se conservan na parroquia dous muíños de regato que levan por nome “Muíños de Morguete”. Con motivo

D E

RE I S

de levantar unha serie de muros de contención para realizar os grupos escolares no barrio de Porteliña casualmente descubriuse entre as pedras provenientes de ditos pazos o escudo que posuía unha das casas-fortes. Tamén os achados numismáticos, entre eles unha moeda do rei Recaredo, fan pensar que posiblemente estiveran situadas en Pazos de Reis as cecas suevas e visigóticas de Tui (moedas tudenses acuñadas nos reinados do rei Egica e o seu fillo Witiza). Os restos arqueolóxicos máis destacables son os localizados no castro de Cabeza de Francos (topónimo que derivou de atribuír un antigo asentamento franco no monte, tamén denominado Alto dos Cubos), encadrado den-

tro do recinto do Parque Natural do monte Aloia (así declarado por Real decreto do 4/XII/1978), que ademais de pertencer a Pazos de Reis tamén forma parte de Rebordáns. Este poboado da Idade de Ferro foi escavado parcialmente por primeira vez en 1933 por Manuel Fernández-Valdés Costas. Posteriormente, en 1954 volve ser escavado pola Comisión Provincial de Escavacións e, unha vez máis nos nosos días (1997), polo desaparecido Departamento de Arqueoloxía da Escola Taller de Tui. Entre os achados de materiais alí efectuados destacan cerámicas castrexas e romanas, un falo de pedra (“O falo de Cabeza de Francos”19), fusaiolas, varios petroglifos, etc. Outros recintos castrexos menos

37

Límites do Parque Natural do Monte Aloia. Debuxo: Pilar Cabezas, Antonio e Andrés Lamas. Extraído do tríptico do Parque Natural do Monte Aloia da Xunta de Galicia. Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

coñecidos son o Castelo (Frinxo) e o de Pedras Brancas20. Pero sen lugar a dúbidas ó conxunto arqueolóxico máis espectacular constitúeno a propia muralla que envolve a carón do monte Aloia (de aproximadamente 629 m sobre o nivel do mar), en sitios realizada con bloques ciclópeos e cun perímetro de aproximadamente 3.200 m. Descoñécese con exactitude a data de construcción da antiga fortaleza que alí estivo situada, ó igual que seguen sendo moitas as dúbidas sobre a súa orixe. Para Schulten tratábase das ruínas do famoso monte Medulio; para Prudencio de Sandoval (S. XVII) os restos dunha gran cidade, e para o padre Henrique Flórez (S. XVIII) o embrión do primitivo Tui. Son tres as capelas que posúe Pazos de Reis: a de San Miguel, realizada na década de 1650 polo

38

entón bispo de Tui Diego de Torquemada, quen deixa como testemuño disto as súas armas esculpidas na ábsida e no interior do templo, que por entón rendía culto ó arcanxo San Rafael. Aínda que se descoñece a qué se debe o cambio de titular, esta capela sempre foi coñecida popularmente polo Anxo da Garda. Sábese que esta posuía dúas confradías: a de San Miguel, da que a penas se teñen referencias, e a da Virxe do Carme (1711)21. A segunda capela que posúe a parroquia é a das Dores de Frinxo, edificada polo bispo Maceira entre os anos 1856 e 1860. Na actualidade, esta é a utilizada como igrexa parroquial polos veciños, que se rexen dende décadas atrás como entidade menor, independente do concello de Tui. Para finalizar, queda por mencionar a antiga capela dedicada á

Virxe das Angustias e ó mártir San Xulián na cima do monte Aloia, onde as súas romarías se celebran en verán e inverno, sendo moi populares as rogativas para quitar os males da cabeza, e, dende tempo case inmemorial, para pedir bo temo ou choivas no caso de San Xulián. O culto a este santo (talla pétrea do século XIII) é antiquísimo, sendo a primeira noticia escrita que se conserva unha do ano 1095, consistente nunha doazón de Don Ramón de Borgoña e a súa muller Dona Urraca, condes de Galicia á sé Tudense. Di relativa ó coto de Tui: “Ad montem aloie UVI fuit civitas antiquitus condita et ubi sunt reliquie sancti Juliani reposite” (Galindo Romero, Pascual. Tui en la Baja Edad Media (S. XIII-XV). Zaragoza, 1923). A ermida do monte Aloia pertenceu dende sempre ó cabido da cate-

Capela de San Xulián do Monte Aloia. Foto A. Rodríguez.

Casa forestal (1921) construída gracias ó empeño de Rafael Areses. Foto A. Rodríguez.

39

Cruceiro do Anxo. Foto A. Rodríguez.

dral de Tui e foi reedificada a mediados do século XVII (1652) sobre a cimentación e os restos doutra anterior de época incerta. Na portada do templo, baixo o campanario, atópase un brasón coas armas do bispo Antonio Fernández del Campo Ángulo y Velasco. Segundo Domingo Cameselle Bastos “el escudo de grandes proporciones no parece que estuviera antes en la capilla, pues sus medidas son desproporcionadas para el sitio. Quizás estuviera colocado en la casa y en las obras de reconstrucción del templo se trasladase allí por ser un sitio más vistoso”22. A capela de San Xulián entre 1669 e 1671 estivo baixo a custodia de ermitáns que se trasladaron a vivir á cima do Aloia. Son moitas as lendas, misterios e tradicións que encerra todo o Monte Aloia en si: as súas grandes rochas consideradas ás veces

40

como altares naturais, a simboloxía máxica e de cultos litolátricos que ocultan as súas pedras oscilantes ou de abalar, a denominada “cama de San Xulián” que posiblemente nos fale de ritos pagáns posteriormente cristianizados referentes a cultos de procreación, etc. Álvarez Limeses, na súa xa citada obra, di que no alto de Cabeza de Francos houbo situado –enfocado cara a Tui– un canón contra os franceses durante a Guerra da Independencia (segundo Manuel Fernández Valdés-Costas a batería constaba de cinco pezas). Os invasores nun asedio á cidade miñota decidiron que unha avanzada tomase en primeiro lugar a posición de Pazos de Reis. Para isto realizaron unha ofensiva pola retagarda da que saíron victoriosos. Os galegos que sobreviviron reorganizáronse nunha guerrilla atacando o grupo de franceses no Seixal, aniquilándoos.

