Story Transcript
O Concello de Betanzos atópase entre dous ríos o Mendo e o Mandeo. O Mandeo vén desde a Serra da Cova da Serpe, no limite coa provincia de Lugo, entra no termino de Betanzos por Os Caneiros e forma un val moi pintoresco en uve. Non e menos pintoresco o último tramo do Mendo cando chega por Bravio e A Roibeira. Ó fondo esta a ría de Betanzos. As alturas que rodean estes vales son de 157 metros no Coto Da Cha que separa ambos ríos; 166 no Coto de Mondoi o sur do Mendo, e 132 no monte da Croa o norte do Mandeo. O terreo é moi fértil e productivo. Abonda a gandeiría, as adegas,cun viño lixeiro e afrutadode poucos graos, e industrias madereiras. A cidade é un destacado centro comercial e de servicios. Son importantes as feiras e mercados que se celebran tódo−los días 1 e 16 de cada mes. O Clima A situación xeográfica é responsable do microclima con temperaturas máis suaves e menos precipitacións de Galicia. O clima podes ser encadrado como de tipo mediterráneo marítimo condicionado pola proximidade do mar. Van dende os 8,2º grados os 16,7º , carece de invernos frios e de veráns calurosos. As xeadas son excepcionais. As precipitacións alcanzan un total anual de 876 mm. Diciembre, noviembre e marzo son os meses mais chuviosos y xullo, agosto e xuño os mais secos, nunha distribución estacional típicamente atlántica.. Non hai diferancias climáticas no municipio ainda que abondan as néboas e hai mais humidade na proximidade da ría e na proximidade do embalse de Cecebre. . Comunicacións A sua principal vía de comunicación e a N−VI, que en Betanzos divídese en dous ramales: Ferrol e A Coruña, sendo 39 e 24 os Kilómetros, que respectivamente que a separan destas duas cidades. Outras tres comarcais arrincan en Betanzos. A C−640, de Betanzos a Viveiro; A C−540, que vai cara o sur por Sobrado e divide−se hacia Arzúa e Melide, entrando na provincia de Pontevedra por A Golada, e a C−542, que vai a Santiago polo Mesón do Bento, 57 kilómetros separan de Santiago por esta ruta. Historia O nome de Betanzos podería vir do Brigantium citado polos xeógrafos grecorrománs, tamén se identifica a Betanzos co Brigantium Flavium. A historia sitúa−a entre as poboacións máis antigas de Galicia atribuindo a sua fundación a Breogán caudillo Celta. No municipio atopamos seis poblados castreños: Castro doMonte(Illobre), Castro de Xan Rozo(Graña), Castro de Graña(Requian), Castro de Untia(Betanzos), Castro de Obre(Paderne). Actual poboación asentouse neste lugar no 1219 donde levantaba−se o Castro Celta de Untia. Antes estaba situada en Tiobre. O traslado fíxose a petición dos vecinos de Tiobre e por concesión do rey galego Alfonso IX. O rey Enrique IV concedeulle a categoría de cidade en recompensa pola fidelidade real que mantivo a vila durante os desordenes provocadas pola nobreza durante o século XIV. Na división provincial ordenada polos Reis Católicos , que visitaron Betanzos en 1487, foi designada capital da provincia co seu nome que abarcaba todo o norte da actual A Coruña, e asi foi hasta a discutida división actúal. Jerónimo de Hoyos, no seu informe da visita que fixo no1609, que lle deu unha poboación de 50.000 habitantes. Foi efectivamente durante os séculos XV y XVI cando alcanzou o seu máximo esplendor, de tal 1
forma que as principias familias galegas preciábanse de ter casa en Betanzos, o que motivou a denominación de Cidade dos Cabaleiros. Os incendios do ano 1596 e unha serie de desdichas, a finales do século XVI produxeron un decaimiento secular, que só se viu aliviado cando se fixo en 1739 o arsenal de Ferrol, porto pertencente a provincia de Betanzos. Lugares Turísticos O principal interés turístico e a mesma cidade de Betanzos, declarada conxunto histórico artístico en 1970 polos seus monumentos, murallas, casas y barrios antigos. Portas e Murallas Apenas e posible na actualidade descubriros restos das murallas que circundaban a cidade ata o século