Referente ó século XX destaca a casa forestal construída en 1921 gracias ó enxeñeiro de montes Rafael Areses, e ó Vía Crucis que parte da capela de San Xulián ata o cumio do Aloia, finalizando nunha monumental cruz de pedra realizada no ano 1900 con motivo do Ano Santo Romano que puña fin ó século XIX. Obra sufragada por subscrición popular e a cargo de Adolfo Casanova, profesor da escola de Arquitectura de Madrid. No atrio da capela do Anxo da Garda dise que varias acacias que alí perduraban foron traídas da man do propio bispo Frei Rosendo Salvado na súa viaxe de misioneiro a Australia en 1852. As entidades de poboación de Pazos de Reis son: Anxo, Arrial, Camiño Novo, Circos, Eirado, Frinxo, Herdeiros, Muíños, Palláns, Poboanza, Porteliña, Ricamonde, Seixal e Videira.

8 PEX EG U EI RO

Limítrofe coas freguesías de Malvas, Areas e Randufe, e as de Tomiño: Piñeiro, Sobrada e San Salvador de Tebra. Pexegueiro foi coñecida indistintamente na antigüidade cos nomes de Pesigario, Persegario ou Persecario. Venera ó seu patrón o arcanxo San Miguel, festividade que se celebra o día 29 de setembro. As súas maiores cotas de altitude sitúanse nos montes do Castro, con 266 m sobre o nivel do mar, e Seixos Albos con 242 m. Conforman o termo parroquial os barrios de: Carraveda, Corredoura, Fonteseca, Monte, Palláns, Pereira, Regueira, Saídes, Salgosa, Souto, Vilanova e Vilapouca. Segundo diferentes testemuños coñécese a remota existencia en Pexegueiro dun mosteiro perten-

cente á orde de San Bieito. Este foi fundado polos descendentes dos condes don Gonzalo e dona Teresa, patróns dos conventos de Carboeiro e Camanzo, o fillo dos cales foi patrón do mosteiro de Nogueira (Meis). Nunha mención do século X o bispo Sisnando dóalle ó mosteiro sito en Pexegueiro os dereitos da explotación dunha salina. O 31 de agosto do ano 1151 o bispo Pelayo cédelles o casal de Beramido ós irmáns Pedro e Lucio, situado no lugar de Persegario. Escritura que confirmarán Alfonso VII, don Sancho e don Fernando. Escribe Ávila y la Cueva que no barrio de Vilapouca “del que hallamos noticia en una escritura del monasterio de Oya del año 1139 con nombre de Vilapauca,

tubo antiguamente un monasterio de monjes benedictinos muy principal. Dista de Tuy media legua” (dato erróneo, pois o convento situábase ó carón da igrexa parroquial). En 1156 parece ser que o mosteiro é adxudicado, xunto coas súas herdades e, couto, ó prelado de Tui. A tradición que aínda perdura entre as xentes naturais da parroquia é que San Telmo pronunciou o seu derradeiro sermón, no que predixo a súa morte en dito convento e igrexa. Corría o ano 1249, día de Domingo de Ramos. A igrexa parroquial, restaurada, é un claro expoñente do románico galego que tamén se pode admirar noutras zonas do Baixo Miño, así como no norte de Portugal. Posúe esta unha certa similitude

41

Detalle da igrexa románica de Pexegueiro. Foto A. Rodríguez.

na súa portada coas igrexas tamén románicas de Parada de Miñor e Santa Eulalia de Donas. Con capiteis de decoración floral e historiados, un bonito tímpano, canzorros e mochetes que representan cabezas de touro (no muro sur), así como un campanario en forma de espadana enriba da fachada principal. Levantouse este templo a finais do século XII ou principios do XIII. Posteriormente, como acontece en case todos os casos, sufrirá diferentes modificacións consecutivas ó longo dos séculos. En 1765 reedifica a capela maior o bispo de Tui, Juan Manuel Rodríguez Castañón, deixando gravado o seu escudo de armas episcopais e un rótulo baixo o brasón na parte exterior da ábsida, a lenda da cal di: “Año de 1765. Me hizo el Yllmo. Obbpo. Dn. Juan Ml. Rz. Castañón”.

42

Dentro do templo parroquial chama a atención unha pía bautismal románica, así como varios retablos de estilo barroco (s. XVIII). Son de traza algo rústica os retablos de Santa Ana e o do Rosario, obras dos escultores José de Montes e José Fernández, realizadas en 174423. Outro retablo, de factura popular, é o dedicado á Virxe do Carme, do cal aínda que non figuran nos arquivos datos sobre a súa orixe nin sobre o seu autor, si aparece por contra na mesa do altar a inscrición: “Hízose y pintose a devoción de Don Roque Quiroga. Año de 1831”. Noutro retablo, o da Dolorosa, do que tamén se descoñece data e autoría, figura no bordo da mesa do altar o epígrafe: “Hízose y pintose a devoción del clero. Año de 1834”. Finalmente, o retablo do Cristo, igualmente descoñecida a súa

Ruínas da casarectoral do século XVI. Foto A. Rodríguez.

orixe, posúe elementos constructivos e estilísticos similares á arte manuelina portuguesa, o que fai pensar que o tallista que o realizou, ou a man dun deles, proviñese do veciño país1. En escritura datada o 4 de maio de 1764, o párroco de San Salvador de Tebra, que tamén o era á súa vez de Pexegueiro, Domingo Antonio de Otero Carballo y Carballido, edificou ó seu cargo unha capela no barrio de Fonteseca –hoxe en día desaparecida– baixo a advocación da Purísima Concepción. Foi precisamente no barrio de Fonteseca onde viviu o popular Celso Izquierdo, cura de Patrimonio, que habitaba un fermoso casarío. Don Celso era persoa de ideas liberais. De familia acomodada, tivo un irmán pintor e coñecido debuxante –José Izquierdo Durán– que foi funcio-

“Ponte Nova” sobre o río Furnia. Foto A. Rodríguez.

Barrios de Vilapouca e Vilanova, ó fondo. Foto A. Rodríguez.

nario de Facenda en Madrid, cidade onde colaborou coas súas ilustracións en diferentes revistas de época. Celso Izquierdo posuía un carácter ilustrado. Dispuña dunha interesante e variada biblioteca na súa casa de Pexegueiro. Morreu xa entrado en anos alá pola década dos sesenta do s. XX.

Outros monumentos de Pexegueiro dignos de mención son: a antiga calzada ou camiño real, a ponte medieval de dous arcos sobre o río Furnia e, finalmente, a casa rectoral do século XVI, hoxe en día en estado de ruína total. Con respecto a outra ponte, de factura máis recente,

tamén sobre o río Furnia, sabemos que en 1783 Juan Francisco de novas Gayoso (nace en Pazos de Reis, 1738), canteiro de profesión, realiza xunto co mestre Andrés Orxe a construcción da ponte “nova”. Cobran por isto a suma de 3.900 reais.

43

9 R A N D U F E

Topónimo composto por voces de raíz xermánica. Posúe esta parroquia dentro dos seus límites, de aproximadamente 6 km cadrados, dous interesantes xacementos arqueolóxicos. Por outra banda, son habituais os achados esporádicos de útiles de pedra tallada atribuídos a momentos diversos do paleolítico, frecuentes en todo o Baixo Miño. Da Idade do Bronce (1800-600 a. C.), a xa de épocas históricas, sitúanse na ladeira O. e S. do monte Alto do Coello, lugar de “Fontiñas”, diferentes rochas con numerosos círculos concéntricos, “coviñas”, espirais, zoomorfos, cruciformes, etc. Estes petroglifos foron localizados en 1974 polo Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño24 e publicados no diario

44

Faro de Vigo (4 de abril de 1974). Entre todas as rochas con gravados rupestres destaca principalmente a denominada “Rozacús” (pedra que serviu dende tempos ancestrais de tobogán, presentándose desgastada lonxitudinalmente e con diversos petroglifos ós lados. Posiblemente se tratase dun ritual máxico asociado a algún tipo de culto descoñecido). O segundo xacemento arqueolóxico catalogado dentro da freguesía é un asentamento da Idade do Ferro situado nun montículo denominado Castro ou monte Cutarel, no barrio da Guía. Na actualidade na súa cima sitúase o cemiterio parroquial. Este castro foi dado a coñecer por José María Álvarez Blázquez a través dun artigo publicado na

revista Tude en 1935 (números 2 e 3). Segundo o citado arqueólogo a súa superficie era de planta elíptica, cun diámetro de 125 m no seu eixe maior e uns 90 m no menor. Atopáronse nel diversos anacos de cerámicas castrexas. En 1973 Jesús Gómez Sobrino volve realizar varias catas desenterrando lenzos de muros, cabanas circulares e algunhas pezas líticas. En canto ás épocas do barroco ten a parroquia varias referencias históricas. Primeiro sería a igrexa da Guía, construída a finais do século XVIII e que foi a sucesora dunha antiga capela privada pertencente ó morgado dos señores de Arcos, con pazo no lugar denominado Pousa de Montenegro (aínda se conserva o portalón

Canastro no barrio de Remesal. Foto A. Rodríguez.

de acceso ó predio e o brasón da familia). A capela foi construída entre os anos 1601 e 1603 por decisión de Paulo Pereira de Castro Caldas. O primeiro señor da Casa de Arcos foi Antonio de Caldas Pereira de Castro Sousa y Magallanes –figura que aparece na segunda metade do século XVI– casado con Urraca Francisca Yáñez de Cadaval Valladares y Sotomayor. O matrimonio tivo por descendentes no seu pazo de Randufe varios fillos. Rexerá o morgado o licenciado Paulo Pereira de Castro. No futuro este contraerá matrimonio con María de Montenegro, apelido polo cal será coñecida a Casa Forte. Don Paulo –con previa autorización do Cabido– decide construír unha capela dentro da súa propiedade no lugar de “Monte do

Loureiro”, baixo a advocación de Nosa Señora dos Remedios (denominada en fontes documentais da época como “Nuestra Guía”, nome que co tempo designará ó barrio e á advocación da igrexa parroquial), San Roque e San Sebastián. A capela é solemnemente consagrada e inaugurada ó culto cristián o 8 de setembro de 1603. En 1608 don Paulo crea o Morgado de Arcos co fin de administrar e preservar dito templo, para iso nos deixa como testemuño un epígrafe latino (SACELUM HOC VENERABILE PAVLVS PEREIRA ET / CASTRO CALDAS NOBILIS VIRI ANTONII CALDAS PEREIRA DE SOSA / EX EQVESTRI CHRISTI ORDINIS CONMEDATORIS FILII IN JURI PONTIFICIO / CAESAREVS CONSVLTVS ET IN PORTVGALIAE VELLO CON / TRA ANTONIANOS ET ANGLOS EXERCITVUS AVDITOR ET OMNIUN / CASTRORUM MAGISTRATVS EX-

TREVERE CVRAVIT ET FFABRICA / RE CENSVIT DOEQUE ILLVD CVM ARA ET DIVAE MARIAE REG / NAE COELORVM DICAVIT ANNO 1603)

e gravadas as súas armas no frontispicio da igrexa. Será en 1789, ante o estado de ruína na que se atopa a capela e o mínimo espacio de que dispón, cando o herdeiro do morgado e propietario daquela Antonio Miguel Montenegro y Sotomayor, coa conseguinte autorización do bispo, inicie a construcción doutra a escasos metros da orixinaria. Obra que realiza o mestre e veciño de Pazos de Reis Domingo Novas. Os traballos non se finalizarán en vida de don Antonio. En 1796 a súa viúva solicita do bispo de Tui a bendición do templo, que ten lugar o 3 de abril de 1796. A igrexa de Randufe non pasa a ser parroquial ata 1904 mercé ó

45

Cruz dedicada a Carmen Gregores Fernández a raíz do seu asasinato no lugar de Sombraboa no ano 1894. Foto A. Rodríguez.

bispo de Tui Valeriano Méndez Conde, previa renuncia da familia propietaria ós seus dereitos de padroado. Con anterioridade os habitantes de Randufe dependían eclesiasticamente da parroquia do Sagrario da catedral25. Existe nesta freguesía un interesante patrimonio relixioso e popular representado polos antigos canteiros a través dos “cruceiros” e cruces de pedra. Como “cruceiros” históricos hai que destacar o “Cruceiro do Monte” e o da Guía. O primeiro sitúase ó bordo da estrada de Tui-Gondomar, no barrio do seu mesmo nome, e o segundo no atrio da igrexa parroquial. Como cruz de pedra máis simple destaca polo