XVIII. Consérvanse algunhas portas. Pola antiga Rúa da Cerca, donde se encontran as casas mais antigas de Betanzos, pode verse a porta do Cristo da Ribeira, pola que sale a este barrio na ribeira, hoxe urbanizada. Os Cruceiros Os cruceiros que adornan Betanzos e a súa comarca son especialmente interesantes pola súa antiguedade. Na famosa costa das Angustias, frente a fachada de este chamado santuario, pódese ver un exemplo do estilo e idade que se comenta. Ainda que foi derribado por un accidente de circulación e as súas pedras estiveron tiradas no adrio moito tempo, expostas a novos danos e expolios, foi restaurado últimamente e agora luce a sua imaxe xunto a carretera N−VI..É unha obra tradicional, coas características dos exemplares mais enxebres, sen floituras escultóricas pero co encanto do natural e rústico. O millor situado é o da foto situado no adrio da igrexa de Santa Mª de Azougue. O Pasatempo O famoso parque do Pasatempo foi construído no ano 1893 por Xoán García Naveira e o seu irmán Xesús. Estes xardins constituen un gran legado arquitectónico dos irmáns García Naviera, dous comerciantes, liberales e progresistas que fixeron unha fortuna enArxentina e despoís volcáronse na súa terra natal. Dous leons de mármol de Carrara, gardan a entrada, e repártense por todo−lo parque os bustos dos 256 Papas, 12 emperadores ou literarios universais. O Campo O centro vial de Betanzos e a Plaza García Hermanos, popularmente coñecida coma O Campo, por ser durante séculos o campo da feira. Un monumento instalado recentemente recorda os irmans García Naviera. Tamén adorna O Campo, dende 1866 unha bonita fonte fundida nos talleres Sucel et Fils de Paris, a imitación da famosa Fonte de Diana de Versales. Outros edificios que enmarcan a plaza son o convento do Santo Domingo, construido entre os séculos XVI e XVIII, frente o que soltan o xingantesco globo de papel a noite de San Roque. Santa María e San Francisco Outro conxunto monumental e o que forman a igrexa de Santa María e a de San Francisco. Santa María do Azougue, nome do antigo mercado que se celebraba no seu atrio , é unha construcción de finales do século XIV . 2
No seu interior consérvanse 14 tallas flamencas de excepcional valor artístico, importadas de Lovaina a comenzos do século XV. O mosteiro de San Francisco foi fundado no 1292 e reedificado por Pérez de Andrade no 1387. Estableceu−e nel un importante centro de estudios teolóxicos e humanísticos. Do mosteiro apenas quedan restos. O Centro Antigo O centro antigo da cidade sitúase na praza da Constitución. A Casa Consistorial é un edificio neoclásico do século XVIII. A torre municipal, alzada no século XVI, está adosada os ábsides da igrexa de Santiago. O seu lado está o palacio de Bendaña, con elementos góticos do siglo XV e remodelación barroca do XVIII, destinado a alberagar o museo do Traxe Galego. O Templo contiguo é un fermoso exmplar de estilo románico ojival galego do século XV, mandado construir por Fernán Pérez de Andrade o Bó. Festas e Romerías A principal festa, non só de Betanzos, senón de toda a comarca das Mariñas, é o lanzamento do globo, a noite de San Roque, con debuxos alusivos a historia local. A primeira vez que que se soltou foi o 29 de maio do 1814 con motivo da festa onomástica de Fernando VII no Campo da Feira. O xigantesco globo de papel alcanzoú grandes dimensións cando se encargaron de confecciona−lo Claudino Pita e os seús fillos. A súa altura ronda os 25 metros. A mais famosa e multitudinaria romería da comarca celébrase en Betanzos. Chámase xiras−fluvial de Os Caneiros. Esta singular festa escomenzouse polo 1880, despois da festa de San Roque, mozos e mozas iban en barcas polo Mandeo arriba ate o lugar da Barcala ou Os Caneiros, para merendar co que sobrara da festa anterior. Hoxe as merendas fánse dentro da mesma embarcación, engalanada e acomodada para elo. Suben e baixan polo río cun increíble ambiente festeiro.
3