46

seu epígrafe a situada en Sombraboa, na base da cal se pode ler: “Carmen Gregores Fernández fue asesinada en este lugar el 3 de Marzo de 1894. Rogad por ella”. As entidades de poboación que compoñen a parroquia son: Abelleira, Arcos, Bermún, Camiño Branco, Casas Novas, Corbaceiras, Cotarel, Couto de Gaie, Cruceiro, Chans, Dices, Estrada, Gateño, Guía, Leiriña, Lugariño, Matelo, Montiño, Outeiro, Pociño, Postes, Quiringostas, Remesal, Sombraboa, Souto e As Valiñas. É Randufe a parroquia de Tui co maior número de pazos en pé. Municipio pouco rico neste tipo de casas fidalgas se o compara-

Escola pública. Foto A. Rodríguez.

mos cos concellos limítrofes de Salceda de Caselas ou Salvaterra. A parte do referido pazo de Montenegro ou pazo de Arcos, posúe a freguesía os pazos de “Pousa do Bispo” e o de San Xosé de Vista Alegre ou Vista Boa, que merecen capítulo á parte. POUSA DO BISPO

Coñecida tamén este predio antigamente polo nome de “Finca das Sobreiras” debido ó denso bosque de sobreiras que poboou antano as súas terras de máis de 16 hectáreas, está toda pechada en pedra salvo pola parte que tocaba co río Tripes ou río Molinos. A consecuencia das obras da autovía e demais fragmentacións

Escudo no portal do pazo “Pousa do Bispo”. Foto A. Rodríguez.

aparece case toda ela alterada. A partir de finais do século XVIII, segundo diversos escritos26, sendo residencia esporádica principalmente en épocas estivais para os bispos tudenses, xa se denominaba Pousa do Bispo. Parece ser que quizais foi polo século XV cando a diocese de Tui adquiriu este lugar para uso recreativo do prelado. A primeira cita que se conserva sobre a estancia dun bispo neste pazo é do ano 1619, 27 de xullo; nesta data o bispo Juan García Valemora outorga unha escritura no predio “Sobreiras”. En 1957 esta casa fidalga chega a mans particulares a consecuencia da venda que lle fixo o bispo

José Ortiz, con autorización da Santa Sé, ó señor Juan Díaz González, rexistrador da Propiedade de Tui, debido ós malos momentos económicos que atravesaba a Diocese. A día de hoxe esta propiedade está en poder dos sucesores do señor José López e prevese construír nela unha urbanización. SAN XOSÉ DE VISTA ALEGRE

Pazo situado no barrio da Guía cunha superficie dunhas 5 hectáreas. No século XVIII figura como posuidor da casa e capela –baixo a advocación de San Xosé– Fernando Pérez Escudero, xuíz e rexedor de Tui que morre en 1770, e o seu xenro Gaspar

Díaz de Rabago, quen formou parte da xunta establecida para defensa da antiga provincia de Tui durante a Guerra da Independencia. Despois de lles pasar en sucesión ós seus catro fillos o predio e o pazo é partido, pasando catro anos despois por diferentes mans. Na segunda metade do século XIX José Lago Maceira, tras lles comprar ós herdeiros as súas partes correspondentes, reside no pazo ata a súa morte. O seu fillo maior Manuel Lago González (1865-1925), futuro bispo de Tui e Osma e arcebispo de Santiago, viviu durante a súa infancia neste casarío, ó que quedará estreitamente vinculado ata a súa morte.

47

10 R EB O R D Á N S

Rebordáns foi coñecida na antigüidade co nome de Espenicelo (segundo reza nun privilexio real expedido por dona Urraca e datado o día 28 de abril do ano 1112) e posteriormente a partir de mediados do século XIV co de Rebordaas. Segundo Ávila y la Cueva a orixe deste nome vén a consecuencia de que esta parroquia se situou sempre ós bordos da cidade de Tui nos diferentes emprazamentos que tivo, así “por esta razón le dijeron de Rebordes, y en gallego antiguo de Rebordaas”. As entidades de poboación da freguesía son: Arroio, Curuxeiras, Chan, Devesa, Foxo, Funchal, Gabía, Lavandeira, Manteigada, Montiño, Naranxeiras, Outeiro, Paredes, Pexegueira, Telleira, Vi-

48

lanova, Virxe do Camiño e San Bartolomeu. Rexistra unha altitude media de 100 metros sobre o nivel do mar. Tense constancia da existencia na parroquia de varias capelas. Unha delas, xa desaparecida, estableceuse nos campos de Santa Eufemia, concretamente por enriba da ponte do Louro, no barrio de San Bartolomeu. Esta aparece reflectida nun apeo de bens do convento de San Domingo (9 de xuño de 1562), no que se menciona a existencia dunha casa sita á entrada da ermida de “Santa Ofemia”. A segunda, a día de hoxe restaurada e en pé, é a de Nosa Señora do Camiño situada na ruta do camiño xacobeo portugués, obra do século XVII aínda que reedifi-

cada sobre os restos doutra anterior. A festividade da súa patroa celébrase o 15 de agosto. A imaxe pétrea policromada procedente desta capela, que se garda no Museo Diocesano de Tui, consiste nunha fermosa Virxe sentada (século XII-XIII) das chamadas do Leite que co neno Deus nos brazos está en posición de darlle o peito. Segundo unha antiga tradición, esta talla foi escondida polos aldeáns ante o avance dos mouros; reencontrada tempo despois decidiuse construír un templo para custodiala. A fama curandeira da Virxe do Camiño, tamén denominada da Terra, pola súa estraña reaparición, era moi común entre as mulleres. Moitas chegaban dende aldeas afastadas

Capela de Nosa Señora do Camiño. Foto Sigüenza.

de Portugal, xa paridas coas súas criaturas nos brazos para bendicir a imaxe, portando ofrendas e esmolas por dar a luz descendentes sans. Outra capela, de época contemporánea, é a de San Fins; se ben se sabe que foi levantada sobre os restos doutra primitiva. Destacan como conxunto etnográfico e lúdico os muíños de regato situados nos arredores de “Poza Vaqueiro”, pequeno embalse que ben vale para darse un mergullo en días calorosos. Capítulo á parte merece o barrio de San Bartolomeu. SAN BARTOLOMEU DE REBORDÁNS

Sen dúbida, este coñecido arrabalde de Tui –antano extra muros da urbe catedralicia– é dende tempos moi remotos o barrio de maior transcendencia histórica da

freguesía e un dos máis importantes da cidade. Os diferentes restos arqueolóxicos descubertos na zona así o confirman: un miliario dedicado a Decio, unha ara consagrada a Marte Carioceco, tres columnas que formaban parte do arquitrabe dunha grande edificación, numerosas tégulas recollidas nos campos de Santa Eufemia, un enorme bloque granítico con epígrafe dedicado a Tiberio Claudio27 encontrado en 1850 nas inmediacións da ponte do río Louro, preto do lugar do campo “Das Barcas” (antigo porto de barcas de pasaxe a Portugal), e de época visigoda a tapa dun sepulcro de dobre estola con esvástica e inscrición dedicada a Modesta (custodiada no Museo Provincial de Pontevedra xunto ó mencionado bloque granítico). Foron achados tamén dous capiteis e xa recentemente diversas

tumbas de época tardorromana nas inmediacións da estrada TuiVigo, fronte á discoteca Magnolia (rúa Loureiro). Baixo a orde de San Bieito28 foi erixido un antigo mosteiro en San Bartolomeu, fundado segundo tradición por Tedomiro, rei suevo. Aparece xa unha cita do cenobio que data do século X, ano 965, en medio dun privilexio concedido polo bispo de Tui Viliulfo ó abade Odeario e ós seus respectivos monxes. Escribe Ávila y la Cueva que o convento non existía no ano 1024, polo que os datos sobre a orixe deste son contradictorios segundo as fontes que se consulten. Pola contra si se sabe que o bispo don Jorge (1069-1071) estableceu a súa cadeira episcopal na igrexa de San Bartolomeu, á que eleva á categoría de catedral. Os prelados tudenses permanecen no

49

Medas en Rebordáns, xa case en extinción. Foto A. Rodríguez.

Casa fidalga. Foto A. Rodríguez.

edificio ata preto do ano 1179, data na que o bispo don Beltrán traslada a súa residencia e abandona San Bartolomeu, deixándose de empregar a partir de entón como sé catedralicia e unicamente como igrexa do mosteiro. No século XV o convento padece unha importante baixa no número de frades, ata tal punto que en 1418 se chegou a dicir que non quedaba nel máis que don Frei Gómez. En 1435, por medio

50

dunha bula outorgada por Uxío IV, o mosteiro é disolvido e as súas rendas agregadas á Mesa Capitular da actual catedral de Tui; constituíndose nese momento San Bartolomeu de Rebordáns en igrexa de carácter parroquial. A súa primitiva construcción románica (obra do século XI, remodelada no XII) foi transformada no século XVI reconstruíndose parte do alzado sur e a porta lateral. A mediados do sécu-

lo XVIII derríbanse as dúas capelas laterais das que dispuxo. En 1776 a súa portada románica é renovada por outra de estilo barroco, acorde ós gustos do momento e provista de torre. Obra realizada polo canteiro Juan Francisco de Novás Gayoso pola cantidade de 5.000 reais de cobre. Na década de 1970 o historiador e arqueólogo Chamoso Lamas levou a cabo unhas importantes –e pouco divulgadas– escava-

Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns. Foto Sigüenza.

cións no interior do templo descubríndose na súa cripta interesantes restos: muros visigóticos e romanos (posiblemente dunha igrexa anterior á románica), unha necrópole do século V-VI d.X.C., moedas, cerámicas, unha lauda tardorromana, etc. No actual templo, de planta basilical provisto de tres naves e tres ábsidas, a consecuencia da súa restauración atopáronse na ábsida central unhas pinturas murais, posiblemente do taller tudense dos Serbeira, realizadas en tons ocres e terras. Obra de finais do século XVI e principios do XVII que representa escenas da Paixón de Cristo. Tamén se descubriu nas escavacións unha imaxe de pedra policromada do século XII que representa a San Bartolomeu e que a día de hoxe preside o interior da capela maior con ábsida de forma semicircular e bóveda de cascarón. O visitante tamén debe contemplar os preciosos capiteis con volutas e

decoración floral, ante todo destacan os historiados, como o que representa a degolación de San Xoán Bautista, dignos de levantar a vista cara a eles e pararse a observalos nun marco de silencio e recollemento. A igrexa de San Bartolomeu aínda que a día de hoxe se atopa desprovista de retablo maior si o tivo nun tempo. Foi obra do tallista Juan de Araujo y Figueroa, natural de Vilavella (Redondela), contratado en 300 ducados de cobre para realizar o seu traballo en 1771. Neste típico arrabalde de Tui tamén se atopan un fermoso palco de música e un cruceiro, de mans anónimas, provisto de crucifixo a un lado e dunha Virxe con Cristo no seu regazo, ó outro. Obra realizada en 1770, traballada de xeito fermoso e que representa ó longo do seu fuste a Paixón do Señor coas imaxes sobresaíntes de San Pedro e Santa Quiteria. No pedestal

pódese ler: “AÑO 1770 - CON LIZENCIA DE M N I L CIVDAD MANDARON AZER I PINTAR ESTA OBRA PÍA COSTEARON I PAGARON POR DEBOXION A DIOS EL PROCVURADOR DN PEDRO DE BARROS I SV MVGER DA QUITERIA ROSALÍA DVRAN INIGO I ARZE”29.

Finalmente nos quedan por mencionar o lavadoiro, a fonte pública e outro cruceiro, o de Palláns, do século XVII con inscrición xa ilexible polo paso do tempo. Custodiada no Museo Diocesano de Tui, procedente da igrexa San Bartolomeu de Rebordáns, consérvase unha fermosa talla do século XVI de madeira de piñeiro que representa á Virxe co Neno collido no seu regazo, mentres este dorme placidamente. Esta obra foi atribuída por algúns estudiosos ó taller de Juan de Juni, ou polo menos si posúe unha grande influencia do estilo deste importante escultor do renacemento español30.

51

11 R IB A D EL O U R O

Sitúase esta parroquia –composta polos barrios de: Barreiro, Bouzón, Castro, Costa, Costal, Cotarel, Cruceiro, Eiravella, Espendelo, Farrapa, Fernal, Fonte, Gándara, Magdalena, Mallón, Marxiáns, Monte, Mourentán, Oia, Porto de Bouzas, San Simón e Vides– nos sopés montañosos da Serra do Galiñeiro. Alcanza a súa altitude máxima dos 500 m sobre o nivel do mar no seu monte principal, denominado Costa de Oia. Os seus campos son bañados polo río Louro –que lle dá nome á freguesía– e o seu afluente, o San Simón; este fálanos de vellas historias, entre elas a da presencia dun San Telmo, xa enfermo e canso, na recta final da súa vida. Tocando con Chenlo, Pontellas e Mosende (O Porriño), as terras

52

de Ribadelouro son as máis orientadas ó norte do municipio tudense. A súa historia está ben ligada á cidade de Tui, pois dise que San Pedro Telmo, patrón dos navegantes, foi aquí onde padeceu a última enfermidade que provocaría pouco tempo despois a súa morte. Unha febre repentina sufrida precisamente ó cruzar a ponte das Febres (de onde provén segundo a tradición este topónimo) impediulle seguir a súa viaxe a Santiago de Compostela, e así mesmo lle revelou Deus a súa vontade de que retornase á urbe catedralicia para dar fin á súa vida terreal. A primeira noticia testemuñal sobre Ribadelouro recóllese nun Privilexio Real da igrexa de Tui datado no ano 1112, no que se

cita a esta freguesía unicamente co nome da virxe e mártir francesa Santa Comba (festividade celebrada no santoral o 31 de decembro), patroa da parroquia, e baixo a advocación da cal se erixiu a igrexa. Esta construcción foi reedificada na súa totalidade en 1827 polo abade Faustino Vázquez sobre o mesmo emprazamento que ocupou a anterior. Do primitivo templo non quedou en pé nin un só elemento arquitectónico. Antigamente existiron varias ermidas en Ribadelouro. Unha dedicada a San Simón Apóstolo, próxima á ponte que cruza o regato que leva o seu mesmo nome; acerca de esta non se coñece a data de fábrica, se ben é sabido que se conservou ata

Igrexa parroquial. Foto A. Rodríguez.

Un recuncho de Ribadelouro. Foto A. Rodríguez.

53

O río San Simón ó seu paso pola estrada xeral. Foto A. Rodríguez.

principios do século XVII, concretamente ata o ano 1607. Outra, baixo a advocación de Santa María Magdalena (festividade celebrada o 25 de xullo), alzouse no lugar da Magdalena; este templo foi derribado e a imaxe da Virxe trasladada á actual igrexa parroquial. Hai que destacar como elemento de relevancia histórica a ponte romana Ponte das Febres31, situada no barrio do Mallón, que forma parte do trazado da ruta xacobea portuguesa. O río que o atravesa é o San Simón, denominado antigamente Febreros, segundo reza nunha escritura de doazón do señorío civil de Tui que ratificaron o conde don Ramón e a súa esposa a infanta dona Urraca no ano 1095. A Ponte das Febres constitúese nun interesante testemuño en torno á

54

rede viaria de antigos camiños que discorrían por todo o Baixo Miño, algúns en uso xa dende épocas anteriores á romanización. Ribadelouro conta tamén con bens patrimoniais de interese, entre eles os numerosos muíños de regato e diversos cruceiros como o do Mallón e o de San Simón. A mediados do século XIX posuía a parroquia –por entón a uns tres cuartos de legua da capital de Tui– unha poboación de 170 veciños (na actualidade o seu censo anda ó redor duns 1.000 habitantes), principalmente e case en absoluta maioría labradores, que, a excepción dos lugares de Oia e Fernal, correspondían polo contencioso á xustiza de Tui, e polo político e gobernativo a Salceda de Case-

las. O resto da poboación pertencía en todos os casos a Porriño. Os décimos do párroco elevábanse á suma de 14.676 marabedís dos que gozaba este “insolidum”; posuía tamén casa rectoral (hoxe en ruínas) e igrexario de 21 ferrados de pan en semente. Recibía ademais de renda anual 10 ferrados de trigo, 10 de centeo e 10 de miúdo. Ó contrario, a fábrica da igrexa non percibía renda de ningún tipo. Págalle á Mitra de Tui un xantar, e por el 180 marabedís vellos, e ó cóengo da catedral vinte e dúas de censorias. Como noticias arqueolóxicas referentes á freguesía temos o achado de tres machadas de bronce de talón, ou de dúas argolas, así como o descubrimento en 1926 ou 1927 dunha ola que contiña no seu interior

Cruceiro inmediato á igrexa parroquial. Foto A. Rodríguez.

centenares de moedas do rei Fernando III e Afonso X. Ó igual que acontece no resto da comarca miñota, descubríronse en Ribadelouro diferentes artefactos de pedra lascados en varias das súas caras, atribuídos a diversos momentos do Paleolítico. O topónimo Castro dun dos seus barrios fálanos da existencia de polo menos un emprazamento da Idade do Ferro nos seus límites parroquiais. Por último hai que citar como un personaxe ilustre que residiu nesta freguesía ó popular don

Basilio –Basilio González Domínguez– presbítero e mestre no instituto de Tui, coñecido entre as xentes polos seus moitos coñecementos e polas súas habelencias na pesca con cana, pero sobre todo polo seu talante bondadoso. Conducía unha vella motocicleta, vestido con rancia sotana e sombreiro eclesiástico. Ademais de ser fumador empedernido, era un apaixonado observador de todo o que implicase as raíces da terra que pisaba. Amante dos libros e das persoas, deixou publicada unha única obriña que

leva por título Biografía ascética de San Pedro González Telmo: “La intención directa de esta biografía es la de difundir la conducta santa de San Telmo, imitable, en lo esencial, por cada uno de nosotros, para que él nos ayude a todos a hacernos santos y a que funcionemos a lo santo en todas las circunstancias de nuestra vida”. San Pedro González Telmo, o mesmo que don Basilio, deixou o seu sinal entre as xentes e os campos de Ribadelouro, terras floridas entre ribeiras do Louro.

55

NOTAS

1. ÁVILA Y LA CUEVA, Francisco. 2. SÁNCHEZ DE LA ROCHA TÁBOAS, José. Blasones y linajes tudenses. Deputación Provincial de Pontevedra, 1999. 3. IGLESIAS ALMEIDA, Ernesto e MÉNDEZ CRUCES, Plácido. Evocación histórica de Tui y sus antiguas rúas. Tui, 1990. 4. Atlántico Diario (23 de abril de 1990). “Descubiertos en la comarca de Tui numerosos petroglifos” Emilio Benito Pérez Nieves e Plácido Méndez Cruces. 5. En Verdoejo existen varios pazos. Un deles denominado popularmente “Quinta dos Pepes” (alude a un antigo propietario galego chamado José, ou “Pepe da Malladoura”) foi propiedade da mesma persoa que antes posuíu o pazo da Malladoura en Baldráns. Outra casa fidalga, tamén en Verdoejo, curiosamente é coñecida como Quinta dos Rebelos, Quinta da Barreira, ou “Quinta dos Galegos” (capela dedicada a Nosa Señora do Socorro), os seus donos, parece ser, tiñan lazos familiares cos da mencionada “Quinta dos Pepes”. 6. Son catro os muíños de regato que posúe Baldráns: muíño de Fuchaco de Arriba e Fuchaco de Abaixo, servidos ambos por augas procedentes da Poza do Real, localizada na estrada que vai de Soutelo a Entienza (Salceda) dentro do barrio de Rapado. O de Nogueira no barrio do Cerqueiro, e por último o situado na Malladoura. 7. Pesqueira da Seña (atópase no estuario da desembocadura do río Poldras no Miño), pesqueira de Benito, e a do Carneiro. Estas son as tres antigas pesqueiras, xa en desuso, localizadas dentro do termo parroquial de Baldráns. 8. G. SANTISO, Aquilino; GÓMEZ SOBRINO e TAMUXE, X. Casco celta de Caldelas de Tuy. Singular achado arqueolóxico. Tuy Museo y Archivo Histórico Diocesano, Vol. II. Tui, 1976. 9. Ernesto Iglesias Almeida no seu libro Notas históricas del Baho Miño. Puertos,

56

barcas, pesqueras (Tui, 1998), recolle a seguinte información: “En las Visitas Pastorales a la parroquia de 1606 y de años posteriores se le ordena a los feligreses que no pescasen en los días de fiesta de guardar, sino era pagando los diezmos y de que cada barco que pescase pagase en los referidos días 12 rls. para la iglesia en cada año”. 10. ROGRÍGUEZ, Ana María. “El balneario de Caldelas de Tui”. Tvdae nº 3, marzo de 2000. Boletín Informativo de la Asociación Social y Cultural Arzobispo Lago de Tui. 11. ÁVILA Y LA CUEVA, op. cit., p. 578. 12. VILA-BOTANES, Suso. O Tui esquecido, Tui, 1999. 13. ALONSO, Eliseo. La Voz de Galicia, 28 de Noviembre de 1987. E Anécdotas e vivencias de Tui e comarca. Asociación Provincial de Amas de Casa y Consumidores –Rías Baixas– de Tui. Tui, 1998. 14. Nun convenio realizado durante o episcopado de don Diego de Muros (1485) en torno ás barcas de pasaxe ó Concello de Valença, contrato recollido por Ernesto Iglesias Almeida no seu libro Los antiguos “portos” de Tuy y las barcas de pasaje a Portugal (páx. 30), di: “e que a barca de Valença tome e posa tomar gente e carga desde o esteiro que ven pola ponte pedrina e ven a outra ponte que esta onde agora esta a cabana de Juan gonzales ferreiro e ben fenear a o rio Minio”. 15. Tumbo fol. 30. Recollido por Henrique Flórez na súa obra España Sagrada. Tomo XXIII. Madrid, 1767. 16. M. SIGÜENZA, Julio. Tierra de Malvas (Tui). Historia, arqueología y paisaje. Museo y Archivo histórico Diocesano de Tui. Tomo VII. Tui, 1994. 17. IGLESIAS ALMEIDA, Ernesto e MÉNDEZ CRUCES, Plácido. Evocación histórica de la ciudad de Tui y sus antiguas rúas.Tui, 1990. 18. MÉNDEZ CRUCES, Plácido. Libros de fiestas.

19. FERNÁNDEZ - VALDÉS RODRÍGUEZ, Eloy; FERNÁNDEZ VALDÉS - COSTAS, M. Biografía y su historia. Tui Museo y Archivo Histórico Diocesano. Vol. III, 1980. 20. GARRIDO RODRÍGUEZ, Jaime. Fortalezas en la antigua provincia de Tuy. Diputación Provincial de Pontevedra, 1987. 21. Sobre estas confrarías en particular –e sobre a parroquia en xeral– Vilches Saco, Juan José ten diversos traballos publicados, entre outros no boletín de festas de San Miguel Arcanxo (1993) e varios artigos periodísticos. 22. CAMESELLE BASTOS, Domingo. San Julián del Monte Aloia. Tui Museo y Archivo Histórico Diocesano. Vol. III, 1994. 23. BLANCO DÍOS, Inmaculada. Revista Tudae (Boletín Informativo de la Asociación Social y Cultural Arzobispo Lago de Tui) nº 0, junio 1999. 24. Integrado no seu momento polo falecido Jesús Gómez Sobrino, Juan Martínez Tamuxe e Aquilino G. Santiso. 25. Sobre a igrexa e morgado dos Señores de Arcos véxase: “Iglesia parroquial” de G. Santiso, Aquilino (artigo en boletín de festas Virxe da Guía, 1993) e varios artigos de Vilches Saco, Juan José. 26. Durante a súa estancia de mestre nacional en Randufe o profesor e investigador Juan José Vilches Saco escribiu uns interesantes artigos, algúns inéditos e outros publicados en boletíns escolares, libros de festas, etc. 27. Segundo Ávila y la Cueva esta inscrición (... CAEPOL/ CONV.../ TI. CLAV.../ CHOBRA/ AVREA...) referente a Tiberio Claudio pertencía ós restos dun anfiteatro romano desaparecido, historiador que asegura ter coñecido o seu emprazamento. Véxase ademais: PEREIRA MENAUT, G. e GONZÁLEZ SÓUTELO, Silvia. As inscricións tudenses de épocas galaico-romana (Tvdae nº 3, marzo 2000).

28. SÁ BRAVO, Hipólito de (Monasterios. I – Pontevedra. Cuadernos de arte galllego. Nº 40 Vigo, 1965) recollendo datos de Ávila y la Cueva escribe que no ano 1132 o bispo Don Pelayo introduciu a Regra de San Agustín no mosteiro de San Bartolomeu co desexo de que os monxes existentes deixasen a de San Bieito e se acollesen á de nova orde. Parece ser que non todos aceptaron este cambio. En 1138 o citado bispo fundou o mosteiro de San Vicente de Barrantes,

QUIXERA

lugar a onde se retiraron os monxes de San Bartolomeu que seguían a manterse fieis á regra benedictina. 29. Este cruceiro estivo anteriormente ó seu traslado a San Bartolomeu na entrada de Tui, concretamente no sitio que a día de hoxe ocupa o conxunto escultórico dedicado a Calvo Sotelo. Unido ó cruceiro estaba un peto de ánimas que agora se localiza no muro do cerre do atrio da igrexa de San Bartolomeu.

30. A. ROSENDE VALDÉS, Andrés. Una obra del taller de Juni en Tuy (Tuy Museo y Archivo Histórico Diocesano Tomo III. Tuy, 1980). 31. Nun monolito de pedra, situado ó carón da ponte e dun cruceiro do século XVIII, lese: “Caminante, aquí enfermó de muerte San Telmo en abril de 1246. Pídele que hable con Dios, a favor tuyo”.

EXPRESAR O MEU AGRADECEMENTO A:

Juan José Vilches Saco, polos diversos datos facilitados desinteresadamente a Ana María Rodríguez –xerente do Hotel/Balneario de Caldelas– pola súa achega gráfica familiar pertencente ó Balneario; a Telmo Vilariño o sucateiro de Verdoejo e irmáns. E a todas aquelas persoas veciñas das aldeas deste municipio, que, cos seus recordos e testemuños orais, transmitidos xeración tras xeración, motivaron en parte o meu interese por rebuscar no pasado das parroquias de Tui, lugar onde tamén eu resido. Este traballo rematouse o mes de febreiro de 2000, no Cerqueiro, parroquia de Baldráns.

57

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

LIBROS, FOLLETOS E MANUSCRITOS: Álvarez Fernández, Dolores. Retablos barrocos de la antigua diócesis de Tui (Tesis Doctoral) Tui, 1972. Álvarez Limeses, Gerardo. Geografía General del Reino de Galicia. Tomo II. Barcelona, 1936. Ávila y la Cueva, Francisco. Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tuy y su obispado. Consello da Cultura Galega (edición facsimilar). Santiago, 1995. Bouzas, Manolo. San Bartolomé de Rebordáns (Tui). Tui, 2000. De Sá Bravo, Hipólito. El monacato en Galicia. A Coruña, 1972. Díaz Álvarez, Pedro. En Tui llueve diferente. Tui, 1996. Fernández-Valdez Costas, Manuel.

Familias antiguas de Tui. Pontevedra, 1958. Ferreira Priegue, Elisa. Los caminos medievales de Galicia. Boletín Auriense, Anexo 9. Museo Arqueológico Provincial de Ourense. Ourense, 1988. Flórez, Fr. Henrique. España Sagrada. Tomos XXII e XXIII. Madrid, 1767. Galindo Romeo, Pascual. Tuy en la Baja Edad Media (Siglos XIIIXV). Zaragoza, 1923. Garrido Rodríguez, Jaime. Fortalezas de la antigua provincia de Tuy. Diputación provincial de Pontevedra, 1987. G. Santiso, Aquilino. Los obispos de Tui y sus armas / Heráldica eclesiástica. Diputación Provincial de Pontevedra, 1994.

58

Iglesias Almeida, Ernesto. Notas his-

tóricas del Bajo Miño. Puertos, barcas, pesqueras. Museo y Archivo Histórico Diocesano de Tui. Tui, 1988. Iglesias Almeida, Ernesto e Méndez Cruces, Plácido. Evocación histórica de Tui y sus antiguas rúas. Tui, 1990. Madoz, Pascual. Diccionario geográfico estadístico histórico de España y sus posesiones de ultramar. Madrid, 1947. Sánchez de la Rocha Táboas, José.

Blasones y linajes tudenses. Diputación Provincial de Pontevedra, 1999. Sandoval, Fray Prudencio de. Antigüedad de la ciudad, y iglesia cathedral de Tuy, y de los obispos que se save aya avido en ella. Braga, 1610. Gran Enciclopedia Gallega. Santiago de Compostela, 1974. Inventario de Recursos del Baixo Miño. Fundación Cultural Banes-

to. Madrid, 1992. Documentación manuscrita do Arquivo Histórico Diocesano da catedral de Tui.

ARTIGOS: Cameselle Bastos, Domingo. Icono-

grafía y culto a Santiago Apóstol. Museo Diocesano de Tui, 1993. Cameselle Bastos, Domingo. San Julián del Monte Aloia. Museo y Archivo Histórico de Tui, tomo VII. Tui, 1994. Filgueira Valverde, José e García Alén, Alfredo. Materiales para la

carta arqueológica de la provincia de Pontevedra. Revista El Museo de Pontevedra. Tomos VIII, IX, XIII, XXIX e XXXI. González Santiso, Aquilino. Heráldica en las iglesias del obispado de Tuy. Museo y Archivo Histórico Diocesano de Tui. Tomo III. Tui, 1980. González Soutelo, Silvia e Pereira Menaut, G. Apuntes tudenses: las

inscripciones tudenses de épocas galaico-romana. Revista Tvdae. Boletín Informativo de la Asociación Social y Cultural Arzobispo Lago de Tui. Nº 3 (marzo, 2000). M. Sigüenza, Julio. Tierra de Malvas (Tui). Historia, arqueología y paisaje. Museo y Archivo Histórico Diocesano de Tui. Tomo VII. Tui, 1994. Martínez Sigüenza, Julio. El Parque Natural del Monte Aloia. Altlántico Diario, 16 de setembro de 2000. Rodríguez Otero, Ramón. Con bordón por el xacobeo diocesano / Devoción y culto del Apóstol Santiago en la diocesis de Tui-Vigo. Vigo,1999. Vila-Botanes, Suso. Nas orixes do Aloia (Tui). Boletín de Estudios del Seminario “Fontán-Sarmiento” de Hagiografía, Toponimia y Onomástica de Galicia (Santiago de Compostela) nº 20 ano 21, 1999.

Get in touch

Social

© Copyright 2013 - 2024 MYDOKUMENT.COM - All rights reserved.